20150306

Datos e enganos (nosos)

Adxunto un par de gráficas que saíron antonte no xornal, como aparece na imaxe.
Non me vou meter con que os letreiros estean ou non en galego, nun xornal que cobra subvención teóricamente aomenos, en parte por promocionalo. Si con que, 67 anos despois da convención que recomenda a nivel mundial que os números agrupen na súa escrita as cifras de tres en tres sen separación, siga a poñerse nun xornal con libro de estilo as cifras con puntiños. Algo que vai ademais en contra do BOE, que ten hai tempo publicada a adaptación da normativa no caso España. Si con que se poña 'elaboración propia' sen citar que os datos estean tomados dunha estatística feita por un servizo público. E si coa presentación gráfica dos datos. Neste caso, non hai unha desviación intencionada: a correlación de diferenzas de alturas cos números correspondentes así o indica. Pero o cortar as gráficas polo pé, non chegando ó cero nos números para salientar as variacións, ás veces leva a equívocos indesexables se non se advirte que se está a facer, e cando menos, dificulta a visión xeral. O mesmo ocorre con variar a escala de tempos na mesma gráfica, pasando de intervalo de anos a intervalo de meses ó final da serie. E a compañía da táboa de datos correspondente é asemade moi conveniente. Con esas variacións, obtemos algo como:



Agora, compara, mira, e saca conclusións.
A min? A min chámame a atención o descarnado da última gráfica que poño.

Ningún comentario: