20150313

Unha estrela ascendente en Ribadeo

Aproveito o que é case unha frase feita para introducir o que atopo unha realidade. Unha estrela emerxente no entorno das web de Ribadeo nun nicho moi concreto: as actividades de ocio previstas e desenvoltas, aderezado con novas e informacións diversas.
A web non é de hoxe, senón que se foi xestando de xeito rápido estes meses pasados, e agora está totalmente operativa e recibindo e subministrando información, aínda que coido que o seu volume de oferta continuará a subir. Trátase de Faro Ocio Norte, http://faroocionorte.com/, páxina que pretende moverse dende Ribadeo por toda a Mariña e algo máis aló (de feito, preséntase como "A guía para desfrutar da Mariña Lucense", pero xusto baixo a presentación liga a Crónica3 A Mariña e tamén a Terra Chá xa).

Da ao menos un paso máis aló da na actualidade totalmente desatendida (aínda que visible polo momento) ribadeovirtual.com, e non entra en competencia máis que de xeito residual coa veterana e tamén exitosa ribadeo.com, orientada a un conxunto de información sobre Ribadeo moito máis dilatado e ligada a Eomática.
Como a maioría de páxinas de internet adicadas o trafego de información, non só se vai a ela a mirar, senón tamén a subministrar: en faroocionorte@gmail.com tes o xeito de difundir esa info da actividade que estás a organizar.

1 comentario:

Visita Ribadeo dixo...

y http://visitaribadeo1.blogspot.com.es/ también