20190531

Perfil baixo, para ler

Rematei agora mesmo un libro, Perfil bajo, que deixo a disposición de quen o queira ler.
Entendámonos, non o deixo porque me quera desfacer del, non, senón porque coido que é bó lelo. E máis, aspiro a que, se alguén o le, despois mo retorne para telo a man e poder darlle algunha lectura rápida a unha parte ou otra segundo me pete.
O seu subtítulo, Libertad de expresión, ansiedad tecnológica y crisis política, é abondo máis indicativo do tema, pero non tanto do xeito de tratamento.
A portada, que collo del eldiario.es, coa sua licenza CC-BY-SA que permite a súa reutilización, para min é máis indicativa do tono que do tema.
Por certo, e a conto da licenza, a da foto de portada sería menos restritiva que a do propio blog, imposta polo hosting polas partes das que non son autor (o propio programa que permite a existencia do blog, por exemplo), e moito máis que a licenza do propio libro, CC-BY-NC-ND, que aínda así é menos restritiva que a licenza que por defecto se soe poñer nas editoriais cando se fai un libro.
En fin, se queres saber máis antes de pedilo/pedirmo, tes o título e o subtítulo para navegar e enterarte. Quedaría o autor: Guillermo Zapata.
Fin da historia? Iso depende de ti.

20190529

Eu non votei

En España, votar ou non é liberdade persoal. Non hai obriga, senón vontade. Iso permite a abstención. Abstención que chega a sobrepasar moito a maioría da poboación nalgunhas mesas electorais, e que fóra de España, nas Eleccións Europeas, tense achegado ó 80% no conxunto dalgún país.
Por que non votar? Está amosado que as zonas de alta abstención están asociadas a zonas con baixas perspectivas, é dicir, zonas nas que dalgún xeito voto non se asocia a un potencial poder. Está estudado a base de grandes números que vota menos a xente de baixo poder adquisitivo. E así, perfil a perfil, pode irse construíndo a imaxe dunha persoa abstencionista.
Pero, máis aló do perfil, e da consideración no imaxinario de que cada elección ten unha importancia diferente, asociada ó estar máis ou menos lonxe o poder da xente que se elixe, cada unha das persoas que non foi votar pode necesitar ter unha disculpa que lle de a coartada para non exercer un dereito asociado a un poder.
Para moitos, non foi coartada. Sinxelamente, non puideron, non lles deixaron ou non deron accedido ó voto, como a xente que está emigrada, que 'logrou' porcentaxes de participación por baixo do 10%.
Pera outra moita xente, o traballo por conta allea consideraron que non lles deu un respiro para unha ocasión de tentar defender eses dereitos que lles están machacando. Ou o traballo por conta propia. Ou, caso poñamos de transportistas, non pediron o voto a distancia e xurdiulles unha viaxe que os mantivo lonxe o día das votacións. Nalgures, nestas ou noutras eleccións, o motivo de moita xente para evitar o pasar por unhas urnas menos atractivas que a praia ou o campo foi un día soleado que desfrutar. E a casuística podería seguir case cunha causa por cada persoa, vistas desde fóra, máis ou menos 'xustificadas'.
Pero volvendo atrás, e penso que iso é a clave, hai que procurar a causa da abstención sobre todo en algo parello a: para que? Xente que non confía na democracia tal e como está proposta, e que ten razóns para non facelo á vista da corrupción e outras lacras, a máis da propaganda que potencia lanzar merda uns contra outros en troques de difundir uns logros polo xeral pouco traballados, escasos, que dan pouco de si. Xente que ve que a única arma que cren ter, o voto, é pedida cunhas promesas incumpridas dende a mesma noite electoral. Xente que se cre sen poder cando o poder emana da xente. Xente que non participa de xeito organizado porque a súa organización é sistemáticamente menosprezada ou destruída se non é integrada nun partido consolidado. Xente que esquece o poder da xente. En todos os casos, xente que ten o poder potencial e que algún día poder demostrar que o ten.

20190527

Sobre as eleccións en Ribadeo en Ribadeando

Para ordear os diversos -moitos xa- post sobre as eleccións, deixo unha relación indicativa:

Sobre calquera elección

Eleccións locais 2019
Eleccións locais 2015 
Eleccións locais 2011
Eleccións locais 2007
Eleccións locais 2003
Eleccións locais 1979

Eleccións autonómicas 2016

Eleccións xerais 2019
Eleccións xerais 2016
Eleccións xerais 2015
Eleccións xerais 2011

Eleccións europeas 2009
... hai máis, que irei metendo aquí mesmo unha vez as vaia ordeando.

As eleccións locais 2019 en Ribadeo. Históricos

Os resultados electorais soen compararse cos anteriores logrados para magnificar ou minusvalorar a victoria ou diminuír ou aumentar a derrota, para o que se empregan datos parciais. Querendo ser máis obxectivos, hai que contar cos datos tamén máis obxectivos, polo que vou gardando datos dunha a outra elección. Velaeiquí:
A anterior é a gráfica que representa o número de votos a cada partido ou agrupación que se presentou dende 1979. Na columna de partidos, os partidos que aparecen máis abaixo son os que se presentaron ás primeiras eleccións, e os máis arriba, os que só se presentaron ás últimas. A orde dentro de cada columna corresponde á antigüidade das siglas nas eleccións locais de Ribadeo. Non inclúo cousas como o censo para non complicar máis.
Unha versión reducida do anterior, só para as eleccións mantidas no século XXI, é a seguinte:
Por último, o histórico de número de concelleiros en eleccións dende a democracia ven representado na seguinte gráfica:
Quedan aínda algunhas cousas a poñer. Será noutro post.
--
Entradas da serie eleccións locais 2019:
Datos xerais
Gráficos
Históricos

As eleccións locais 2019 en Ribadeo. Gráficos

Din que as cousas compréndense mellor de xeito gráfico. Despois de presentar os datos xerais das eleccións locais 2019 en Ribadeo, aquí quedan tres gráficos e algunha táboa, como segunda entrega desta serie.
O primeiro representa o que fixo cada votante: os que votaron a cada partido, os que se abstiveron, os votos nulos e en branco.
Corresponde cos datos en negriña da seguinte táboa:












É dicir, case 1/3 da poboación votou ó BNG, e algo menos decidiu pasar das eleccións. Votos nulos e en branco quedaron por baixo do 1% dos votantes posibles, ó igual que un partido, aínda que só os en branco quedaron por baixo do 1% dos votos efectivos. Tres partidos tiveron unha porcentaxe menor do 5% de votos emitidos necesaria para acceder a un escano, aínda que en Ribadeo iso non conte porque en calquera caso, o escano necesita máis votos do 5%.
A segunda gráfica representa a distribucion de votos a partidos.
Corresponde coa seguinte táboa:






Nela obsérvase que o BNG achégase á metade dos votos a partidos, e o PP á terceira parte.

A terceira gráfica, as cadeiras logradas (BNG, 7; PP, 4; PSOE, 2):
Outra entrada estará adicada ós datos históricos.
--
Entradas da serie eleccións locais 2019:
Datos xerais
Gráficos
Históricos

As eleccións locais 2019 en Ribadeo

Maioría absoluta do BNG con 7 concelleiros, 4 para PP e 2 para PSOE, quedando En Marea, RNU e CxG sen cadeira.
Imos primeiro polos números. Unha vez escrutado o 100%, con datos tomados directamente da páxina oficial das eleccións:

Na primeira táboa parece o Padrón, os votos a partidos, nulos, en brtanco e abstención, así como a división que deu lugar a cada concelleiro, en vermello, e a división seguinte, que non logrou voto. O primeiro concelleiro quie quedo 'sen entrar' foi o 5º do PP. Para ter entrado, o PP tería que superar, cos seus votos divididos entre 5, a conta 2581/7 = 368,714285714286 que lle da o 7º concelleiro ó PP, co aque tería que ter 1844 votos, 104 máis dos que obtivo.
Para comparar, se tiveramos a distribución de 17 concelleiros, como en 2015, as contas sairían así:
é dicir, o BNG seguiría con maioría ó lograr 9 concelleiros, por 6 o PP e 2 o PSOE.

Os concelleiros de 2019 son, por orde de consecución de cadeira:

1.BNG-Fernando Suárez Barcia
2.PP-Daniel Vega Pérez
3.BNG-Maria Luz Álvarez Lastra
4.PP-Elisa Concepción Rodríguez Sanjurjo
5.BNG-Pablo Vizoso Galdo
6.PSOE-Marta García Rey
7.BNG-Mónica Freire Rancaño
8.PP-Begoña Sanjurjo Santar
9.BNG-Jesús Mundiña Acebo
10.PP-María Elena Sierra Pulpeiro
11.BNG-María del Pilar Otero Cabarcos
12.PSOE-Francisco Javier Torviso Berdeal
13.BNG-Jorge Díaz Freije

(Como foi dito arriba, de haber outro posto máis, tería entrado o nº 5 do PP, Inocencio Rodríguez)
Quedan para outro post algunha outra consideración, os gráficos e o historial electoral de Ribadeo nas eleccións locais.
--
Entradas da serie eleccións locais 2019:
Datos xerais
Gráficos
Históricos

20190517

Día de festa das letras galegas

Hoxe é día de festa das letras. Desfrutemos e deixémolas descansar, co mínimo imprescindible. O resto do ano, a traballar!
Coido que é así, e non ó revés, non?

20190515

Anulada - Enquisa das eleccións municipais Ribadeo 2019 por teléfono móbil

Anulada. Na mañá do día das letras galegas, pola baixa participación, que achaco ó fallo do cambio de clave diaria da que non avisei, retiro a enquisa. Noutra ocasión voltarei a intentalo cun esquema mellorado de difusión.
--
Como anunciei na entrada anterior, despois de expoñer as listas dos partidos e o seu programa, paso a artellar unha enquisa.
Cabe lembrar que en relación ás enquisas, hai moitas dificultades para facelas fiables, aínda tendo moitos medios, o que non é o caso. De calquera xeito, a través dunha aplicación por teléfono móbil, sen poder votar dúas veces co mesmo aparello, a cousa pode ir mellor que en outros tempos.
Así que, se queres participar co teu móbil (e logo ver os resultados tamén no teu móbil, claro), entra en www.menti.com e introduce o código (106196, primeiro día, mércores) (877649 - segundo día, xoves) 679659 - terceiro día, venres. Son tres preguntas: unha, sobre en que parroquia de Ribadeo vives, outra, o sexo, e outra, o grupo a quen lle das o voto. despois de sinalar a resposta en cada caso, tes que ir abaixo da pantalla e enviar a resposta.
Para ver o resultado, tes que dar un correo electrónico, e envíache como está a votación no momento.
Se máis adiante queres volver a sabelo xa actualizado, verás que tes que pasar as preguntas de novo, pero ó contestar di que xa as contestaches e pregunta se queres pasar de pregunta ('skip'). Pero podes voltar a enviarte as respostas ata ese momento!
De calquera xeito, a final do día 17, letras galegas, un post dará conta dos resultados.
Apúntaste?

Eleccións o 26: programa dos partidos que se presentan en Ribadeo

Versión 2: incorporado programa BNG
   Despois de ver que comezada a campaña, non hai un lugar para comparar os programas das diferentes formacións, pedínlles que me enviaran unha referencia que poder colgar ou ligar en pdf, para homoxeneizar o máis posible a comparación. Sei que aínda así haberá diferenzas de presentación, pero menores que se se vai a unha web, a un facebook, a un blog, etc, diferente para cada formación. Asemade, haberá diferenzas de síntese, dende documentos que están desenvoltos na súa totalidade a resumes dunha folla: iso xa vai en como fai as cousas cada formación. A intención é que se podan consultar antes das eleccións e durante os catro anos posteriores, para quen quera facer un seguemento.
   Quedaba algunha cousa por resolver, como a orde de presentación aquí. Decidín colgalos segundo orde de contestación. E outra cousa: cando esto escribo, aínda non teño todas as contestacións, co que, se atopo que poñer en pdf dun xeito máis ou menos equivalente ós que contestaron, fareino; se non, queda sen poñer. No caso en que me enviaran o documento despois (ou atopara datos por algures se non os tivera antes), tentaría poñelo ó final cunha nota de actualización, sempre e cando sexa antes de sábado 18, ó igual que as posibles melloras de presentación que decidan enviarme, procurando a igualdade de oportunidades.
   Unha cousa máis: Hai formacións que teñen versión en galego e versión en castelán. En dito caso, só ligo as versións en galego.
   Ben, aí van:
Ribadeo Nos Une
Compromiso por Ribadeo
Partido Popular
En Marea
BNG
   Quedan: , PSOE

Máis das eleccións municipais Ribadeo 2019:
Enquisa por Móbil
Listas

20190513

A humidade corroe

Vivimos nunha zona húmida. Estamos afeitos á humidade, e a dispor de auga en abundancia. Sabemos que é un privilexio ter á nosa disposición na natureza unha cantidade de auga moi superior á que dispoñen noutros lugares. Pero tamén sabemos que a auga pode ser mala. Non só a maior humidade favorece reuma ou artrite, non só aumenta a posibilidade de inundacións. Non só hai que coidar a contaminación existente na maioría das nosas fontes. Non, ás veces aparece o rastro desa maior cantidade de auga en sitios nos que non se espera. Iso pasa coa humidade observada nas pinturas da capela da Virxe das Virtudes de A Ponte de Arante. Hai anos que Emilio Piñeiroa difunde os frescos que se atoparon alí, e agora, despois de que a festa que dentro de pouco se celebrará no lugar teña sido declarada de interese, ten que dar a voz de alarma sobre o estado das pinturas debido á humidade.
Na foto, de Emilio, vese como os bancos están retirados, colocados así polo Obradoiro do Camiño para facilitar as visitas. e como a humidade avanza polo muro. A capela está restaurada -obsérvese o coidado do teito- pero viuse claro xa dende pouco despois da restauración que ía ser difícil o mantela. Situada xunto á confluencia do Rego de Lexoso e do Rego de Arante, onde se forma o Río Grande, nunha zona baixa, que no 2010 sufriu o destrozo total da ponte xunto a ela pola riada de xuño daquel ano, a zona... é húmida.
O barrio de A Ponte, en Arante, coa capela e a ponte actual, á vista no Sigpac
E como se vai amañar? Polo momento, despois da promesa dunha 'intervención rápida' xa hai tempo, está sen trazas de amaño. Polo tanto, o primeiro paso sería prestarlle máis atención...

20190512

Coñeces a quenes se presentan ás eleccións ó concello de Ribadeo?



Supoño que xa verías todas as candidaturas, pero non xuntas, o que dificulta comparar e fan que se esquezan nomes. A falta de coñecer programas (polo momento, coido que só unha formación está facendo un anuncio do seu esbozo de programa dun xeito sistemático), aquí van as candidaturas que se presentan ó concello para as eleccións do 26 de maio de 2019 ( B.O.P de Lugo Núm. 093 – Mércores, 24 de Abril de 2019, p. 69 e ss.):
Circunscripción electoral: RIBADEO

Candidatura núm. 1:RIBADEO NOS UNE

1.-RAMON ACUÑA GONZALEZ
2.-ANTONIO VICENTE FERNANDEZ FERNANDEZ
3.-MARIA DEL CARMEN VILLAGARCIA RIO
4.-PERFECTO RODRIGUEZ GONZALEZ
5.-MARIA LOURDES PRADA HERRERA
6.-NAROA PENEDO RODRIGUEZ
7.-TANIA FREIJE LOPEZ
8.-MARIA RUTH PENOUCOS YANES
9.-MARIA TERESA FERNANDEZ FERNANDEZ
10.-VALENTIN IZQUIERDO RODRIGUEZ
11.-MARGARITA GALOCHA LOPEZ
12.-IVAN QUERO FERNANDEZ
13.-JOSE GUTIERREZ LOPEZ
Suplentes
1.-JUAN CARLOS DELGADO RUIZ
2.-MARIA BENIGNA CUBERO LOREDO
3.-RAFAEL MILLARES MERA

Candidatura núm. 2: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)

1.-FERNANDO SUAREZ BARCIA
2.-MARIA LUZ ALVAREZ LASTRA
3.-PABLO VIZOSO GALDO
4.-MONICA FREIRE RANCAÑO
5.-JESUS MUNDIÑA ACEBO
6.-MARIA DEL PILAR OTERO CABARCOS
7.-JORGE DIAZ FREIJE
8.-MARCOS ANTONIO VILLAMIL MARTINEZ
9.-VANESA YANES RIVAS
10.-DAVID RIVAS PEÑA
11.-MARIA SONIA MEILAN VIZOSO
12.-XOSE FARRUCO GRAÑA RAMA
13.-ANDREA MARTINS FERNANDEZ
Suplentes
1.-XOAN ANTON MONASTERIO LOPEZ
2.-MARIA PAZ RAMIL MASEDA
3.-OSCAR CHAO PENABAD
4.-MARIA POSADA EXPOSITO
5.-ALMUDENA FERNANDEZ MONASTERIO
6.-JOSE ROCHA FERNANDEZ
7.-MARIA DE LOS ANGELES FUENTE VERDEAL
8.-TERESA DIAZ ESTEVEZ
9.-MARIA DOLORES GARCIA DOCOBO
10.-JOSE ANTONIO RAMIL ACEBO

Candidatura núm. 3: PARTIDO POPULAR (P.P.)

1.-DANIEL VEGA PEREZ
2.-ELISA CONCEPCION RODRIGUEZ SANJURJO
3.-BEGOÑA SANJURJO SANTAR
4.-MARIA ELENA SIERRA PULPEIRO
5.-INOCENCIO RODRIGUEZ GONZALEZ
6.-MARTA MARIA SAIZ GARCIA
7.-JUSTO PEDRO SUAREZ CONDE
8.-MONTSERRAT SEIJO DIAZ
9.-MARIA JOSE DUARTE FANJUL
10.-JESUS ANGEL GONZALEZ GARCIA
11.-ANA MARIA DOCOBO FERNANDEZ
12.-MANUEL SILVEIRA VALLEDOR
13.-LORENZO GARCIA EIRAS
Suplentes
1.-PEDRO JOSE ANTONIO MURUAIS FERNANDEZ
2.-EULOGIO DIAZ LOPEZ
3.-MARIA ANGELES LOPEZ VIOR

Candidatura núm. 4: PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA- PSOE (PSdeG-PSOE)

1.- MARTA GARCIA REY
2.- FRANCISCO JAVIER TORVISO BERDEAL
3.- MARIA JOSE RODRIGUEZ ARCA
4.- FRANCISCO JAVIER RODRIGUEZ VEIGA
5.- ANA MARIA FERNANDEZ RODRIGUEZ
6.- JUSTO ENRIQUE NAVARRET MON
7.- MARIA TERESA PEREZ SANZ
 8.-MARCOS ANTONIO VILLAMIL MARTINEZ
9.-VANESA YANES RIVAS
10.-DAVID RIVAS PEÑA
11.-MARIA SONIA MEILAN VIZOSO
12.-XOSE FARRUCO GRAÑA RAMA
13.-ANDREA MARTINS FERNANDEZ
Suplentes
1.- JENNIFER MOURE LOPEZ
2.- RAMON ANGEL COTO LONGARELA
3.- ANCA STEFANIA HONCU

Candidatura núm. 5: EN MAREA RIBADEO

1.- EVARISTO LOMBARDERO RICO
2.- MARIA FRANCISCA DE ASIS LOPEZ DE PRADO NISTAL
3.- OSCAR ARAMBURU VILARIÑO
4.- ELENA CELIA LOPEZ SAMPEDRO
5.- JULIO CESAR GONZALEZ GARCIA
6.- ELIA RODRIGUEZ ALVAREZ
7.- JOSE ANTONIO SANCOSME IGLESIAS
8.- MARIA INES PEREZ SANTOME
9.- ANGEL RODRIGUEZ ANES
10.- MONICA AMADO BRANCO
11.- ARTURO LINARES MARTINEZ
12.- MARIA DE LOS DOLORES RODRIGUEZ RIOPEDRE
13.-JUAN CARLOS ALONSO GONZALEZ
Suplentes
1.-MARIA COVADONGA SUAREZ MARTÍNEZ
2.-JOSE MARIA LOMBARDERO RICO
3.-MARIA ANGELES DOMINGUEZ BARROSO

Candidatura núm. 6: COMPROMISO POR GALICIA (CxG)

1.- JESUS PEREZ MOREDA
2.- MARIA BEGOÑA FERNANDEZ FERNANDEZ
3.- AURORA GONZALEZ GINZO
4.- RAFAEL IZQUIERDO PEREZ
5.- JOSE RAMON LOPEZ MARTINEZ
6.- IVAN FERNANDEZ RAÑON
7.- ALVARO MARIO LORIGADOS CASTAÑO
8.- BELEN GONZALEZ LOPEZ
9.- CRISTIANE CARVALHO DE SOUSA
10.- ELVA ALINA CARMONA FIGUEREDO
11.- MARIA SOLEDAD VALIÑA GUTIERREZ
12.- ALMUDENA PIÑEIRO DOCAMPO
13.-ALEJANDRO CALONGE PEÑA
Suplentes
1.-REGLA HERRERA BRUNET
Máis das eleccións municipais Ribadeo 2019:

20190510

Estás en venda


Non nos enganemos: ninguén dá os pesos a catro pesetas. É un principo que coñecemos das transaccións comerciais. Outra cousa é coñecer o valor do peso para poder calibrar o cambio e saber se cho venden polo xusto prezo.
En eleccións pasa algo parello. Pero o que está en venda es ti. O teu futuro, o da xente que te rodea... e es ti mesmo quen o pode ou non mercar. Pero, recapitulemos. Se ti mesmo es quen está en venda e quen compra, que pintan os políticos? Nunha imaxe de mercado como a que propoño, os políticos teñen o lugar dos mercaderes, é dicir, prestar un servizo a cambio dun beneficio. E, dentro do seu negocio, hainos de todas as categorías, dende xente que só mira o beneficio, e unha vez feita a venda lávase as mans, ata aquela outra que só contempla o beneficio como medio para ofrecer o servizo. Ese beneficio, nas eleccións, é o teu voto, e o servizo, as ofertas que recibes.
Hoxe en día sábese que o mercado está distorsionado, tentando favorecer a uns e polo tanto, perxudicar a outros. Así, como un caso menor, é de supoñer que serás consciente de que no banco non te tratan igual se tes poñamos, un millón de euros, que se tes cen euros, e iso, dende as consideracións do propio trato social cando entras ata o que recibes polos teus cartos ou o que te cobran polo servizo.
De xeito electoral, tradúcese en múltiples feitos. Nas pasadas eleccións, non costou o mesmo un deputado dun partido que un doutro, nin o número de persoas por deputado era o mesmo nunha provincia que noutra, nin os cartos dos que dispuña cada partido para mercadotecnia eran proporcionais, nin gozaban do mesmo apoio nos medios (mesmo aparte das obrigas legais).
Agora estamos noutras eleccións, as locais, con diferentes características das xerais. Cambia moito? En canto ó que dixen máis arriba de estar en venda, con as consecuencias que leva consigo, non cambia nada. Varía a escala e a proximidade dos candidatos, mesmo os medios dispoñibles, pero non a esencia. En teoría, es ti quen compra ós candidatos, nun esquema claro no que a mercadoría son eles e o que representan. Pero falta unha figura clave: o mercader que fai a compravenda. Alguén diría que son os equipos de campaña, pero creo que non. Na realidade, estás a mercar o teu futuro, a ti mesmo, sendo o candidato a cabeza visible do equipo de mercaderes, que te está a vender a ti mesmo en competencia con outros equipos.

20190509

Unha lembranza para unha persoa e a súa obra


Hai dous anos que nos deixou José Mª Rodríguez. O esforzo dos seus últimos anos, a residencia, está a piques de comezar a funcionar. Está claro que. con todas as tachas que se lle poda poñer, non estaría construída sen o seu empeño e bo facer. E as tachas, os que vivimos de preto o proceso, temos claro que non foron culpa del, senón das limitacións que atopou.
O seu blog, para seguir o seu discurso vital os dez últimos anos, aínda está visible, coa última entrada no verán de 2016. Invito a recorrelo e repasar, xunto coa historia de Ribadeo, a historia dun home que se bota en falta e que tiven a honra de ter como amigo.

20190508

Carta de Por Nuestro Faro ó Sr. Alcalde de Ribadeo


 A illa Pancha, en imaxe de satélite
Sr. alcalde,

Dirixímonos a vostede por segunda vez tras a visita de varios membros do colectivo « Por nuestro faro» ao Concello de Ribadeo para examinar os informes sobre os apartamentos do faro de Illa Pancha. Como non recibimos resposta ao último correo onde se lle pedía aplicar o contido de ditos informes, e diante da inacción do Concello, quixéramos lembrarlle algúns dos parágrafos atopados nesos documentos asinados oficialmente polo director da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e reflectidos pola banda do Concello de Ribadeo no intercambio de correos. Velaiquí dous sinxelos exemplos :
«As condicións de ocupación do dominio público portuario, recóllense no título concesional, entre elas se atopa a obrigación do concesionario de permitir o acceso á illa ao público en xeral, en determinados horarios». Documento dirixido ao Concello de Ribadeo, e asinado electrónicamente por Alejandro Rey Seoane, director da Autoridade Portuaria, o 21 de xullo de 2017.
Ou, entre outros informes, este do Concello de Ribadeo dirixíndose o 9 de agosto de 2017 á Autoridade Portuaria e estabelecendo como conclusións :
“Primeira. Que debe quedar claro que o hotel ou establecemento turístico que nos ocupa na Illa Pancha debe ter acceso público libre conforme quedou sinalado anteriormente.
Segunda. Mentres non exista este libre acceso e ainda no ánimo de cumprir cos principios de colaboración entre Administracións, non se poderá informar favorablemente á comunicación previa da posta en marcha da actividade”.
Non nos extenderemos máis : vostede ben coñece os informes na súa posesión, e a mesma idea é recollida en polo menos 15 dos documentos consultados por este colectivo.
E evidente, diante desta lectura, que a illa debera estar aberta ao público en xeral dende o 1 de decembro de 2017, día no que o Concello deu a licencia de actividade, porque si o Concello otorgou a licenza era con esa condición. Non entendemos, nese contexto, por qué a illa segue pechada a tódolos ribadenses e á cidadanía.
Polo tanto, esiximos que se aplique de maneira urxente o que está estipulado nos informes e que a illa Pancha, patrimonio de tódolos ribadenses, sexa aberta ao público inmediatamente.
No caso contrario emplazamos ao señor alcalde a que explique ao pobo de Ribadeo a enorme contradicción entre a realidade e os papéis na súa posesión dende hai ano e medio.
Atentamente :

Covadonga Suárez Martínez, colectivo « Por nuestro faro »

Comparación entre o galego e o vasco en relación a unha celebración.


Ribadeo, 7 de maio. Preparando o día das letras galegas, atopamos a unha rapazada marchando pola lingua galega. É o Correlingua, que este ano, na zona de A Mariña, celébrase na vila de Ribadeo. O seu obxecto, a dignificación da cultura galega. A súa organización está baseada nunha distribución zonal, na que intervén a Mesa pola Normalización Lingüística en contacto cos departamentos de Lingua Galega dos centros escolares de cada zona. É un conxunto de actividades festivas que, na práctica, implican só á xente nova, en formación. Ten a marcha, un recorrido, como base ata chegar ó punto final, no que soe haber ao menos música e unhas palabras de exaltación en prol do uso e viveza da lingua.
No nacemento do Correlingua está a Korrika vasca. Esta 'carreira', a vasca, tiven ocasión de vela e participar nela este ano. Está organizada por unha asociación de centros de ensino en eúscaro, e na actualidade recorren Euscadi zigzagueando pola súa xeografía noite e día, en relevos de 1 km, a bó paso e cunha distribución temporal ben organizada, necesaria nunha carreira de máis de dez días de duración temporal e 3000 km de recorrido.
Refírome á Korrika porque quedei cunha certa envexa ó aprezar as diferenzas. En primeiro lugar, na Korrika o quilómetro 'cómprase'. É dicir, as persoas ou organizacións que participan facendo o seu quilómetro, pagan por facelo. A cambio, ese día receben soporte (é unha auténtica caravana o que hai antes e despois de quen está a correr) ou sinxelos chalecos a modo de uniforme en cumprimento das reglas de tráfico con alusións ó que se está a facer. Chalecos que tamén se reparten á beira da estrada a quen se quera unir no momento. Os cartos recadados dan para organizar a Korrika, mais tamén para apoiar o ensino do eúscaro nos centros para maiores. En segundo lugar, a dispersión por Euscadi queda facilitada polo sistema, que tamén permite que se una xente maior e xente miúda cun mesmo esprito. A máis, o recorrido non se cingue só a España, senón que atravesa a fronteira. De feito, a foto adxunta está tomada nun tramo no país vasco francés, no km 749 de Korrika, axustando no cartel ademáis, o fin/comezo de tramo, quen participa (máis ben, quen comprou ese tramo, porque a participación pode incrementarse de xeito substancial), a hora prevista e o día. O evento, bienal, é festivo, pero estimo que sobre todo emotivo e social. A xente á beira da estrada comprobei que pode ou non falar en eusquera (na zona onde estiven comprobei que a lingua vehicular era o francés), pero síntese enganchada no que está a presenciar, de xeito que os máis pequenos únense de forma natural á celebración, cohesionando arredor das emocións unha entidade social no corazón de cada persoa. E se os máis pequenos non poden seguir a marcha, quedan enganchados, emprazados internamente para tentalo na próxima edición. Edición que tamén será en prol do eusquera.

20190503

do colectivo Por Nuestro Faro á entidade Puerto de Ferrol-San Cibrao


   Con fechas de 16 y 28 de mayo de 2018 -hace casi un año- hemos remitido dos emails a Puertos de Ferrol-San Cibrao en nombre del colectivo «Por nuestro faro» para denunciar la entrada arbitraria de personas en Illa Pancha (Ribadeo), y el tránsito de estas por territorios que están fuera de la concesión, aportando pruebas y fotografías. Con fecha del 18 de octubre de 2018, hemos recibido como respuesta de la Autoridad Portuaria unas declaraciones del concesionario, algo que no habíamos solicitado.
   En consecuencia, el 23 de diciembre de 2018 nos hemos dirigido de nuevo a la Autoridad Portuaria para repetir nuestra demanda y obtener una respuesta oficial de la entidad -y no de un particular- al porqué de la entrada selectiva y arbitraria a la isla Pancha en múltiples ocasiones al tiempo que pedíamos información sobre la reglamentación que rige el acceso a la isla. Cinco meses después aún no hemos recibido de su parte respuesta alguna a nuestro correo ni a nuestras preguntas.
   Entretanto nos hemos dirigido al Concello de Ribadeo, y, ante su hermetismo, a la Valedora do Pobo, para hacer respetar la ley de transparencia y obtener la información deseada. Así hemos podido acceder a los informes que hacen referencia a la licencia de apertura entre otros.
   Según los informes técnicos que se encuentran en el Concello de Ribadeo Illa Pancha está abierta al acceso libre del público en general desde el día 1 de diciembre de 2017. Concretamente figuran en el expediente mas de 15 documentos oficiales donde consta que la isla debe estar abierta al público y, con esta condición los apartamentos han obtenido la licencia de actividad definitiva por parte del ayuntamiento. No obstante, el Concello de Ribadeo ha permitido que la puerta siga cerrada hasta hoy.
   En uno de los informes consultados procedente de Puertos de Ferrol-San Cibrao se puede leer «As condicións de ocupación do dominio público portuario, recóllense no título concesional, entre elas se atopa a obrigación do concesionario de permitir o acceso á illa ao público en xeral, en determinados horarios». Dicho documento, dirigido al Concello de Ribadeo, está firmado electrónicamente por Alejandro Rey Seoane, director de la Autoridad Portuaria con fecha de salida del 21 de julio de 2017. El contenido de dicha aseveración se repite en otros informes.
   En consecuencia, pedimos a la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao que nos explique por qué el concesionario decide la entrada de particulares en la isla Pancha (clientes del hotel y otros) en territorio concesionado y no concesionado. Y pedimos que haga respetar lo estipulado por la propia Autoridad Portuaria permitiendo el acceso a la isla a la ciudadanía en general, como autoridad competente de tutela, control y vigilancia del dominio público afectado.
   Esperamos y rogamos encarecidamente una respuesta rápida y directa por su parte».

20190501

Pensando no traballo no seu día: balsa de lodos de Alcoa

Hai un par de días, un amigo guioume polas beiras de Alcoa S. Cibrao a descubrir algúns lugares senlleiros. O, para min, máis significativo foi a balsa de lodos. Por varias razóns. A primeira, por tomar conciencia de que ó fin, 'iso' son residuos industriais tóxicos, en cantidades case inimaxinables. A segunda, por confrontar que se presentan algo así como un toma-daca a cambio de postos de traballo. Outra, por constatar como nestes momentos está claro un aumento de capacidade recente da balsa a base de aumentar a altura dos seus muros. E poderiamos continuar, pero non é necesario: xa abonda confusión levan consigo as razóns anteriores. Cada unha delas.
Aínda que non estiveramos nos arredores do un de maio, a 'festa do traballo', como se lle chama parece que para esquecer a súa orixe de loita e vidas perdidas, a confrontación postos de traballo-esixencia calqueira presentada como ineludible pola empresa correspondente, é un clásico. Sexa o eucalipto presentado como especie non invasora a cambio de postos de traballo (e cartos para as madereiras correspondentes), sexa, seguindo no mesmo sector, a prolongación da contaminación de ENCE en Pontevedra como 'mal menor' fronte ós postos de traballo que 'produce' (e os millóns de euros de ganancia da empresa), sexa no caso de Alcoa o rebaixe do prezo da electricidade, ou o desentenderse dos lodos acumulados na balsa, pois están en xogo postos de traballo (din que non é rentable senón...), sexa o que sexa, fronte a unha situación de oferta/demanda de traballo controlada polas empresas, os argumentos presentados pasan a ser o de menos.
No caso da balsa de lodos, a constatación de que o volume da balsa é limitado a pesar das ampliacións-parche feitas ou que se pretendan facer, implica unha consecuencia pra o traballo: de xeito independente a outras consideracións, como o prezo da enerxía, e a falta doutras alternativas na actualidade (como o uso dos lodos como materia prima noutros procesos), se non hai unha nova balsa de lodos, a empresa rematará en algo parello ó afogamento na súa propia merda. Vista a balsa, diría que un prazo de cinco anos só se conseguiría en base a incumprir máis medidas de seguridade na contención dos lodos. É dicir, isa sería duración da fábrica -con electricidade gratis-. Tomo nota de que máis importante que o prazo concreto de datos que poden ter un erro considerable, o número de anos, é o peche por unha limitación física, e de que nin estou a xulgar cousas como a toxicidade do material.
De calquera xeito, segue a estar claro que os postos de traballo serán empregados mentres dure a fábrica para obter vantaxes de todo tipo, mesmo nas contraprestacións da empresa a cambio do traballo, comezando polo soldo.
Si, e... alternativas? Evidente: as alternativas non saen da nada, e se son alternativas, son porque marcan diferencias claras co anterior. Véñenme a bote pronto dúas situacións que se poderían contrapoñer destes últimos anos. Unha a nivel estatal e outra lonxe, no estranxeiro. A primeira, o plan E, en plena crise do ladrillo, foi aproveitada polas institucións ás que ía dirixido, os concellos, para máis ladrillo, como o amaño de rúas. Algo que podía (ou non, segundo casos) ser necesario, pero que tiña como efecto inmediato o manter o sistema que contribuiu a crear a crise, basado na construcción (a máis de que nalgún caso, os cartos empregados na propaganda correspondente eran equiparables ós usados na mesma actuación prevista). A segunda, o paso de China de ser un país atrasado e agrícola a ser, nunha xeración, referencia mundial en comercio electrónico, telefonía móbil, superordenadores ou intelixencia artificial. É evidente que se seguiran facendo o mesmo, o cambio non tería tido lugar.
E ambos casos, dentro dun sistema, o capitalista, que está demostrado que está levando ó planeta e a nós a puntos límite en moitos campos, e que, como mínimo se non é substituído, terá que sufrir fortes cambios para poder sobrevivir. Pero eses cambios non van xurdir da nada: seremos nós quenes teremos que impulsalos como afectados. Mentres, en troques de seguir a defender cada un dos postos de traballo de xeito inmediato, afundíndonos máis nos brazos asfixiantes das condicións actuais, habería que poñer máis fincapé no conxunto, no reparto e nas condicións de vida de mañá e pasado mañá, que tamén van ser nosas.
Vista da balsa de lodos

Nota:
Datos (estimados) da balsa.
Medio millón de m2 de superficie.
Lonxitude da barreira principal: 900 m
Altura da barreira principal: 70 m
Volume ocupado na actualidade: 15 000 000  m3
Para facerse unha idea, unha cantidade cunha masa maior que toda a mercadoría embarcada en Mirasol en toda a súa historia.