20111219

A semana máis curta

Estamos na semana máis curta do ano. Vale, tódalas semanas teñen o mesmo tempo, pero ista ten máis noite e menos día que ningunha. A próxima terá xa máis tempo de luz, a seguinte aínda máis, e así sucesivamente ata xuño.
Neste curta semana,non obstante, van pasar cousas que decidirán o futuro próximo en boa medida. Refírome, claro está, á lotería do Nadal, na quen máis, quen menos, boa parte dos españois teñen posto algunha ilusión. Pero tamén, e tamén claro está, por este ano, será a investidura do novo goberno encabezado Son os novos métodos de gobernopor Rajoi/Raxoi. Sei que non leva galeguizado o seu apelido, pero váiseme a mente ó 'seu' pazo, o Pazo de Raxoi, que si leva galeguizado o nome moito tempo (se algunha vez o tivo castelanizado). Tropézome este mañá con que non detallará as reformas na investidura, e pregúntome se xa comezado a gobernar, dará as órdenes segundo se lle veñan á cabeza, ou seguindo un plan que permanecerá secreto, ou ... porque parece que participación cidadá non vai haber moita ata as próximas eleccións, e daquela xa pode ser tarde para moitas cousas. Vamos, un novo apretar non só en cousas que teme moita xente (e para as que din as enquisas que xa está 'preparada mentalmente', traballo feito que hai que asignar de Zapatero) senón noutras que ó fin son máis fundamentais, como o goberno do pobo polo pobo.
Por aquí seguiremos con 'peccata minuta', mirando que reciclamos peor que hai unha tempada (boto en falta unha referencia ó noso medio na comunicación do concello), que se perden na comarca 70 empregos se non se renovan eses postos de persoal de servizo público (si, ese tan denostado esta tempada) dos grumir, que o concello se gastou uns cantos euros en recoller e manter uns cabalos que non foron reclamados e logo se subastaron por só 350 € (ou sexa, un cabalo, 50 €: agasalla un cavalo polo Nadal!), recoñecendo unha perda superior ós 1 500 € ...
A crise débenos ter feito algo peores, ata na reciclaxe, máis mirados polas consecuencias que polos actos, ó tempo que fai que se noten un pouco máis os desequilibrios no manexo dos cartos e os manexos opacos dos gobernantes, como no caso dos grumir, que a dez días da fin do seu contrato, pregúntanlle á consellería e non hai resposta. Quizáis sexa un novo estilo de goberno que se está a impor: todo o do pobo, pero sen o pobo. Aínda así, haberá quen siga a xustificar o sistema, como está demostrado que pasa psicolóxicamente.
Por certo, engado a última hora unha cita que se atribúe a Eleanor Roosevelt e que ven ó caso en relación ó sistema e a actuación da xente: "las mentes mediocres discuten sobre las personas, las mentes corrientes discuten sobre los eventos, pero las mentes brillantes discuten ideas"

4 comentarios:

Eu dixo...

Cabalo, non?? Ou xa cambiaron outra vez as normas??

Agremon dixo...

Si señor, cabalo! Os cambios de normas ás veces son difíciles de seguir para quen non está a eles...

Eu dixo...

Eu lémbro que de pequena a palabra bolboreta cambiara varias veces. Claro que tamén podía ser eu, que cada vez a escribía dunha maneira...
De todas formas "cavalo" non me soa de velo nunca. Pode que en reintegracionista ou lusista, non sei.

Agremon dixo...

A saber de onde o saquei. Pode que do italiano, ou do portugués ...