20161028

Ribadeo previsible: as contas de Ribadeo -2

Onte publiquei a primeira parte, e non me equivoquei: Razonaba e remataba a dicir que sairía unha nova nota de prensa sobre o desenvolvemento do pleno, e así foi.
Por outra banda, dado o desenvolvemento 'normal' do tema, non me podo arrogar o ser adiviño, senón sinxelamente o transmitir a normalidade. A imaxe corresponde ó encabezamento no BOE da lei que obrigou a Ribadeo a facer o pleno e a tomar a medida que detalla (un pouco) a nota de prensa do concello que deixo embaixo.
O resultado da votación tamén era previsible no sistema actualespañol de partidos, cando estamos a ver no Parlamento estatal casos abondo máis chamativos.
de calquera xeito, o resultado coido que debe quedar claro: a austeridade é obrigada, é súmase a que podes pagar o pato polo teu veciño.
A nota de prensa do concello:
"
TERÁ UNHA VIXENCIA DE DOUS ANOS

Plan económico financeiro

27/10/2016
O plan económico financeiro derivado da liquidación do orzamento xeral de 2015 contou cos votos favorables do BNG e do PSOE. Na sesión plenaria extraordinaria celebrada onte este asunto contou coa abstención de Ciudadanos e cos votos en contra do PP. A aprobación deste plan implicará a adopción de medidas para non exceder a regra de gasto estipulada por lei.
O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que "da liquidación do orzamento do ano pasado incumprimos unha cuestión que está na lei desde hai tres anos, incumprimos a regra de gasto no que recolle esta lei orgánica de estabilidade orzamentaria, dado que do 2014 ao 2015 non debíamos superar o 1,3% de gasto con relación ao ano anterior e finalmente fixémolo no 2% máis ou menos. Tivemos uns 172 000 euros máis de gasto que o que debíamos e hai que ter en conta que é sobre un orzamento liquidado de máis de 9 millóns de euros". 
Este plan económico financeiro terá unha vixencia de 2 anos. "Como a situación económica do Concello é positiva, é dicir o remanente de Tesourería é de máis de 1 300 000 euros, o resultado orzamentario é positivo de todos estes últimos anos, a capacidade de financiamento témola máis que de sobra, etc, e a única medida que se estima que procede adoptar é a de declarar a non dispoñibilidade de crédito, é dicir que non imos gastar 280 000 euros, o que por outra parte é lóxico xa que este crédito que prevíamos para concluír as obras da residencia logo afortunadamente veu de man deste novo convenio coa Deputación Provincial de Lugo", explicou o rexedor.
Suárez Barcia insiste en que "estamos diante dunha lei, dunha medida, inxusta porque estas normativas que lles esixen aos Concellos non gastar de máis por unha banda parecen lóxicas, pero tal como están reguladas non deben impedir que cando hai unha xestión positiva, cando hai remanentes positivos, cando os resultados orzamentarios son positivos, usemos recursos para facer inversións ou para mellorar os servizos públicos".
"

Ningún comentario: