20120325

Pleno Truncado (20120323) - II

Continuación de Pleno Truncado
Dicía na primeira parte que o pleno truncouse ás 12 da noite, debido ó dictaminado por imperativo legal polo artigo 87 do "Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de organización, funcionamiento y régimen jurídico de las Entidades locales":
'Toda sesión, sea ordinaria o extraordinaria, habrá de respetar el principio de unidad de acto y se procurará que termine en el mismo día de su comienzo. Si éste terminare sin que se hubiesen debatido y resuelto todos los asuntos incluidos en el orden del día, el Presidente podrá levantar la sesión. En este caso los asuntos no debatidos habrán de incluirse en el orden del día de la siguiente sesión.'
En fin, que sexa ou non claro á hora de ler o anterior artigo, que se citou alí (pois refírese a conceptos xurídicos e fala de que o Presidentente poderá levantar a sesión, pero non de que deberá), o pleno suspendeuse e quedarán as preguntas para o novo pleno ordinario, a celebrar en maio. Mentras, o alcalde foi acusado de levar a culpa por a cantidade de cousas a tratar, e mesmo aconsellado, respondéndolle nunha das ocasións a un interlocutor que non era naide para dicirlle como tiña que actuar.
Non din chegado ó pleno ó comezo, polo que non podo referir a aprobación de acta, que se fai case indefectiblemente por unanimidade, nin do apartado de aprobación inicial do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Ribadeo.
Despois, uniuse o debate dos tres convenios urbanísticos (puntos 3, 4 3 5) e do mesmo PXOM (punto 6º da orde do día). Os resultados, claros, son un auténtico resume:
Nº de punto/tema --------------------- A favor --- Abst. --- En contra
3 (convenio r/Pintor Fierros)............12........1.............0
4 (convenio r/Daniel Cortezón).........12........1.............0
5 (convenio r/Rosalía de Castro)......12........2.............0
PXOM................................................12........1.............0
Manténdose a abstención do representante do PSOE en tódolos casos, e incorporándose o representante de UPRi no punto 5.
A postura do PSOE mantiña unha perspectiva de aumento da edificabilidade, en contra do aumento de zonas verdes que se prevé, citando na súa defensa 'non nos imos a poñer a pastar cabras'. A de UPRi, que no caso do convenio cos Molineros (r/Rosalía de Castro), non tiña abonda información, aínda recoñecendo o consenso acadado na discusión dos temas de urbanismo e o querer sacar adiante o PXOM (cousas citadas tamén polo PP na súa intervención)
Respecto ó PXOM foi anunciado que esta volta habería un período de alegacións de dous meses, e houbo un pequeno debate sobre o anunciar ós antigos alegantes que xa estaba a disposición de novo, a súa posta en internet (prevista para a próxima semana), etc, con cousas que parece ser que xa se trataran en comisión, como o ser anunciado ós alegantes.
Das 15 persoas iniciais no público, algunha xa comezou a desfilar tras ver cal ía ser o resultado destas votacións, quedando ó final do pleno catro persoas.
Continúa na 3ª parte.

4 comentarios:

Agremon dixo...

O comentario sobre a suspensión do pleno, no El Progreso: http://elprogreso.galiciae.com/nova/159830.html

Eu dixo...

Dis que o psoe estaba en contra do aumento das zonas verdes?

Agremon dixo...

Creo que habería que matizar que sería en contra de poñer 'tanta' zona verde no actual descampado á beira do Gadis

Eu dixo...

Estuven onte falando con el, e díxome que o que non lles gustaba era que as conpensaciones sempre foran en zona verde e ningunha edificable. Algo así...