20120914

Sucesos en negativo

Sucesos negativos sempre hai onde escoller. Abonda con botar un ollo á economía española, por exemplo non único e manido. Collo tres fotos post festas para tres sucesos de diversa índole en negativo en Ribadeo.
O primeiro, do que xa din nova sen foto o día 8, é o estado no que quedou o pao do Juanín despois dun atentado nouturno. Onte un xornal publicaba unha foto semellante. O comentario na rede onde souben o tema foi algo así como que resistira o curso co paso de xente diario cara ós institutos, pero non os vándalos nouturnos ...
A vandalización non é única. O caso do Juanín é episódico, pero hai outros que se arrastran no tempo e por acumulación xa é máis cousa de mantemento que de vandalismo. Abaixo, unha foto da cetárea de Rinlo na punta corveira. No fondo, entre outras cousas, restos da festa do percebe. A estrutura de acubillo das piscinas que se ve, por certo, resiste moi ben o paso do tempo, en contra do que lle sucede á edicifación de entrada ó recinto da cetárea.

O local de Onda Cero, cerrado. É compartido con La Voz e vino así o outro día. Indagando, dixéronme que Onda Cero cerrara a comezos de mes, cousa que aínda teño que contrastar. Considero que o peche significaría unha cobertura menor e menos variada das novas da zona de Ribadeo e a perda dun periodista independente con información e axudante da creación dunha opinión madura. Esperemos que sexa só algo temporal.

Pódese seguir ...

4 comentarios:

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Pois sí que nos traes hoxe tres malas novas. O de Onda Cero, de confirmarse, unha magoa. Tiňan unha boa programacion local.
Saudos.

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Qué casualidade. Xusto despois de ler a túa entrada, acabo de ver no Facebook do Concello que o sábado se emite desde Ribadeo o programa de Onda Cero "Gente viajera". Farano desde o auditorio. Será unha moi boa promoción turística, porque se trata dun prograna veterán e de calidade. Haberá que escoitalo (si estivera aí, seguro que iría).

Agremon dixo...

Eu vin onte o anuncio pegado polo pobo; foi o que me decidiu a tratar o de Onda Cero.

Beni Mántaras dixo...

Onda Cero xa non emite desde Ribadeo dende o día 3 deste mes. Agora no 102.3 FM sae a programación de Radio Voz, cadea que é a propietaria da emisora.