20110418

Cemiterio civil

O cemiterio de Ribadeo, coa súa disposición, extensión, paseo entre o pobo e o cemiterio, etc é característico. A capela, a parte da súa relevancia como tal, esta tempada ten sobre de si o destrozo das vidrieiras, que non se esquecerá en moito tempo.
Na foto tomada do Sigpac (o norte, cara enrriba, e vese o paseo do cemiterio, o acceso sur por estrada atar Ribadeo, á altura do entronque para Mirasol, e un pouco da zona dos bloques) poden observarse, marcada cun punto vermello, a situación da capela, marcada cun punto azul, a porta principal, e cunha frecha, un espazo que racha coa simetría do conxunto. Na punta da frecha hai unha porta que non soe estar aberta nunca. Onte houbo quen me contou unha cousa da historia desta parte. O 'anexo' era outro cemiterio, o cemiterio civil, onde se enterraban os non católicos. Supoño que haberá xente da que lee o blog que saberá abondo máis do tema, cando foi feito, cando foi anexionado ó resto, etc. A cousa é que hoxe é unha parte máis, lateral, rara, do cemiterio xeral, onde tamén, á beira dos lugares ocupados por xente alle ás crenzas católicas, está o conxunto de nichos das fenecidas dunha orde relixiosa. A morte iguala e pasa por riba de crenzas, facendo viciñanzas ás veces insólitas.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

O cemiterio, ainque que administrado polo concello, era un cemiterio pros católicos, que o eran a mayoría da sociedade e ata o mesmo Estado. POlo tanto, todolos cemiterios tiñan un apartado para os non católicos, como era ese rincón do que se fala no artigo.

Agremon dixo...

Entendo que non todos tiñan ese apartado. De feito teño visto algún que era só para non católicos, lonxe de calquera outro católico e moitos sen ningún apartado. Pero ademáis, o de Ribadeo polo que parece estaba separado por un muro con anterioridade, estando ambos anexos, pero separados.

Anónimo dixo...

NO cemiterio de Mondoñedo ocorre o mesmo. Entrando pola porta que está mais preto da cidade, na parte esquerda hai un espacio adicado ós enterramentos civís. E nel está soterrado o médico e poeta Leiras Pulpeiro.

Agremon dixo...

É de supoñer que o anterior se refire ó vello cemiterio, hoxe convertido en parque de visita case obrigada na visita a Mondoñedo. A próxima vez que vaia fixareime no tema.

Melodi Parga Otero dixo...

Como ben dixeron non se trata dun caso alleo, dase noutros cemiterios, incluso no rural. De feito no cemiterio novo de Celeiro de Mariñaos había un anexo así, cunha porta propia, agora non queda xa sinal del debido á ampliación do cemiterio.