20120813

concerto 20 aniversario da Banda Municipal de Ribadeo

Celebrado no auditorio de Cabanela, o tempo calmo e temperatura agradable acompañaron, o mesmo que os paxaros, a vista ou o ambiente de vellos músicos, coñecidos e afeizoados, nunha velada que para min ó menos, foi moi agradable e de desfrute de tódolos sentidos (despois, os que pasamos pola banda tivemos churrasco, en colaboración cos xa bregados no tema Amigos da Semana Santa).
Por orde (a excepción de Nino Bravo en concerto, que  ...) o son, incluído algún paxaro e as verbas do representante da directiva e o director, o son foi:










E algunha imaxe para achegarse máis ó ambiente...
 Un par de notas:
1.Aínda que foi o concerto deo 20 aniversario, cabe lembrar que o concerto inaugural da banda tivo lugar o 19920125
2.'Un día destes' poñerei unha entrada con todas as gravacións da banda que teño (unhas 100 interpretacións)

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Moitísimas grazas polo concerto, moitos non puidemos ir a velo, e é unha delicia podelo escoitar desta maneira.

Daniel dixo...

Vexo un erro na data de presentacion da Banda, non foi o 13de xaneiro senón o 25. Saúdos

Agremon dixo...

Si, certo, foi o 25 (estaba posto 19920131, isto é, o 31 de xaneiro). Grazas!