20160129

Pequena crónica dun minipleno


O salón de plenos, onte, baleiro de bancos no centro (disposición provisional)
Este artigo ten dúas contribucións. Unha, a continuación, a miña propia, e outra, embaixo, de José Mª Rodríguez.
--
Onte (21060128) tivo lugar o pleno ordinario convocado con só dous puntos na orde do día (catro se lle sumamos a aprobación de actas anteriores e Rogos e preguntas), se ben se completou con mocións, e se introduxeron máis puntos no mesmos pleno. De calquera xeito, ás 10 menos dez só quedaba a quenda de rogos e preguntas, que non sei como se desenvolveu, despois dun pleno no que a maioría absoluta do BNG se viu sempre acompañada.
Comezou como estaba previsto cousa das oito e media a falta de Roberto Ramos (PSOE), que se incorporou máis tarde, como anunciou o alcalde antes de comezar. [por certo, se alguén se perde cos nomes do representantes, aquí ten as listas] O público variou entre catro ó comezo a sete no momento de maior asistencia, para logo voltar a diminuír.
Antes de comezar, tamén se gardou un minuto de silencio para lembrar asasinatos: os dous asasinatos de mulleres o día anterior e o mesmo día deron lugar a que o alcalde o pedira e fora secundado unánimemente.
Había que aprobar tres actas, a do pleno ordinario do 12 de novembro e dos extraordinarios de 21 de novembro de 3 de decembro. Suso Penabad (PP) puxo inconvinte á aprobación da primeira, por ser reflectida na acta un improperio que dixo el e non, polo que dixo, o correspondente do alcalde. Tras un pequeno alegato, a votación foi conxunta das tres actas, votando a favor o BNG: a favor, 10, abst. 0, en contra 6.
O punto sobre o ARI, unha pequena corrección, tivo unanimidade a favor sen discusión.
O terceiro punto, o plan de subvencións, xa acordado previamente, tamén suscitou a unanimidade.
A continuación houbo unha pregunta do alcalde para incluír na orde do día un punto como urxente, o que se deixou para despois das mocións.
E comezaron as mocións. As dúas primeiras, sobre a residencia.
O PP, a traverso do seu portavoz, deu lectura á moción, intercalando comentarios, e aludindo ó alcalde (e enténdese que ó goberno municipal e resto dos grupos que o apoian) con 'non hai máis xordo que quen non quere oir'). O básico da moción? Que o concello se faga cargo da xestión e que se remitan os informes pedidos pola Xunta. Para quen non esta ben ó tanto, coido que é desexable o pasar a ver algo da historia da residencia de anciáns para entender mellor a situación, incluíndo a resposta dada aínda hai poucos días pola comisión da residencia ó conselleiro, publicada na web do concello e remitida ós medios, publicada neste blog... e que o portavoz do PP dixo que non lle fora subministrada.
Na resposta, Marta Saiz (C's) só aludiu a que xa estaba todo dito, David Fernández (PSOE) a que non tiña moito sentido discutir, aludindo a diferenza entre xestión e construción, e o alcalde aludiu á frivolidade da moción, facendo comentario sobre a dispoisicón pública da carta, feita por unha comisión que o PP abandoou voluntariamente. Tivo unha deferencia con Manuel Valín, anterior portavoz do PP no mandato pasado, e presente na sá, que apoiou a residencia contra o aparato do partido. E logo encarous que o que se quere é xestionar a residencia, pero con financiaciamento, como manda a lei. Suso contestou qque tiña dous informes xurídicos 'independentes' dicindo que a petición da Xunta era legal e que recibira unha chamada de Folgoso do Caurel a conta dunha petición semellante por parte esta vez, da Deputación. A contraresposta do alcalde incluiu que o permiso de construción veu da Xunta, despois de enviar algún papel dos que piden, e que mesmo a consecuencia do envío tivera lugar un expediente a unha funcionaria da Xunta, que logo se deixara caducar, que non deixa en bo lugar o xeito de facer as cousas por parte dos mandos xunteiros.
Neste punto, prodúxose un chamamento á orde de Juan Estévez (PP) por murmurios na intervención do alcalde, e pasouse a unha votación cantada: a favor, 4, abstencións 0, en contra, 12
A segunda moción, presentada polo BNG, era en realidade conxunta dos 13 conselleiros non-PP. Tivo lugar unha siguación graciosa ó dicir o alcalde que a podía ler outro representante, trabucándose e dicindo en primeiro lugar a Suso, e logo, insisitndo e sendo desbotada a opor tunidade por Suso López cun 'non me toca'. A votación, 12-0-4
A moción terceira, do PSOE, sobre a devolución de competencias ós concellos, foi aludida por Suso López con que ods servizos podería facerse cargo mellor a Xunta, o 'papá grande' [entendo que en contradición co mantido nas mocións anteriores]. Foi defendida máis por Fernando Suárez que por David Fernández, no sendio que había unha circular pedindo o incumprimento, creando un desbaraxuste na prestación de servizos e impulsando ós concellos a situacións incomprensibles. A votación, 13-0-4
A moción para a erradicación do carrizo da Pampa pasou sen discusión.
Carrizo da Pampa (cortadeira) no centro urbano
Nese momento introdúxose a urxencia unha proposta do BNG para a realización dun proxecto museístico que achegue os restos de ría, castros, catedrais, etc, para a súa exposición en Ribadeo [Viume á cabeza o cachalote recuperado no entonces Centro de Fromación Profesional a comezos dos 1990, cedido ó concello antes de abrirse o Forte de San Damián e do que nunca se voltou saber]. Roberto Ramos (PSOE) indicou que debiá facerse un estudo de custes, e Fernando Suárez respondeu que era un comezo, aberto, (e que por iso se enviara a propsota pola mañá e non fora unha 'sorpresa' no pleno). A urxencia quedou aprobada: 15-0-2
Farruco Graña defendeu a proposta,citando o forte de San Damián como un terreo que xa é propiedade do concello e onde se podería comezar o proxecto, aínda que poderían tenrse en conta outros [engado, como a illa Pancha, a Aduana vella ou o o edificio de Alginatos, algún deles citado por outros representantes] en troques de levar os restos a Bueu, Vigo ou Vilalba. Na discusión, Rosina Tosar indicou que había algunha xente molesta na beira asturiana da ría porque os restos achados últimamente, que dan lugar a esta proposta con carácter de urxente para aproveitar o tirón, din que en parte son asturianos. Houbo unha pequena intervención do alcalde para lembrar os canóns atopados na ría e levados para Asturias, e que o espazo musístico sería complementario con outras exposicións que se poideran facer na parte asturiana. Votación: 15-0-2
O PP tentou d enovo (por terceira vez) meter en pleno con carácter de urxencia a moción sobre un campo con céspede artificial, o que foi rexeitado: 4-0-13
E ata aquí o que vin do pleno...
--
"
AS MOCIÓNS DO PLENO MUNICIPAL
. O Pleno Municipal é o marco de funcionamento do Concello. Un foro destinado a opinar, discutir e acordar as mellores solucións prós problemas xerados pola convivencia veciñal. Polo tanto, nos seus acordos e decisións imponse o interese xeral dos veciños, que ha de estar por encima dos intereses e das ideoloxías dos concelleiros e dos seus partidos. Salux populi, suprema lex. A lei suprema é a salvación do pobo.
Onte, xoves 28 de xaneiro, Pleno en Ribadeo. Un Pleno, templo da palabra e da verdade, convertido polo PP en escenario dos seus intereses persoais. Os concelleiros do PP presentan unha moción, con dous contidos: primeiro, que a residencia sexa pública. E nisto, aínda que semelle unha aspiración estraña nun partido liberal, como é o PP, non fan máis que sumarse ás vellas pretensións dos demais partidos e dos mesmos veciños manifestadas en innumerables ocasións desde o comezo desta andaina. E o segundo que pide, é que o Concello, se quere diñeiro prás obras da residencia, se poña de xeonllos e acepte as irracionais e ilóxicas condicións impostas pola Xunta. En fin, o de sempre: os concelleiros do PP local defenden os intereses políticos do seu partido, fronte ás necesidades veciñais. Primeiro o partido, os veciños despois. E todo, ad captandum vulgus. Pra conquistar ós veciños, como si estes fosen parvos.
A esta moción do PP local responden os demais grupos, BNG, PSOE e C´s, cunha contra-moción na que se lle dá resposta axeitada: a forma de xestión da residencia (a quen compete, modalidade, ou seu funcionamento, dotación de persoal de ser o caso, etc.) terá que ser definida no seu día por acordo do Pleno Municipal, unha vez oído o criterio dunha comisión municipal e do persoal técnico designado pra iso. En todo caso, é intención do goberno local e dos partidos que o apoian que a xestión sexa pública, a prezos asumibles e con preferencia prós veciños do Concello de Ribadeo. Iso si, sempre de acordo coa lexislación vixente nese momento. Quedoulles claro agora, Sres. do PP? Pois, parece que non.
Ó segundo punto que pide o PP na súa moción responde a contra-moción presentada polos outros tres grupos: A Xunta fixo e fai todo o posible pra entorpecer a residencia. Primeiro, retardando a autorización pró inicio dás obras, esixindo rectificacións no proxecto e no informe de viabilidade e, finalmente, dilatando no tempo, con escusas, a achega do diñeiro prometido ó esixir a presentación de certos documentos que, segundo os técnicos municipais, non procede aportar neste momento procesual.
Unha contra-moción, pois, na que, primeiro, o BNG, PSOE e C`s reproban a actitude da Xunta, tanto na lentitude da autorización da construción da residencia como no da dotación prometida que nunca chega. E, segundo, esíxese do Conselleiro de Política Social que dea as instrucións oportunas para facer entrega do diñeiro prometido se realmente quere participar no financiamento do centro de atención as persoas maiores de Ribadeo. E se, como el afirma, é verdade que non o pode facer, que achegue en forma ó Concello o soporte técnico no que fundamenta a súa negativa.
Como foi o desenrolo das intervencións no Pleno? Deixando outros puntos menores alí tratados, cabe subliñar que o portavoz do PP, Sr. Penabad, interveu reafirmándose nas súas proclamas de sempre: O Conselleiro da Xunta ten razón e o Concello de Ribadeo está na inopia. Afirma que el quere mais ca ninguén a residencia prós veciños de Ribadeo. Pro, o mesmo tempo, apoia os atrancos que os seus colegas da Xunta lle están a poñer. Acaba de asasinar a lóxica ou, como se di en latín, unha contraditio in términis.
Ós razoamentos do Sr. Penabad respondeulle o alcalde, Sr. Suárez Barcia, convertido nun novo Lacordaire, cunha enérxica e mesmo brillante intervención, dicíndolle ó Sr. Penabad que non podía afirmar que apoiaba a residencia, e o mesmo tempo aplaudir as actitudes do PP na Xunta. “Non é gratuíto - engadía o alcalde - que despois desta moción veña outra asinada por varias persoas que procedemos de tres grupos políticos diferentes, con finalidades e diferencias políticas absolutamente dispares, pero que estamos da cordo e seguiremos da cordo no que iniciamos fai xa tres anos con outra xente”. “Dunha cousa estamos seguros – engadía o alcalde – que a residencia vaise poñer a andar, claro que si, con vostedes ou sen vostedes, poñendo pedras no camiño, como fixeron desde hai unha temporada”.
A moción do PP foi rexeitada polos 12 votos dos concelleiros do BNG, PSOE e C´s. Só obtivo os 4 votos a favor dos concelleiros do PP.
Pola súa banda, a contra-moción dos outros partidos foi aprobada por 12 votos a favor e 4 en contra.
E, finalmente, e como curiosidade, subliñar que a outra moción posterior presentada polo PSOE, na que se demandaba ó Goberno do Estado que as competencias en Asuntos Sociais lles foran devoltas de novo ós concellos, por ser estes, e non os Entes Autonómicos, os que por estar mais preto dos veciños, teñen mellor coñecemento das súas necesidades e carencias. Foi aprobada por 12 e rexeitada polos 4 do PP.

José Mª Rodríguez
"

20160128

Axenda cultural Ribadeo 1T2016


Cun pouco de retraso (case un mes transcorrido dos tress que abrangue) o concello deu difusión á axenda cultural de Ribadeo do trimestre, o primeiro trimestre de 2016. chegoume por correo electrónico, e para un acceso máis doado en todo momento, colgueina en internet e queda embaixo:

Ribadeo, máis internacional

A composición das diversas orixes na poboación de Ribadeo é cada vez máis patente, vai saíndo pouco a pouco en diversos detalles. Vese como vai medrando a diversidade da poboación, dos rasgos das caras, os acentos, a cor... e hai medicións que se poden usar para estudar esa diversidade que vai en aumento. Por exemplo, o dato que está aí dende comezos deste curso 2015-2016: o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo ten alumnado nado en España, pero tamén en outros 14 estados diferentes, de Portugal ou Marrocos a Perú ou Brasil, pasando polos Países Baixos. E non se trata xa de fillos de emigrantes galegos nados na emigración, senón de fillos de emigrantes deses outros lugares que están acollidos en España. Por non falar da migración interna dentro das nosas fronteiras estatais, realizada non só dende a veciña Astrias, senón de Cataluña ou Madrid como puntos principais de aportación, pero tamén doutras comunidades.
Unha variación fornte ó pasado, un desafío fronte ó futuro. E non só nun centro educativo onde as referencias comúns xa non están tan claras como o estaban hai tempo, senón no conxunto social, onde pasa exactamente o mesmo.
E, mirando o que pasa, podemos preguntarnos se nos trae máis prexuízos ou beneficios. E a resposta depende de nós. Da nosa postura e mentalidade, non só dos migrantes acollidos. Non somos exactamente nós quen acolle 'ós outros', senón a Terra quen acolle a todos, aínda que nós controlemos mellor este espazo próximo porque o coñecemos mellor, estamos traballando neste recuncho máis próximo e estamos organizados.
É difícil beneficiarse da diversidade se non se quere ou non se ten presente. O primeiro punto é recoñecela en plan de igualdade: o coñecemento dos outros sen prexuízos abre un mundo de posibilidades na relación e na construción social, e renova a propia sociedade, facéndoa máis vital, máis forte, conmáis futuro. O evitar a diversidade só xera tensión social.
Mais está claro que unha cousa é 'a teoría' e outra, a toma de decisións e a aplicación de medidas levar á práctica esa posibilidade de beneficio mutuo. Nesas andamos.
A Terra, sen fronteiras, un único espazo de acollida para a humanidade. Imaxe da NASA

20160127

Estará cheo o pleno?

Mañá xoves 28 de xaneiro está convocado o primeiro pleno ordinario do ano. E parece que o ritmo vai sendo pouco a pouco que se coñeza a convocatoria mediante internet: o documento de convocatoria, coa imaxe ampliable embaixo premendo co rato sobre ela, coma sempre, ou accesible de xeito directo aquí, indica en particular que se tratará dos asuntos:
2.-Expediente de corrección de erros en relación coas Bases reguladoras da convocatoria de subvencións da ARI de Ribadeo e Rinlo.
3,-Plan extratéxico de subvencións.
-
Mocións:
1.Do Grupo Popular sobre garantía de xestion pública municipal da futura Residencia de Ribadeo.
2.-Moción conxunta dos Grupos BNG,PS de G-PSOE e Mixto en relación coa actuación das distintas Administracións no relativo á construcción e posta en marcha dun Centro de atencióna maiores en Ribadeo.
3.-Moción do Grupo Socialista para pedir a derrogacion da Lei 27/2013 de 27 de decembro ou,no seu defecto, a devolución ás Entidades Locais das competencias en materia de prestaciónde servizos sociais e promoción e reinserción social.
4.-Moción do Grupo do BNG sobre a eliminación do carrizo da pampa, tamén coñecido como plumeiro, herba da pampa ou cortadeira selloana.
Como vemos, o punto forte son as mocións, 'moción e contramoción' sobre a residencia de maiores, restitución de poderes ás entidades locais e loita contra as agresións ó medio ambiente (neste caso en relación a unha planta que se está a estender a un ritmo vertixinoso , a cortadeira, e que en Ribadeo pode verse en abundancia en zonas como a comercial do Vilar).
A planta invasiva, no centro de Ribadeo
Na web do concello tamén aparece a 'Moción de reprobación da Xunta', que deixo en baixo e que non é senón a 2.-Moción conxunta dos Grupos BNG,PS de G-PSOE e Mixto en relación coa actuación das distintas Administracións no relativo á construcción e posta en marcha dun Centro de atencióna maiores en Ribadeo. O nome diferente de ficheiro e moción oficial corresponden á 'realidade' e á 'versión política' da mesma, supoño. As trece sinaturas que o acompñan dan fe de que será esta moción e non a nº 1, presentada en solitario polo PP sobre o mesmo tema, é de supoñer que cun contido políticamente oposto, a que irá adiante.



20160126

A ruta do ferrocarril de Vilaoudriz

Hai tempo falouse, insistiuse mesmo, en convertir a vía Ribadeo-Vilaoudriz en camiño (ver o ilustrativo artigo sobre a liña na Galipedia para saber máis dela). Xa está o tramo Santiso-A Pontenova, e outro tramo máis, na zona de Ría de Abres, podería ser convertido en vía peonil de xeito doado. Outros tramos soltos, como o correspondente ó tunel en Porto, tamén, pero non darían desenvolvemento abondo para un novo tramo por sí sós. Así as cousas, o tema está parado: veu a crise, non hai subvencións, parte dos terreos están en mans privadas e/ou ocupados... hai moitas excusas/explicacións e ningún intento de avance. Xa que rematou Fitur, e queda outro ano máis para facer cousas con menos propaganda, adianto algo que coido factible sen moito gasto, case como o que dicía Machado de que se fai o camiño ó camiñar, comezando neste caso co coñecemento e a práctica.
Esquema da liña na Galipedia
Se se amplía a toma de pantalla de embaixo, poderá descubrirse de xeito doado na vista aérea unha figura como a sinalada á beira. É o tramo máis próximo a Ribadeo da vía do antigo ferrocarril mineiro. Unha antiga vía que se caracteriza, claro, pola súa baixa pendente, e que exceptuando pasos concretos, pode seguirse camiñando tranquilamente nunha lonxitude total de 3 km e carto, entre o embarcadoiro de mineral e o primeiro túnel, en Ove, á beira da nova vía do ferrocarril Ferrol-Xixón, xusto na ponte da estrada que leva dende a igrexa de Ove ata a N642. A saída dende o embarcadoiro sobre a ría de Ribadeo hai que salvala, ós poucos metros o camiño está ocupado, pero a continuación un anaco de camiño fai pasar por baixo da autovía chegando a outro lugar onde os prados non permiten polo momento o paso. Na Lodeira, un tramo urbanizado leva a un camiño que desemboca na r/Sor Pilar de León e logo en Rafael Fernández Cardoso. Aquí hai que salvar outro tramo non practicable, esta vez por edificacións valadas, para seguir dende a r/San Roque a Pintor Fierros a traverso dun tramo medio abandoado. De alí temos un longo camiño libre, con trazo suave, ata chegar a unha curva cerrada na que a vía queda a nosa esquerda, e non se pode conectar con ela ata algo máis arriba, collendo un camiño pegado á nova vía Ferrol-Xixón; camiño que se convirte en sendeiro á beira dunha terra ata chegar ó túnel. Ou sexa, só tres curtos tramos non practicables e salvables de xeito doado para máis de tres quilómetros de ruta.
O caso 'neste caso' é maís ben o abandono. Quedan embaixo unhas fotos no entorno da estación abandoada. Na primeira, a estación, á dereita, conserva a plataforma de terreo da vía, que leva de xeito doado ata os almacéns.
A estación presenta un aspecto desolado, pero bonito. Case diría impresionante.
O soporte para o depósito da auga necesaria para que as locomotoras a vapor funcionaran vese acompañado dunha casa con solera como a do hotel Balastrera, de inconfundible consoancia co ferrocarril, e tamén con mobles abandoados, sen recoller.
Unha vista máis lonxe do conxunto principal deixa cun sentemento de desolación mais tamén coa sensación de que non debera ser difícil recuperar o pasado.
Algún artigo no que se nomea a liña de ferrocarril: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

20160125

Rápida crónica madrileña

Unha cousa cortiña: ir a Madrid e volver non deixa tempo para moito... Estiven na procura do stand de Ribadeo ou da Mariña na web, e non o atopei. Será por falta de tempo, claro. E de visibilidade, pode.  E non procurei polo concurso ó que se presenta o Ribadeo Indiano, que merece un premio, si, pero que non atopei tampouco (na web de Fitur) supoño que polo mesmo motivo. E tampouco aquel lema de '#ribadeopqsi" ó que lle fixen un seguemento. en fin, a miña 'viaxe a Madrid' produxo magros resultados...
Actualización do seguemento de ribadeoxqsí a día de hoxe:
ribadeoxqsi 227
Fernando Suárez Barcia 215 000
Fitur 2015... 2 080 000
o que da un notable descenso de Fitur (que leva o 2015, polo que é comprensible), outro case tan acusado do lema do pasado ano (que non leva o de '2015') e que sinxelamente, seguen a liña xa exposta nos seguementos anteriores, e un mantemento (lixeiro descenso, non sei se en popularidade tamén) de Fernando Suárez Barcia.

20160123

Ilusión pausada, entorno coidable, ría de Ribadeo e reserva da biosfera

Foto de Javier Gallego, outro dos participantes
Onte tivo lugar a xuntanza convocada para retomar a funcionalidade da Plataforma para a Defensa da Ría de Ribadeo, co detonante da convocatoria doutra xuntanza para elexir representantes no Consello da Reserva da Biosfera.
O certo é que as 18 persoas que estabamos esperabamos ser menos, e iso representou un bo comezo. Quizáis dicir como resume, para quen queira facer unha letura rápida, que se quedou en postular a Evaristo Lombardero, o principal impulsor do encontro e mantedor da Plataforma, como representante por parte das asociacións ecoloxistas galegas.
Contando un pouco máis polo miúdo da xuntanza, Evaristo tomou a palabra para presentar a historia da Plataforma, coincidente na práctica coa historia da defensa do medio no entorno da ría: chegou tarde á escolleira que se fixo na ría (1991), detonante que fixo que o colectivo Espreita e outros do entorno se xuntaran ata que en 1994 formalizaron a situación como asociación, encadrando nos estatutos a visión cultural, veciñal e ecoloxista de defensa da ría. Como tal, xa se enfrentou ó polígono industrial que se pretendía instalar dende Pena Furada ata Rochas Brancas, contribuíndo a que se suspendese no 1995. Logo estivo activa no proxecto da autovía na zona, e con altibaixos e case suspensión estes últimos anos, tense enfrontado ó proxecto de macronave en Mirasol, ou, na actualidade, súmase á preocupación polo dragado promovido por Gondán (22 000 m3 en 4 anos, botando a area próxima á saída da ría) ou ás emisións e próximas obras de emisarios na parte asturiana, así como ven postulando dende hai tempo a necesidade dunha visión de conxunto para a ría, plasmando un plan de xestión, plan de ordenación de recursos naturais ou plan de protección (por certo, preceptivo dende que en 1989 a ría é zona ZEPA)
plano da autovía para a ría de Ribadeo e zona do pobo

Entrando despois en cuestións máis prácticas, manifestouse o apoio da asociación do Galeón (cultural, que tamén aspira a que a súa presidenta, Ainhoa, teña un posto no Consello), tendo en conta que alí había representantes doutras asociacións, como O Tesón, estando interesada xente nova estudiosa da fauna, como Óscar Chao (páx. sobre aves e natureza en Ribadeo) ou Enrique Sampedro (que non puido asistir, blog ría de Ribadeo)
Fíxose un pouco de revisión de varias cousas, incluíndo a toma da ría polas lanchas e a suma da ilegalidad das velocidades que levan ó ateigamento que representan no verán, o estado das colonias de zostera (mariña e noltii), ou que os achádegos na ría rematan fóra por non dispoñer dun lugar adecuado no entorno a pesar de estar edificios como a fábrica de xeo, a aduana, a casa das algas ou o faro da illa Pancha nunha situación de aproveitamento mellorable. Houbo propostas de voluntariado para limpeza da costa ou de contactar con asociacións a nivel estatal ou internacional.
Pasouse logo de novo a informacións máis do momento, a lembranza da existencia dun Plan Director das zonas Natura en Galicia, ó non ser desenvolto os plans correspondentes a cada unha delas, o feito de que a primeira xuntanza interautonómica da reserva foi realizada entre políticos e técnicos da xestión ambiental, pero logo, nas sucesivas, só foron convocados e participaron representantes políticos, cun resultado de opacidade total, etc. En relación á xuntanza o próximo mércores 27 na Pontenova (e correlativamente, por Asturias, na Veiga), lembrouse que houbo unha xuntanza no concello o pasado 26 de decembro, que convocou a prevista.
Despois da designación de Evaristo Lombardero para tentar unha praza no Consello da reserva, e quedar en outra xuntanza despois da convocatoria da Reserva da Biosfera, colléronse os datos de contacto dos presentes para facilitar a labor e pouco a pouco retomar a actividade de defensa do noso entorno.
Testemuña gráfica da contaminación a ría (Castropol, 2009) despois de atravesala
--
Sobre as zonas protexidas en Ribadeo

20160122

Triste marca

Oé, oé, oé... unha nova marca para Ribadeo! O pasado 21 de xaneiro, onte, foi o 21 de xaneiro máis cálido do século en Ribadeo!
Clebrámolo? Estamos orgullosos? Coido que non, que non é cousa do un nin do outro.
Onte, xa anoitecido, sorpendinme a min mesmo en camisa pola rúa. Cando me decatei, a sensación primeira foi agradable, como cando no verán sentes unha brisa suave e tépeda. De xeito inmediato, pensei en que era o 21 de xaneiro, e ó chegar á casa fixen a comprobación de temperaturas, que se confirmou esta mañá: o 21 de xaneiro de maior temperatura media do século en Ribadeo, e con diferenza do seguinte.
Podemos ir a Fitur a anunciar que temous clima ideal, Galicanarias, e podemos ver o dato como unha constatación máis de que a temperatura está aumentando; sabendo que mañá pode ser moito máis frío, pero que é abondo máis difícil que bata unha marca de frío que de que o faiga de novo cunha alta temperatura. Sinxelamente, o cambio climático faise cada vez máis patente. Non é que 'os invernos xa non sexan invernos', ou que 'o tempo ande tolo'. É que agora os invernos son deste estilo e o tempo anda, dentro de certos límites, como lle obrigamos. É que temos un problema que ás veces nos resulta agradable, pero que non deixa de ser un problema polo cambio que supón. Cambio que inclúe cousas como a subida do nivel medio mar, e xera situacións como a que ocorreu o mes pasado: unha marea viva case se bota por riba de Mirasol, despois de terse remozado hai un par de anos para alisar a súa superficie, o que supuxo un lixeiro levantamento do nivel. Algo que podemos ver na Veiga cada vez con máis frecuencia, as inundacións da auga que sae polas alcantarillas e que vai coincidindo co bo tempo, evitando males maiores. Algo que implica non só altas temperaturas, senón tamén máis vento. En fin, un cambio que nos implica a nós máis como causa que como afectados, porque somos afectados na medida na que afecta a todo o planeta Terra, a nosa casa. Que parece que non vai connosco porque polo momento os efectos son pequenos por aquí, e mesmo agradables...
É o momento de lembrar dúas cousas. A primeira, a fábula da ra na auga quente. Se non a coñeces, un vídeo curto (medio minuto) pode amosarcha. A segunda, un dito para manexarse nun mundo do que cada un formamos parte ínfima e conectada de múltiples xeitos coas outras persoas aínda que boa parte do tempo esteñamos a mirarnos o embigo: pensa globalmente, actúa localmente.

20160121

Política, administración, residencia

A residencia de maiores de Ribadeo segue adiante. Comezouse 'en precario' ó non rematar de recibir o apoio pedido e apalabrado verbalmente pola Xunta, pero vai completando etapas dende que a colaboración veciñal convenceu ó alcalde de que tiña ó pobo detrás, e fixo posible unha comunión política entre os grupos do concello. Non ten sido doado, pero coa excepción de tensións dentro do Partido Popular de Ribadeo no pasado mandato, e o seu desmarque neste ó cambiar a composición e representación do mesmo, a residencia vai logrando fitos nun entorno de mínimos aceptables. É un logro de todos. Non é unha panacea, pero si un longo paso adiante.

O seu avance tranquilo (pero cubrindo prazos) non deixa de lado unha polémica estéril que comezou sendo un enfrontamento e cada vez máis é un esperpento. Velaí onte a última nota de prensa do concello, que, co apoio da Comisión pro Residencia, enviou un escrito asinado por todos os membros da mesma ó Conselleiro de Política Social, indicando de novo o desacordo nas esixencias da Xunta para recibir uns cartos escasos que foron prometidos e, que faiga outro Convenio dando resposta ás modificacións que lle foran pedidas hai longo tempo en relación á proposta da Xunta.
Van catro anos desta desconexión da Xunta das súas verbas previas, e o cansanzo do tema nótase en diversos puntos... pero aínda sen a Xunta e coas dificultades correspondentes, a unión do pobo e políticos ribadenses está levando adiante unha obra costosa.
Embaixo, o escrito enviado (tamén visible de xeito máis cómodo aquí)



- A historia da residencia, no blog.

Contrastes (para animar)

Decídome a poñer a ligazón á nova do concello sobre catro contedores queimados na noite de domingo a luns. A foto do destrozo contrasta co arco da vella cara ó mar Cantábrico, ou a fina capa de néboa sobre os xeradores eólicos nos montes, que na imaxe parecen soportados por unha institución educativa e un edificio de uso deportivo. A natureza facendo das súas, co soporte de actos de peor cualidade por parte de alguén que ó mellor está orgulloso da súa machada.


20160120

Novas dende a illa Pancha


Dende o blog pódese facer un seguemento da cesión da illa Pancha a mans privadas. E non deixa de haber novas. O pasado 21 de decembro remataba un prazo para presentar documentación no concello para o permiso de obras de cara á construción dun hotel, unha cafetería, aparcamento, fosas sépticas, barandilla... O caso é que dende o concello estimaron varios desaxustes e pediron o envío de novo da documentación axustada; en caso contrario, cerraríase o expediente ese día. Ben, o prazo foi ampliado por tres meses despois de mediar unha petición nese sentido. Novo límite, 21 de marzo. É dicir, de cambio de estación en cambio de estación. Mentras, o tempò vai pasando e xa van transcorridos máis de seis meses de concesión dos dez anos previstos sen que a cousa vaia para adiante nin un pelo.
Con ese panorama, conseguimos varios documentos. O primeiro, de dez páxinas, pode resumirse así:
"Informaciones contenidas en la CONCESIÓN DE OCUPACIÓN DE ILLA PANCHA
En lo que se refiere al terreno destinado a modificaciones, el contrato designa una superficie de 500 m2, con lo cual lo estipulado en el papel difiere notablemente de una simple adaptación del
interior del edificio. Las superficies utilizadas serían, textualmente :
« Parcela 1 : Antiguo faro : 133,40 m2
Parcela 2 : Antiguo garaje : 32,50 m2
Parcela 3 : Rampa del antiguo garaje : 46,20 m2
Parcela 4 : Pequeña parcela de terreno contigua al garaje : 6,46 m2
Parcela 5 : Parcela de terreno al otro lado del camino : 50 m2
Parcela 6 : Parcela de terreno entorno a faro y garaje : 231,44 m2 »
En esas parcelas, las obras e instalaciones a ejecutar son :
« Parcela 1 : Rehabilitación interior y de fachada del faro antiguo para uso hotelero,
Parcela 2 y 3 : Acondicionamiento del garaje existente y antigua rampa, ambos como cafetería, y además instalación de una terraza desmontable sobre estos espacios.
Parcela 4 : Ejecución de una rampa de acceso peatonal a cafetería.
Parcela 5 : Instalación de una terraza de tarima exterior frente a la cafetería a ejecutar.
Parcela 6 : Habilitación de una zona ajardinada en torno al faro y cafetería. »
Además de todo esto, existe una lista de cartelería, señalizaciones y otras intrusiones que rellenan la isla de material y la modifican visual e internamente, y ello sin hablar del impacto medioambiental a corto y largo plazo .
1. Cartelería en entrada al puente de la isla (parte exterior) :
« a. Advertencias de seguridad y responsabilidad por la naturaleza de la isla, costa natural, riesgo de caída al mar, acompañamiento permanente de niños, etc.
b. Pictograma de advertencia de posibles condiciones meteorológicas adversas (fuerte viento, oleaje,...)
c. Pictograma de riesgo de caída de peatones al mar
d. Pictograma de riesgo de caída de vehículos al mar
e. Horario de apertura de la puerta de paso [...]

f. Prohibición de acceso de vehículos que excedan de 3.500 kg P.M.A., o que por sus dimensiones pongan en riesgo la estructura o elementos del puente de acceso al faro.
g. Prohibición de paso a todo vehículo excepto clientes del hotel (no de la cafetería)[...]
h. Advertencia de que los usuarios de la isla deberán mantenerse dentro de las zonas de paso habitual [...]
i. Advertencia de denuncia, infracción y sanción por depositar residuos, según TRLPEMM »
2. Cartelería en otras ubicaciones:
« a. Señal de aparcamiento en la explanada habilitada como tal antes de la bajada a la isla ; señal de prohibición de circulación posterior a dicha explanada con texto 'Salvo autorizados por Autoridad Portuaria y residentes en hotel'.
b. Cartel, en portal pero en cara interior, con teléfono de emergencia 112 y teléfono de contacto 24h con el concesionario [...]
c. Cartelería, pasado el puente, de desvío de peatones a cafetería y faro nuevo (escalera) o hotel y minusválidos (camino).
d. Cartel, tras faro nuevo, de prohibición absoluta de paso al islote norte [...]
e. En el frente del arco de entrada a la isla : nombre del hotel y cafetería, y logotipos del APFSC, PdE y Faros de España. »
A esto se añade “en el exterior del edificio del faro, en lugar visible, deberá instalarse un cartel indicativo de la integración del proyecto en 'Faros de España', respetando la imagen corporativa”.
Además de esta siembra de carteles, se preveen otros añadidos, que  suponen obras y modificaciones importantes :
- « prolongación de barandillas de puente a todo el pretil »
- la instalación de papeleras
- proyecto eléctrico desde acometida general hasta la cafetería y hasta el hotel.
- « Plano inclinado de aparcamientos en batería en fachada NW »
Y por si fuera poco, también se plantea como « obligatorio » la existencia bajo tierra de un « aljibe enterrado y su bombeo », así como « fosas sépticas y su modo de mantenimiento ».
Más abajo, se habla de que la señal nocturna y diurna del faro en funcionamiento no puede
verse afectada por la posible iluminación del edificio y de su entorno. Y de que los rótulos luminosos existentes no pueden ser visibles desde el mar, añadiendo detalles como la restricción de los colores. De todo esto se deduce que se puede llevar a cabo la instalación de iluminaciones y
rótulos luminosos.
Hay muchos otros sobrentendidos en el texto, que permitirían otras modificaciones no mencionadas directamente, y algunos pueden deducirse de lo ya expuesto en este documento, como por ejemplo la posibilidad de entrada y salida de vehículos, de prácticamente cualquier envergadura
y peso mientras sea soportado por el puente, aunque no se protege para nada la isla de ese trasiego ni se exponen los límites de violencia medioambiental a los que ésta puede ser sometida.
Con esta selección, nos podemos hacer una idea de la transformación autorizada (casi siempre obligatoria por contrato) en la Isla Pancha, pues ya no se trata únicamente de privatizar el uso del faro, que es patrimonio de todos : el conjunto de las instalaciones y materiales introducidos ocuparán de tal modo la superficie transitable de la isla, que, de llevarse a cabo, pronto se nos olvidará la imagen idílica que de ella teníamos hasta ahora y que servía de reclamo para un turismo atraído por una herencia natural y paisajística incomparable. Su imagen, emblemática de Ribadeo, tantas veces fotografiada, pasará a la historia.
Hay un punto en el que se habla de que el concesionario debe conocer « las obligaciones que implica la pertenencia de la isla a la Red Natura 2000 »...
"
Alternativamente, en troques de resumirse, pode comentarse (xunto con outro dos documentos obtidos) así:
"CONCESION DE OCUPACION DEL DOMINIO PUBLICO PORTUARIO. TITULO CONCESIONAL” (Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao)
Superficie de terrenos y de aguas, distinguiendo las destinadas a relleno, vuelo y subsuelo; obras e instalaciones otorgadas; fases de entrega:
Ocupación de una superficie de 500 metros cuadrados en Isla Pancha, según se detalla en el plano adjunto (se incluyen en esta superficie los siguientes elementos):
*Parcela 1: Antiguo Faro de Isla Pancha (133,40 m2)
*Parcela 2: Antiguo garaje (32,50 m2)
*Parcela 3: Rampa del antiguo garaje (46,2 m2)
*Parcela 4: Pequeña parcela de terreno contigua al garaje (6,46 m2)
*Parcela 5: Parcela de terreno al otro lado del camino (50 m2)
*Parcela 6: Parcela de terreno en torno al faro y garaje (231,44 m2)
Obras e instalaciones a ejecutar por el titular:
Ejecución de obras de remodelación del faro antiguo de la Isla Pancha y garaje anexo, más acondicionamiento exterior dentro de los 500 m2 a ocupar; todo ello según el “Proyecto Básico para la reforma interior de antiguo faro para uso hotelero” y “Proyecto Básico de bar cafetería”. Las obras consisten en:
*Parcela 1: Rehabilitación interior y de fachada del faro antiguo para uso hotelero.
*Parcela 2 y 3: Acondicionamiento del garaje existente y antigua rampa, ambos como cafetería y además instalación de una terraza desmontable sobre estos espacios.
*Parcela 4: Ejecución de una rampa de acceso peatonal a cafetería.
*Parcela 5: Instalación de una terraza de tarima exterior frente a la cafetería a ejecutar.
*Parcela 6: Habilitación de una zona ajardinada en torno al faro y cafetería.
Ejecución de las obras:plazos de inicio y finalización, incluso de fases en su caso y plazo especial para finalización de obras de relleno de agua:
Las obras se iniciarán en un plazo máximo de 2 meses y se finalizarán en un plazo máximo de 6 meses, ambos a contar desde el día siguiente a la fecha de notificación de la resolución de otorgamiento.
COMENTARIO: Tódolos párrafos anteriores en negriña e bastardiña son reproduccións literais do documento. Como se pode apreciar o proxecto non é como se dixo unha reforma “interior” do faro senón que se prevén unha serie de obras e reformas que van desfigurar a Illa Pancha de forma significativa.
Pola outra banda as condicións da concesión permiten a estadía simultánea de catro coches aparcados e a entrada de coches de provedores, traballadores, clientes, persoas autorizadas polas autoridades competentes, etc.
Polo que atinxe a outros elementos que poden alterar a imaxe da Illa Pancha temos os seguintes : Como mínimo haberá vinte tipos de carteis ou sinais con diferentes advertencias (publicidade, seguridade, prohibicións, aparcamento, etc), tamén haberá recolledores de lixo. Poderá haber luces e carteis luminosos, con tal de que non interfiran a sinal do faro. Será obrigatoria a mecanización da porta de entrada co correspondente dispositivo. Haberá outra porta peonil. Cámara de vixilancia, prolongación de barandillas, proxecto eléctrico e caixas, alxibe enterrado e bombeo, fosas sépticas, peches de terrazas con metacrilato, etc.
En resume: a Illa Pancha nunca mais volverá ser o que se coñece ate agora.
Vexamos agora o documento: INFORME NO EXPEDIENTE DE OUTORGAMENTO DA CONCESION PORTUARIA C-770 emitido pola Secretaría Xeral da Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia.
Deste informe debemos comezar por suliñar que ten data de 8 de xullo de 2014, ou sexa seis meses anterior á publicación definitiva do PXOM de Ribadeo. Como consecuencia a autoridade informante toma como referencia o PXOU aprobado o 14/3/77. Non faremos ningún comentario sobre esta estrana forma de tramitar un expediente. So lembrar aos cotillas de turno que antes de criticar hai que informarse.
Polo demais confírmase o que comentamos anteriormente: A solicitude ten por obxecto a realización de obras de reforma da edificacion do antigo faro da Illa Pancha con destino a uso hoteleiro, con ampliación nun volume independente actualmente destinado a garaxe que se transformará en cafetería, ao que se vincula unha terraza exterior. (Transcrición literal)
A este parágrafo só hai que comentarlle que confirma o anterior, proxéctanse varias obras exteriores ao faro e non é como se dixo que só era unha reforma interior.
Finalmente debemos engadir que dende o noso ponto de vista falta un informe preceptivo da autoridade ambiental dacordo co artigo cinco do decreto 37/2014 da Xunta de Galicia polo que se aproba a Rede Natura 2000, pero ata aquí o que nos deron no concello."
Quizáis non debe estrañarnos nun mundo no que pasan tódolos días montóns de cousas moito peores ás que nos imos afacendo, da corrupción xeralizada ós emigrantes obrigados. Como exemplos, onte mesmo coñecíase unha nova pequena, contedores do lixo queimados en Ribadeo, e renovábase outra ben maior, que 62 persoas teñen tanta riqueza como 3 500 000 000 outras... e isto último vivímolo día a día sen un mínimo sobresalto.
Será cousa de quenos afaigamos a cousas 'pequenas' 'que van saíndo' como esta da illa Pancha? Así pasaría sen que nos decatáramos... Ou máis ben será cousa de aplicar, na nosa medida, aquelo de 'pensa globalmente, actúa localmente' e nos poñamos a colaborar para ir cara a un mundo mellor?

20160119

Un aviso: XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA

XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA
O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016 publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da Cultura da Pontenova o proxímo día 27 ás 19, 00 h para elexir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón.
Temos particular interés por informar ás asociacions ecoloxistas e similares que teñan interés por estes asuntos para que participen nesta elección e se chegue a constituir un grupo de traballo o mais amplo posible cara a conquerir melloras no eido medioambiental tanto na conca do Eo como na Ría de Ribadeo que a fin de contas é a receptora final de tódalas emisións.
Dase a coincidencia de que nestes días estivemos falando con varias persoas interesadas en revitalizar a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo e proximamente anunciaremos unha xuntanza pública a celebrar a semana que ven con esta finalidade.
Evaristo Lombardero Rico
Ribadeo, 15 de xaneiro de 2016
Coido que é unha oportunidade para poñer en marcha unha figura de protección que leva anos de retraso en relación ó que debera ser legalmente, e máis tempo aínda en relación á súa necesidade. Verase a operatividade da figura, rectora dun espazo definido o 19 de setembro de 2007 e do que se definiu a súa rectoría o 11 de decembro de 2013, sen consecuencias ata o momento.
Como preparación, terá lugar unha xuntanza no Cantón o venres 22 ás 20:30 de persoas relacionadas interesadas no tema:
O próximo venres, 22 de xaneiro, celebrarase no Cantón Bar de Ribadeo a anunciada xuntanza de refundación da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. Terá lugar ás 20,30 horas do serán e están invitadas todalas persoas que desexen participar. A Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo foi un colectivo que iniciou as suas actividades no ano 1.992 prantexando temas de protección da ría e outros relacionados co medioambiente ou de tipo sociocultural. Agora non se trata de repetir o vello modelo modelo organizativo senón de organizar a sensibilidade social pola protección da ria acarón doutros métodos como son as redes sociais e formas de participación adaptadas aos costumes e medios actuais. A idea sería aproveitar as bases administrativas da antiga plataforma para comezar a traballar e incorporar novas persoas e no prazo de seis-doce meses constituir unha nova organización con persoas, métodos e prantexamentos renovados según as decisións que se dopten colectivamente. A curto prazo prantexase a participación no Foro Social da Reserva da Biosfera que se constitue nunha xuntanza a celebrar na Pontenova o próximo dia 27 de xaneiro. Contacto Evaristo Lombardero Rico
--
Entrada na Galipedia da Reserva da Biosfera
Ficha da reserva da biosferan da UNESCO
Web asturiana sobre a reserva
Previo á Reserva da Biosfera.
Un resume do que é.

20160118

Restos do Nadal

Esta fin de semana foi a 'Gala do Comercio'. Visto o visto, e como non podía ser doutra maneira, concluiu oficialmente o Nadal (non eclesiásticamente, que xa o estaba). Polo tanto, é de esperar que os adornos do Nadal sexan retirados en datas próximas. Aí van algunhas lembranzas deles:
Estrela en Viejo Pancho

Santa Claus pasando por r/Villafranca
Ata o vindeiro ano!

20160117

Mirando ó mar

Sen ser moi consciente, Ribadeo mira ó mar. A falta de consciencia pode que veña de que dende o centro de Ribadeo non é doado ver o mar. Nin a ría.
Un banco solitario en Meirengos, preto xa do que queda da terceira cetárea de Rinlo, fíxome cavilar sobre o tema. Perdido, a ben seguro pouco usado pero ben aproveitado polos que o usen, é unha imaxe que condensa a idea: preto do mar, unha vista inmensa, e poucas veces xente que a aproveite. A xente non sabe nin que ten aí esa posibilidade de desfrutar do mar...
Banco perdido e atopado fonte ó mar
Despois, en Rinlo, unha placa de lembranza completa a imaxe: o mar serviu en tempos pasados, hai que homenaxealo, si, pero... mentras se extende ó fronte, o porto permanece vacío, testemuña doutros tempos.
Homenaxe a María Antonia González, percebeira, en Rinlo

De Rinlo ó mar

Entre Rinlo e o mar, o peirao
 E mentras Ribadeo segue a vivir, a aproveitarse de (que non sinxelamente aproveitar) as Catedrais, séguese sen reflexionar sobre o Ribadeo que se quere, que queremos, sen un plan consensuado, sen usar os recursos senón é explotándoos (isto é, extraendo o que se considera útil e deixando os destrozos, o furado onde había vida)
Agora, no inverno, pódese aproveitar o branco das crestas das ondas para admirar un recurso renovable, de todos e para todos, que non deberamos estragar e botar a perder. Nin polo modelo de "explotación" (aí está o episodio actual da illa Pancha) nin tampouco por darlle as costas a unha riqueza compartida (de novo sirve de exemplo o caso da illa Pancha).

20160115

Xa non hai pista de xeo en Ribadeo

De 18 de decembro a 10 de xaneiro. 24 días do Nadal máis quente estivo en marcha a pista de xeo no parque. Unha máis das carpas que periódicamente deixan o espazo da zona reducido a un multiusos. Hoxe, xa días pasados, desmontada.
A operación foi anunciada como un éxito xa a comezos do seu funcionamento, e reiterada como tal ó final. Anunciouse que ía habela un mes antes, e que ía a ser en colaboración concello-ACISA.  Polo anuncio non me queda moi claro nin os custes  para cada institución nin os custes totais. Por exemplo, os 13 000 € anunciados pouco despois inclúen o tema da pista de xeo? O custe como pago directo por entrada si que estivo claro: 6 €, que quedaban reducidos a 3 € conseguindo un vale por compras superiores a 20 € en locais de ACISA.
Estivo funcionando de 12 a 14 e de 17 a 22 h, sete horas diarias en sesións de 45 minutos, e din que pasaron por alí 7000 persoas, algo máis de 300 ó día. Iso supón unha recadación de 6 x 7000 = 42 000 €.
O que se comentaba no pobo, a falta de corroboralo, é que os gastos virían desglosados de tres apartados diferentes: a propia pista, a carpa e o persoal (auga e luz teñen importes significativamente menores). E que a montaxe e mantemento da pista tería un importe de 30000 €. Se son así as cousas (repito que uso datos escoitados a terceiros), o concello tería quedado máis ou menos a pre ou aínda con superavit, sen ter en conta o desconto e en xeral o convenio mantido con ACISA.
A pista foi desfrutada, vaia que si. Aínda que houbo que contar con varios accidentes e non se falou nada dun seguro, que incrementaría o custe da entrada e que foi algo criticado. Ben, nada grave pasou e si foi un tirón para o barullo en Ribadeo durante as tres semanas longas que estivo en funcionamento. Seis notas do concello (as ligazóns referidas nos dous primeiros parágrafos) deron conta do proceso.
No concello, no pleno, non sabemos se algún grupo dirá algo sobre o tema, aínda que me imaxino que o custe debera ser obxecto de algunha pregunta se non é desmenuzado previamente polo goberno municipal.
Voltará a haber pista o próximo ano? Apostas?
o sistema de mantemento do xeo

detalle

o xeo, desfacéndose no parque

20160114

Contribucións para unha historia da Ponte dos Santos

Procurando acubillo á sombra da Ponte dos Santos. Foto de G. Gómez.

Nestes día reavivouse a polémica sobre a falta de luz na Ponte dos Santos a raíz do reenvío de cartas ás seccións asturiana e galega de estradas do Estado sobre as consecuencias que pode ter a obscuridade ó atravesar a ponte. Fíxome pensar que, despois de case trinta anos, a historia da ponte pode que necesite unha lembranza para achergármonos máis ó seu significado e á súa realidade, aínda que só sexan unhas pinceladas .
A Ponte dos Santos a finais do 2012

A ponte dos Santos foi inaugurada o 29 de xullo de 1987. Antes, foi aprobada a súa construción no último consello de ministros presidido por Calvo Sotelo.
Moi anteriormente houbera algunha proposta de construción dunha ponte sobre a ría de Ribadeo para o ferrocarril e pola zona do Costal. Ó fin, elixiuse outro paso estreito, entre San Román na parte asturiana e San Miguel na galega, de aí o seu nome.
O estilo de ponte deu que falar a nivel de rúa, pero ó ser un aspecto técnico xa viu dado, e os comentarios, protestas incluídas por altura, medio ambiente, etc,, non pasaron de aí, incluído o tema da altura do vano, que posteriormente se manifestou limitante para determinado tráfico marítimo, e así diversos barcos construídos por asteleiros Gondán tiveron que ser rematados na zona más alta do seu pao fóra da ría.
En inicio, unía dúas zonas dunha estrada convencional, a N-634, pero construción da autovía A-8, adecuouse para tal fin, e o 1 de outubro de 2008 foi inaugurada a ampliación, un desdobramento de calzada posible grazas a instalación de costelas metálicas no plano da ponte e un reforzamento das columnas. Aquí pode verse unha información moito máis completa.
Ó coñecer a súa construción, foi contestado por constituír un perigo económico para A Veiga, de xeito que ata a súa ampliación podían observarse pintadas como 'Non á ponte. Xa o hai na Veiga'.
A súa construción incluiu un entronque dende Barres ata a actual 'rotonda do Voar', con maior parte en Asturias. A dependencia da ponte foi sempre da unidade de estradas do estado en Asturias.
Perfil co reforzo
entronque A-8 por Asturias
sección lonxitudinal
Proba de resistencia
Coa ampliación para a A-8 cambiou a súa imaxe e os entronques dos que depende, pois pasaron de ser tales a ser o camiño principal que mantén a A-8.
A súa importancia e imaxe foi recoñecida en maio de 2013 por un selo de correos que, como non, resultou algo polémico polo difuminado da imaxe da zona asturiana.
Cando a ampliación xurdiu outro tipo de consideración: como ponte de estrada nacional, permitiu o paso de peóns nas súas beiras, ciclistas pola súa clazada ou tractores  camiño dos Irmandiños. Ó facer a ampliación, todo iso corría perigo e correu diversa sorte. Os tractores deixaron de pasar de xeito inmediato. Os ciclistas tiveron un proceso máis lentos, ó non haber en principio sinais indicativas  de prohibición, e logo non habels da parte galega. Unha manifestación, de ciclistas para tentar oficializar o permiso de paso, despois dun accidente, recollida polo blog, conseguiu xusto contrario, que aparecera tamén a sinal na entrada galega e estivera xa totalmente xustificada calquera multa imposta por ese motivo, quedando logo para os ciclistas e peóns as estreitas beirarúas laterais.

esquema corte beirarúa
en ampliación
O paso de peóns segue sendo posible polas beirarúas laterais, que estiveron a piques de desaparecer despois de vinte anos de posibilidade de paso dos peóns. Baralláronse solucións como paso baixo a plancha da estrada, pero ó final quedaron as dúas beirarúas separadas do arcén por un valado metálico. Poucos son os lugares onde se optou por algo semellante á beira dunha autovía, pero aí segue, tanto para o paso entre as Figueiras e ribadeo como para o acceso ás praias asturainas dende Ribadeo ou para o paso de peregrinos. O paso de peóns supón o facelo en fila india debido á estreitez; o paso dos ciclistas constitúe un ir a paso lento e pararse para un difícil cruce cos peóns. Unha curiosidade: a beirarúa norte ten unha anchura usable uns poucos centímetros mairo, debido a un retranqueo do valado sobre o arcén que non existe na beirarúa sur.
A ponte tivo que ser reforzada nos cimentos debido a acción da auga e as correntes, tendo agora unha base máis ampla que se pode observar en marea baixa.
Outra curiosidade é o bandeo debido á dilatación e tensións, algo máis visible no verán que no inverno, aínda que perceptible ó longo do ano.
Durante moitos anos houbo unha festa anual para celebrar o cumpreanos, de irmandade entre Castropol e Ribadeo. Crise e algunha cousa máis deron ó traste co que xa era unha tradición.
Así as cousas, o mantemento actual da A-8  non está nos seus mellores momentos, como se pode observar polo estado da superficie rodada en diversos tramos próximos. E hai cousa dun ano a ponte, iluminada por focos laterais, deixou de ter luz, o que leva a que sexa nova na actualidade a loita do(s) concello(s) para iluminalo. Parece lóxico ata certo punto que, sendo unha ponte, se atribúa unha falta de seguridade a ese feito. E por iso os intentos dos dous concellos que comunica de restablecela. A conta do propietario da estrada, o Estado. Porque a cusetión é que estradas do estado pretendeu no seu momento que foran os concellos os que pagaran a súa iluminación. E así estamos.
--
Algunha ligazón máis: Ó cumprir 15 anos.
Un vídeo baixo a ponte dos Santos.
Agresión á ría (2007, E. Lombardero).
Indignados na Ponte dos Santos... cartel e preparando.
Folleto sobre a construción ponte dos Santos. Artigo técnico sobre a ampliación da ponte.
Unha ponte nosa.
O faro na columna da Ponte dos Santos.
A Ponte dos Santos, letreiro con Ría de Ribadeo.
A Pontes dos Santos como 'tablon de andamio' (Pancho Campos).
Probas de resistencia no 2008.
Debuxando a ponte dos Santos coa choiva.
Foto da ponte en ampliación... e outra.
Gondán ten que adaptar un barco para pasar por baixo da ponte.
Unha fermosa imaxe da ponte na Galipedia.
E unha pequena galería de imaxes diversas, entre as que se poden atopar xa no blog:


Vista do google maps

Mapa en open street map
No visor sigpac
O sello conmemorativo
Premio á mellor obra (construción)
Pilar en baixa, despois da ampliación
perspectiva despois da ampliación