20111019

Non é que non teña ideas; é que se as explico, perderei as eleccións

A frase, que recollo a traverso de im-pulso, atribúese a Durán i Lleida, pero serviría moi ben para moita outra xente, e alimenta non só unha desconfianza cara á clase política de primeiras e ó sistema como soporte da mesma, senón mesmo intervencións con base diferente como a que mantiven (mantivemos) onte mesmo sobre as esperanzas do 20N en Desmontando tópicos.
Estes días, lendo 'Mando a distancia' de Lorenzo Abadía (un libro que me recomendaron, me prestaron e recomendo; aquí, a versión pdf) puiden ver un pouco de teoría sobre representación política e pensar cun pouco máis de profundidade en quen e cómo dirixe a sociedade. E, dentro do que cabe, coido que se pode dicir que o sucedido con Durán é un mal menor, unha cousa de pequenos, unha trastada fronte o funcionamento xeral. A quen lle seguirá parecendo que o 15M son perroflautas e anexos?

4 comentarios:

JOSE ANGEL BOLAÑO dixo...

Quizais aquí esté resolta a miña contradicción: no feito de que a información non se traslada o cidadán.
Se non quero unha taza de caldo, non vou tomar voluntariamente duas. Ou sí?

Leeremos o libro. Saudos.

Agremon dixo...

Sigo a pensar que o enfoque que tes é moi cuadriculado, pero no do caldo, tes toda a razón.

JOSE ANGEL BOLAÑO dixo...

¿Cuadriculado? Serán as moreas de datos que me avalan. A mín tamén me gustaría vivir noutro sistema, e soñar non ten custe (de momento).

Agremon dixo...

Non discuto os datos, senón que tento perfilar a interpretación.