20180228

Individualismo, sociedades e directivas

Unha das novas de hoxe é en realidade un chamamento. Chamamento á participación en primeira liña por parte de ACISA Ribadeo, que procura nova directiva. Xa hai dous anos, a directiva aínda en funcións formouse tarde, ante a evidencia de que ía ser un problema para a asociación a falta de dirección.
Non é a única sociedade ribadense que nestes momentos se atopa en situación de renovación con dificultades. O día 10 terá lugar a asemblea doutra asociación moi diferente, Amadores da Música, co mesmo fin, a elección de nova directiva, e cunhas perspectivas que pasan pola continuidade ante a ausencia de renovación.
Non son as únicas asociacións de todo tipo, en Ribadeo ou na comarca, que pasan dificultades fronte a renovación do impulso que lles da vida. É certo que toda asociación, como ser vivo, ten tamén ciclos vitais, pero o mesmo que sociedade en conxunto está facendo posible unha extensión da vida dos individuos, sería moi convinte para todos que tamén o ciclo vital das asociacións se fixera máis longo... e é que as asociacións son necesarias, cada vez máis, para facer traballar a sociedade en beneficio de todos.
Para rematar con música, https://soundcloud.com/amadores-da-m-sica/track-6?in=amadores-da-m-sica/sets/cd1-banda-municipal-de-ribadeo
Portada do folleto a partir do cartel realizado por Ernesto Cruzado para a presentación da banda de Ribadeo

Ningún comentario: