20161018

A catedral da contradición (+1)

Onte materializouse o que xa estaba avisado: a unidade da BBC BBC - Natural History está gravando nas catedrais. Polo que parece, desta volta, despois do show de 'A catedral da contradición', é algo de divulgación científica, diríase con pouca compoñente de tirón de masas para ateigar máis aínda o monumento natural. Claro que, na nota de prensa do concello iso non está tan claro, e séguese a loitar dun xeito contraditorio para traer máis xente (de xeito patente) e para evitar que se achegue (sobre o papel).
Cabe a esperanza de que desta os realizadores do documental sobre xeoloxía sinalen non só a formación dos arcos e a súa destrución pola acción do mar, senón pola idiotez das relacións entre humanidade e medio...
A foto, de Suso Fernández, xa é vella dun par de meses, useina este verán no artigo 'Tres fotos das catedrais', e representaa influencia que está tendo o paso de cantidades grandes de xente sobre o terro, deixando ó descuberto o manto de rocha á beira do cantil e favorecendo con iso a rápida erosión e destrución da zona superior dos arcos.


Ningún comentario: