20120704

Exposición de maquetas e documento

Onte xa tarde pasáronme o pdf da exposición de maquetas que está a ter lugar estes días no Forte de San Damián. Xa tiña ganas de ir vela, e unha ollada ó documento aumentounas.
Polo momento, non podo dicir máis porque non fun visitala. Puxen unha ligazón ó documento principal en publicado en Ribadeo, xunto coa pequena ficha que acompaña tódalas publicacións alí expostas.
Que desfrutedes dela!
Un dos barcos da exposición, tomado do pdf
Cartel da exposición

Ningún comentario: