20160113

Nunca choveu que non escampara

Despois duns cantos días de chuvia, elixo unha foto xa vella (ten ano e medio) do arco da vella sobre as árbores do parque para testemuñar que (agora) non chove. Despois da seca do ano pasado, mesmo do decembro pasado, colleunos de sorpresa a auga. Nos 12 primeiros días do ano, en memos da trintava parte do ano, leva caído 182,1 L/m2, a cuarta parte do que caeu en todo o ano pasado (781,8 L/m2).
E a cousa ten pensado seguir polo momento...
Quzáis teña algo que ver a tendencia (que cualifiquei como non significativa hai uns días) a aumentar a cantidade de auga caída ó longo do ano no que levamos de século:
E é que óese estes días falar da temperie porque chove, e menos complicado que meterse con outros temas...

Ningún comentario: