20110925

Xelís de Toro

Xelís, nun momento dos seus movementos e expresións.
Xelís de Toro non é novo en Ribadeo. Ten participado máis dunha volta nas xornadas Mar por Medio. Onte ofreceu un anunciado como recital poético na Casa das Letras. O salón estaba ocupado por xente que escoitamos primeiro a presentación por parte de Manel, director do IES Gamallo Fierros e concelleiro polo PP. A presentación xa non foi ó uso, ambos de pé diante da mesa e relembrando non unha biografía esquemática senón un salpique biográfico entre varios puntos concretos ilustrativos de diversos momentos vitais do protagonista. Logo pasou a cousa a Xelís. O movemento ou sinxelamnte, os complementos, deixan de ser tales para converterse en parte integrante de algo que eu non chamaría poesía, senón sinxelamente actuación, sen aplicarlle dun 'de' detrás (non de teatro, no de ...). En un par de tempos foron os xestos de complemento os que levaron a pauta das verbas. Noutro, foi precisamente a falta deses xestos que deixou á palabra núa, Nutro en fin, o uso dun reprodutor que ía acumulando repeticións creou unha atmosfera agobiante que se desfixo co seu apagado. Unha actuación curta, pero curiosa que recomendaría se non tivera pasado xa.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Boa noite:
A "cousa" anunciábase como festival da poesía, que non é pouco. Logo semellaba a presentación dun poemario actuado-recitado, que tamén lle din performance(non estaría mal), con préstamo incluido. Finalmente, quedounos a moitos dos que alí estabamos cara de pampos pola brevidade, desconcerto e o convite do autor a facerlle preguntas de "calquera cousa".
A verdade é que Xelís non defrauda nunca en excentricidade.
Unha mágoa.

Agremon dixo...

Como que diría, 'pois iso'.