20110412

Asociacionismo político

Boa cousa a de asociarse. Parece lóxico que a xente se asocie para estar máis en grupo desfrutando das mesmas cousas entre coñecidos, e para lograr ese desfrute. De feito, un dos indicadores de desenvolvemento dunha sociedade está aí, precisamente no nivel de asociacionismo que ten.
De calquera xeito, hai sociacións que poden causar unha sensación de desasosego vistas desde fóra. E non me refiro a asociacións de maleantes, senón neste caso a asociacións de políticos. Quizáis debera dicir de expolíticos, pero non teño claro tampouco que debera ser así. Hoxe nos xornais aparece a nova de que no IES Gamallo Fierros terá lugar unha charla de tres ex-deputados, o que pode ser un acto ilustrativo da democracia, pero resulta que a cousa está encadrada nun ciclo de charlas da asociación de exdeputados. Neste caso, sóno de tres partidos diferentes.
Está ben que se leven ben, o que axudará á cooperación entre os diversos grupos. Pero entre os políticos, nestes temps que corren, unha asociación en función de ter pasado por un cargo que conleva privilexios pode dar unha impresión de corporativismo para mantemento de intereses e deses privilexios. Evidentemente, non ten por que ser así, pero o que se está vendo en relación ós políticos, dende as diversas corruptelas á Corrupción, pasando por detalles como a bussiness class a Bruxelas, leva cara ese lugar os pensamentos. A concepción da política sempre pode ir a peor, pero sería bo que fora mellorando a partires dos propios actos dos políticos. Non vou poder ir á charla, pero gustaríame que o acto previsto para hoxe contribuíra a esa necesaria mellora.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Será que os políticos empezaron unha camapaña para compensar a nacente opinión de que hai que seprimir ou minorar as competencias das autonomías?

Agremon dixo...

Non teño idea de a que pode responder. De calquera xeito, espero que teña ido ben a cousa esta mañá.