20161104

Hoxe pódese pasar?

Pregunta frecuente que non había antes de entrar en funcionamento a A8, tramo pola montaña mindoniense. Coido que xa se dixo abondo sobre o fiasco e o entrampamento de cartos (aínda que non sobre os causantes/culpables e o seu tratamento), sobre o accidente cun morto e deceas de coches implicados, sobre o aspecto, mesmo sobre a causa física da néboa, para continuar aquí, a estas alturas, co tema. Mais, aínda que se falou das solucións aportadas, xa queda lonxe, sobrepasado por outros temas, a ristra de solucións. Para que non quede no esquecemento, unha pequena ligazón leva ó resumo de aportacións para solucionar que a A8 ó seu paso por Mondoñedo sexa de uso restrinxido ó que dite a temperie: https://www.scribd.com/document/328700102/Propostas-para-paliar-a-neboa-na-A-8

Quen o subiu, David Lombao, tenalgún outro documento interesante e/ou curioso á vista, como o contrato entre a Xunta e Enrique Iglesias, lembras o tema do vídeo 'promocional'?

Ningún comentario: