20120503

RCNR

O título serán as siglas do club náutico de Ribadeo, un dos máis prazas de Galicia e situado en Porcillán e Figueirúa, sobre a ría de Ribadeo. E, dende esta semana, Real. Porque era só real. Agora tamén o é Real. Por concesión da familia Real, entendo que por facerse propaganda a si mesma a traverso dunha querencia de importancia dos súbditos que así levan o engadido do nome como unha especie de medalla. Algo que, de paso, mantén a monarquía un pouco máis. Unha institución que que está agora mesmo nun momento algo delicado, a pesares do silencio parcial e do cese rápido das novas sobre os desastres que a Casa real ten internos a si mesma e tamén en relación con España. Así que, RCNR: quizáis mellor por un tempo reducir o de 'Real' ó R do título. Logo, xa se verá.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

E por qué non se pode traducir:
Ribadeo, Clube Náutico Republicano

Agremon dixo...

Por poder, poderíase, pero o defecto está en que os directivos do propio club náutico non queren.