20140911

11 de setembro

Ribadeo quedou sumido nunha especie de descompresión da que a bon seguro sairá ó achegarse a fin de semana, comezando polos actos de hoxe (cine teatro) e mañá (librería Vivín) continuarán coa celebración dos cen anos de Dionisio Gamallo. Queda mentres tempo para lembrar das festas, si, pero tamén doutros tempos e lugares. O 11 de setembro xa ten unha longa historia. Salvador Allende e a caída dun sistema democrático en Chile cos conseguintes dezasete anos de ditadura e represión é parte dela. Tamén o é o derribo das torres xemelgas en Nova York, coa continuación da guerra contra os cidadáns en aras do terrorismo.
Si, onte tamén morreu Emilio Botín e hoxe escoitaremos falar do banqueiro que comandaba o maior bando español nestes momentos. Adicaranlle todo tipo de flores e haberá que facer unha escolla para trazar unha historia das súas decisións, causas e consecuencias.
E hoxe tamén xa hai case un mes que a Terra 'comezou a coller débeda' despois de gastar os recursos que pode rexerar nun ano.
11 de setembro 2014 en Ribadeo, día previsto con calor ata 26ºC. Jesús Rubio Jiménez, ás 20:30, no Cine-Teatro falará de Clarín nos papeis de Gamallo, e seguirá a Coral Polifónica.
Unha lembranza de Chile un 11 de setembro...

Ningún comentario: