20160901

Venres, bici

Un venres mais. De principios do mes de setembro, e para festexar a fim do verán, facemos unha concentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón e á que queremos nesta ocasión invitar especialmente a todos os estudantes e pais a sumarse para ambientar un pre-inicio de curso escolar bici-saudabel.
O único necesario para asistir é ter unha bici e gañas de pasa-lo bem. Esperamos a todas aquelas persoas que crean que outra forma de desprazamento por a nosa vila e a súa entorna é posivel.
O horario será ás 8:30 diante do concello. Todos e todas as que poidan que traian un chifre para facernos ver. 
Ribadeo a 2 de setembro do 2016.

 Imaxe collida da Galipedia, licenza Creative Commons recoñecemento 3.0 Unportedde Al2 (https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bicycle_evolution-es.svg)
Así pois, un venres máis, como todos os de principios de mes, os usuarios e amantes da bici verémonos ás 20:30 diante do Concello e logo daremos unha volta reivindicativa por Ribadeo.
Lembrar de novo que os pais e nais que teñem fillos que van comezar o curso teñen un bo momento para reivindicar a necesidade de poder ir ao cole na bici.

Ningún comentario: