20150324

Planta de reciclaxe en Ribadeo

Sabías que Ribadeo ten unha planta de reciclaxe? Non o sabía ata a semana pasada. Nas dúas vistas, unha do sigpac e outra de Google, logo tomas xa de hai algún tempo, pódese ver o lugar. Na primeira, do sigpac, collendo a desviación a Acevedo xusto por baixo do letreiro de 'Monte de Santa Cruz', pasamos o primeiro cruce e chegamos ó segundo, que collendo cara ó sur pasa á beira dun terreo que se ve en branco. Aí. Neste mapa, collido con menor definición, pódese ver que de aí, as augas escorren cara ó río de Ramos (Rego da Rata-Río Pequeno)
 A segunda representa a zona central da imaxe anterior, extendéndose ata Santa Cruz na parte superior dereita.
Dende a desviación da estrada hai pouco máis de 1 km ata a planta, seguindo a secuencia que se pode ver nas imaxes embaixo:
 Desviación cara Acevedo ó pé de Madeiras Santa Cruz.
 Desviación do camiño de Acevedo. O camiño cara a planta, recén asfaltado.
Imaxe da planta de reciclaxe, co logo da empresa, Gestión Gratelu. Polo que parece, en pleno funcionamento. Coido que voltará saír no blog.

Ningún comentario: