20171231

Calendario 2018 agasallo de Por Nuestro Faro

Para baixar, usar e difundir:

Resumindo

Co ano rematado, é costume facer revisións diversas. Comezando por unha das que soo facer nestas datas, as novas do concello, o resume e comparativa anuais son estas:
1.Gráfico de novas do concello por ano, mais limitado ós anos nos que xa foi normal o seuuso. Así, pódese ver que hai unha tendencia ó aumento do número de novas do concello (lembremos, ás que saen para toda a prensa, non as novas xeradas no concello nin as metidas como tal polos periodistas), aumentando 5-6 por ano de media. O aumento de concelleiros pode dicirse que se nota nos dous últimos anos, pero de ser así, non habería un aumento anual xeral, senón só por aumento de concelleiros. a medio prazo, saberémolo.
 2.O número de novas do concello ano a ano, dende o comezo do sistema:
3.E os últimos catro anos detallados en número de novas diario, co axuste que nos di que este ano, cada dez días (festivos incluídos) xeráronse máis de 9 novas:
4.A táboa correspondente:

20171230

20171228

Participas na San Silvestre ribadense?

A dous días da carreira, coa inscrición pechada xa, sábese que nesta edición máis de 700 persoas tomarán a saída. Estás entre elas?

Xulgando o xulgado

Hai máis de ano e medio unha entrada no blog titulábase 'xulgado o estado do xulgado', coa foto que adxunto. Era unha entrada máis das que se viron no blog sobre o xulgado, complementarias das que tamén viron á luz no blog de O Tesón, en ambos casos mesmo antes a recollida de sinatura que se fixo no ano 2010.
E como segue agora o tema? A resposta é sinxela: peor.
Por unha beira, o deterioro do edificio do antigo concello, onde se asenta hoxe o xulgado de paz, segue a deteriorarse, malia as chamadas de atención mesmo no estudo dos escudos da súa fachada. De tal xeito que onte estivo sen luz ata mediodía, amañada de xeito provisional por un funcionairo do concello, e cunha apariencia peor ca da foto que se amosa, de hai máis de ano e medio.
Pola outra, o nulo apoio político da reivindicación iniciada polo Tesón en pos do retorno do xulgado de primeira instancia e instrución, que perdeu hai xa máis de medio século (1965), fai que a posibilidade dunha recuperación se vexa cada día máis lonxe. As dúas imaxes a continuación, de 2010, non tiveron renovación posterior a pesar da viaxe do Presidente de O Tesón a Madrid.

E nesas seguimos: un sindicato, a CIG, pretende unha solución provisional: outro local. Mentres, o público segue abandoado, e a xustiza, tamén.

20171227

Música para a festa

Hai xa moitos anos, 25, que baixo a batuta de Hernán Naval comezou a serie de concertos de Nadal/ano novo/como aquí, nin en Viena/aquí, como en Viena. Neste 2017, a cousa preséntase así:
E, atención: hai que ir procurar as entradas antes!
Un par de complementos:
Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo
A banda naceu… Non, hai que comezar antes: a banda municipal de Ribadeo tivo un caldo de cultivo e uns coidados previos. En Ribadeo había tradición musical, e ó longo do século XX diversas iniciativas foron relevándose de xeito que a finais dos oitenta quedaba unha agrupación xa daquela de longa tradición, a Coral Polifónica, mentres se sucedían grupos musicais diversos. Foi ese o caldo de cultivo no que se comezou a pensar nunha banda de música para Ribadeo, algo do que a vila carecía dende uns trinta anos antes. O impulso que marcou o comezo do camiño foi o xuntar forzas de Víctor Manuel Sanjurjo (Choupín), e Evaristo Lombardero, no 1988, que atraeron outras persoas, Ana María Rodríguez (Ani), José Loredo (Pepe da Caixa), Toni Deaño, Carlos Díaz e eu mesmo para facer unha xestora. A xestora sacou adiante uns estatutos, e, ó tempo, fóronse inscribindo un xerme de socios. O torrente desbordante do Choupo, un proxecto consistente e unha ilusión contaxiosa facían medrar, día a día, a idea.
Botou a andar a sociedade de Amadores da Música, e o primeiro foi procurar unha persoa que puidera levar adiante a formación musical, que se considerou básica para chegar a bo porto, e logo dirixir a banda. Así se chegou a unha persoa que tiña un proxecto persoal que ía como anel o dedo ó proxecto nacente. Hernán Naval chegou a Ribadeo e o primeiro que fixo foi clarificar, o proxecto común na súa parte musical: a banda, finalidade de Amadores da Música pero ó tempo con vida propia. Era o ano 1989. Tres anos foi a cifra básica marcada nun primeiro momento para formar a agrupación e comezar as actuacións. E, co comezo do curso académico 1989-90, deu comezo a formación musical. O pequeno grupo de xente que se apuntou á academia de musica destacaba por ilusión, por ganas, por traballo, pero sobre todo polo ambiente que se formou.
O 9 de xullo de 1991, Amadores, en asemblea, puxo data para o nacemento da banda, programando con tempo, de xeito natural. Así, o 25 de xaneiro de 1992, con antelación ó previsto, a banda tivo o seu concerto inaugural abríndose ó mundo cos compases da Marcha Militar nº 1, Op. 51 de F. Schubert. A segunda obra, Airiños, aires!, foi xa unha alegoría para os músicos, que despois do Coro de peregrinos do Tannhäuser encamiñaron o fin do concerto sentíndose participantes da historia musical de Ribadeo.
Dende aquela, as diversas actuacións (xa 100 en Melide o 19 de agosto do 1995) foron deixando o seu aporte na historia da agrupación, das persoas que a teñen integrado, da sociedade que a apoia e do público que as goza.
A día de hoxe, a banda xa hai longo tempo que cumpriu a súa maioría de idade… e segue a facer historia.
 Folleto de 'Aquí como en Viena' do ano 1993:


20171224

O pleno pasado (20171129): complemento/suplemento en vídeo

Rematan de pasarme a gravación dos 50 primeiros minutos do pleno do 29 de novembro en vídeo, como xa anunciara en 'un pleno pode ser divertido'. Coido que complementa moi ben cos outros do conxunto, a versión do concello, e 'pleno hoxe'.  ... neste Nadal pódese ver en familia!

20171223

Sal no camiño das Aceas

Hoxe sorprendeume o ver sal estrada polas táboas de madeira do camiño das aceas que ahi subindo dende a Vilavella ó Costal, Pola apariencia, tivo que ser botada como cedo, xoves. Imaxino que o que se procura é evitar o esvarar dos camiñantes, que nesa zona segue a ser perigoso a pesar de que este inverno non hai árbores para facer sombra e deixar as súas follas facer unha capa deslizante. Os seus efectos? Supoño que serían estudados. O sal é higroscópico (ver os grumos de sal con auga que se forman nos salgueiros, impedindo moitas veces que saia polos furados de servizo), facilitando a súa diseminación que a auga non quede na superficie da madeira, coa criación dunha lamela de humidade e microorganismos que facilitan o esvaramento.



20171222

Dos canapés ós canapés

A historia da última intervención nos canapés, recién rematada, en fotos.
Os canapés levan xa unha pequena historia no blog. Estas fotos veñen a completala polo momento, despois de 'o combate dos canapés' con fotos recentes e tamén outras de hai moitos anos, e 'canapés', con outras recollidas de google. Nestas faise fincapé na maior reforma actual, que ven variar de novo a parte sur, xa reducida ó círculo externo: o remate da destrucción do centro do canapé sur para liberar as raíces da árbore que xa  tiña atacado, e a retirada do último vestixio do murete externo na zona surleste. Unha árbore que non me explico como se deixou medrar aí.
Retirada de respaldo no canapé sur
O canapé sur, coa árbore liberada
Aspecto xeral do canapé sur
E a continuación, unha serie enteira do final da obra e obra rematada:










20171221

Lembranza 2018

Xa hai case un ano da lembranza anterior. Mañá, sorteo da lotería e comezo oficioso das festas de Nadal e ano novo...

20171220

Felicitación do concello

Bonita e tradicionalmente ilustrativa:

NOVOS DATOS SOBRE A PORTA DA ILLA PANCHA

Nos últimos días tivemos acceso a un vídeo privado realizado no ano 1981, onde se pode comprobar que naquelas datas non existía nengunha porta que impedise a entrada na Illa Pancha. Tamén se pode ver con toda claridade que non había nengún marco que suxerise unha retirada temporal. Asemade pódese apreciar que están en marcha as obras do novo farito, inaugurado en 1983.
Dacordo ca lexislación vixente o peche ao público da Illa Panche debe estar sustentado por unha resolución administrativa. Dado que temos reclamado que se clarexase esta situación ao Concello de Ribadeo e máis a Autoridade Portuaria sen recibir resposta algunha, entendemos que non existe a devandita resolución. En consecuencia, calquer prohibición do acceso ao público é flagrantemente ilegal e débese repoñer a situación anterior de acceso libre. Resulta obvio que quen debe prantexar esa reposición da legalidade non debera ser un colectivo social como “Por Nuestro Faro” senon o propio Concello de Ribadeo en defensa dos intereses lexítimos e legais dos veciños e visitantes. Maiormente cando o Sr. Alcalde de Ribadeo ten manifestado dende novembro de 2016 que non se concedería a licenza de apertura para os apartamentos se a Administración Portuaria non permitía o acceso libre a Illa Pancha.
Por outra banda, dase a casualidade de que na páxina facebook dos apartamentos con data do 28 de outubro aparecen unhas imaxes onde se da conta da visita á Illa dun grupo de colexiais. Nese video pódese apreciar que os cativos estiveron arredor do farito activo, que non está incluido nos espazos concedidos pola Autoridade Potuaria á empresa que explota os apartamentos. En resumen, estase utilizando toda a Illa Pancha para uso e explotación privada, con ánimo de lucro, con acceso restrinxido a algunhas persoas, sen relación co uso hosteleiro e sen que haxa información algunha dos permisos ou riscos que pode supoñer ese uso discriminatorio.
Entendemos que o Sr. Alcalde de Ribadeo, ademais de negarse a respostar as nosas preguntas sobre a concesión da licenza de actividade, e tamén á concelleira do PSOE, Dna. Aurora González, en dous plenos, está permitindo o uso e lucro privado dun espazo público, prohibido á gran maioría dos ribadenses e visitantes e volvéndose atrás da palabra dada anteriormente.
O colectivo “Por Nuestro Faro” vaise dirixir de novo ao Sr. Alcalde de Ribadeo e mais a Autoridade Portuaria requerindo a información pertinente para que se crarexen definitivamente os pontos anteriores.
Evaristo Lombardero, Colectivo “Por nuestro faro”
Foto de 'Un paseo, una foto', lic. CC BY NC ND
--
Evaristo Lombardero na COPE, 20171221

Setenta e cinco euros diarios para taxi

Ferrol-Ribadeo. No mapa (este caso, Open Street Map) é difícil mesmo atopar a liña férrea...

Non, non é moito. Mais é a cantidade que Renfe/Feve adica durante un ano (que xa comezou) a levar á xente en taxi no tramo galego da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Algo que se presta a varias reflexións e matizacións.
A primeira, que que Renfe/Feve faiga un contrato anual para transporte alternativo de viaxeiros por estrada implica a previsión de que os problemas da liña non se van acabar, tratando un problema non como algo a resolver, senón como algo a sacar fóra da vista co menor custe.
Outra, que os máis de 27 000 € son unha minucia que se convirte en noticia pola necesidade da liña. Unha minucia prevista pola compañía, pois no prego de convocatoria de cara ó contrato figuraba pouco máis que o resultado final de 27 225 €.
Outra máis sería o cálculo da cantidade do contrato que realizou a compañía ferroviaria co Radio Taxi de Ferrol. Faría bo negocio? Segundo a prensa, a cantidade é para transporte só no tramo galego, e os taxis son ferroláns, o que fai pensar no tempo de solución de cada problema particular a medida que nos afastemos de Ferrol (se ben o tráfico principal, con diferenza, está na veciñanza de Ferrol).
Pero, ós usuarios, coido que non lles debe importar os cartos do recurso paliativo, senón a solución do problema, e nese sentido, de cara ós usuarios o negocio non é bó. Aínda que se arruínen levando á xente en taxi. Máis aínda, cando pode ser outra gota máis que leve á ruína do ferrocarril da costa.
A liña, segundo Renfe/Feve

20171219

Achegándonos á autovía con unanimidade

O que se pretende

Plano do PXOM actual, centrado na zona do novo acceso pretendido.

O achegamento de Ribadeo á autovía é desexable. Así o ven os grupos políticos en conxunto. Queda moito para abrir o acceso ás rotondas de Vilaselán vindo de Galicia, pero esa é parte da idea, cara a un futuro non moi lonxano como aparece na nota de prensa do concello. Polo momento, preténdese facilitar o acceso a Ribadeo dende a estación do tren de Vilaoudriz, desenvolvendo o PXOM nunha zona de terreos sen casas, pero que limita con outra abandoada.
A nota de prensa do concello:
O ASUNTO DEBATERASE EN PLENO EXTRAORDINARIO ESTE MARTES
Novo viario
18/12/2017
O Concello traballa na redacción dun novo proxecto para a creación dun viario que comunicará a rotonda da A-8 en Vilaselán coa avenida Rafael Fernández Cardoso. Este asunto conta co apoio de todos os grupos políticos. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que o obxectivo é aprobalo e sometelo a información pública.
O rexedor ribadense manifestou: "cabe destacar unha vez máis a importancia de que un Concello poida ter un plan xeral de ordenación municipal vixente de acordo coas leis estatais e autonómicas, e de aí que estamos desenvolvendo pasiño a pasiño, aspectos fundamentais para o futuro de Ribadeo, non para o futuro dentro de trinta anos senón para o futuro máis ou menos inmediato".
Fernando Suárez declarou que "levamos máis dun ano traballando na redacción dun proxecto de creación dun novo viario en Ribadeo que comunicará a rotonda da A-8 en Vilaselán coa avenida Rafael Fernández Cardoso. Será a través dun novo viario e cunha nova rotonda a situar xusto a carón da antiga estación do tren mineiro".
O alcalde comentou que "é un proxecto que deberían desenvolver os propietarios desa bolsa de solo, que son dúas categorías de solo por unha banda solo non consolidado e pola outra solo urbanizable. Pero o Concello quere anticipar a execución deste viario, deste sistema xeral básico, por interese público. Isto é así porque quizais os propietarios desas bolsas de solo non teñan interese nestes anos actuais ou nos vindeiros. De aí que o Concello, por interese público, pode subrogarse esa obriga, e pode iniciar a execución ou executar o viario, sen prexuízo de que o que poida investir o Concello, hai que ter en conta que a obra se aproxima aos 500.000 euros e a previsión de expropiacións aos 200.000 euros, sexa posteriormente reintegrado ao Concello polos propietarios deses dous polígonos urbanísticos". O orzamento total (licitación, expropiacións, seguimento e control ambiental e IVE) ascende a 764.000 euros.
Suárez Barcia explicou que "isto foi tratado a semana pasada nunha comisión informativa, que teño que dicir que contou co apoio unánime de todos os grupos da Corporación, o cal é boa cousa porque o urbanismo en Ribadeo sempre o tratamos de maneira unánime entre todos, e aí está amosando día a día toda esa potencia. Nas Catedrais, para o conxunto histórico e para diferentes solos que antes estaban sen uso e que se lles pode dar un uso racional e con beneficio para o interese xeral".
O rexedor engadiu que "queremos agora aprobar inicialmente este proxecto, sometelo a información pública para que todo o mundo, os cidadáns en xeral e os posibles propietarios en particular, poidan ver de primeira man cal é a nosa pretensión, poidan alegar o que estimen conveniente, para que poidan incluso anticipar os terreos afectados ao Concello, a fin de que no seu momento no reparto de cargas e beneficios xa teñan saldado todo isto".
Fernando Suárez subliñou que "queremos sobre todo dar unha participación pública porque me parece moi importante para o futuro de Ribadeo, pero para o futuro inmediato nestes anos vindeiros, a posibilidade de que alguén desde autovía poida acceder a Ribadeo sen ter que usar sempre necesariamente a avenida da Ría de Ribadeo, que é o único enlace practicamente que temos da autovía. É importante que Ribadeo poida ter polo tanto estes dous enlaces, estes dous accesos, e ao mesmo tempo desenvolver unha zona que a día de hoxe está bastante esquecida, no que ten que ver coa traseira da estación vella do tren mineiro de Ribadeo a Vilaodriz".

A estación do tren de Vilaoudriz,nunha imaxe de hai dous anos

20171218

ESCUDO HERÁLDICO DA ERMIDA DE NOSA SEÑORA DA PONTE DE ARANTE Francisco José Campos Dorado


Este Escudo de Armas está pintado na parede Norte interior da Ermida da Ponte de Arante, cuxos documentos máis antigos, do ano 1514, a denominan Ermida de Nosa Señora Santa María da Ponte. En 1517 usan a expresión: Hermita de Santa María da Ponte das Mestas, cuxo apelativo “mestas” provén do feminino latino “mixtas” que significa: “mesturadas”, neste caso, produto da unión ou confluencia de augas correntes do rio e regatos (augas mestas), circunstancia que ocorre no lugar onde se sitúa o Santuario. Desde o ano 1561 ata o día de hoxe, coñecese como Ermida de Nosa Señora Santa María das Virtudes, ou como agarimosamente lle din os vellos veciños, “A Santiña” (Santuario de Nosa Señora da Ponte, Arante, D.José María Fernández Fernández, Arquiveiro Diocesano de Mondoñedo, 1986, páx.7-8 // Cadernos de Investigación IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, Nº6, 2005, Limiar de D. José Ferreiro González, Cura Párroco de Arante).
Nesta parede norte, hai pinturas murais do medievo que representan elementos evocativos, segundo se miran de fronte e de esquerda a dereita: a Asunción, a Coroación de María e o Descendemento da Cruz, e no marco da dereita destas últimas imaxes, está este escudo heráldico, sen acabar de rematar o brasonado, tal e como o vemos na foto re-debuxada. Na parte inferior das pinturas, hai unha inscrición que di: “ESTA OBRA MANDOACER EL SENNOR PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO A SV COSTA SE INICIO DE NVESTRA SENNORA EN EL ANO DE MIL D XVI” (Ano 1516) (ibidem, Nº6, 2005, páx.12).
O escudo ten a forma que os tratadistas heráldicos chaman “español carlista” ou “de forma de casulla” (El Diseño Heráldico, Luis F. Messia de la Cerda y Pita, 1990, páx.29). O apelativo “carlista” refírese ó rei Carlos I de España e V de Alemaña (rei 1517-1556), pois da súa época datan as labras de deseños heráldicos españois con reminiscencia xermánica. É un escudo contido nas formas, sen adornos e sen ostentación algunha, coa boca (perfil que bordea o contorno do campo) formada por unha bordura diminuída chamada “filiera”, cuxa parte do xefe está desaparecida.
Como nos di a inscrición, a obra pictórica mandouna facer, “Pedro Pardo de Aguiar señor de Samarugo”, pero o escudo do mural, é un escudo partido, en cuxa partición destra (do escudo) presenta en campo de ouro os dous lobos en pao dos OSORIO e na partición esquerda non hai ningún brasón pintado, ¿por qué? ¿a quen pertencería esa partición esquerda? ¿quen foi este señor Pero PARDO DE AGUIAR? ¿onde vivía para preocuparse de obras, reformas, adornos como as pinturas murais, etc. desta Ermida da Ponte?.
Segundo vemos en “Blasones y Linajes de Galicia”, do Padre D. José Crespo del Pozo, Volume IV, páx.123-125, os PARDO da Casa de Samarugo, veñen por liña sucesoria de D. Juan NUÑEZ PARDO “el Viejo” que estaba casado con Dª Teresa RODRIGUEZ DE AGUIAR, cuxo segundo fillo foi o Mariscal D. Pedro PARDO DE CELA, casado con Dª Isabel de CASTRO OSORIO, filla de D. Pedro ÁLVAREZ OSORIO, primeiro Conde de Lemos, e da súa muller Dª Beatriz de CASTRO Y CASTILLA, señora de Sumariego e irmá do Duque de Arjona (El Mariscal Pedro Pardo de Cela, Eduardo José Pardo, Alvarellos 1981, páx. 156). O Mariscal D. Pedro Pardo de Cela, viuse Señor de Samarugo, por ser sucesor dos seus sogros, así como do señorío da Frouseira, entre outras moitas propiedades. É obrigado non esquecer o comentario que fai o Padre Crespo a pé de páxina 124, onde lle parece estraño que a “Enciclopedia de Garraffa”, sitúe Samarugo do Partido Xudicial de Vilalba, Lugo, na provincia de León, o que considera unha errata que soamente se explica cando se escribe desde Madrid, sen coñecer o territorio galego. Cousa que con bastante frecuencia atopamos noutras moitas, pero moitas, citas e feitos da nosa historia de Galiza, das que en Ribadeo temos algúns exemplos, e non só do escrito en Madrid.
Como sabemos, o Mariscal Pardo de Cela foi decapitado en Mondoñedo o 17 de Decembro de 1483, e a súa viúva Dª Isabel de CASTRO OSORIO, retírase a pasar os últimos días, na fortaleza de Castromor onde falece o pouco tempo. Dª Isabel era neta de Dª Isabel de Castro Enriquez e de D. Pedro Enriquez de Castilla, Conde de Trastámara, é por tanto, Dª Isabel de Castro Osorio, era parente dos Reis Católicos por liña directa deste avó materno, tanto de Dª Isabel por ser Trastámara por parte de seu pai Xoán II de Castela (rei 1406-1454) aquel que lle concedeu a D. Rodrigo de Villandrando o título de III Conde de Ribadeo (Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo, tamén en La Comarca del Eo, 16-Set-2017), como de D. Fernando II de Aragón “O Católico”, por ser este fillo de Dª Juana Enriquez e neto de D. Fadrique Enriquez mestre de Santiago e Almirante de Castela. Deste parentesco cos Reis Católicos valeuse Dª Isabel de Castro Osorio, para pedir o indulto do seu home, e ao quedar viúva, para que lle fora revocada a orde de confiscación dos bens do Mariscal, que eran cuantiosos entre Mondoñedo e Viveiro. O Mariscal e Dª Isabel tiveron tres fillos: 1) Pedro “el Mozo” ou Pero de MIRANDA SAAVEDRA E CASTRO, que segundo parece, foi decapitado o mesmo día e na mesma praza de Mondoñedo que o pai a idade de dezaseis anos. 2) Dª Beatriz de CASTRO, que casou con D. Pedro BOLAÑO E RIBADENEIRA, señor da Fortaleza de Torés, na serra do Cebreiro. 3) Dª Constanza de CASTRO, herdeira da Casa de Samarugo entre outras propiedades, casada con D. Galaor OSORIO, quen era fillo bastardo do Conde de Lemos, polo que o dito Conde de Lemos, casou ao seu fillo bastardo cunha neta lexítima, seguindo as costumes da endogamia da época, polo que un medio tío casouse cunha sobriña. D. Galaor fai testamento o 13 de Maio de 1480, data que nos sirve para situarnos no período de tempo cronolóxico.
Dª Constanza e D. Galaor tiveron por fillo a D. Pedro ALVAREZ OSORIO, señor de Samarugo, Muras, Piedrafita, etc. que casou con Dª Mayor BASANTA DE AGUIAR, os cales tiveron por fillos a: 1) Dª María OSORIO que herdou o señorío de Samarugo, e casou con D. Pedro PARDO DE AGUIAR a quen parece, pola cronoloxía e data das pinturas, que se refire a inscrición desta pintura da Ermida de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, pois ó casarse con Dª María OSORIO pasa a ser el o Señor de Samarugo. D. Pedro PARDO DE AGUIAR, era fillo de D. Pedro PARDO DE AGUIAR, Señor do Val de Cabarcos, de aí a proximidade de veciñanza e relación coa Ponte, e de Dª María SIERRA E RON.
Dª María OSORIO e D. Pedro PARDO DE AGUIAR, o da inscrición, tiveron catro fillos: 1) D. Andrés PARDO OSORIO de AGUIAR que herda o señorío de Samarugo, e cásase en 1ª nupcias con Dª María TORRES, e en 2ª nupcias con Dª Beatriz de TABOADA. 2) D. Antonio PARDO OSORIO DE AGUIAR, casou con Dª Teresa GONZALEZ DE CÁNDAME ANDRADE E RIBADENEIRA, de cuxo segundo fillo, D. Pedro PARDO OSORIO, casado con Dª Antonia de NOBOA, descende Dª Emilia PARDO-BAZÁN. 3) Dª Inés de CASTRO ou Dª Inés OSORIO que casou con D. Luís de Villarín. 4) Dª Teresa OSORIO que se casa con D. Ruiz DÍAZ DE RIBADENEIRA.
O escudo de armas, ó ser partido (polo que vemos) e ó ter á destra do campo as armas dos OSORIO, lugar das armas do marido segundo as normas heráldicas, parece que tería que ser do matrimonio de D. Pedro Álvarez OSORIO, señor de Samarugo e de Dª Mayor Basanta de Aguiar, como describe a xenealoxía. Pero cinguíndonos literalmente o que di a inscrición, parecen ser as armas familiares de Dª María OSORIO e na partición esquerda (do escudo) terían que aparecer as armas primitivas dos PARDO DE AGUIAR: en campo de gules, unha aguia do seu color, picada, membrada e armada de ouro (en campo vermello, unha aguia negra, co pico, patas e garras de ouro). Isto contradiría a regra heráldica de colocación das armas: “á destra marido e á sinistra muller”, ¿sería por este contra motivo da regra heráldica que non se pintaron as armas da sinistra? ou ¿habería outras razóns que motivaron o borrado ou a non inclusión do brasón dos PARDO? ¿Que razóns ou incompatibilidades houbo?
Posiblemente a discrepancia que houbo para non rematar o brasonado do escudo, non foi unha cuestión heráldica, senón que había “discordia e enemistade política” por intereses moito máis terreais cós atinxidos á nobreza, entre os bispos de Mondoñedo e D. Pedro. Si miramos os documentos que aparecen na Real Chancillería de Valladolid, vemos que D. Pedro Pardo de Aguiar empezou a litigar por certas terras, co bispado de Mondoñedo desde o ano 1507, e cuxos litixios acadaron o ano 1542. Documento 1) Preito do bispo de Mondoñedo con Pedro Pardo de Aguiar e consortes, veciños de Mondoñedo, sobre a posesión de certas terras (anos 1507-1542) (Código: ES.47186.ARCHV/8.12.1.2//Preitos civís, Alonso Rodríguez (F), CAJA 2595,1. PERGAMIÑOS, CARPETA 112,6)
Documento 2) Executoria do preito litigado por D. Antonio de Guevara, bispo de Mondoñedo, con D. Pedro Pardo de Aguiar e consortes, veciños de Mondoñedo, sobre a posesión de certas terras (4-Novembro-1542) (Código: ES.47186.ARCHV/8.7.1//REGISTRO DE EJECUTORIAS,CAJA 564,45. Preitos civís, Alonso Rodríguez (F), CAJA 2595,1)
Durante estes trinta e cinco anos en preito, rexentaron a dioceses de Mondoñedo os seguintes bispos: D. Diego de Muros (1505-1512) quen inicia o preito; D. Diego Pérez (1513-1520); D. Gerónimo Suárez (1523-1532); D. Pedro Pacheco (1532-1537); Frei Antonio de Guevara (1537-1545) con quen se remata o litixio.
Estas terras en litixio, é de supoñer, que eran da herdanza de Dª María Osorio, e que pertencían a aquelas que lle foran restituídas polos Reis Católicos a Dª Isabel de CASTRO OSORIO, viúva do Mariscal Pardo de Cela. Dª Isabel de Castro, cando se casou co Mariscal, tivo unha dote espléndida do seu tío D. Pedro Enriquez de Castro que foi bispo de Mondoñedo entre 1426 e 1445. O bispado e prelados reclamáronlle o Mariscal moitas destas propiedades: “...quienes fulminaron contra él sentencias eclesiásticas que no lo conmovían en lo más mínimo” (Ibidem, Padre Crespo, Volume IV, páx. 124) de aí que houbera tantos anos de preitos xudiciais, incluso despois da vil execución do Mariscal Pardo de Cela.
D. Pedro Pardo de Aguiar, a pesar dos preitos, supoñemos seguiría sendo un fervente católico, que patrocinaba obras pías, como estes atraentes murais da Ermida de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, que facían reflexionar sobre a idea da insubornable Morte viva e invitaban á devoción os miles de peregrinos que percorrían este Camiño Norte de Santiago, e que tamén, tantos beneficios traía para os veciños da comarca deste tramo do antigo Camiño Francés: Ribadeo, Ove, Cubelas, A Ponte, S. Xusto de Cabarcos, Lourenzá e Mondoñedo. Pero, D. Pedro, ó non querer “dar o seu brazo a torcer” e non ceder “polas boas”, aquelas ansiadas propiedades ós bispos de Mondoñedo, que levaban preiteando anos e anos tras delas, estes non lle permitiron tampouco integrar as súas armas, dentro da igrexa, no brasonado do escudo que nos acontece, posiblemente como unha acción que hoxe chamaríamos de “ninguneo”, por iso quedou o brasonado sen rematar, pois non lles gustaría que tales armas dos PARDO quedaran reflectidas en tan estratéxica e concorrida localización. As de OSORIO, ¡nin tocalas!: “viñan dos Reis Católicos”. Por suposto, non son eu a persoa máis cualificada para aseverar con toda certeza a hipótese aquí desenrolada, pero as Armas dos PARDO, non debían estar, por aquelas datas, moi ben vistas no ámbito catedralicio, pois eran as Armas daquel Mariscal que tiñan cualificado como: “un orgulloso señor “feudal” que presentaba “fobia anticlerical”, e que fora decapitado con aleivosía, trinta e tres anos antes de realizadas as pinturas da Ermida da Ponte, e segundo a lenda, pola bárbara e cruel ignominia da xente do bispo Fadrique de Guzmán (1462-1492) quen fixo entreter no lugar coñecido desde entón como a Ponte do Pasatempo, a Dª Isabel de Castro, que traía o perdón real firmado polos Reis Católicos, indultando da morte ao seu home o Mariscal D. Pedro PARDO DE CELA AGUIAR E RIBADENEIRA. Aquí pregúntome eu, pois non atopo os motivos por ningún sitio: ¿que crime cometeu o seu fillo de dezaseis anos, para ser decapitado tamén na mesma praza de Mondoñedo xunto có seu pai?. ¡Ningún, pero o exercicio da crueldade non precisa de razóns!
A lenda e a historia de PARDO DE CELA mestúranse, e aqueles acontecementos do cerco e traizón da Frouseira, dos crueis e bárbaros asasinatos, teñen feito correr rios de tinta en forma de poemas, cancións, ensaios histórico-lendarios e análises científico-históricas o que non quita en absoluto que teñamos nós, un anaco das consecuencias daquela mítica historia, na Ermida de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante, a cal, é un verdadeiro regalo tela tan cerca, e poder visitala calquera día que estea aberta, para poder contemplar e reflexionar con calma sobre os motivos das súas preciosas pinturas medievais: “onde a Morte viva, está situada na nave o lado dos fieis para que estes non poidan eludir a súa presencia, sempre a esquerda, orientada ao Norte, no reino do Demo, do frío e das tebras” (ibidem, Nº6, 2005, páx.17). Un pracer, un luxo, rememorar a nosa historia, as nosas lendas.

Perigos nas Catedrais


Despois de da Mancomunidade ás Catedrais, aínda quedan preto de 300 páxinas máis a comentar do Plan Especial de As catedrais.
O ultimo que ocmentei foi que recoñecía o risco da elevación do mar polo cambio climático, pero máis aínda o risco para a conservación derivado da aglomeración de xente (p.14, punto 4.6). Na mesma páxina prodúcese unha especie de esquizofrenia de concellos. Un par de lexislaturas despois e recoñecer que é necesario reducir o número de concellos en España, parece que séguese a loitar sen cuartel entre concellos veciños como indica que falando de transportes, se enumere para o tren non só o apeadoiro de Esteiro, senón tamén o dos Castros, pero non o de Reinante, no concello veciño. Faise nun marco no que se indica o baixo uso do transporte público (incluído autobús subvencionado que ademáis facilita a entrada polo seu mero uso, aínda que iso non se cite no documento), e no que se di que hai un aumento de transportes alternativos, referíndose ó uso testemuñal da bicicleta ou mesmo o bipedismo da xente do Camiño de Santiago. Enumera tamén na mesma páxina que na actualidade son 330 prazas de aparcamento de turismo e 14 de autobús as que hai en aparcamentos decentes, e esta vez si, incluído Reinante.
Na páxina seguinte, outra pequena sorpresa, pois entendo que non contempla na actualidade máis que un acceso, quedando o acceso oeste (o principal) como único, a máis de 'en marea baixa', o acceso directo dende Esteiro. E, como calquera sabe, moita area ten que haber e boa marea para poder facer ese paso sen mollarse.
Nesa mesma páxina, a 15, no punto 4.8, cartelería, fala doutra cousa que debera estar subsanada: a disposición de carteis informativos sobre o propio cantil.
E, un pouco máis abaixo, (4.10.2), descobre que a licenza de hostalería foi dada polo concello de xeito posterior ó establecemento da Rede Natura 2000 (aínda que tiña un permiso previo da Xunta) e que nos terreos de uso do local faise emprego de varias especies de plantas invasoras. Recoñecemento que parece que non implica en absoluto ningunha actuación de oficio.
Por último para esa mesma páxina, tamén fala das leis 42/2007 e a súa reforma pola 33/2015, que, referíndose ós monumentos naturais (como o caso das Catedrais) fala das actividades incompatibles, sempre e cando non quede recollida a actividade correspondente nas normas de declaración ou xestión, o que non é o caso. O mesmo que no parágrafo anterior, parece non ter consecuencias de oficio.
O Plan Especial (de agora en diante, PEC) da unha sorpresa de novo na p.16, punto 5.1.1. cando di claramente que os visitantes, en determinadas épocas do ano 'superan ampliamente a capacidade ecolóxica', que cada vez hai menos terreo para hábitas naturais e máis plantas invasivas, cunha zona de intensa acción humana... o que redunda na calidade da oferta turística do propio concello.
É evidente que as suaves indicacións á acción que deixa caer o plan pola mera constatación de datos necesitan resposta, pero de non ter un poder 'absoluto' (refírome a casos somo o cambio exprés da constitución), as cousas do pazo van despazo...
Na páxina 17, punto 5.1.3 fala de transformar visitantes en turistas. Que quede claro que o documento non é precisamente ambientalista, senón pragmático. No mesmo sentido cabe interpretar que non se contemple un novo apeadoiro, senón o traslado do de esteiro, coido que en contradición con novas de prensa nas que se lle pide a Adif  (RENFE-FEVe infraestruturas) precisamente iso, unha estación nas catedrais. Ou cando fala da captación de financiamento, insinuando a 'colaboración' público-privada, moi en consoancia cos tempos actuais. Outra cousa diferente no mesmo punto é que xa se esqueza da poboación cando fala dun 'marco de colaboración' administración-axentes implicados uníndoo á sostibilidade do éxito turístico das catedrais (lembremos o xa comentado da p.9).
Páxina inicial do punto 5.1.3
O dito, continuará.
--
Contiuou aquí.

20171217

Dous artigos sobre o mar, dende San Cibrao

- LA CULTURA QUE NAVEGA A VELA -
Debo reconocer que la globalización de ciertos debates empieza a dejarme sin agua bajo la quilla. No entiendo como cuestiones no prioritarias y locales ganan terreno a cuestiones generales y fundamentales, léase nombre del colegio cillerense ante fracaso escolar por ejemplo. Si toda la problemática estudiantil es el cambio de nombre del colegio, bienvenido sea, pero me gustaría decirle a los profesores/as del claustro que en 1970 vivíamos en Celeiro, término que nunca nadie me prohibió usar ni me lo trajo la democracia, y que hoy en día en Getaria soy de Cillero, palabra que no murió con Franco en lugares donde la toponimia depende del entendimiento. La lingüística está para entenderse no para hacer politica. Y si todo esto no llega, me toca asistir en A Mariña al debate cultura maritima versus cultura industrial. Quiero creer que negar una ante la otra es de debate pequeño, y tratándose de un area eminentemente marítimo-pesquera, más todavía. Decía Cunqueiro, don Alvaro, que todo lo bueno a Galicia le vino por mar, a nosotros que vivimos en la esquina de la aldea galaica, como tengamos que esperar que los adelantos nos lleguen vía terrestre aún ahora en pleno siglo veintiuno, creo que vamos a ir retrasados. Así que extrapolando la facilidad de movimientos al propio ámbito cultural y a las corrientes vanguardistas, es fácil admitir que el gran avance sería vía marítima. Las incursiones bélicas, los negocios, el tráfico de mercancías, el peregrinaje, incluso nuestro sustento llegaría a la costa norte desde la mar, la misma que nos mantuvo y nos dió identidad. En el habla, en el pensamiento y forma de entender la vida estamos más cerca de los pueblos cantábricos que del interior de la propia provincia, nuestras influencias navegan desde Europa en el sentido horario, como la navegación de los peces demersales. La llegada de pescadores vascos en busca de la ballena es correspondida siglos más tarde con los desplazamientos en busca de la anchoa a sus tierras por parte de los gallegos del norte, hoy en día por los gallegos de toda la comunidad. La simbología, las tradiciones, las supersticiones como pueblo gallego están más vinculadas a los pueblos celtas, cuya vía de unión es el Atlántico, que a los pueblos del resto de España de influencia eminentemente mediterránea. Toda la cultura adquirida durante siglos será parte de nuestro ADN, cultura marítima, proveniente a vela y a remo frente a una cultura industrial más tardía y menos acusada en el litoral. Seguimos pensando en azul y hablando alto, seguimos desconfiando de todo pero abrimos nuestras casas en par, seguimos siendo resignados pero imbatibles trabajadores, es posible que no seamos metódicos pero si muy cumplidores, añoramos la lluvia y a los dos días lloviendo nos quejamos, yo reclamo la cultura de Cela, blasfemo y defensor del Finisterre, la barca de Santiago el Mayor y la ruta al Campus Stellae, las cantigas de Martin Codax y los exvotos da Virxe da Barca, y por supuesto la cultura industrial de los Massó, los Sensat, los Barreras o los Curbera puesta al servicio del avance pesquero, negar la una ante la otra sigue siendo tapar la realidad.
Nuestro espejo es la mar y cuanto más le damos la espalda menos avanzamos, industrial y culturalmente.
Capt. Jose Pino.


- La cuentos al servicio de la cultura -
Dice José Pino y dice bien, que a la vieja Britonia todo le llegó por la mar. Si lo sabremos los de Islas San Cyprianus, que tras el descubrimiento del Castro Celta en La Isla de la Atalaya, nos explicamos las razones que tuvo Ptolomeo cuando divulga la existencia de los Trileucos. Ese mar de cultura siempre reivindicado por Vicente Miguez, el autor de una narración que debería ser leída en voz alta en todas las escuelas de A Mariña - "A lúa deitada en porto norte"-. a modo de Quijote del mar, a fin de evitar el olvido de quien somos y de dónde venimos, en definitiva, nuestra identidad cultural como viejo y orgulloso pueblo Cantábrico.
Me sumerjo en la tradición oral. La que supone compartir el conocimiento. La que se escuchaba en una cantina de nuestros puertos. Pongamos: Rinlo... Nois... Celeiro... San Ciprián. Lo que podía contar la tripulación de aquellos bergantines orgullosos por cazar al viento como fuerza motriz.
Así y como si estuviéramos con unha cunca de viño quente, les presento lo que un día lejano contaba Paul Sébillot, en 1900, tras su periplo por tierras Celtas de Bretaña. Desde aquella sirena a la que un humilde zapatero encuentra dormida en una playa y que tras devolverla a la mar, colmaba todos los deseos del artesano. Hasta el mandato que recibió un capitán para ir con su buque a la búsqueda de los vientos; y así llegó al país de tales, metiéndolos en un saco y depositándolos en la bodega; pero un marinero se atrevió a dejar suelto al suroeste capaz para destrozar la embarcación; y así fue como los demás vientos se liberaron y pudieron seguir soplando. O esa historia del pacto con el diablo que hace un capitán para, que aquel y su barco negro, remolquen cual fuerza en favor de un buque perezoso. Y el mejor de todos -para mí-, el que cuenta la historia de un marino al que todos llamaban "Amuras a estribor".
Cuando repaso a los autores de las narraciones: grumetes, boteros, marineros, toneleros, mujeres de mareantes, cantineras de puertos...me viene a la imaginación una costa sin televisión, cuando las tinieblas son más poderosas que la luz, al calor del fuego comunitario, en estancias dónde una barra es el puente de mando para un tabernero que atiende a su tripulación sentada en mesas saboreando el aguardiente que entona las entrañas humanas frente a la humedad salada, y... suena una melodía popular que invita al cantarín colectivo. En definitiva, esa tradición oral que es fuente de cultura, ya que ha inspirado novelas para viajeros impenitentes, sensibles, capaces de ser notarios, para lo posteridad, de cómo se vive en la costa del norte, que nada tiene que ver, ni con la industria aluminera, ni con los dicterios del Corte Inglés, ni con la sociedad de consumo, invadida por la política.
Pablo Mosquera

20171215

Nota do concello: Arte e historia. Rúas e Sargadelos


Hai xa tres anos que no blog aparecía a entrada 'Aproximación á imaxe do novo rueiro ribadense'. Agora vai continuar a extensión de letreiros de Sargadelos.
Noutro momento, con máis vagar, procurarei outra entrada na que resumía os cartos gastados neses letreiros. Mentres, deixo a continuación a nota de prensa do concello:

NO ACTO PARTICIPARÁ EDUARDO GUTIÉRREZ
Arte e historia
14/12/2017
O Concello colocará 32 placas de Sargadelos en diferentes enclaves do conxunto histórico da vila nas que se combinará arte coa historia local de Ribadeo. O obxectivo é converter as rúas nun museo vivo. As placas, que foron deseñadas por Sargadelos e polo arquitecto municipal, conteñen textos do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. O descubrimento da primeira placa, desta serie de 32, terá lugar o vindeiro sábado, 16 de decembro, ás 12:00 horas, no inicio da rúa Ibáñez.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que "todo o mundo sabe o grande vínculo que tivo Sargadelos con Ribadeo ao longo da historia destes últimos dous séculos, tanto na vida de Antonio Raimundo aquí en Ribadeo e da súa temperá morte tamén no ano 1809, como tamén coa súa obra a través da fundición de Sargadelos, que logo pasou a ser unha fábrica de cerámicas e que de diferente xeito foi chegando aos nosos días".
O rexedor ribadense lembrou que "hai xa tres anos que desde o Concello de Ribadeo fomos cambiando as vellas e deterioradas placas dos nomes das rúas por outras máis nobres e máis atractivas por todo o casco vello da vila".
Suárez Barcia subliñou que "queremos agora dar un novo paso que combine a arte desta fábrica de cerámica coa historia local de Ribadeo, tan rica a través dos séculos, e quen mellor que o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, para ir poñéndoa en forma de textos nunha serie de 32 placas que se van ir colocando en diferentes enclaves da vila, falando de acontecementos históricos de Ribadeo, por poñer por caso desde as súas murallas medievais ata diferentes feitos históricos acontecidos no pasado".
O alcalde ribadense declarou que "queremos que o propio conxunto histórico da vila, ademais de ser un lugar acolledor para vivir e para admiralo paseando, como xa fan milleiros de turistas ao longo destes últimos años, se converta tamén nunha especie de museo vivo onde a xente poida deterse a admirar as imaxes recreativas dun pasado esquecido en moitos casos, xunto cunhas reseñas históricas de agradable lectura".
Suárez Barcia anunciou que "todo isto se vai vir acompañado pola edición de folletos informativos en varios idiomas, en galego, en castelán, en inglés e en francés, que estarán nos próximos días á venda na Oficina de Turismo de Ribadeo".
O alcalde de Ribadeo convida "a todo o mundo que desexe a acudir a un sinxelo acto de descubrimento dunha primeira desta serie de 32 placas informativas, que vai ser este sábado ás doce do mediodía no inicio da rúa Ibáñez. Aquí poderá a xente visualizar estas placas deseñadas por Sargadelos, tamén nos debuxos polo arquitecto municipal, e nos textos por Eduardo Gutiérrez, o cronista oficial de Ribadeo. Estamos convencidos que vai ser unha idea convertida en realidade, que vai ser de moi bo agrado para moitísima xente".

Por certo, hai ano e medio tamén publicaba na rede o ibro 'Os nomes das rúas de Ribadeo', de Suso Fernández Acevedo coordinando o traballo de alumnos do IES.

20171214

Acoso


Acoso? O problema medra se non hai un traballo para solucionalo. Traballo entre todos, social. Traballo que comeza na escola, con intervención temperá. Traballo que pode minimizar as secuelas...
Desto e de moitas máis cousas relacionadas falaron onte os especialistas que interviron na mesa redonda sobre acoso escolar. O audio comeza despois de falar Sonia Meilán, a Concelleira de Servicios Sociais, coas verbas de Mónica Fernández Lamparte, e continuúa con Olga Alvite e Octavio Susacasa, que fixeron unha descrición formal, e os expertos da Guardia Civil (a partir do minuto 47) Fernando Villar e Ramón Peña, cun achegamento ó problema moito máis práctico e achegado á realidade.
Coido que é unha mesa redonda difícil de resumir sen acoder a estereotipos, por iso deixo o audio tal cual. O son non é demasiado bo, pero con tranquilidade, desfrutarás dunha charla que é bastante posible que te tería gustado escoitar.







20171213

Funcionando como concello

Luns pasado tivo lugar unha xuntanza da mancomunidade da Mariña. E a próxima semana, haberá outra.
A unión de concellos mariñás é fundamental. A 'antiga provincia de Mondoñedo', como non se cansan de repetir persoas como Pablo Mosquera, chama por unha consideración conxunta tanto polas súas peculiaridades como pola desatención dende a lonxana e diferente capital provincial acutal. Entre outras cousas, a máis do evidente Cantábrico que baña a costa, o dinamismo económico, ou, ligado con el, pero non só, o mantemento da poboación costeira fronte a baixada demográfica provincial de Lugo, establecen á Mariña como un 'lugar diferente'. E moito máis aló dun provincialismo que hoxe xa sería diferente do da antiga provincia, a zona marítima da Mariña é case unha pequena cidade continuada. Cidade que aínda hai que vertebrar a pesar dos seus evidentes lazos, sen esquecer o que sería 'o extrarradio' da mesma, a zona non tan poboada máis o interior. E vertebrar loitando non só pola supervivencia independente do hospital para non ter que rematar indo a Lugo para calquera cousa, senón tamén nas comunicacións, mellorando as que xa hai, potenciando a rede de transporte público, tanto na súa versión infraestruturas como organizativa, de horarios, frecuencias de transporte, etc. É dicir, facendo algo que parece que comezaron a facer os alcaldes o pasado luns en Ribadeo e para o que tanta falta fai unha coordinación para reverquer algúns futuros evitables como o desmantelamento da liña de tren da costa.
E tomar decisións comúns cando toque enfrontarse a problemas comúns debera ser un costume, tanto no caso do transporte ou o hospital como no da velutina, onde quizáis poñerse de acordo sexa máis doado por ser un fenómeno externo contra o que loitar máis que algo a organizar. E contactar con quen pode saber algo e está interesado xunto con quen pode aportar intraestrutura ou cartos, como no caso das velutinas AGA (aínda que parece que máis ben foi AGA a que contactou coa mancomunidade como principal zona afectada en Galicia) por unha beira e a Deputación Provincial por outra. E é que accións como a instalación de 5000 trampas e o mantemento en bo estado operativo das mesmas durante máis de catro meses require colaboración.
Colaboración, algo que por certo parece non afectar á cidadanía máis que cando se trata de poñer o ombro. E é que tamén neste nivel, a cidadanía vese a distancia, e de resultas das votacións cuatrienais. Algo que 'tamén' habería que mellorar.
Vespa velutina. Imaxe de Wikipedia. Didier Descouens. CC by-sa 3.0


20171212

A recuperación da formación agroecolóxica en Pedro Murias. Iván Rodríguez Lombardero e Antonio Villarino

   Vai para un ano que, a iniciativa de profesionais mariñáns de longa traxectoria e convocadas polo Concello de Ribadeo, diversas entidades relacionadas co medio rural xuntámonos para falar da deriva de abandono da Escola Pedro Murias de Ribadeo. Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que se ben ten orixe nunha doazón desinteresada de hai un século, foi obxecto de importantes investimentos públicos, tanto económicos como de xestión polos seus responsables, para transformala nas últimas décadas no único centro público que conta cunha granxa certificada polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, e dotado con instalacións, medios técnicos e persoais e mesmo residencia e comedor para dar servizo até 40 alumn@s para se formar tanto en horta como en mel ou produción e transformación de leite ecolóxico, ramas agrarias que todos os axentes sociais conveñen que seguirán ser a base do futuro do desenvolvemento sustentable do rural galego.
   Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia, responsable da súa xestión, tralo esforzo para acadar a certificación en ecolóxico e o éxito da primeira promoción do Ciclo de Produción Agroecolóxica impartido nos cursos académicos 2011/2012 e 2012/2013, decidiu deixar de ofertalo, deixando a Escola funcionando ó ralentí, nada máis que con cursiños ocasionais de formación continua, xornadas técnicas e formación mínima da esixida para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria. Considerando esta decisión gravemente danosa para o futuro do medio rural mariñán redactouse unha carta dirixida a conselleira de Medio Rural que resumía o sentir de todas as entidades participantes, representativas dos intereses do medio rural local, e na que se solicitaba a reactivación da oferta formativa da Escola Pedro Murias; concretamente a recuperación da formación regulada co Ciclo de Produción Agroecolóxica para o presente ano.
Sen resposta da Xunta
   A resposta da conselleira á devandita carta foi o silencio, e superado o inicio do curso observamos que o Ciclo Formativo impartirase de novo este ano só en Ponteareas, nun centro cunha formación práctica agraria orientada -xunto coa horta- á produción de aceite e viño.
   O Sindicato Labrego Galego na Mariña entende que esta decisión supón teimar nunha grave irresponsabilidade pola parte da Consellería, xa que a oferta formativa desde a Pedro Murias supón un complemento imprescindible á impartida en Ponteareas, tanto pola súa localización xeográfica como pola orientación produtiva ao sector gandeiro. Baleirar de contidos e de actividade á Escola fala ben ás do desinterese do goberno galego para a actividade agropecuaria e do medio rural en xeral. O que podería ser unha ferramenta pública adicada á formación e á promoción de actividades económicas que aproveitaran dun xeito sostible os nosos recursos déixase esmorecer, quen sabe se á espera dalgunha iniciativa privada.
   Desde o Sindicato Labrego Galego seguiremos a traballar en todos os foros pola recuperación da formación na Escola Pedro Murias de Ribadeo, nomeadamente no ámbito da agroecoloxía.
Iván Rodríguez Lombardero e Antonio Villarino, Sindicato Labrego Galego na comarca da Mariña.
Vista do SigPac centrada na finca de Pedro Murias. A estrada N-634 é visible dende 'El Huerto' a Vilaframil

O Rasca de ACISA. Segue mercando

Unha tarxeta do rasca de ACISA 2017
Chamoume a atención. Unha campaña que pretende vender máis, empregando un señuelo de propaganda -o rasca- que se contradí no título 'O Rasca de Nadal' cunha exhortación: "adianta as túas compras 'navideñas'!", do 1 ó 15 de decembro, para tentar facer o máis parello a un doblete de vendas, que, ademáis, se se rasca e non hai premio, ó estilo dos antigos boletos de tómbola, anima: 'segue mercando'.
Sigamos pois mercando, que iso é a festa!
--
O anterior leva varios días escrito e con imaxe. E posiblemente aí se quedaría de non atopar unha nova cun pequeno premio do 'rasca' que me lembrou o tema.