20160601

Ribadeo en bici, Ribadeo venres 3 de xuño de 2016. Comunicado

Un venres mais de principios do mes de xuño, facemos unha concentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón e á que queremos convidar a todos e todas as persoas ribadenses e non ribadenses, pais fillas e parentes que teñan unha bici e queiran reivindicar os usos saudáveis da bicicleta e ao mesmo tempo nos leve a visibilizar ao resto dos viciños, a necesidade de compartir espazos e usos.
O único necesario para asistir é ter unha bici e gañas de pasa-lo bem. Esperamos a todas aquelas persoas que crean que outra forma de desprazamento por a nosa vila e a súa entorna é posivel.
O horario será ás 8,30 diante do concello. Todos e todas as que poidan que traian un chifre para facernos ver.
Ribadeo a 2 de maio do 2016.

Ningún comentario: