20160406

Nota de prensa de 'Por nuestro Faro'

Fáigome eco da nota de prensa emitida hoxe mesmo en nome de 'Por nuestro faro':
"O sábado 2 de Abril estivo en Ribadeo o deputado autonómico Antón Sanchez, de AGE, para entrevistarse con vari@s membr@s de "Por Nuestro Faro", ademais de outros contactos. Antón ten presentado unha pregunta parlamentar sobre o proxecto de construir un hotel no antigo faro da Illa Pancha e tiña interés por falar persoalmente connosco para entrar polo miudo na tramitación do expediente, falla de informe medioambiental e outros aspectos. 
A pregunta pode sair en pleno ou en comisión e Sanchez quedou de avisarnos con antelación sobre as datas e forma de presentación. A Consellería de Medio Ambiente terá que explicar en sede parlamentaria cal é a sua política de protección deste espazo que forma parte da Rede Natura 2000 e que está incluido no Rexistro de Zonas ZEPA e no Convenio Internacional de RAMSAR".

Ningún comentario: