20181021

Si, en Ribadeo tamén. Unha reflexión xa feita

Ribadeo forma parte do mundo, non? Pois en Ribadeo tamén ten efecto a campaña de desinformación desatada nas redes. Aquí pode verse un artigo ben informado sobre unha rama desa campaña, neste caso lonxe, no Brasil, o que permite ó articulista (blogueiro) tratala tranquilamente. Aquí hai xa tempo que veño detectando mentiras repetidas unha e outra vez que me chegan a traverso de persoas coas que teño relación. Cando teño tempo e ánimo, desenmascaro algunha, para atoparme cada vez con maior frecuencia que son desculpadas con respostas do tipo 'si pero os do outro lado fan cousas peores' ou 'ben, é un pouco esaxerado, pero nada máis', ou mesmo con xente que, á próxima trola, xa fan unha especie de dedicación como se fora unha bóla lanzada que tivera que recoller ou que estivera eu esperando para ver se a dou desenmascarado. Rectificacións? En casos contados, porcentaxes desprezables...
Mágoa, a tendencia parece ser dominante, e implica unha polarización absurda e perigosa baseada na mentira aceptada en base á suposta pertenza a un grupo. E é moito máis doado, rápido e contaxioso o 'cortapega', retuiteo e semellantes que o pararse a pensar se é ou non certo e procurar unha fonte fiable para non tragar merda como se dun doce se tratara.

2 comentarios:

Unknown dixo...

Xa perdín algun amigo, e xa non estou en idade de perdelos, por recriminarlle que retuitee unha troleirada.

Unknown dixo...

Xa perdín algun amigo, e xa non estou en idade de perdelos, por recriminarlle que retuitee unha troleirada.