20161129

O sector lácteo, un ano despois das mobilizacións: cousas que aprender da Bretaña

(Entrevista aparecida en Irimia 956, pp. 8-10, subministrada polo entrevistado.)

O Agro
Conversa con Xosé Salvatierra Rico, técnico agrario (1a parte)

O sector lácteo, un ano despois das mobilizacións: cousas que aprender da Bretaña
Pouco máis dun ano despois das grandes mobilizacións e tractoradas do sector lácteo galego, reina a desinformación nun asunto clave para o noso rural e para o país galego. O lácteo é, sen dúbida, un piar estratéxico da economía galega. Moito nos cómpre aínda mirar que podemos aprender doutros sitios e dos nosos propios erros. Comentamos estas cousas nesta primeira entrega dunha entrevista con Xosé Salvatierra Rico, técnico agrario, e sempre militante dunha Galicia rural avanzada, ecoloxicamente sustentable e economicamente viable. E da súa man poñémonos ao día.
Como está a situación dos produtores de leite despois das mobilizacións de setembro do 2015?
A fin das cotas lácteas o 31 de marzo de 2015 parecíalles aos gandeiros galegos un alivio da carga que levaban soportando desde o ano 1992. Semelláballes que agora terían o camiño despexado para producir sen esa limitación. A cota, para moitos deles, opinaban, era o primeiro dos males da súa explotación. Agora imos defendernos mellor, dicían, ao non termos un teito para medrar, en número de vacas e en produción. Algúns xa empezaran a tomar velocidade, nestes dous parámetros, varios meses antes, para adiantar a outros polo camiño.
Veu así, de forma repentina, un aumento da produción en torno a un 3-4% en Galicia, e tamén noutras partes de España e de Europa.
Consecuencia? Saturación do mercado, que ademais coincide coa diminución do consumo a nivel mundial, o parón de China na compra de leite en po e a prórroga do veto ruso aos produtos lácteos europeos.
De todo isto e máis cousas, nacen as mobilizacións de setembro do 2015, coa caída dos prezos nos meses precedentes, que chegaron a situarse en 0,277 euros de media en Galicia en agosto dese ano.
Nesas datas, estábase ultimando o famoso “acordo lácteo” a nivel estatal entre industria e distribución, que asinan o 22 de setembro. Ao dito acordo súmanse as cooperativas e o sindicato Asaja. Quedan fóra Upa e Coag. Todos eles, en presenza da Ministra de Agricultura, como árbitro.
Do que se dixo, que quedou en papel mollado...
Poucos meses despois, en efecto, xa se puido comprobar que era papel mollado. As industrias seguían sen establecer ningún tipo de negociación para a sinatura de contratos. Estes terían que ser dun ano, segundo o acordo, pero coa renuncia asinada do produtor, podíase facer por menos tempo. De aí que a maioría dos contratos se veñan facendo a tres ou seis meses. A industria preséntalle ao produtor o contrato xa cuberto, onde figura o tempo de vixencia e o prezo.
Ou o tomas, ou déixalo. Na maioría dos casos, non hai outra industria que lle faga competencia nese percorrido, excepto que escasease o produto.
Non cambiou nada, tan só que agora o contrato é obrigatorio para a industria, mentres lle recolla o leite. Se mañá non lle renova o contrato, pode deixar de recollerllo.
Ese acordo non impediu que os prezos ao produtor seguisen á baixa no último ano...
Pois podemos contar esa baixa en torno a 1-2 céntimos. Dous céntimos fora ao que se comprometera unha distribución de marca branca a subirlles aos consumidores, a principios de ano, unha marca que envasa leite dunha industria francesa, para que esa cantidade fose ao produtor, a través da industria. Pero aínda que a distribución cumpriu algún tempo, non o fixo a industria nesa contía, senón que a algún produtor mesmo lle baixou o prezo.
Con todo isto, poderiamos concluír que a situación non cambiou a mellor, ou mesmo empeorou. Antes do final das cotas, había un tope de produción para cada Estado e para cada explotación, a recollida era obrigatoria. Agora a cota márcalla a industria a cada granxa e pode deixarlle de recoller cando lle conveña. Isto leva o sector a desconfiar deste tipo de acordos, onde os incumprimentos non son penalizados e onde a Administración non se enfronta ao poder da distribución, que, por outra parte, se comprometera a non utilizar o leite como produto de reclamo nas grandes áreas comerciais. Onde están os controis das Comunidades Autónomas para ver se incumpren a lei de boas prácticas comerciais, con vendas a perdas?
O sector segue a ser moi mellorable, tal e como nos tes indicado en numerosas ocasións...
O sector segue desestruturado. Cun sistema de produción moi intensivo e, polo tanto, con custos moi altos, que, nas fases de prezos baixos de venda do leite, entra en perdas, perdas que para algún que non teña liquidez poden ser a ruína. Non terá máis saída ca o peche, se o prezo non se recupera rápido e de forma sostible.
Recentemente tiveches ocasión de visitar a Bretaña, nunha visita de estudo en granxas desa bisbarra atlántica con tantas similitudes con Galicia. Que leccións deberiamos aprender?
Da Bretaña estamos moi cerca fisicamente. En liña reta, cuns bos prismáticos, case nos podemos saudar en días claros. Pero no tocante ao sector produtor de leite, estamos moi lonxe deles. Explicarei por que.
A visita á Bretaña foi na primeira semana de xullo deste ano 2016, cun grupo de 10 produtores de leite de Asturias e Galicia que están no grupo de xestión de explotacións de leite de Xan Pouliquen. Todos os anos fan una visita fóra de Galicia. O ano pasado estivemos en Navarra.
Leccións, dis? Pois, por exemplo, a profesionalidade. A formación, por termo medio, é moi superior. Ninguén se incorpora á explotación sen unha formación equivalente a ciclo de grao superior en formación agrogandeira, como mínimo. Hai bastantes con titulo universitario, como enxeñeiro agrónomo ou veterinario, etc. Isto é normal en Francia, en xeral.
Ademais, todos traballaron noutras granxas antes de incorporarse á súa.
Incluso saen fóra de Francia, para ver o que hai por Europa. Xa lles queda pequeno o seu Estado.
O que si chama a atención sempre é o seu orgullo campesiño
Pois si. Están francamente (nunca mellor dito) orgullosos de traballar no rural. Na Bretaña, un gandeiro é una persoa ben vista pola xente urbana e pola cidadanía en xeral. Produce alimentos, ocupa o territorio, coida da paisaxe. Subministra produtos á agroindustria, que, por certo, en Francia esta moi desenvolvida, é moi potente e crea moitos postos de traballo. O ministro de agricultura francés, de todos os que conforman o goberno, está entre os tres ou catro primeiros en rango de poder político e económico, de entre os vinte e dous que conforman o goberno. Para o Estado francés, o sector agrario é clave para a ordenación do territorio e a fixación da poboación. Cumpren ao pé da letra o refrán: “Non hai paisaxe sen paisanaxe”.
O que siga o Tour de Francia un ano calquera pola TV, xa se dará conta do que lle estou a falar, aínda que non visitase Francia. Verá como está ocupado e coidado o territorio.
E en cando á organización do sector?
Teñen un sector gandeiro moi ben estruturado a través de organizacións agrarias desde hai moitos anos: cooperativas, grupos de asesoramento técnico e económico... e os CUMAS, que son cooperativas de uso en común de maquinaria. As primeiras foron constituídas nos anos 50. Hai CUMAS de máis de 200 socios, abarcan ata 4-5 concellos.
Non teñen problemas? Claro que os teñen. Pero dispoñen de máis recursos para resolvelos. Están máis formados.
Teñen os servizos das cooperativas, técnicos das cámaras agrarias, onde estes profesionais son empregados da Administración, non de empresas que buscan o negocio, etc. Teñen investigación. Terras colaboradoras coa investigación práctica. E boas escolas agrarias. Só nun departamento (provincia) da Bretaña hai sobre 25-30 escolas agrarias. En Galicia temos 4, e non están completas. primeira fase de crecemento, transformación de produtos na granxa. En titular destacado: 19 000 persoas visitaron en domingo 20 granxas abertas ao público nos últimos catro anos.
A relación produtor-consumidor. E así máis temas. 39 páxinas dan para bastante. E para a semana seguinte, outro tanto.
Nunha entrevista anterior falabas da importancia da dimensión da base territorial, da superficie por vaca, para facer sustentable unha explotación e de como iso non sempre se respecta en Galicia. Cal é o contraste coa Bretaña?
Efectivamente. Teñen bases territoriais que fan sustentables as súas explotacións. Andan con cargas de unha vaca por hectárea. Aquí en Galicia, ándase con máis de 2 vacas, e incluso 3, por hectárea. Eles case non compran nada fóra. Non hai terra que estea sen producir nada. Todo está ocupado con algunha cousa. Cultivos de todo tipo, bosque ordenado, horta, árbores froiteiras, etc. Tamén chaman a atención as boas comunicacións no rural e a súa boa conservación.
Non quería deixar de falar de certos feitos sintomáticos. A calidade e a cantidade do seu asociacionismo -técnico, cultural, veciñal, etc. Mira, hai gandeiros que reciben unha ou dúas revistas semanais no seu domicilio, que tratan temas de todo tipo relacionados co sector. Esta que teño na man, que me facilitaron en Bretaña, que sae cada semana, chámase Terras Agrícolas da Bretaña. 39 páxinas. En cor, con papel reciclado, por subscrición de 1 euro por número. Temas destacados neste número? Crise no leite, porcino, entrevista a dous produtores que se incorporaron no 2015, enfermidades no millo forraxeiro na primeira fase de crecemento, transformación de produtos na granxa. En titular destacado: 19 000 persoas visitaron en domingo 20 granxas abertas ao público nos últimos catro anos. A relación produtor-consumidor. E así máis temas. 39 páxinas dan para bastante. E para a semana seguinte, outro tanto.
Canto nos falta para chegar a este nivel...?
--
Máis artigos de José A. Salvatierra Rico

ESCUDOS DE ARMAS DA CASA DOS MIRANDA. Francisco José Campos Dorado


Baixando a Porcillán pola rúa Amando Pérez, case en fronte da Fonte dos Catro Caños, está a señorial e discreta Casa dos Miranda. Ó lado Sur, linda cun calexón que ven desde a Rúa Trinidad e que separa a casa e horta das casas adxacentes, e cuxo nome, Travesía da Paz, recorda a Rúa da Paz, antiga denominación da Rúa Amando Pérez. A casa consta de baixo e dous andares, con tres e tres balcóns beirados ou saíntes, con varanda de fundición enrellada e, nos baixos, tres sólidos portalóns de madeira con molduras, cuxa porta central de dobre folla, montantes vidrados e cancela de forxa, é a da entrada da casa. A súa fachada está toda construída de cantería, e entremedias do balcón central do primeiro andar, na parte alta, atópanse estes dous escudos de armas que resaltan do paramento labrados en pedra de mármore branco e en moi bo estado de conservación.

En heráldica a súa forma trátase como: escudos “españois carlistas” ou escudos de “forma de casulla” (El Diseño Heráldico, Luís F. Messia de la Cerda y Pita 1990, páx.29). O apelativo “carlista” refírese a Carlos I de España e V de Alemaña (1500-1558). Carecen de adorno exterior, a excepción dun trifolio no timbre do primeiro e do segundo, así como, neste segundo, outras dúas pequenas flores entre medias das volutas altas, e ámbolos dous, teñen un pequeno adorno no sostén (na punta da parte baixa). A forma exterior e similar nos dous, pero diferéncianse en que mentres o flanco dereito, segundo se mira cara a eles, é case igual, no flanco esquerdo as volutas envolven cara a dentro e quedan por fora, e no escudo sinistro envolven cara a dentro, pero métense no campo do escudo. O escudo esquerdo (foto 1) está cuartelado en catro:
No primeiro cuartel, na parte central, aparecen dúas chaves encostadas (dándose as costas) en pau (verticais) cos paletós arriba e aneis cadrados baixos entretidos (enlazados). Están acompañadas de tres flores de lis mal ordenadas: unha central en xefe (parte alta) e dúas en punta (parte baixa), e de seis rosas colocadas tres e tres en cada flanco das chaves. Si tiveran esmaltes, as chaves e as lises serían de azur (cor azul) en campo de prata, e as rosas de gules (cor vermella). Son armas dos Quirós de probada nobreza, entre outras, nas Ordes de Santiago, Alcántara e Calatrava. D. Bernaldo de Quirós de las Alas y Carreño alguacil maior de Oviedo e alférez maior de Avilés, foi Marqués de Camposagrado, título nobiliario que lle concedeu o rei Felipe IV o 23-Maio-1661. No segundo cuartel, dous lobos pasantes, son armas dos Osorio. En campo de ouro dous lobos desollados en pau (un sobre o outro). O lobo é figura do guerreiro que non da cuartel o inimigo. Unha cabeza de lobo, era insignia militar que os romanos levaban no alto dunha pica. D. Pedro Osorio, fillo do Conde de Trastámara, xunto con D. Alonso de Lanzós e D. Diego de Lemos en 1465, foron os que acaudillaron a Revolta dos Irmandiños. D. Pedro Osorio pereceu nunha prisión dos Andrade e D. Alonso de Lanzós pasou o resto da súa vida na cárcere. Foron os tempos en que os nobres galegos serán sometidos e obrigados os intereses casteláns, tempos da “doma e castración do Reino de Galicia”. Galicia conservará desde aquela a nomenclatura de Reino, máis será só testemuñal, pois perde a capacidade de decisión e o seu idioma deixa de empregarse nos círculos oficiais e na escritura; pero o pobo galego manterao vivo durante 300 anos nas lareiras, no agro, no mar, nos contos, nas lendas, nas coplas... (Historia de Galicia, David Pérez López, páx-155)
No terceiro cuartel unha banda engolada (tragada ou metida na gorxa) de dous dragantes linguados (de dous dragóns con lingua vista). Parecen armas do Marqués de Santa Cruz, título que Felipe II lle concedeu o 11 de Outubro de 1569 a D. Álvaro de Bazán e Guzmán, Capitán Xeneral con Grandeza de España. Neste caso, parece ser un cuartel similar o escudo inversado (simétrico respecto dun eixe vertical) do escudo esquerdo do altar maior da igrexa parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo, o cal pertence a familia dos Navia (Osorio), segundo reza na lápida adxacente, e cuxo patronazgo xa exercían nos tempos en que era Convento de San Francisco e non a colexiata actual de Sta.María do Campo. Este marquesado, refírese máis ben ó Marqués de Sta. Cruz de Marcenado, título nobiliario que concedeu o rei Carlos II en 1679 a D. Sebastián Vigil de Quiñones y la Rúa do Coto de Marcenado e cabaleiro da Orden de Calatrava. D. Álvaro José de Navia Osorio y Vigil de la Rúa, nace en Puerto Vega en 1684 e foi o III Marqués de Sta. Cruz señor da Casa de Celles, vizconde de Puerto Vega. D. Joaquín Navia-Osorio e Miranda, nace en Castropol en 1749, e foi o VII Marqués de Sta. Cruz de Marcenado.
Cando se identifican datas dos maiorazgos na igrexa parroquial de Ribadeo, hai que ter en conta que esta é tal a partir de 1835, pero o convento de San Francisco fundouse no ano 1214, de cuxo arte gótico de primeiros do século XIII, consérvase na ábsida do altar maior o gran arco oxival enviaxado (que ten os apoios un pouco oblicuos respecto da vertical), as arquivoltas da porta principal, a fiestra de trazaría da fachada con dous parteluz, bateaugas oxivais (molduras que protexen os arcos do pórtico e da fiestra, da auga de choiva que escorre pola parede), entre outros elementos das bóvedas de cruzaría e do coro. Na parte alta do actual retablo do altar maior, a ambos lados dunha imaxe central de Cristo Crucificado, atópanse estas mesmas armas dos Navia – Osorio en dous escudos con esmaltes: unha banda engolada de gules (cor vermella) sobre campo de sinople (cor verde) e ámbolos dous timbrados cunha coroa de marqués e cun adorno exterior, facendo un artesoado de molduras, en alto relevo, de estilo barroco do século XVII ou XVIII.
No cuarto cuartel, unha aguia mirando a destra. Son armas dos Aguiar. En campo de azur unha aguia de prata co vo caído ou de ás baixadas e membrada de sable (coas patas de cor negro), brasón moi antigo, pois é outra das insignias militares das lexións romanas.
O escudo dereito (foto 2) é de aspecto moi similar o primeiro. O primeiro cuartel está semicortado e partido. Na parte alta da partición esquerda vese unha árbore con dúas cabras empinadas coméndolle nas follas. Son armas dos Sotelo: en campo de prata, unha árbore de sinople (cor verde) e dúas cabras de sable (cor negro) empinadas no tronco. Na parte baixa, un castelo. Parecen armas dos Suárez de Albergaría ou dos Suárez de Deza. Na partición dereita, dúas bandas con dúas lises cada unha, semellan armas dos Ladrón de Guevara, ou dos Quesada, pero máis posible sexan dos Queipo de Llano. Este cuartel é a labra de consanguinidade dos membros dunha familia, que a súa vez emparenta cos Miranda.
No segundo cuartel, as cinco doncelas de Miranda. En campo de gules (cor vermella) cinco bustos de doncela cos cabelos espallados de ouro, cargados no peito cunha venera de ouro. Alude ó Tributo das Cen Doncelas, armas que gañou Don Alvaro Fernández Miranda, parece que acompañado dun cabaleiro dos Ponce de León, uns din que polo ano 785 ou 791, e outros en tempos de Afonso II “O Casto” (791-842) anos despois de descubrirse a tumba do apóstolo Santiago no ano 813. D. Alvaro liberou no lugar de Petoburdelo (entre Betanzos e A Coruña) ás doncelas virxes e fidalgas da comitiva, que conducían os sectarios musulmáns, e tamén ás que xa estaban na torre de Val-docel para ser embarcadas na ría de Betanzos, as cales, ían sendo entregadas polos pobos cristiáns de Gallaecia, para pagar un odiado tributo de vasalaxe os emires de Córdoba, que o rei “folgazán” Mauregato (783-789) adquirira con Abderramán I (756-788) por haberlle axudado a espolincarse e apoltronarse no trono. Ramiro I (842-850) negouse rotundamente a pagar e batalla e vence a Abderramán II (791-852) na batalla de Clavijo (Logroño) (La Comarca del Eo, 29-12-2012 “O Tributo das 100 Doncelas”)
No terceiro cuartel, son armas dos Villamil, dos Álvarez de Mon, de Barreira, Barrera ou de la Barrera, dos Busto, dos Aguiar ou dos Pardo que explicamos con máis detalle cando nos referimos o Escudo da Rúa Antonio Otero (La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016)
No cuarto cuartel, son armas dos Luaces, un crecente ranversado (coas puntas cara abaixo) entre sete estrelas de oito puntas, tres en xefe e catro en punta. Así, tamén figuran na Casa de Luaces na cidade de Mondoñedo, pero coas estrelas de cinco puntas. Se o cuartel tivera esmaltes serían: en campo de azur, estrelas de ouro cun crecente ranversado de prata. A D. Juan García de Luaces, da cidade de Lugo, líbralle Sancho IV “O Bravo” (1284-1295) privilexio de fidalguía o 22-Maio-1293, por méritos contraídos na toma de Tarifa. A D. Luis de Luaces de Mondoñedo, recoñéceselle a fidalguía en 1554 (Historia de Galicia, D. José Santiago Crespo del Pozo, Tomo XXI, páx.241-242)
Na Chancillería de Valladolid hai moitos e diversos preitos relacionados cos apelidos destes escudos de armas, dos que destacamos: 1) Un preito de fidalguía do ano 1540 de D. Juan de Luaces, veciño de Mondoñedo. 2) Executoria dun preito litigado en 1565, por D. Pedro Fernández Tomás, veciño de Mondoñedo, con D. Vasco Fernández de Luaces e D. Fernando Ares de Ribadeo sobre contas e débedas dunha compañía de panos. 3) Executoria dun preito litigado en 1604 por San Juan de Bengolea e Dª. Inés Fernández de Saavedra e fillos, herdeiros de D. Pedro de Saavedra e Dª Elvira Díaz de Cidrón, veciños de Santa María de Ramil (Lugo), con D. Álvaro de Navia, marido de Dª. Leonor Fernández de Saavedra. 4) Preito litigado en 1655, por D. Rodrigo de Miranda Ponce (de León), con D. Diego García de San Pedro veciños de Pola de Lena, por un prado da Riva. (Asturias). 5) Preito de D. Lorenzo Agustín Miranda Menéndez, de Ribadeo, de D. Pedro María Miranda Miranda, de Ribadeo, de Dª. Juana Antonia Menéndez y Prado, de Ribadeo, D. José Campoamor, de Ribadeo, sobre: anulación dun foro fundado por Dª. Juana Antonia Menéndez e restitución dos bens a él hipotecados por estar vinculados o maiorazgo de Miranda (1788-1808). 6) Preito de D. Pedro Ramón de Oya y Miranda, de Ribadeo, D. Vicente Lamas de la Torre, de Santa Eulalia de Vilaosende, sobre anulación da escritura do foro dunha casa e horta situadas en Ribadeo por ser bens vinculados (1804-1809)... e un largo etc. etc.
Ámbolos dous escudos dan fe das grandes liñaxes do matrimonio de D. Pedro Miranda, natural de Ribadeo, casado con Dª María Osorio de Navia (século XVI), quenes tiveron por fillo a D. Fernando de Miranda Osorio que casou con Dª María de Lanzós.
Son dous escudos por antonomasia aristocráticos. ¿Que quer isto dicir? Son escudos das familias máis notables de Gallaecia e por suposto do Estado, con brasóns anteriores a fidalguía medieval de España. Non precisan timbrar os escudos de coroas ou cascos para falar da súa nobreza, pois as armas dos seus cuarteis falan por si soas. En San Miguel de Reinante, cun adorno exterior floral moito máis rico, hai outros dous escudos desta natureza na fachada do Pazo de Pumarín, pertencentes a familia de D. Juan Pardo de Cela Ulloa Taboada de Aguiar e Andrade (Arquivo do Reino de Galicia -Fondo da Real Audiencia de Galicia- Signatura 3339/10 -foto 102837).
Platón (427-348 a.C.) relata na súa “República” que aspiraba a un goberno da “aristocracia do saber”. Para Aristóteles (384-322 a.C.) a aristocracia era a mellor das formas de goberno sempre e cando, esta se interesara polo ben público, polo benestar social, pois en caso contrario dexeneraría nunha oligarquía ou goberno exercido por un reducido número de persoas que pertencen a unha mesma clase social privilexiada que utilizan o goberno en proveito propio. Herodoto (484-420 a.C.) opoñía a aristocracia á monarquía e á democracia. Rousseau (1712-1778) recoñecía dúas clases de aristocracia: a natuhereditaria e a electiva. A segunda destas formas é a máis racional, pero sempre imperou a primeira. Na era moderna, a democracia ganoulle a batalla á aristocracia política, aquela constituída pola “elite” dos grupos dirixentes.
O termo, aristocracia tamén se aplica como sinónimo de “privilexio ou rango”; así existe unha aristocracia social; una aristocracia da igrexa, do diñeiro, da industria, do arte, do saber ou do deporte. Polo que hoxe, cando se escoita falar da aristocracia a secas, interprétase como a clase social oligarca que fai e desfai o que lle ven en gana, conclusión que, aínda que non sempre, a maioría das veces, hoxe, é acertada pois teñen diñeiro, poder, privilexios e influencias dabondo como para facelo. Pero nun principio a aristocracia eran as persoas más notables da nación e non precisamente eran os que exercían o poder feudal. Platón, Moro, Bacon e os profetas do Antigo Testamento, seguramente eran aristócratas do seu tempo, en cambio, foron os pais da doutrina filosófica do Socialismo que se levantou en revoltas en contra da explotación da clase traballadora... En fin, Aristóteles, fai 2300 anos anos que morreu, ¡e como para seguirlle agora as súas “filosofías...”!

20161128

NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”

Onte o colectivo 'Por Nuestro Faro' emitiu unha nota de prensa, a raíz das novas que apareceron nos xornais a fin de semana (sábado). Á súa vez, ditas novas tiñan orixe na nota de prensa do concello de venres á tarde na que se daba cota dunha carta enviada polo concello á Autoridade Portuaria de Ferro-S. Cibrao, moi posiblemente impulsada pola insistencia de 'por Nuestro Faro' de que o contrato sobre a illa estipula que se hai hotel, só quen sexa cliente el terá acceso á illa, implicando unha discriminación e unha privatización encoberta. Así pois, para amosar toda a secuencia, deixo a continuación a nota de por nuestro faro, a nota do concello e a carta do concello á Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao. A historia anterior, en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/Illa Pancha

1.-
NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
A última declaración do Sr. Alcalde sobre a Illa Pancha non aporta nada novo ao que xa sabemos dende hai ano e medio. O seu apoio decidido a un hotel de duas suites quedou perfectamente reflectido nas declaración que fixo a un diario madrileño o día 22 de Abril de 2015. Caseque un ano antes de que a empresa concesionaria presentase o proxecto definitivo e sen nengún tipo de informe técnico nen económico o Sr Alcalde xa tiña tomada a decisión de apoiar este proxecto porque tal como declarou era “un premio para Ribadeo”. Deixémonos de lerias, foi unha decisión política, como o foi a de rexeitar o galpón no porto de Figueirúa e mesmo levalo a pleno sen ter nengún proxecto nen informe técnico. Como ben se sabía que habería espertar unha forte rexeita social mantívose en segredo. Despois veu a tramitación das licencias, primeiro de un proxecto, despois de dous, sen explicación alguna polo concello nen pola Autoridade Portuaria. Sen informe de afección á Rede Natura 2000, sen informe económico nen criterios de sostibilidade que exixen a lei de Portos, a de Costas e a Reserva da Biosfera. Despois de que a propia Dirección Xeral de Medio Ambiente recoñecese –negro sobre branco- que non recibiu o expediente, e polo tanto que so podía informar sobre a obra interior do faro, cousa polo demais allea a suas competencias. Este é o cenario cando nos avisan de que non se daría a licencia de apertura en función dos informes técnicos senon da decisión persoal do señor alcalde, ou sexa o contrario de que se ven declarando dende hai moitos meses. En realidade o que se está buscando son disculpas para resolver favorablemente o recurso presentado pola empresa concesionaria por aprobarle a cafetería e darlle argumentos para un eventual contencioso.
Polo demais abonda un exemplo que tódolos días escoitamos comentar nas ruas ¿Por qué os prantexamento que se propoñen para as catedrais non valen para a Illa Pancha?. Se a cafetería das Catedrais debe estar mais afastada da costa ¿porqué se tolera e se apoia un hotel no medio da Illa Pancha?. En proporción o coherente sería poñer un hotel de sete plantas nas Catedrais. Se propoñemos un aparcamento a varios centos de metros das catedrais ¿porque defendemos un aparcamento no medio e medio da Illa Pancha?. Falemos claro ¿hai un criterio ambental distinto en casa caso ou hai intereses políticos e personais inconfesabeis?.
Ribadeo, 27 de Novembro de 2016
2.-

BARCIA DI QUE "ISTO NON É GRECIA, ONDE SE PRIVATIZAN AS ILLAS"-
Acceso á Illa Pancha-
25/11/2016-
O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle unha carta á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao na que lle solicita que se manteña o acceso público á Illa Pancha. No escrito sinálase que o Concello esixirá, á hora de tramitar a licenza de actividade ao hotel que albergará o vello faro, que por parte do titular se manteña o devandito acceso a ese espazo.-
O rexedor explicou que "este documento que acabamos de enviar á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, como titular da Illa Pancha e de todo o que alí contén, ten que ver con estas obras que contan coa súa preceptiva licenza para a construción dun hotel, e que no seu momento deberase garantir o acceso público a toda a Illa para que o Concello poida dar a licenza de actividade".-
Suárez Barcia sinalou que "hai que ter en conta que a Autoridade Portuaria só concesionou unha parte da Illa, non toda. E si ben é certo que nestes últimos decenios a Illa estivo pechada ao uso público xeral por tratarse dun uso de interese xeral como era un faro, e podía ser comprensible esa actitude, agora non se entendería, agora que se privatiza a través dunha concesión que soamente quede restrinxida para uns poucos afortunados". O rexedor lembra que "a lei de Costas e toda a normativa que dela deriva é moi clara ao respecto. Toda a Illa ten a catalogación xurídica de dominio público marítimo terrestre polo que corresponde unha utilización libre, pública e gratuíta para os usos comúns, tales como pasear, estar, etc… tanto para os que sexan clientes ou para os que non o sexan".-
O alcalde ribadense dixo que "isto non é Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e aínda que cumpre con todas as autorizacións a conversión dese edificio en hotel, desde logo deberán ter o acceso aberto para todo o público por parte do Concello, senón o Concello non poderá dar a licenza de actividade necesaria para poder operar"
3.-
Coido que agora, quen poda xulgar, terá algún dato máis que as notas aparecidas nos xornais.

20161127

Santa Cilla 2016 en Ribadeo

Onte foi o concerto anual da banda con motivo de Santa Cilla.
Para ter unha idea de como tería sido se estiveras no concerto en vivo, deixo varias gravacións a continuación. Por certo, fóille entregada unha placa a José Luis Barbosa polos 20 anos de adicación continuada á banda (que xa cumpriu o pasado 2015):
Tijuana Brass in concert:
Duke Ellington in concert:
Sinatra in concert:
Tom Jones in concert (bis 1)
Tijuana Brass in concert (bis 2):

20161125

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Coido que nesta data o importante é darlle un impulso á concienciación. Por iso limítiome a secundar o anuncio dos actos previstos, que, polo concello son difundidos por unha nota de prensa do pasado mércores.
A máis, están previstos diversos actos, incluíndo no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo unha actuación  flash-mob que será gravada, e un túnel negro no patio de columnas.

Asemade, téñense realizado durante a semana diversas outras actividades de concienciación e divulgación, como vídeos nos que agrupacións de mulleres ían lendo e rachando tarxetóns negros con verbas alusivas á violencia de xénero, ou diversas fotografías colgadas na rede a xeito individual, seguindo a campaña 'ribadeo en negro'.
A todo o anterior vense xuntar como influenza o recente premio do Observatorio da Mariña pola igualdade.
A nota do concello:
"ÁRBORES E FAROLAS TINGUÍRONSE DE LOITO ESTES DÍAS
Actos do 25N
23/11/2016
O parque de San Francisco será escenario o vindeiro venres, 25 de novembro, dos actos programados polo Concello para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Si chove trasládanse ao pavillón de deportes pequeno.
Ás 12 da mañá dará comezo a xornada cunha actuación musical e cunha performance a cargo da EMMeD de Ribadeo. Despois intervirán Sandra Saavedra, do Centro de Día A Concordia; Paz Ramil, do Observatorio da Mariña pola Igualdade; así como alumnado dos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz. Gardarase a continuación un minuto de silencio polos 44 feminicidios rexistrados no Estado español no que vai deste ano e a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, lerá o manifesto conmemorativo. O acto concluirá cunha peza musical e un aplauso en memoria das vítimas desta lacra. Se o venres fixese mal tempo a cita trasladaríase ao pavillón de deportes pequeno.
Desde a Concellaría de Igualdade animan "á xente a sumarse a estes actos que haberá no parque o vindeiro venres. Queremos que os asistentes se vistan de negro, de loito… polas vítimas". Na campaña Ribadeo en negro, que arrincaba o pasado venres, día 18, están a participar un cento de establecementos e locais comerciais da localidade.
Nos últimos días algúns árbores e farolas da vila tinguíronse de negro cun lazo por cada muller asasinada no 2016. Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade "esta foi unha proposta que saíu do Consello municipal das Mulleres, da participación cidadá e que se estivo facendo contando coa colaboración de representantes do CMM e do Comité Lila"."

20161123

Gran reserva

Como emparedada atopamos nos medios a nova do Premio Crítica 2016 a Iniciativas Culturais e Científicas ó Observatorio da Mariña pola Iguladade, entre dúas novas da Reserva da Biosfera: a convocatoria dun concurso de receitas e un artigo indicando que a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón está sen cartos e baleira de contido.
Veñen sendo algo así como a cara e a cruz dunha mesma cousa. Por unha beira, unha asociación que permea a sociedade, e como tal, tamén ten contactos institucionais, pero con consciencia de independencia, defendendo o que algunha xente chama feminismo e outra sinxelamente igualdade con actividades sinxelas, como a axenda feminista, que este ano lembra a científicas galegas, un trivial feminista ou video foros.

Por outra, un organismo creado por organismos de representación indirecta, para o pobo pero sen contar demasiado co pobo, tentando permear a sociedade cun impacto irrisorioen relación ó que poderían ser as súas posibilidades. algo que se queda, como dicía a canción en 'parole, parole, parole': palabras. E aí se para, pois xa ten servido para informar de xeito tendencioso o servizo non do pobo, senón doutros intereses.
O primeiro, algo saído da xente a favor da xente e mantido pola xente, aínda que teña contactos institucionais, algo que se pode dicir que participa no procomún. O segundo, algo saído dunha manga institucional e mantido institucionalmente que pretende dicir que está participado ó tempo que se manifesta opaco e privativo aínda de raíz pública. Ti elixes.

20161121

Matraca: faros

Ficha técnica do faro da illa Pancha en Faros de España

A cantidade de mentiras, erros, informacións sesgadas, anuncios disfrazados... sobre o tema do faro da illa Pancha fan que un día si e outro tamén me atope con material para publicar no blog, aínda que tente reter a información para que non sexa un blog monotema.
Un resume dalgunhas das últimas novas e información atopadas esta fin de semana:
- En Instagram pódese atopar, colgada de hai dous días, unha foto da illa Pancha tratada, con 5 estrelas sobreimpresas, e o seguite comentario: "Mañana escucharemos las experiencias de alojamientos en faros de Noruega, Sudáfrica, Irlanda, Escocia e Inglaterra, en la Jornada 'El faro como destino: La experiencia internacional'. 📷 Faro Illa Pancha, Lugo
[ENG]: We are hearing tomorrow the experiences of accommodations in Norway, South Africa, Ireland, Scotland and England's lighthouses in the Conference 'The lighthouse as a destination: The international experience '. 📷 Illa Pancha lighthouse, Lugo, Galicia "
Coido que se lles esqueceron algunhas cousas. entre elas:  1.O hotel non está funcionando. 2.As obras non remataron: non ten estrelas. 3.O proxecto é fortemente atacado por atentar contra a protección que ten a illa, o medio ambiente e a paisaxe, a máis de privatizar un lugar común. 4.Estanse evidenciando diversas irregularidades en todo o proceso dende que s emanifestou a posibilidade legal de convertirse en hotel ata a actualidade. 5.E continuará...
- A conto da información que aparece na imaxe, que é pública, andiven pola páxina de faros de España, pois entre outras cousas alí aparece unha foto do faro da illa Pancha que se me fai coñecida e quería saber a súa procedencia. ó ir a 'Aviso legal' (parte inferior da páxina), da un erro. Non indica que a páxina sexa ilegal, senón máis ben un desleixe pola legalidade.
- Na mesma páxina de faros de España tamén se atopan documentos xerais relacionados coa concesión de faros para actividades hoteleiras. Así, neles podemos atopar cláusulas como: "Según la empresa sea de nueva constitución o que venga desarrollando actividades similares a la del objeto de Concesión (de hotelería y/o hostelería) deberá: 
Empresas que vienen desarrollando actividades similares a la del objeto de concesión (de hotelería y/o hostelería): Deberán acreditar tener dicha experiencia en la gestión de negocio/s de hotelería durante al menos los cinco últimos años mediante la descripción del negocio/s de hotelería y/o hostelería desarrollado/s, servicios y productos ofrecidos y número de empleados. 
Además deberán presentar un compromiso de que al menos el 40% de la plantilla del personal que se va a destinar a la concesión, así como del personal que vaya a ocupar la gerencia tendrá una experiencia de los últimos cinco últimos años, en la gestión de negocio/s de hotelería y/o hostelería."
O anterior indica que hai xa tempo que debería ter asegurado o contrato do 40% do persoal, asegurando a súa experiencia. Algo que non casa coas afirmacións verquidas polo Progreso no artigo comentado na entrada anterior, titulada 'contrainformación'. Dicíase alí que estaba a procurar 3 persoas para o hotel. Porcentaxes en man, se son 3 empregos, máis dun (ou sexa, 2) deberan estar xa previstos... Só e unha das moitas implicacións sobre as que hai contradicións de cumprimento nos documentos que aparecen na web de faros de España, sección de Normativas e Procedementos.
- A autorización do concello é para 'obras de reforma interior. As 'obras de reforma interior' seguintes?
Escavación arredor do edificio.
A terra escavada.
Segue a escavación.
No dintel, desbarbadora e mazo para ampliar o paso en altura.
Coido que se van acumulando detalles e detalles. Aínda que pretendan que os que procuramos eses 'detalles' sexamos os malos da película. O dito: continuará. E para remarcalo, anexo a continuación o que deixei como comentario hoxe mesmo no artigo de ABC "El primer faro convertido en hotel en España abrirá el próximo mes de enero", como resposta ó recollido como declaracións do sr. Llorca, 'máximo responsable da política portuaria no noso país':
Mentira. En el grupo ‘Por Nuestro Faro’ estamos demostrando que muchas de las afirmaciones que se están haciendo para propiciar una privatización encubierta del faro de illa Pancha son mentira. Desde junio del año pasado, en 6 meses tendría que estar terminada la obra. Aún no lo está hoy, y no pasa nada. Las declaraciones del promotor a periódicos muestran que las condiciones se están incumpliendo: un ejemplo, la contratación de personal, publicitada como de tres personas, sin condiciones, cuando en las condiciones generales está especificado que el 40% del personal debe tener 5 años de experiencia, algo que debía estar ya asegurado el año pasado según esas mismas condiciones. El permiso de obra indica que las obras serán de reforma interior. Fotos ya colgadas en la red muestran que se está actuando en el exterior. Puertos publicita una foto donde se ven 5 estrellas sobre la imagen de la isla, como si allí hubiera un hotel de 5 estrellas. Pero las obras acaban de empezar. No es un poco prematuro? Casi tanto como cuando en enero una revista de difusión hostelera (La Alacena Roja) daba ya por abierto el hotel, con fotos de su interior y una ‘excelente’ bodega, en un hotel que, por cierto, no llevará ni cafetería. Si, parece que se quiere usar la isla Pancha como propaganda para impulsar el plan previsto para el resto de los faros ‘cueste lo que cueste’, y se dice que no es privatización, cuando la electricidad del faro en funcionamiento va a depender del particular concesionario, como especifica el mismo contrato en sus condiciones.
“Porque la gente que decide sólo da valor a lo que puede comprar” era la explicación que el viñetista SAN, en una viñeta de ya hace tiempo, daba a la privatización de los faros. La explicación sigue vigente y nuestro movimiento, también.

Naufragios y faros. Artigo de Pablo Mosquera



Hubo un tiempo en que el oficio de mareante representaba un destino con dos temibles citas: el medio marino: salado y húmedo, capaz de provocar un envejecimiento prematuro en hombres que se hacían a la mar con edades muy tempranas; temibles cambios de mar bella a temporales capaces de estrellar los buques contra arrecifes, en una historia interminablemente dramática.
Viernes lluvioso y ventoso. Emprendemos viaje a la punta marina más al norte. Llegamos al mágico lugar de Bares. Nos espera nuestro amigo Eugenio Linares Guallart. Me anunció que había escrito un libro dónde se recogen sus descubrimientos arqueológicos. Y es que, este ovetense, con más de treinta años en el majestuoso Faro para La Estaca de Bares, es un personaje de novela.
Con las últimas y tenues luces del atardecer otoñal, subimos por la escalera que fundieron en Sargadelos. Mis acompañantes, Aventados, un sanciprianés viajero con probados dotes para el teatro, y un hijo de la ciudad del Landro, pescador y cazador, amante de la historia del tango. Nos juntamos en ese lugar que está sólo al alcance de unos pocos mortales. La linterna del Faro más al norte de la Península Ibérica, justo donde se cruzan las almas de los pecios y marinos que naufragaron entre Atlántico y Cantábrico. Luego, Eugenio, cargado de nostalgia, se detiene ante los modernos instrumentos que permiten saber todo lo que está pasando en esa autopista infinita que es la mar. "¿Qué va a ser de los faros?. Mientras la luz que hemos visitado alcanza 30 millas, esta señal por satélite alcanza más de doscientas."
Nos reunimos en torno a una mesa de una estancia con gruesas paredes graníticas. Buen vino, excelente queso de Arzúa, y desde luego chorizos del país. Todo lo necesario para una tertulia entre gentes "antiguas", por seguir siendo alcaides del patrimonio de la humanidad, en este caso, una Catedral de la costa. Un faro construido en el siglo XIX, pero causalmente, ya que hubo, antes, otros tres faros del mundo antiguo, para orientación de mareantes: griegos, fenicios, romanos, normandos...
Estamos pisando un lugar sagrado. Desde los muros de un Castro celta romanizado, hasta una villa romana, y desde luego, el puerto de refugio de toda suerte de naves, en su discurrir por la mar. Cerca, a nuestra vista, la isla de la Coelleira, aquella con Monasterio que cobraba diezmos y primicias a los balleneros de Bares. Aquella desde la que, en noches de plenilunio, la Santa Compaña de los Templarios, se desplaza hasta la Igresia Bella en la playa de la Concha, para cantar salmos a los enterrados tras una cruenta batalla.
Hace su aparición una guitarra con historia cubana. Eugenio nos hace partícipes de sus composiciones, para la soledad o para la compañía, en torno al animal fuego. Todos cantamos, al viejo estilo de aquellos personajes de la tripulación del capitán Flint o Jhon Silver El Largo. Estamos a punto de embarcarnos hacia la Isla del Tesoro.
Un tesoro que consiste en la defensa de nuestros faros, Santo Grial en la historia de la navegación. De esto, les prometo que hablaremos este miércoles 23 de noviembre, en el centro Social de ABANCA de Viveiro. Sin faros, no volverán a existir personajes como Eugenio El Torrero de Bares... Tito de Erundina o Eugenio Del Valle.

20161119

Contrainformación

Non nolo explicamos, mais sucede. Nun pobo onde case é tan doado atopar ó veciño como ó xornal, que saian cousas falsas na prensa sucede. Esta semana, outra vez, e non parece casualidade, en relación á illa Pancha. Digo que non parece casualidade porque se enviou a correspondente nota para a rectificación da nova, e non aparece tal, despois de non ser a primeira vez que hai confusión na rúa debido ás novas periodísticas que se apartan da realidade.
Que dicía a nova de 17 de novembro? Entre propaganda diversa, como que aínda que nas instalacións non haxa cafetería haberá cafetera e produtos de calidade, no subtítulo endilgaba ó grupo 'Por nuestro Faro' a culpabilidade de que non se poda entrar na illa: 'La entrada al recinto está prohibida a raíz de una denuncia vecinal'. A ter en conta que antes fora vendido polo promotor que a xestión da illa pola súa parte permitiría entrar nela, despois de décadas pechada para paso do sinxelo peón.
Precisamente a denuncia veciñal produciuose a raíz do paso á illa de visitantes invitados polo promotor moito antes de ter permiso de calquera tipo do concello para obrar, pero despois, claro, de ter as chaves da entrada e polo tanto, ter asinada a concesión. Concesión que estipula entre outras cousas que
'El portal de acceso a la isla permanecerá cerrado siempre, salvo cuando lo abran desde sus vehículos los clientes del hotel (no de la cafetería), los empleados de servicio proveedores, o las personas autorizadas por la AP o por las autoridades de Pesca (...)'
'La puerta de paso de hombre en el portal de acceso a la isla permanecerá abierta siempre que lo esté la cafetería, y cerrada con llave, por el concesionario, el resto del tiempo'
Como nota aclaratoria, a cafetería estaría permitida por Portos, pero non por diversas outras normativas que afectan á illa.
Por se non está claro, deixo embaixo a nota que o grupo 'Por Nuestro Faro' enviou para a corrección correspondente:
*"Na páxina 6 de A Mariña do Progreso do día de hoxe publícase unha nota sobre a Illa Pancha que di, en titulares "La entrada al recinto está prohibida a raiz de una denuncia vecinal". Esta información é manifestamente errónea e pregámoslle que a rectifiquen o mais axiña posible e cando menos ca mesma relevancia. O acceso a espazos portuarios e similares está regulado e limitado pola lexislación de portos e neste caso polas condicions da concesión acordada pola Autoridade Portuaría con data 30/6/2015. Ao non concederse licencia para instalar a cafetería o acceso quedará restrinxido aos usuarios do hotel, cando éste chegue a funcionar. Polo demais advertirlles que Vds. están recibindo unha información sesgada por intereses particulares de diverso tipo que adoita alonxarse excesivamente da realidade. Reciban unha aperta e como sempre ao seu dispor. POR NUESTRO FARO"*
Que eu saiba, a información neste momento aínda non foi rectificada.

20161115

Esos faros tan nuestros. Pablo Mosquera Mata



Determinados monumentos religiosos o civiles, siempre serán patrimonio de la humanidad. La Administración, civil o religiosa, responde ante el pueblo de su conservación y traslado a las próximas generaciones. Ni la Iglesia es dueña de las Catedrales, ni el Ministerio de Fomento es dueño de los faros.
Mi segundo libro -agotado- se titula "Caminando entre faros". Lo escribí tras la "Negra Sombra" del chapapote en aquel noviembre del 2002, cuando un viejo petrolero, mandado por un viejo lobo de mar, sufrió una vía de agua, así como órdenes y contra órdenes, desde tierra, por la autoridad incompetente. Tras aquella nefasta agresión a nuestra costa -patrimonio de la humanidad- muchos volvimos a sentir la presencia de esos maravillosos vigías situados en lugares mágicos, estratégicos para el marino, columnas al más puro estilo del encargo que desde el Olimpo le hicieron a Hércules; y desde luego, Catedrales de la mar, ya que produce el mismo efecto, en el viajero, avistar la Catedral de Compostela que avistar el Faro de Finisterre o el de La Estaca de Bares.
Si alguien quiere saber de faros gallegos, le recomiendo "Faros de Galicia". Una magnífica obra publicada por la Fundación Caixa Galicia, cuyos autores: Jesús Ángel Sánchez García (escritor), José Luis Vázquez-Iglesias (fotógrafo) y José Manuel Yáñez Rodríguez (cartógrafo y dibujante), nos describen exhaustivamente, por tierra, mar y aire, la historia y presencia inmortal de nuestros 28 vigías de la costa coruñesa, 6 de la pontevedresa y 4 de la Mindoniense-Lucense. Pero también, hay espacio para balizas, señales de otro orden y antiguos faros superados por los modernos a consecuencia, en algunos casos, de graves accidentes marítimos -Cabo Vilano-
Los faros son un tratado de arquitectura tradicional gallega, una muestra de la conjunción entre atalayas e ingeniería, pero siempre, la respuesta a una forma de vivir pendientes de las vicisitudes de la mar. En cada faro hay un "ángel de la guarda", en cada faro hay un haz de luces para la esperanza, en cada faro se perciben las sombras y las huellas de familias, como la de Román Ventoso o Daniel y Marisa, que compatibilizan hogar con servicio público.
El próximo miércoles 23 de noviembre, en la ciudad de Viveiro, en el centro social para mayores de ABANCA, con el título "La Ruta de los Faros", Os Aventados, organizamos una tertulia abierta a todo el público, con la participación de Roque Antonio Fanego- artista plástico y poeta- ; Antonio Gregorio -profesor en IES de Ribadeo y miembro del colectivo cultural O Tesón- Eugenio Linares Guallart -Torrero de Bares y escritor-, que será moderada por Pablo Mosquera "Bígaro".
Nos enfrentamos con dos noticias. La buena: se han incrementado las medidas de seguridad y comunicación entre las costas y los buques, la luz del faro la han sustituido por el GPS. La mala: alguien parece tener la tentación de vender los faros a la iniciativa hotelera, promoviendo cambios en sus históricas estructuras y convirtiendo su espacio en recintos privados. El pueblo, dueño y señor del patrimonio histórico, artístico y cultural, algo tendrá que decir. ¡Verdad!.

20161114

CASA BRASONADA DAS CATRO-CALLES. Francisco José Campos Dorado


No centro das Catro-Calles (nome popular co que se coñece en Ribadeo o cruce das rúas Reinante, Viejo Pancho, Vilafranca do Bierzo e Rodríguez Murias) atopamos unha casa brasonada que fai esquina coa rúa Viejo Pancho e Vilafranca do Bierzo. Na súa fachada, entre os dous balcóns do segundo andar, podemos ver un escudo español de impecable factura e conservación, gravado nunha pedra marmórea que destaca polo seu aspecto de cor branco marfileño. Está timbrado cunha celada bruñida colocada de perfil mirando a destra, en cuxa visera baixada non se distingue ben de cantas grilletas consta, que en número de sete, usaban os Condes e os Baróns, e en número de cinco os Señores e os Fidalgos.
A parte inferior do casco adórnase cunha elegante gola de chapa con raias que simulan as varias pezas solapadas que a forman, e que servían para cubrir e protexer o pescozo e clavículas do cabaleiro. Na parte sinistra, máis que verse, intúese un pequeno burulete, ou tocado de seda de varias voltas torcidas, suxeito ó casco, onde leva cosido un profuso penacho de plumas que lle serve de adorno.
O escudo adórnase sobre un prego de pergamiño cortado a tramos simétricos que se enrolan, e cuxos rolos lle serven de soportes e sostén. Este pergamiño emula, nalgúns casos, as pezas de tela chamadas lambrequines, que o cabaleiro usaba sobre o casco para evitar que o ardor do sol quentara o aceiro, e como se sole dicir, lle “asara a cabeza” ou lle fixera “ferver os miolos” mentres estaba parado e aprestado para o combate. Outras veces en vez de lambrequines, usaba unha veleta ou volante, ou un mantelete que suxeito a celada, cubríao por enteiro incluídas as costas. Cantos máis cortes tiveran os lambrequines, máis honra lle facían o cabaleiro pois eran sinal de bravura, xa que quería dicir que estivera metido no máis difícil da batalla e recibira moitos golpes de espada e de brosa. Estes símbolos de honor sufriron tódolos caprichos das modas, variando as formas segundo lles parecía os artistas que os debuxaron e gravaron.
O campo do escudo está cuartelado en cruz ou en catro cuarteis. No primeiro cuartel: unha torre donjonada (con outra torre encima), sobre ondas de auga. Parecen armas dos Villamil, similares as do cuarto cuartel do escudo da Casa dos Cuatro Hermanos, antigo Comercio de Maseda e as do cuarto cuartel do escudo do Patín, pero falta un elemento: a pequena torre ou igrexa adestrada a torre donjonada, polo que tamén puidera interpretarse como un castelo sobre ondas, armas dos Castrillón de Casielles de Luarca (un castelo de prata sobre ondas de azur e prata), ou das armas dos Couto (en campo de gules un castelo de prata sobre ondas de azur e prata) (dato facilitado por A. Taboada Roca a D. José Santiago Crespo del Pozo, Historia de Galicia Vol.XIX) ou dos Suárez ou dos Suárez de Deza procedentes da comarca da Galiza do Deza e Trasdeza, cuxos apelidos son familiares en Ribadeo.
No segundo cuartel, tres faixas horizontais sobre ondas de auga. Son armas que semellan as do cuarto cuartel do escudo da Casa de Vior da rúa Bispo Veres. En campo de ouro tres faixas de azur, das armas dos Messía, que como xa dixemos naquel escudo, posiblemente sexa unha rama familiar dos Messia de la Cerda establecidos en Ferrol, mariños de alto rango da Armada en liñaxe cos Marqueses de Acapulco. Pero as ondas do mar, colocadas nesta posición, baixo as faixas, poden representar al liñaxes dun matrimonio entre un Messía de la Cerda e unha Magariños, posiblemente da comarca de Ferrol, ou dun Messía ou dun Ribera ou Rivera, cuxas armas tamén son tres faixas, cunha Mariño ou Mariña, ou cunha Páez, apelidos de familias establecidas de moi antigo no Concello de Ribadeo. No terceiro cuartel, un crecente montante (coas puntas da lúa cara o xefe ou cara arriba) entre tres e tres estrelas de seis puntas. Parecen armas dos Luaces, pero o crecente dos Luaces é ranversado (as puntas da lúa miran cara abaixo) como podemos ver no cuarto cuartel do escudo sinistro da Casa dos Miranda. Neste caso, puideran ser armas dos Valledor emparentados cos Sotelo e cos González de Carvajal de Viveiro, onde existe un escudo con estas mesmas armas na Casa de D. Tomás Galdo na Praza Maior de Viveiro, cunha estrela menos en punta ou abaixo.
No cuarto cuartel, unha árbore e dous animais empinados no tronco, poden ser armas dos Gomez Acevedo, dos González Acevedo ou dos Pardo Acevedo. No seu conxunto parece ser o escudo familiar dun descendente de Páez Suárez de Acevedo, na cal seu tataraneto D. Diego González de Acevedo loitou o lado do rei D. Xan II de Castela, que mira por onde, foi o rei que lle deu o título de Conde de Ribadeo a D. Rodrigo de Villandrando por privilexio de 22 de Abril de 1435. ¿Coincidirían batallando codo con codo este fidalgo e Villandrando?. Por outra banda este cabaleiro, cuxo liñaxe procede de Arnaldo de Bayán, gascón, que fundou casa en Galicia no século X, no lugar de Acevedo en Vilar de Frades en Orense, parece ser descendente na liña dos Condes de Monterrey, pois a casa troncal está emparentada coa casa de D. Sancho Sánchez de Ulloa, señor de Vilamaior de Ulloa, a uns 20 km de Lugo, a quen por privilexio de 10 de Maio de 1476, os reis Católicos o fixeron I Conde de Monterrey.
A casa onde se atopa o escudo pertenceu a Dª. Elisa Rodríguez Malvares, benfeitora na construción do Colexio vello das Monxas da Caridade, como reseñamos nun artigo anterior cando nos referimos o Escudo de armas da Rúa Trinidad. Non sabemos si Dª Elisa era descendente deste cabaleiro a quen pertence o escudo.
É evidente que a afición de descifrar os enigmas históricos escondidos durante séculos na heráldica non deixa de ser, neste caso, un traballo interpretativo de aproximación, pois tendo en conta que interpretar un cuartel sen a documentación xenealóxica do fidalgo ao que pertencía o escudo, é soamente un intento de expoñer, co maior rigor que nos é posible, outra das riquezas patrimoniais do noso pobo, pero, as veces, as pezas ou mobles dos cabaleiros non están completos, ou carecen de tal ou cal elemento debido a que o escultor non tiña o esquema ou o debuxo das Armas, supervisado por un Rei de Armas, correspondentes a ese preciso cabaleiro. Por outro lado está o carácter artístico “caprichoso” co que se gravou, e outro elemento esencial son os esmaltes ou cores e metais cos que se pintan e esculpen os escudos, elemento que falta en tódolos escudos exteriores expostos ata o de agora. Pero, incluso así, non deixo de sentir esa compartida e profunda satisfacción de ver como “falan as pedras” dos seus antigos donos...

Botellón en Ribadeo? Nada novo

Despois de comentar o pleno co do botellón, e visto que nas novas seguen co castigo ó botellón, revolvo a dar luz a un vello estudo realizado no daquela IES Porta da Auga. Mais parece que a guía, a pesar de terse difundido abondo en Ribadeo, non se leu...

Trátase da Guía-informe descritivo sobre consumo da xente nova. Feito no IES Porta da Auga en data tan lonxana como o curso 1999/2000, coido que segue a ter vixencia aínda a pesar de que dende aquela houbo cambios importantes na socialización da xente nova, e a que polo concello e institucións políticas diversas teñen pasado dende aquela representantes de todas as cores do espectro policio.
Está colgada na nube en dúas partes:
Parte 1
Parte 2
E coido que teño algún exemplar en papel que podo agasallar a algún político.
Por certo, na portada pode lerse 'Unha reflexión conxunta da comunidade educativa: pais, profesores e alumnos', algo que coido que nn se está a levar a cabo na actualidade, pois mais que reflexión hai discusión e ataque, máis que aunha comunidade hai francotiradores que tentan ganar, e fálase de pais e profesores, pero non tanto con eles, e moito menos aínda cos propios implicados.
Ah! A guía foi o resultado dun proxecto premiado por o Instituto galego de Consumo.
--
Sobre diversos aspectos do botellón, no blog, hai (entre outros moitos):
Pro... non é festa?
Informes sobre ruido a nivel Galicia
O botellón non ten quen o defenda
Sobre ruido? Non, sobre botellón
Reciclaxe = propaganda
Explosión? si, pero suave, de peticións
Achégase o macrobotellón
Como tentar dar a volta a unha nova

20161112

A biblioteca de Ribadeo pode prestar libros electrónicos


    Remato de ver unha nova (curiosamente non difundida -que eu vexa polo momento- nos xornais das grandes empresas editoriais) que certifica que as bibliotecas poden prestar libros electrónicos (non só os aparellos para ler -e_reader-, senón o contido do libro en formato electrónico -e_book-). Esperemos que esta resolución permita que a lectura de formatos electrónicos de libros se vexa menos desfigurada.
    Tentaches coller algún libro electrónico na biblioteca pública Viejo Pancho? dende a biblioteca do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo lévase facendo préstamo de libros electrónicos xa dende hai cursos anteriores, con bos resultados. Imaxino que isto impulsará o tema.
    De xeito lateral, lembro a relación xudicial/de reclamación mantida entre la SGAE e o concello de Ribadeo. Quizáis non veña mal botarlles unha ollada e lembrar como dende hai anos se están promulgando leis que van constrinxindo as posibilidades das persoas substituínduas polas posibilidades dos cartos, e, cando non poden, metendo medo e enganando, facendo 'como se' para que as persoas non usen os seus dereitos porque pensen que non os teñen (e así chegarán a perdelos por non saber nin que os teñen e teñen que defendelos)
    En relación ós libros dixitalizados, hai un inconvinte: para prestalos hai que telos. Polo demais...

20161111

Conclusiones para la vida de un gallego. Pablo Mosquera


Parada en Cervo de viajeros de antaño, de siempre...


Si algo tiene de bueno la actualidad es: poder acceder a la información pasada y presente desde un ordenador; haber llegado en excelentes condiciones físicas y mentales a la altísima condición de abuelo, con capacidad para hacer balance de una vida en el seno de la sociedad entre dos siglos-XX y XXI-.
Cuando repaso la biografía de Cervantes, en el cuarto centenario de su muerte, encuentro razones para trasladar al Quijote, gran parte del pensamiento que dejó en su encéfalo, vivencias del trascurrir por dos siglos -XVI y XVII- una vida azarosa pero al mismo tiempo preñada de experiencias que se podrán comparar con la famosa frase del Don Juan de Zorrilla -siglo XIX-: " yo a las cabañas bajé/ yo a los palacios subí/ yo los claustros escalé/ y en todas partes dejé/ memoria amarga de mí..."
Y es que en noviembre, cerca del animal fuego en una Lareira de Lourenzana, escuchando un hermoso piano, entre amigos músicos, hay inspiración para un gallego viajero que, siempre estuvo de paso, hasta regresar a casa; nuestra Mariña, que sabe interpretar las campanadas de las iglesias, dejando a los faros la misión de vigías eternos, desde la tierra al horizonte marino, dónde se juntan cielo y aguas, a pesar del esfuerzo que cuentan, los Dioses del Olimpo, encomendaron a Hércules.
Qué más da lo sucedido en yankilandia. Qué más da la crisis de los socialistas. Qué más da el engaño de las encuestas. Qué más da la campaña del Corte Inglés para convertir la Navidad en la fiesta del consumo. Qué más da el papanatismo con adicción al moderno e infernal Smartphone. Nosotros, los gallegos, en el mes del Tenorio, debemos responder con aquello de: "cuan gritan esos malditos/ más mal rayo me parta/ si terminando esta carta/ no pagan caros sus gritos...".
Cuando estaba en el kilómetro cero de la España centralizada en Madrid, desde Felipe II, los mariñanos vivíamos entre los recuerdos de la última estancia en Viveiro, y la esperanza del regreso vacacional a las playas de Cervo. Cuando estaba en la Barcelona bohemia, además de probar el seny de un pueblo Mediterráneo, culto y emprendedor, me preguntaba, cuáles eran las razones para que mi Galicia no tuviera lo que disfrutaban los discípulos de Auxiás March, o los seguidores de Salvador Espriu. Cuando estaba en la capital de la Euskadi orgullosa con sus Derechos Forales llevados a la esencia de Autonomía para ser fragmento de Estado, me preguntaba: ¿cuándo lograremos los gallegos ser y estar en nuestra patria, viviendo como gallegos y en gallego?.
Y es que a la postre, lo que nos debe importar es lo que cada uno de nosotros hace para cambiar el mundo. Ese recuncho al que pertenecemos. El legado de la Xeración Nos. Y es que, Galicia debe ser nuestra meta. Un lugar dónde quepamos todos los gallegos, sin tener necesidad de hacer las maletas en busca de otro animal fuego.

Sobre un titular de hai varios días: 'Levarei a Fomento ante a xustiza se pasa algo na ponte'

O titular, collido de A Mariña de El progreso do domingo 20161106, continúa advertindo por boca do alcalde de que 'o tamaño das beirarúas é ilegal' (uns 70 cm, un pouco máis espaciosa a da parte norte que a que mira ó interior da ría), axustando máis adentro na nova que os motivos do titular son tanto o tamaño das beirarúas como a falta de iluminación da ponte, que xa dura anos e non é a primeira vez que sae a colación, despois da gresca entre concellos copartícipes e Fomento polo pago da enerxía eléctrica. Volve saír como nova a posibilidade de que Fomento peche as beirarúas porque di que non está permitido telas nas autovías.
Coido que é para pasmarse que Fomento, con todas as competencias transferidas, non se faga cargo da iluminación da ponte ou que ameace con cerrar algo que di ilegal -as beirarúas na ponte- cando foi o mesmo ministerio quen o fixo. Mais aquí o que quero é lembrar algunha cousa sobre a autovía e a alcaldía en relación coa ponte.
Anos antes de que a ponte fora habilitado como autovía, xa ten habido algún accidente dun peón que levou a urxencias a algunha persoa (estoume lembrando dun caso particular dun coñecido da Veiga). Antes, durante e despois da actuación para convertilo en tramo de autovía, neste blog preguntábame que pasaría coas bicicletas (ver 'A ponte dos Santos' -comentarios-, 'de bicis', 'Á beira da Ponte dos Santos e á súa sombra'), e o Tesón tentou que o concello se mobilizara para mellorar o discurrir das bicis pola ponte, ou para que o concello tomara diversas iniciativas sobre a circulación ('nove meses sen resposta', '20110919 pleno', ... ). E, xa coa nova disposición da ponte-autovía, o alcalde ten participado nunha manifestación de ciclistas convocada polo Club Ciclista Eo na mesma ponte a raíz dun accidente dun ciclista (ver 'bicis reivindicativas en el Puente de los Santos', na Voz de 19 de nov. de 2012), para reclamar melloras ou alternativas ('as bicicletas non teñes ás'). E...
A histoira da ponte dos Santos xa vai sendo longa. E a actuación do concello en relación ael non é lineal. Agora fala de levar a Fomento ante a xustiza nun momento no que nunha vía cedida por Fomento a Ribadeo, fronte ó Vilar, xa se teñen sucedido varios accidentes a pesar da alerta veciñal e despois de pasar a oportunidade da protesta ciclista e levar tempo xa sen luz...

20161110

'Pleno, antonte'

'Din que hai dous días se celebrou un pleno...' Coido que é unha boa forma de comezar: falando de oídas. Onte, a auga pasada de xeito forzado, fixen un comentario no blog sobre o pleno de 20161108 do que isto ven a ser unha segunda parte anunciada. Xa saiu a anunciada (por min) nota de prensa do concello (que reproduzo ó final)
e, claro, tamén saíron as novas correspondentes nos medios. Por certo, que a orientación da nota de prensa variou algo en relación ó 'aviso' de pleno: No medio, os dous medios con edición comarcal trataban o tema do botellón (os dous ó tempo, si) e había que ir coa maioría.  Polo demais, coido que a nova é que non hai nova: o resultado do pleno de onte estaba descontado antes de celebrarse, e non só pola maioría absoluta do BNG, como pode verse polo título da nota de prensa: 'aprobados por consenso'. O resalte dun só tema na nota de prensa ven explicado nela: alén Ribadeo, unha morte. Cabería dicir, non se entra no que representa o botellón, senón en evitar responsabilidades. e si, tratáronse máis cousas, mais iso, que non era dos puntos de convocatoria,-parece ser- iso é o empregado como resume do pleno. Pois iso.
Por certo, na nota de prensa corrixo unha cousa: a separación de decimais, neste país (considérese España ou Galicia), visualízase cunha coma.
"
OS ASUNTOS DA ORDE DO DÍA FORON APROBADOS CON CONSENSO

Botellón

09/11/2016
No pleno celebrado onte no Concello ribadense falouse do botellón e da preocupación existente na sociedade pola presenza de menores que inxiren alcol. O alcalde, Fernando Suárez, fixo unha chamada ao sistema educativo e aos pais e nais dos rapaces para evitar que estas situacións se produzan e indicou que a Policía Local denunciará a aqueles menores que atope nesta situación diante da autoridade competente.
O rexedor contou que "neste pleno ordinario que celebramos onte a noite saíron todos os puntos aprobados, eu creo que na maioría dos casos con unanimidade. A verdade é que practicamente todos eles tiñan un aspecto económico ben para amortizar préstamos pendentes, ben para dar conta dos períodos medios de pagamento aos provedores que estamos aproximadamente nun mes, en 31,91 días exactamente, tamén para amortizar un dos préstamos que tíñamos vivos desde hai uns anos grazas ao superávit na liquidación do ano pasado, do exercicio económico anterior, así como tamén aprobamos as obrigas pendentes de pago sobre todo coas facturas de Sogama, da entidade pública que nos recolle o lixo".
Suárez Barcia relatou que "aprobamos tamén esas modificacións para o IBI, bonificacións para familias numerosas e para aquelas persoas que teñan propiedades no ámbito rural que estean vinculadas á explotación agrícola gandeira, coa excepción da vivenda habitual. Tamén modificamos a ordenanza de artesanía para adaptar o mercado de rúa ás necesidades dos seus vendedores".
O alcalde dixo: "pero tamén nos plenos ordinarios existe o capítulo de rogos e preguntas, onde se establece un debate de suxestións ou preguntas ao goberno municipal por parte de todos os grupos da Corporación, e aínda que hai algúns que son máis interesantes que outros… non considero interesante pedir que para o seguinte pleno se poña a calefacción un pouco antes ou tampouco considero digno de mención que se volve o exército a Ribadeo non se lle cobre, pois se volve o exército ou quen queira se lle cobrará polos gastos que ocasionen e non hai máis que falar nese aspecto".
Fernando Suárez indicou que "houbo outra serie de debates agradables sobre situacións que todos compartimos en maior ou menor medida, a veces penso que a oposición normalmente ten que facer o seu traballo, pero o goberno debe tamén enfocar e contrastar a realidade tal e como é. Estoume referindo ao asunto do botellón, que está de actualidade nestes tempos, non soamente en Ribadeo senón a nivel galego e de todo o estado sobre todo porque unha rapaciña, desgraciadamente, faleceu hai poucos días por mor dunha inxesta indebida de alcol. Con todo este debate de fondo trasladei o que falo habitualmente coa Policía Local no ámbito das nosas competencias, nosoutros non temos as competencias nin da Policía Autonómica nin da Garda Civil, nós temos as competencias na Policía Local e transmíteme que ela está tamén preocupada e que intenta nos botellóns desde hai anos identificar a algún responsable deses grupos que se poidan ir establecendo por aí para pedirlles, non soamente que non consuman alcohol os menores de idade, senón para que deixen todo recollido e non ocasionen desperfectos. Á vista está que algúns fan caso e outros non. Tamén é certo que coa lei de seguridade cidadá vixente a unha persoa porque sexa menor de idade non se lle pode denunciar porque estea nun corro con outros rapaces ou rapazas se non está bebendo, e a Policía non ten o don de estar escondida en cada esquina detrás dun grupo de nenos ou de rapaces".
O alcalde ribadense manifestou que "aínda que a Policía ten que facer o seu traballo e se desde logo colle a algún menor de idade nun espazo público bebendo, que saiba ese menor de idade que vai ser denunciado, non diante dos pais, senón diante da autoridade competente, a Subdelegación do Goberno, a Fiscalía ou a quen proceda. Pero máis aló disto que pode soar un pouco forte, tamén onte falamos entre todos e compartimos entre todos con independencia dos diferentes grupos que somos, que estas tarefas tamén corresponden moito á sociedade, especialmente ás familias, é dicir, se hai un neno ou unha nena menor de idade a unha hora intempestiva pola rúa tampouco vai ser culpa da Policía Local, será culpa dos seus pais por mantelo a esa hora nese lugar. Trátase dunha cuestión integral de todos, da escola, da educación, das familias, da Policía Local na parte que lle toque e eu o que quero expresar á cidadanía é que na Corporación estamos de acordo en que é nun tema que nos preocupa, que temos no ámbito das nosas competencias facer todo o que estea na nosa man e estámolo facendo e redobrarémolo en todo o que faga falta, pero tampouco podemos tapar cun dedo a lúa".
O rexedor contou que "no pleno de onte púxenlles un exemplo, hai poucas semanas a Policía Local denunciou a uns rapaces por estar mexando nunha parede do Concello. Esa denuncia tramitouse á Subdelegación do Goberno e devolveuna entendendo que iso non cabe na lexislación porque non é un deslucimento continuado, é dicir se houbera unha pintada ou unha rotura dunha papeleira podería ser, pero como unha mexada non é un deslucimento continuado pois non ten potestade sancionadora segundo a lei actual. Moitas veces tamén se resta de competencias ou de facultades aos axentes que inicialmente denuncian, pero algunhas delas non poden ir para adiante. Polo tanto é unha situación moi complicada en espazos abertos, se fora nun local pechado a lexislación é moito máis restritiva para o dono dese establecemento, pero en ámbitos abertos se non se colle a alguén in fraganti bebendo pois dificilmente se lle pode facer nada".
Fernando Suárez apelou "ao sistema educativo e aos pais e ás nais de maneira moi importante, sobre todo pensando nos menores de idade".
"

A quen pertencen os faros da Mariña?

Un servizo comunal, patrimonio da humanidade, xestionado de xeito estatal. A partir de aí arrincará a tertulia que terá lugar dentro de dúas semanas en Viveiro, continuación da que xa tivo lugar en Ribadeo en o nove de xuño, 'Faros, patrimonio da humanidade', cando, entre outras cousas, pasouse e explicouse esta presentación.  Dende aquela, en relación á illa Pancha, teñen sucedido moitas cousas. Continuamos.

20161109

'Pleno, hoxe'

Ese é o título da nota de prensa que se colgou onte na web do concello. Da orde o día, nada.
Así está á vista o impulso de participación cidadá que ten entre mans o concello. Plenos en días cambiantes, a conveniencia de vai saber quen, sen dar a coñecer os puntos da orde do día, e, como neste caso, con comentario do alcalde facendo fincapé nos puntos que quere  coas opinións que quere, o mesmo día.
A estas alturas xa hai algún comentario (mínimos) nos xornais, mais é ilustrativo coñecer os puntos que quería destacar o alcalde. Se se quere facer unha comparación cos resultados que sairán desgranados máis ou menos nos xornais (e a bo seguro nalgunha nota de prensa máis do concello), poderanse observar as semellanzas e diferencias do resultado final e o tratamento co anunciado dende o concello polo alcalde. Tratarían cousas como que se está indo a luz cada dous por tres dende sempre? Non aparece na nota de prensa, dubídoo...