20160307

De Burela a Lugo, pasando por Ribadeo, en man

'O sistema' é corrupto. 'O sistema' está a facer dano ó planeta'. 'O sistema' é ineficaz. E chega ó absurdo.
Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que 'o sistema' está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse - con éxito- contra algún país por non deixala contaminar ou enevenear, ou que unha parte -que parece que sempre está a medrar- dos nosos impostos via a mans privadas porque si, como comisión ou como ganancia por un servizo que rendía máis á xente rexido de xeito público. Cada vez estamos máis controlados por cámaras ou vía internet, deixando as nosas pegadas para interpretación de quen ten os medios  eusa os nosos datos, a nosa vida, ó seu servizo.
Ata aquí, non estou dicindo nada novo. Son cousas que mesmo din os medios de difusión de novas (iso si, entre outras noticias tendenciosas auspiciadas por quen ten ó seu servizo 'o sistema') dun xeito natural porque xa non causan efecto, reacción, e os feitos quedan impunes.
Mais hai outros casos que se quedan en mera estupidez, sin por iso deixar de incidir no xa dito no primeiro parágrafo.
O que presento hoxe é só un exemplo do que está a pasar na área sanitaria de A Mariña. Coido que levo falado abondo dun xeito ou outro do desprazamento de poder de decisión, médicos, recursos, de Burela a Lugo para cubrir o oco nun macrohospital - o HULA- que resta eficiencia polo seu tamaño, a máis de inconvintes ó seus usuarios. Volvo a facelo a raíz de algo que é común que tiven ocasión de documentar. Un paciente é atendido en consulta de trámite en Burela. Coméntaselle que terá que ir a Lugo a facer unha proba. Pero que antes, terá que pasar por Burela a procurar a orde. E despois, volver cos resultados a Burela. O paciente é de Ribadeo, e non se explica ben o tema na era da informática: o seu fillo pode poñerse en contacto cun australiano descoñecido cun clic e unha organización que debe prestar servizos persoalizados dun xeito coordinado (de feito o hospital de Burela depende dunha xerencia que se atopa no hospital de Lugo, podéndose dicir que depende do mesmo) Fai ir ó paciente de Ribadeo a Burela ó médico, outra vez a Burela a por un sobre, facer de carteiro e case dous meses despois, presentalo en Lugo para facer unha proba que terá un resultado que ten que volver levar a Burela... Quilómetros, gasto de tempo, e evidente ineficiencia dun servizo que non se sabe moi ben que pretende, pois a súa preparación declarada é para servir á xente, pero evidentemente a súa xestión está incidindo en outras cousas que non son servició á xente.



Ningún comentario: