20150308

8 de marzo na Galipedia

Logotipo feito para o aniversario pola Galipedia
Por unha casualidade, o oito de marzo non é só o día da muller, senón o aniversario da Galipedia, a wikipedia en galego.
A maior enciclopedia sobre Galicia hoxe en día, expresando non só os propois artigos enciclopédicos, senón tamén como se fixeron, a construción de cada artigo, da propia enciclopedia e a participación de cada galipedista se se miran as conversas dos artigos, das páxinas de usuario e das páxinas especialis de políticas, libro de estilo, etc. E, con elo, queda tamén reflectida unha parte da idiosincrasia galega, da nosa sociedade.
segundo a métrica das persoas, estaría a comezar a adolescencia. Neste caso, unha adolescencia moi madura que chega despois dunha historia compartida transparente ó servizo dunha lingua : a nosa.

Ningún comentario: