20101022

CCA - 2

Ribadeo ten un Centro Comercial Aberto. Iso sabémolo todos: é unha agrupación de tendas do centro urbán que tratan de potenciarse mutuamente englobándose nunha asociación. Así pois, non é propiamente unha única entidade que aglutina tendas, senón unha acción comunitaria para asemellarse á unión dun centro comercial e aproveitar sinerxias do mellor xeito posible.
Tamén tivo un intento de centro comercial arredor do hiper de Eroski. Ó final, ou mellor, ó principio, a cousa non foi moi adiante. Aínda así, primeiro foi unha tenda de Brico King e logo, de xieto separado e controvertido, un Lidl. Nese tempo, cerrou a principal tenda por tamaño de Ribadeo - centro, e abriron unhas cantas máis, destacando franquicias e unha cadea comercial. É dicir, variando a textura do tecido comercial, e tamén, potenciando dende fóra da asociación do CCA ese mesmo centro comercial. Digo dende fóra non só porque a porcentaxe de asociación ó CCA coido que empeorou cos novos negocios, senón porque ó tratarse de comercios non enraizados na súa base en Ribadeo, teñen outras perspectivas comerciais con intereses estratéxicos diferentes. E digo o de potenciando dende fóra porque como negocios, están para ganar cartos, e saben que a afluencia de xente beneficia a todos eles, aínda que non entren na colaboración directa do CCA.
Agora, o equilibrio actual, -se se lle pode chamar así ó desequilibrio de intereses entre zonas, pero progreso de ambas- volta a evolucionar: dous novos comercios de tamaño abondante instalaranse na viciñanza dos anteriores de gran tamaño en Vilar, un de atuendo deportivo e outro de calzados. Con iso, a idea de centro comercial fóra do centro vai tomando corpo, aínda que con retraso.
Onte, na radio Onda Cero, participei nunha tertulia na que un dos temas tratados foi se era ou non beneficioso para Ribadeo. a miña postura non a tiven moi crara, o tema é complexo. En xeral, coido que habería que distinguir os beneficios para a comarca dos que xera para o pobo. Os perxuízos para o comercio instalado no centro urbán (ou beneficios) e para os empregados, en forma de número de empregos e calidade. E tamén o aumento inicial na competitividade, beneficioso alomenos mentres non force a peche de tendas no centro urbano. Son algúns dos puntais a considerar. Faláronse alí doutros temas relacionados, e non houbo acordo xenérico e toma de postura conxunta. E ti, que opinas?

8 comentarios:

JOSE ANGEL BOLAÑO dixo...

Deixando de lado a situación da economía, dín os entendidos que a competencia é boa, e beneficia, sobre todo, os consumidores.
As empresas que sobreviven no mercado parece ser que son aquelas que innovan, tanto en productos como en procedementos, e dicir, que son dinámicas e adáptanse o entorno, incluso adiántanse as posibles situacións.
O ciclo vital tamén é cousa das empresas: nacen, crecen, manténense un certo tempo e, moitas, morren cando chegan a madurez. Claro que tamén poden intentar dilatar ese momento.
Tamén é certo que outras ocupan o seu lugar.

Un saúdo.

Eu dixo...

Coido que tendo Oviedo a hore e media escasa e Lugo aínda máis preto cos seus centros comerciais "pechados", a Ribadeo non llequeda máis remedio que aceptar estas grandes empresas se quere quedarse con algo de clientela.
Os amigos do comercio local seguirán tendo os seus pequenos negocios e os a migos das grandes superficies igual o pensen ´duas veces antes de coller o coche ata a capital...

Agremon dixo...

Está visto que o tema é amplo, da para miralo dende varios puntos de vista. Os dous comentarios anteriores así o amosan. a inevitabilidade 'fatalidade dirían outros' e as bondades da competencia son cousas a ter en conta, pero tamén cousas sobre as que se pode actuar. Regulación e dinamismo poden contribuír a elo. De calquera xeito, ambos comentarios inciden nas ventaxas ...

Antonio Andina dixo...

É certo que se teñen pechado algúns establecementos, pero outros especializaronse e agora atraemos clientela desas capitais incluso por variedade e sobor de todo por prezo. Os comercios "tradicionais" de Ribadeo dan outros servizos e calidade que non dan eseos grandes centros que so se vai por prezo.

Yo escribo dixo...

Mentres as "grandes empresas" non comecen a vender por debaixo do precio de coste para captar clientes inicialmente (todos sabemos que as grandes cadeas comerciais pódense permitir estos luxos e xogar coa sua posición dominante do mercado), non vexo donde está o problema.
Xa o decía "Charles Darwin" as especies que sobreviven son as que meior se adaptan ós cambios. "Einstein" decía: Insanidade é esperar resultados diferentes facendo sempre o mesmo. Resumindo: Ó comercio urbán de Ribadeo non lle queda outra que adaptarse á situación actual e facer fronte as grandes cadeas comerciais. ¿Cómo? Hai varias posibilidades: Ofrecer calidade, trato cercano co cliente, engadir novos servicios para acercarse máis ó cliente, facerse a idea de que "o cliente sempre ten razón" e que os seus comercios teñen que adaptarse á necesidade do cliente.

Agremon dixo...

Coido que é necesario un debate máis profundo en Ribadeo sobre o tema. Non tanto para decidir o que xa é inevitable, como para mentalizarse e aproveitar mellor o que hai.

El ángel de Olavide dixo...

Dificil tema si se me permite intervenir. Dos preguntas algo provocativas y capciosas. Imaginenos por un momento que IKEA se establece en Ribadeo. Segundo tema de imaginación: que un programa político municipal ofrezca en la camapaña dificultar o prohibir la instalación de grandes superficies, incluso de cerrar las actuales y gana las elecciones y cumple. Seguro que la gran mayoría de los que pasamos por aqui se pronunciaría a favor de la primera y en contra de la segunda. Ese es el marco del problema. En el comercio existe un concepto llamado tráfico. Si no pasa nadie delante de tu puerta seguro que no es un negocio. Si pasa mucha gente ya te preocuparás tu de hacer las cosas de tal forma que te aproveche. Con surtido mejor o mas especializado, con servicios mas completos o con marca. En el actual debate sobre comercio y metrópoli no hay buenas noticias para los espacios pequeños. O te haces grande o vas a tener problemas. De ahi que la opción de crecer comercialmente por parte de Ribadeo es ganadora o menos perdedora. Esta teoría como comprenderás no me ha he inventado yo. Es la que justifica la existencia, guste o no, de los shopping center en la actualidad y que justificaba en la edad media las ferias y mercados.
Otra cosa es reflexionar sobre el impacto que todo esto pueda tener en la situación del empleo, de los precios, del cierre de establecimientos profesionales familiares y la apertura de franquicias. De la inmigración, de la idoisincrasia del nuevo público, de los impactos sobre el tráfico viario, de la calidad de vida, de lo que pudo ser y no fue.Creo que estas noticias nuevas son buenas y que suponen un buen cartel publicitario para el gobierno municipal actual. A mi, Antonio, como comprenderás ni me va ni me viene en el sentido personal. Desde un cálculo interesado y desde mis gustos personales mas bien me da por culo esta modernización, todos los veraneantes ya sabes que dice el lugar común que somos arcaicos y egoistas y que preferimos pueblos congelados en los mejores tiempos pasados. Pero lo que es bueno para la gente de Ribadeo es bueno para mi. O sea que vosotros mismos.

Agremon dixo...

Coido que a base do comentario anterior, con todas as diferenzas cos outros, segue a ser a mesma: a cuestión da inevitabilidade e o aproveitamento. A inevitabilidade actual do sistema e o aproveitamento que se pode facer do mesmo.