20121012

Creando opinión

Esta semana comezou o barómetro electoral da Voz. A día de hoxe, o que presenta é isto.
Nin na web nin en papel vin os datos correspondentes para analizar a validez ou significatividade da enquisa. Certo que a empresa recibiu hai non moito unha xugosa subvención por propaganda, pero aínda así dubido que día a día sexa quen (e considere rendible) pagar unha enquisa con unha significación abonda. Non a nivel Galicia como un todo e menos a nivel provincial, para facer o estudo circunscrición a circunscrición, necesario para prever o número de escanos.
Aparece na gráfica da enquisa o número de escanos dende o 7 de outubro. A día de hoxe, queda (o gráfico é meu, pero cos datos da Voz):
Púxenlle o título de 'intención de escanos' e non de 'intención de voto' porque entendo que tal como se presenta no xornal, máis ben se trata do primeiro que do segundo, comezando porque non se di a cantidade de enquisados que opina dun ou outro xeito, senón o número de escanos. Chaman a atención as variacións que sofre algunha candidatura, en particular AG, en menos dunha semana, con altibaixos.
Coido que máis que facer prognóstico o que se tenta facer é tendencia.

6 comentarios:

Félix Soria dixo...

Sei do que falo, trátase de alimentar tendencias.

Agremon dixo...

Si, quizáis sexa mellor dicir o de alimentalas, que a tendencia xa está de antes.

Anónimo dixo...

O PSOE desta volta non chegará a 20 deputados... o BNG 15 e o PP arrasará con 40.... esto é un encuesta particular...

Agremon dixo...

Coido que difiro abondo do expresado polo anónimo anterior ...

Anónimo dixo...

¿e hoxe....? Xa sei ... xa sei... esquecín que Beiras xa non é do BNG..

Agremon dixo...

Se o último anónimo é da mesma persoa que o primeiro, coido que salvo polo detalle que sinala, ten moi bo tino.