20121126

Mirándonos no espello das eleccións catalanas

Pero, poden servir as eleccións catalanas en Galicia de espello, comparación ou 'algo'? Certamente, non se diría polos resultados, a participación ou mesmo a fase de crise (din) na que se atopa cada comunidade. Non, as eleccións catalanas non son un espello onde mirarnos sen distorsión. E máis hai un factor que podería facelo posible: a emigración. Que votou o importante continxente de galegos que atopou en Cataluña o seu fogar? Que votaría no caso de facelo en Galicia? Que visión teñen de independentismo, separatismo, federalismo nunha e outra autonomía? E, por outra banda, en que inflúen na vida en Galicia?
Está claro que os cataláns de moitas xeracións vense acompañados nunha zona que recibiu xente de aluvión dende hai tempo dun tecido social de inmigrantes de segunda xeración e de primeira, ou de vairas xeracións que xa non lembran as súas raíces fóra de cataluña. Que todos foron chamados a votar. E que entre todos construiron o resultado electoral de onte, cunha textura de partidos diferente ó resto de España polo nome e a súa relación co conxunto hispano, pero non tanto pola ideoloxía que tradicionalmente se asigna co criterio 'esquerda e dereita'.
Non creo que haxa estudos para contestar ás preguntas que prantexo dun xeito fidedigno: o mesmo concepto de emigración que prantexo sinxelamente establece un gradiente contínuo de catalanidade na emigración que nalgures hai que cortar. Nalgures non definido por unha soa variable como o tempo que leva a familia en Cataluña...
Mais, entón, non poderían servir as eleccións catalanas máis que para o típico 'ganamos nós' que invocan por diversas causas unha serie de partidos despois dunhas eleccións?

Ningún comentario: