20121031

Torres no clube náutico de Ribadeo

Hai xa longo tempo (máis de medio ano) que hai instaladas un par de torres con xeradores eólicos de eixe vertical na zona do club náutico, e mesmo téñome referido a eles en algunha ilustración do blog. Onte vin unha nova que volve sobre o tema, dicindo que pronto se terá os resultados do seu rendemento, que ata o momento parece satisfactorio. Mais chámame a atención (chamoume no seu momento) que as torres non estiveran conectadas a nada, co que dificilmente se pode saber se xeran ou non potencia. É algo que se ve porque as bases das torres están separadas do chan.


Preguntarei e enterareime ...

20121030

Un Ribadeo máis

= voto emigrante.
Parece que a situación do voto emigrante voltou xirar: só votou unha persoa de cada trinta, sobrepasando lixeiramente o conxunto do voto a poboación de Ribadeo (ou quedándose ás portas de vez e media dos electores ribadenses), e axustándose algo máis ó xa votado de xeito interno (se ben os partidos de corte galeguista e máis pqeunos seguen perxudicados). A situación non remata de gustar ós grandes, que de recoller unha morea de votos nun medio que clamaba ó ceo pasaron ao residuo que se observa agora, e xa se fala de nova reforma para a recollida de votos fóra para ampliar de novo esa colleita. Mentras, resulta curioso que a xente que está desprazada en España teña unhas dificultades para votar que non ten quen se atopa en Montevideo ou Londres e que deu lugar a casos curiosos como o dalgún lector do blog.
Quizáis a cousa pase por deixar de pensar nunha reforma das votacións para que nada cambie e pensar no cambio social, e que cambie o que teña que cambiar nas votacións...

20121029

A Mariña como mercado

A política como mercado ten diversas facetas. algunha, xa 'clásica' por estes lares, como por exemplo, o mercadeo de votos nas eleccións. Visto dende outro punto de vista, dende hai tempo considero o episodio dos mercaderes no templo un dos máis impactantes da biblia: nel Xesús bota dalí á xente que facía negocio coa fe. Algo que é doado trasladar no mundo de hoxe á política. Non obstante, a causa da entrada de hoxe non é unha das dúas acepcións anteriores, ambas sangrantes para o sistema sociopolítico actual, senón un caso que se deu hai pouco: o falar do presidente asturiano de estreitar máis lazon coa Mariña porque era (é) un mercado para as empresas asturianas. Algo normal, nun tempo en que nos poñen a el Rei como o máximo por defender os intereses económicos españois (enténdese de xeito preferente 'os grandes' intereses, os intereses dos grandes) ó longo e ancho do mundo, incluída nesa defensa a 'marca España', cun sesgo como se de empresa se tratara. Mais, o interese no caso do asturiano retrotraeume a outro campo: o do colonialismo. Na historia de conquista e colonización, a base do interese en facelo pasou dunhas a outras causas, mantendo da base do poder sobre as persoas, para acadar maior poder guerreiro, ou de materias primas, ou de mercado, ou ... Na actualidade, coido que o colonialismo é máis ben de mercado, pasando de ser simétrico a patentemente asimétrico entre as partes (o caso da China vendendo todo tipo de produtos en grandes cantidades pero onde occidente mantén en ventaxa nichos de mercado concretos polo momento está dando moito que falar dende algo máis dunha década). E, se poñemos as verbas o presidente asutriano interesándose pola zona como mercado en esa perspectiva, non deixan de molestar. Claro está que deben considerarse dun xeito máis amplo, non?

20121027

Táboa de datos das eleccións autonómicas en Ribadeo dende o 1993

A causa dun comentario dun lector do blog, deixo abaixo unha táboa de datos, a correspondente ós principais datos das eleccións autonómicas en Ribadeo dende o ano 1993, isto é, as últimas 6 convocatorias, que corresponden ós gráficos que puxen en "Historia de 19 anos de autonómicas: tres gráficos para Ribadeo nas autonómicas + 2". Os datos, como apuntei na entrada, son tratados por min a partires do IGE e os resultados electorais publicitados, os anos en orde inversa e as porcentaxes, referidas ó censo.
Quizáis así se ve máis claro por exemplo que  o PP baixou en porcentaxe en cada elección dende o 97, aínda que en votantes logrou mantelos no 2009 respecto á anterior, superándoa por 52 votos. Tamén se ve a 'montaña rusa' do PSOE e a relativa estabilidade do BNG (se consideramos nestas últimas o conxunto BNG+AGE, aínda aumentou), con tendencia a aumentar dende que o actual alcalde é o xefe de filas en Ribadeo.
A porcentaxe de votos a partidos baixa dende o 97 de xeito inexorable, aínda que o número total aumentara uns poucos votos no 2009 respecto ó 2005, subindo o de votos brancos e nulos, e tendo en consecuencia do antes dito un forte repunte a abstención nestas últimas eleccións autonómicas.
En canto a outras candidaturas, a porcentaxe obtido é o segundo máis alto, pero o primeiro foi no 2009. Está claro: se hai un 'efecto Syriza', é reducido a AGE.

20121026

Ilusión rota

Evidentemente, corresponde a un determinado partido político, pero collín a foto non polo partido, senón porque é unha alegoría xeral: o cartel estaba roto xa antes das eleccións debido ó mal tempo de días anteriores. A imaxe á beira non importa: no cartel, illado e por riba da xente e da terra, Galicia está carcomida e o que decide nin se ve, quedando nun sinxelo 'ide' que non se sabe ben si é a votar ou fóra de aquí, porque non hai futuro.

Manuel resiste, Xosé non: a sociedade galega está a cambiar

Despois dunha semana de ver comentarios sobre resultados, atópome de fronte na papeleira o titular a gran tamaño, principal do luns dun xornal: Feijoo se supera. E decido que hoxe non falo máis (diretamente) das eleccións.
Voume ó ige e procuro os nomes das nenas e os nenos que naceron o último ano:
 
En total, case suman os dous tercios dos nados en 2011. Xosé desaparece da lista, e María queda por detrás de Noa ou Carla. Quen se chamaba Izan hai uns anos? En Nerea? Entre Yago e Iago quedan á mesma altura que Pablo ou Mateo, aínda que non lle quitan nin de lonxe a primacía a Hugo.
Os nomes o indican: a sociedade galega está cambiando. Ó mellor vai máis rápido nalgunhas cousas que en outras, pero estáo a facer.
Case sería mellor dicir o que vai quedando de sociedade galega. E non me refiro nin á lingua nin á dispersión rural ou cousas semellantes, senón a que os pouco máis de 21 000 nados en Galicia o pasado ano representan un crecemento vexetativo do 0,8%, e se proxectamos iso cara a unha xeración, sen contar balance migratorio (e agora está outra vez a marchar xente, como lembran os medios con certa frecuencia e sabemos nas familias doutro xeito moito máis preto), teremos que a próxima xeración terá perto da terceira parte de parellas en idade de procrear.
Pode ser ben para o mantemento da Terra, superpoboada e con contaminación en alza e recursos á baixa. Para Galicia, e tamén en relación a outras zonas, a cousa xa varía. Cambio de sociedade, cambio de mentalidade, ...

20121025

Historia de 19 anos de autonómicas: tres gráficos para Ribadeo nas autonómicas + 2

Misturando os datos destas eleccións cos collidos en http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002001&c=-1&ruta=verEjes.jsp?COD=33&M=&S=&RET= de eleccións pasadas, chegamos a cousas semellantes as seguintes, que complementan a entrada de onte, 'Tres gráficos para Ribadeo nas autonómicas' (na que por certo, variei o segundo gráfico para facelo máis comprensible):
A primeira das ilustracións de hoxe aporta unha historia gráfica das autonómicas en Ribadeo dende o 1993 ata hoxe (93/97/01/05/09/12), onde se ve que porcentaxe de votos brancos e nulos (azul obscuro) non deixa de medrar, pero fíxoo lentamente ata o 2009. En canto á abstención, cun pequeno altibaixo ó comezo, mantívose con moi pouca variación ata estas, nas que pegou un bote notable. O PP, excepto no 95, vai indefectiblemente perdendo porcentaxe de voto, pero é desprezable ata o 2012, e aínda nestas, a perda é moito menor que a que sofren PSOE e BNG (partido que, se agregamos AGE, gana votos e no perde). O PSOE está desinflado, dendo o máximo de 2005. O BNG, menos, co máximo no 2009. Os votos ós outros partidos tamén sufriron unha baixada, se retiramos a AGE, e aínda así, manteñen o tipo despois de medraren no 2009.

A segunda ilustración representa o mesmo doutro xeito, máis 'histórico' e menos relativo en relación ó total, pois presenta os números absolutos de votantes de cada elección, o que enmascara un pouco a porcentaxe o ir medrando o total (excepto nestas últimas).

Nota: táboas correspondentes en Táboa de datos das eleccións autonómicas en Ribadeo dende o 1993

20121024

Tres gráficos para Ribadeo nas autonómicas

    Ás veces, unha imaxe vale máis que mil palabras, din. Hoxe van tres para tentar sacarlle algo máis de información, que con verbas sería longa de contar. Nos tres casos, os gráficos refírense á relación entre votacións autonómicas 2009 e 2012, cos datos de Ribadeo.

    O primeiro gráfico refírese non a partidos, senón só ó tipo de elección de papeleta. As tres opcións que representan o non votar a partidos medraron. Hai que dicir que o día foi bo para saír da casa e darse unha voltiña porlas urnas, e que a xente xa ten máis prática en eleccións que no 2009, polo que o aumento de votos en branco e nulos non pode ser achacado á falta de prática, diminución de cultura ou despiste.

    A segunda implica as opcións máis escollidas, incluíndo xa a partidos (quedan fóra os que tiveron menos de 20 votos), ó igual que o anterior, a representación é, en relación á lista da dereita, en sentido contrario ás agullas do reloxo. Unha pequena aclaración: no 2009 non se distingue AGE, de tan fino que é o lisco, pero está aí, como EU.
    O terceiro gráfico tamén se lee en sentido contrario das agullas do reloxo, e xa é o máis tradicional: o que representa os votos ós partidos máis votados (tamén, o mesmo que no caso anterior, a partidos con máis de 20 votos)

    Quedaría quizáis só por explicar que ese Eb que aparece é o partido En Branco, que o mesmo que CxG e Hartos, non aparecía nas anteriores autonómicas.
Explicación? Polo momento, só a elocuencia dos gráficos.

20121023

Pero, foron as eleccións? Outro comentario post-electoral

Ben, si, foron. E aínda que pareza que hai continuidade, hai novidades abondo. A nivel Galicia, aumenta a abstención, primeiro bando en cantidade de elección, pero sobre todo, entendo que aumenta a consciencia da abstención. É dicir, nestas eleccións deuse o paso do pasotismo político desinteresado ou adocenado ó pasotismo plenamente consciente. Algo que, polo demáis, se manifesta nos comentarios electorais.
Igual que no xogo da perindola, agora tocou o 'todos perden', se exceptuamos a Beiras, e aínda así. Porque todos perden votos, a mans cheas, mentras os votos en branco e os nulos seguen tamén a aumentar. E mentras que o dito é evidente, cada partido parece que tenta facer as súas análises máis ou menos de xeito individual, co que o contexto de descreto político desaprovéitase.
Aínda así, ahi triunfalismo no PP, que coa terceira parte dos votos consegue unha folgada maioría absoluta, e unha indisimulada explosión de xúbilo en AGE que me parece lóxica por ser un resultado con só un mes de preparación, pero totalmente ilóxica tanto polo resultado dentro do conxunto como polas dificultades unha unión feita ás présas e menos por ideas que por perspectiva electoral.
CxG, desaparecida ata nos comentarios, UPyD coa perspectiva de ter esgotado o seu recorrido electoral a nivel do estado a non moi longo prazo, e Mario Conde (que non un partido), ignorado. O resto de minoritarios, minoritarios quedan, tendo Beiras rendibilizado o descontento que poideran ter aproveitado. Quizáis unha excepción co partido dos escanos en branco, votos que se poderían asemellar ós votos en branco, alomenos dende certa perspectiva.
O PSOE? Coa súa tradición, poderá reinventarse, levantarse e voltar ó ruedo como partido grande. Pero antes necesita condicións de seriedade e consistencia interna (de estrutura e ideas) que parece que está lonxe de lograr.
O BNG quedou noqueado, pero en contra do que lle pasa a AGE, ten unha estrutura detrás e sábeo. Do que non estou tan seguro é de que sexa consciente de que se houbo unha escisión non debeu ser só por causas de mesianismo. Cónstame que hai xente que quere facer análise das causas da derrota, pero coido que a clave elixida é interna, e non en función de toda Galicia.
O PP está sendo advertido de xeito inconexo de que unha victoria en Galicia non é extrapolable (aí está o caso vasco), do aumento do partido abstencionista, etc, pero a victoria pode obnubilar as mentes, e así se amosa unha e outra vez. Queda quizáis a esperanza de que a maioría absoluta folgada de deputados se case coa magnanimidade de victoria que 'se sabe' incontestable e a partires dun contacto asimétrico tal, se poda facer unha pequena rexeneración de ideas. Pero non parece, co horizonte en lograr algún posto extra que poidera caer e ser ocupado.
Voltando a AGE, os tempos do mesianismo, a pesares das ansias dun Caudillo que se representan por algures, coido que teñen pasado, e se ben Beiras arrastrou, as coalicións son coalicións e esta ben o manifestou nas súas papeletas, cos símbolos de Anova e EU, unha vez case fóra das listas Equo e Ecosocialistas. Quizáis, ata podería tinguir de galeguismo a EU por un tempo, pero a pesares dos resultados e do sorpasso do seu antigo partido, o BNG, antes de chegar a algo necesita unha visión de conxunto interno para deixar de ser un merlo branco (vermello) para convertirse en algo de máis longo alcance. A menos que a situación dexere abondo antes de catro anos ...
E en Ribadeo? O PP, como no resto, co BNG facéndolle fronte a nivel PSOE e ben por riba de AGE. O alcalde tira como icono, e a estrutura interna do BNG, a presión, aguantou o resquebraxamento xeral. O futuro, de calquera xeito, complícaselles.
En fin, comentarios post-electorais onte poideron verse, escoitarse e lerse unha morea. Iste é un máis de a pé de rúa, que aprezo por ser meu, igual que cada un dos electores terá o seu, consciente de que non son politólogo nin siquiera político no sentido que moitas veces se lle da, senón político sinxelamente por ser persoa... (iso si, non saín elixido por Ourense)

20121021

Xa teño os resultados

Voltarei a poñer gráficas e demáis, pero agora mesmo, non. Chega coa impresión. Mentras, que forza que tivera votos as pasadas eleccións, coas mesmas siglas, tivo o maior incremento na súa porcentaxe de votos en Ribadeo?
Resposta: a Falange. Son poucos, pero a resposta é isa: de 1 a 10.
E, a nivel Galicia, unha pequena cousa, a falta de contabilizar o 100% dos votos: Se BNG e AGE se tiveran presentado en coalición, e e sumaran os seus votos, o PP non tería maioría absoluta. Sube a abstención, multiplícanse os brancos e nulos ... baixa o PP en votos, sube en escanos.
Nota posterior: contabilizados o 100%, aínda que AGE e BNG sumaran os seus votos, sería maioría absoluta igual, pois o PP sacou máis votos que PSOE+AGE+BNG

Previsión

Prognóstico 'eleitoral', de hoxe mesmo:
Meteogalicia: de ceo despexado (agora) a alternancia de nubes e claros, e aumento das nubes cara á noite ...
Aemet: 30% de probabilidade de choiva pola tarde-noite ...
A lembrar que o índice de acertos non é ó 100%, pero achégase.

20121019

Remate

Nos partidos de baloncesto hai veces que o balón é lanzado, toca o fin de partido e quedan no aire un momento os puntos decisivos, que poden conseguirse ou non, despois de que remate o tempo.
En Galicia, nestas eleccións, diría que vai ocorrer algo polo estilo. Hoxe remata a campaña para estas eleccións, suxa/suxas como o Prestige, opacas como as tramas de corrupción, legalmente manipuladas como as múltiples violacións do código electoral denunciadas, mentireiras como contratos asinados que non levan a ningues de momento, ... nosas. Nosas? Iso está por ver. Se ata cun 21% de votantes se pode obter a maioría absoluta, o de nosas, de todos, coido que queda en entredito.
E aínda así, quedan moitos temas:
Son todos os políticos iguais? (algo manido dende hai tempo). Pois non. E, a verdade, non creo que sexa necesaria demostración.
Hai algún que nos poda sacar da crise? Por favor, mesianismos non, participación! Non, se me refería a algún partido! Crees que algo partido (e só) pode traballar arreo para todos como se necesita?
Hai que votar economía? a) o que non hai que votar é econosúa. b) se votas economía e non sociedade, posiblemente non teñas ningunha das dúas: o importante é a xente, non os cartos (aínda que queran que creamos que é ó revés). e tamén, c) a economía constrúese, non se vota
Son tres temas de exemplo, ós que poderían seguir moitos máis.
Mañá non fago campaña. Continuarei facendo vida, vivindo. Como ata hoxe. E a partir de pasado mañá? Gustaríame dicir 'os galegos diremos', pero tal como está o sistema, non sei se saberemos, ou poderemos, ou nos deixarán falar. Así que, sinxelamente, viviremos ...

20121018

Aprendendo dende fóra. O resultado, para cándo?

As novas pola nosa bisbarra están centradas agora mesmo máis que na campaña electoral, no emprego: Cemar non pecha en Ribadeo de momento, despois de anunciar os xornais que si o ía facer. Gondán bota un novo buque, irmán doutros anteriores, e mantén a esperanza dunha industria forte na ría. Alcoa respira. En Foz, tamén hai novas semellantes. Mesmo en Ribadeo volta a repetirse que o polígono promete emprego. Por suposto, hai outras novas non tan boas, ou de perfil totalmente diferente ó económico, mais parece que cara á fin de campaña as boas novas teñen un repunte, incluído a baixa da prima de risco e a suba da bolsa. Outras, en cambio, póñense como anécdota, aínda que sexa dolorosa. aí está, sen ir máis lonxe, a asignación da defensa do xefe de máquinas do Prestige, 455€ en 10 meses, quedando no sorriso e non chegando ó que representa en xustiza.
Mentras, nalgures, fóra (de Galicia e de España), pode existir crise, quizáis non como a que se respira por aquí, pero crise, e mais estáse a pensar en construír unha sociedade agora mesmo. Aí está a iniciativa nulpunt, da que me entero a traverso do blogue de Enrique Dans, e que representa unha transparencia institucional que aquí se nega a tódolos niveis administrativos e que é básica para unha participación en democracia que aquí tamén, de xeito efectivo, se nega. O único partido que saiba que pon como punto primordial a participación efectiva da cidadanía no seu destino non logra nin facer listas nas catro provincias galegas. Sirva ista entrada para facer a campaña do Partido Pirata. Porque non se trata dun partido, senón de nós. A falta de poder votar na provincia a Piratas.gal, a cal votar, se votar? Atención: o resultado sabemos que non se verá ata ... fai falta ter paciencia ... e lembrarlle ós electos que temos paciencia, pero tamén algo máis.
Esquecíame: o resultado, para ... ... teño que marchar!
O vídeo, en English ...

20121017

¿QUE E UN PORNA? - artigo de Evaristo Lombardero Rico

¿QUE E UN PORNA?
Dende hai varios anos vimos insistindo na necesidade de que a Ría de Ribadeo conte con un PORNA, pero coido que nunca explicamos o que significa esta palabra.
PORNA son as iniciais de PLAN DE ORDENACION DOS RECURSOS NATURAIS.
¿E qué importancia ten ésto de ter un Plan de Protección dos Recursos Naturais da Ría de Ribadeo?. Para respostar a esta pregunta hai que botar man do sentido común e mais da lexislación vixente en materia de medio ambiente.
O sentido común dinos que esta ría é un espacio que compartimos varios miles de persoas e hai unha serie de actividades como son os recheos, os verquidos, os portos, as industrias, as obras, os deportes, o marisqueo etc. que xeneramos as persoas. Vivimos a carón da ría e vivimos da ría e queiramolo ou non, xeneramos unha contaminación e un deterioro do medio natural derivado do tipo de vida da sociedade moderna. A custión é a seguinte: ¿Queremos facer algo para conservar este medio natural ou pensamos que non é necesario molestarse porque a ría pode con todo?. Facer “algo” significa establecer unhas normas de protección para conservar o que hai e que cadaquén non teña barra libre para dispoñer ao seu antoxo do qué pertence ao conxunto da sociedade.
Vexamos o estado da legislación vixente. No ano 1989 aprobouse unha lei de Protección dos Espazos Naturais, posteriormente derogada e ampliada no 2007 (Lei 42/07 de 13 de decembro, BOE 14-12-07). Estas leis obligan ao goberno español e aos gobernos autonómicos a redactar eses plans de protección que chaman PORNA. Ademais a lexislación europea tamén exixe a redacción destes plans de protección para os espazos naturais incluidos no Rexistro de Zonas de Especial Protección de Aves, Convenio RAMSAR, Rede NATURA 2000 e Reserva da Biosfera.
De xeito moi resumido o PORNA é unha norma de obligado cumplimento que debe establecer unha serie de elementos naturais, biolóxicos, paisaxísticos, culturais, urbanísticos, etc. que deben ser preservados para o futuro e as actividades humanas estarán controladas e deberán respetar estes elementos e adaptarse a esa norma. Por exemplo as normas urbanísticas municipais teñen que adaptarse ao PORNA.
O primeiro problema que temos é que dende 1.989 ata hoxe non hai nengunha proposta ou proxecto dos gobernos autonómicos, do goberno español, dos partidos políticos ou das maiorías ou minorías dos parlamentos e dos concellos que prantexasen a necesidade e mais a obriga de acadar esa norma de protección. Por decilo dalgún xeito existe un consenso negativo para eludir este plan de protección. Porque xa pasaron 23 anos dende marzo do 89, e xa pasaron polos concellos, polos gobernos e polos parlamentos varios centos de persoas e duas ducias de partidos políticos e resulta moi choqueiro, por non dicer sospeitoso, que a ninguén se lle ocorrese prantexar esta custión. Mesmo, cada pouco celebránse xornadas e xuntanzas sobre medio ambiente, acuden conferenciantes a nivel de cadeiradegos, directores xerais, directivos de sociedades ecoloxistas de sona mundial pero ninguén fala e ninguén escoita a necesidade de ter unha norma obligatoria de protección.
O segundo problema, que interactúa co primeiro é que nas sociedades humanas que habitan a carón da ría hai moi pouca información e escasa sensibilidade sobre a necesidade de ter unha norma de protección que suliñe os valores positivos a protexer e mesmo impida obras e verquidos como que o que denunciamos recentemente.
A miña impresión persoal é que un colectivo organizado, chámese plataforma ou como se queira, segue sendo absolutamente imprescindible para conseguir algún ano destes unha mínima mellora do actual estado da ría.
Evaristo Lombardero Rico.

Proposta para un día de reflexión

Achégase o que se chama fin da campaña, e antes do día das votacións, hay teoricamente un día de reflexión. Teóricamente porque os carteis seguen (en Ribadeo aínda hai varios das eleccións pasadas, a estas alturas xa para escarnio do candidato correspondente), as novas non deixarán de lembrar ós candidatos, etc.
Ben, se se quere pasar da teoría á práctica, e se conta con ganas e posibilidades, propoño a ruta do ferrocarril.
O día podería comezar tranquilamente lendo algo como isto, pero tamén se podería pasar do trámite, pois a proposta fai reflexionar. Para quen esteña descolocado, a ruta do ferrocarril é un tramo de vía verde que aproveita as vías do antigo tren do mineral que unía A Pontenova con Ribadeo, transitable andando ou en bici sen dificultade algunha. Está convertido en vía verde só nuns 12 km entre a Pontenova e Santiso de Abres, pero hai xa máis dunha década que se pretende (mesmo con estudo xa realizado e a estas alturas aínda descoñecido popularmente: cousas da información á cidadanía) chegar a Ribadeo. Coido que a paisaxe paga a pena, e que é unha mágoa quedarse só co tramo recuperado.
Ben, como antiga vía, temos asegurado que non hai desniveis, e recórrese con facilidade como apuntei antes. Na parte recuperada hai algúns carteis, lembrando algún a existencia de mineral de ferro en Vilaoudriz, que serviu como motivo para construír a vía por unha compañía que naceu no país vasco, a onde se exportou o mineral mentras foi rendible, sobrevivindo a liña máis tempo e rematando por abandoarse, arrincarse, pasar en parte ós veciños, servir como zona de ampliación da estrada, ... É dicir, como resume do que podería ser a parte primeira, capital foráneo usa a zona como fonte de materias primas e cando xa están esgotadas, váise e deixa as infraestruturas, que rematan por perderse.
Recupérase cousa de un tercio do recorrido, e mesmo se lle mete luz mediante paneis solares e sensores ós túneles. Vano intento, pois unha e outra vez as lámpadas son roubadas, como dilixentemente di a encargada da oficina de turismo da Pontenova cando se lle avisa de que non funcionan as luces.
O tramo recuperado funciona entre Galicia e Asturias, e ese cambio administrativo nótase no coidado, e non só porque a maioría do tramo galego esteña asfaltado aínda sendo unha vía verde.
Se se ven cara a Ribadeo, despois de chegar a Santiso, hai un cachiño no que a vía se intúe, pero non está practicable, e logo volta a haber outro tramo (un quilómetro máis) no que un camiño de uso forestal fai preguntarse por que non o rotulan, lle botan un pouco de grixo e aumentan así a ruta. Remata bruscamente perto de Ría de Abres, colonizado polos eucaliptus e desfeito, pero deixando facilmente continuable o paseo nun tramo chan doutro camiño despois dun pequeno desnivel.
De alí ata Ribadeo, os restos son visibles sempre preto da veciñanza da estrada, mesmo con curtos tramos recorribles ben por estar integrados en camiños ben por descuido, como o tramo que comeza/finaliza no túnel de Porto, á beira do comezo da estrada que vai a Santalla de Vilaosende e que cunha linterna e preparados para monte, permite unha exploración abondo significativa do que son moitos tramos do recorrido non recuperados, ata que remata bruscamente por riba da estrada que lle comeu o terreo.
Despois aínda do tramo citado, a ponte sobre o esteiro do río Grande, aproveitada para a traída de augas a Ribadeo, ou o tramo case sen inclinación de camiños entre a antiga estación de Ribadeo en ruínas e Ove dan outra idea de usos do antigo medio de comunicación, ó tempo que brinda a visión da construción dunha nova vía, a do actual FEVE, a carón da vella, no que se ve como unha duplicación á que hai que buscarlle o sentido...
Na zona de Ove non é difícil seguir o rastro máis aló do asfalto, mesmo con taludes aínda transitables e desaproveitados mesmo por actuais rutas de camiñantes.

O ferrocarril do mineral conta con estudos e publicacións a el adicadas, pero a súa recuperación como vía verde non impide que o seu aproveitamento actual, un día de ponte como o pasado sábado, sexa o tránsito dalgún deportista suando e varias persoas en plan ruta do colesterol. Non sempre é así, pero lembra o dito aquel que indicaba hai cousa de medio século que un alemán preguntaba sobre os toxos que cobrían o monte á beira dunha estrada: 'que é iso?'. 'Son toxos'. 'E para que serven?'. 'Para facerlle a cama ás vacas'. 'Pois se se aproveitaran doutro xeito, as vacas poderían durmir en leito de ouro'. Certo que a historia do alemán, que me chegou por un familiar e da que non sei a súa orixe, admite máis dunha interpretación (por exemplo, a dun desarrollismo a ultranza e por riba do que faga falta), mais pode servir para rematar a reflexión sobre unha ruta bonita pero desaproveitada, sen finalizar, roubada e mesmo parece que deixada da man de Deus. Como Galicia.

20121016

Un par de detalles

Catro días de campaña, contando o presente. E cáusame curiosidade que hoxe non atope en internet o gráfico enquisa da Voz, mentras aparece como nova principal que se van de Galicia tódolos meses 2 000 persoas de entre 20 e 34 anos.
Onte mesmo comentáballe por escrito a un amigo que a percepción sobre o resultado das eleccións inclinábase de novo cara á dereita, mesmo nun día no que a máquina de tendencia da Voz daba a máxima cantidade de escanos a AGE. Agora pregúntome se eses 2 000 galegos votarán. Seguro que boa parte, non: teñen outros problemas e dificultades do momento. Pero aínda que non depositen o voto, votan coa opinión, coas verbas, cos seus pés. Ó final, ninguén sabe que vai resultar do 21 O, pero cada vez máis, todos participamos, aínda que se vote por minoritarios, en branco, ou non se vote. Sexa cal sexa o resultado, a actividade e a percepción da xente é diferente a anteriores veces. En parte, polo 15 M. En parte, pola situación económica. En parte, pola situación social. En parte, pola corrupción. En parte pola xa inocultable degradación do planeta e escasez de recursos. En parte porque se contempla que 'o sistema' vénse abaixo e quenes o tiñan controlado poderán ganar máis cartos e eleccións, pero non impedir que se continúe degradando ... Os tempos están a cambiar, aínda que non se saiba que sairá do cambio.

20121015

Estado actual de moitas ilusións: proxectos para Ribadeo

Ribadeo é persoa maior. Como tal, moitas ilusións e proxectos vánse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois está visto que se se deixa, o número de proxectos inalcanzables chegará ó infinito, mentras que con acción o número dos que se vexan perdidos baixará tendendo a cero. Naturalmente, ambos como límite: sempre pode xurdir algún de carambola, sen comelo nin bebelo, e algún outro será inalcanzable como na canción infantil o de 'quisiera ser tan alta como la luna' ...
A lotería de O Tesón reivindica algúns dos proxectos para Ribadeo que nestes momentos están pendentes. A casa dos xulgados, da que teño falado no blog a conta do seu estado e falta de mantemento, sirve como fondo este ano a catro reivindicacións de calado que se pretende que non se esquezan.
A primeira, a residencia de maiores, é unha necesidade que se vai ver incrementada pouco a pouco, pero que non pode ser enchida de calquera xeito: se non hai cartos por parte das familias e a residencia non se subvenciona, os maiores quedarán nas casas, por imposibilidade material, aínda que haxa unha flamante residencia á que non poidan acceder. Logo é unha reivindicación que non se trata de encher nin só con promesas nin só cun edificio. E que cada vez é máis acuciante.
As vidrieiras seguen nun impasse dende hai tempo: parece como se todas as forzas vivas deixaran o tema en barbecho, meténdose todo o máis en vericuetos que á cidadanía importan só de xeito secundario, e esquecendo que se non se investiga e se asignan culpabilidades e castigo, voltará a suceder con calquera outro ben público. Mentras, polo que parece os anacos aínda conservados seguen nunha carretilla.
O xulgado? Mondoñedo móvese defendendo con unllas e dentes a institución que ten alí sé. Viveiro non lle vai moito á zaga, contando coa súa potencia comarcal. Din que a río revolto, ganancia de pescadores, e agora mesmo o mapa territorial do eido xudicial está revolto, pero Ribadeo non se puxo a pescar, se exceptuamos ó Tesón. E, se non hai pescadores, a pesca non aparecerá no prato por arte de maxia. O prato estará vacío.
A ría de Ribadeo ... oficialmente, chámase así, e é algo máis que un nome: é un símbolo de adicación á ría que Ribadeo está a perder pouco a pouco, comezando polo seu desentendemento do uso do propio nome. Coido que en Galicia sabemos ben da substitución de nomes por alcumes, e o que significa en cada un dos casos. A ría de Ribadeo leva anos loitando por seguir sendo ría de Ribadeo. Tamén leva a nos loitando pola súa conservación ...

20121014

Xestores, empresarios, emprendedores ...

Dun tempo a esta parte, o uso das verbas vese acelerado no seu cambio (no dalgunhas) en función de intereses de propaganda e/ou idea. Hai alguns cambios que se pretenden e que son patentes, aínda que sexa difícil deter o cambio unha vez comezado, por diferentes razóns, en particular porque ditos cambios soen imporse ós medios e cando nos decatamos xa están aceptados co significado imposto por boa parte dos falantes, que en boa parte, aínda que se decaten do cambio, non se decatan ou non nos decatamos da importancia do mesmo para a propia estrutura mental.
Un deses cambios que se está a producir é na constelación de verbas relacionadas coa posesión e dirección de empresas. Por exemplo, entre as tres verbas que titulan este artigo. Na actualidade diríanse case intercambiables, cando o seu significado é radicalmente diferente. Segundo o dicionario da RAG, respectivamente, temos:
"Persoa que xestiona un asunto ou administra un negocio ou sociedade.""Persoa que posúe ou dirixe algunha empresa.""Que ten iniciativa para empezar a facer algo con decisión."
Indo ós termos, o xestor non ten por que dirixir ou ter iniciativas, só tirar adiante co día a día. O empresario posúe e/ou dirixe, pero non ten por que ter iniciativa creadora (o fin da empresa é ganar cartos, sempre, teña ou non outros fines máis). E o emprendedor, non ten por que ser empresario; máis ben, terá que ter algo de xestor para poder levar adiante as súas iniciativas, sexan do tipo que sexan.
Hoxe por hoxe, moitos dos que se chaman empresarios son meros xestores de fondos públicos, e moi poucos, emprendedores. A cultura da subvención, usada ben en xeito caciquil, ben en xeito soborno, ... ten contribuído longamente a iso. Mentras, moitos emprendedores ven truncado o seu avance, sexa nun área económica ou empresaria, ou en outras moitas posibles, paradóxicamente pola falta dun apoio (e mesmo por meterlles paos na roda do carro) que podería ter lugar de diversos xeitos, e, aínda tratándose ás veces de cartos, con abondo menos cantidade que as típicas subvencións a eses outros xestores privados do público e con moitos menos que esas transferencias de pobres a ricos que son os rescates bancarios. Así pois, diferenciemos, alomenos mentras non haxa outras verbas claras que substitúan o significado de xeito común.

20121012

Creando opinión

Esta semana comezou o barómetro electoral da Voz. A día de hoxe, o que presenta é isto.
Nin na web nin en papel vin os datos correspondentes para analizar a validez ou significatividade da enquisa. Certo que a empresa recibiu hai non moito unha xugosa subvención por propaganda, pero aínda así dubido que día a día sexa quen (e considere rendible) pagar unha enquisa con unha significación abonda. Non a nivel Galicia como un todo e menos a nivel provincial, para facer o estudo circunscrición a circunscrición, necesario para prever o número de escanos.
Aparece na gráfica da enquisa o número de escanos dende o 7 de outubro. A día de hoxe, queda (o gráfico é meu, pero cos datos da Voz):
Púxenlle o título de 'intención de escanos' e non de 'intención de voto' porque entendo que tal como se presenta no xornal, máis ben se trata do primeiro que do segundo, comezando porque non se di a cantidade de enquisados que opina dun ou outro xeito, senón o número de escanos. Chaman a atención as variacións que sofre algunha candidatura, en particular AG, en menos dunha semana, con altibaixos.
Coido que máis que facer prognóstico o que se tenta facer é tendencia.

20121011

Debuxando coa choiva

Onte choveu. Abondo, ó solpor. Goyi Gómez tomou unhas fotos e pasoumas.
As primeiras dan fe dunha luz especial, bonita, na zona da illa Pancha, nun momento de choiva máis lixeira. Pero as segundas són máis chamativas.

A posta de Sol estaba naturalmente cara ó oeste:

Vemos abaixo a ponte dos Santos  nun momento de choiva forte sen vento. A zona protexida está debuxada, cun sombreado brilante da superficie da auga ó non ser golpeada polas gotas, e limitada pola caída dos desaugës da ponte. O arrastre da marea leva a un debuxado na superficie da auga cara ó sur, consecuencia do arrastre da marea.

Nesta vése aínda máis claro o sombreado, se ben ó aumentar a choiva o debuxo na superficie da auga cara ó sur (a dereita da foto) desapereceu. A cambio, reslta máis a barquiña que se protexeu da choiva baixo da ponte, outra curiosidade. O vento tiña unha compoñente surleste, como pode verse pola maior 'sombra' cara ó sur, e o efecto de pantalla da columna que fai que a barca sinale un punto de menos vento nesa dirección (máis pegado á vertical da ponte), e igualmente xusto en dirección contraria, aumenta a sombra polo freado do vento.


20121009

Amenceres dende o IES de Ribadeo


A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada no traballo (o meu) coincide co amencer, e de xeito direto ou atraverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o ceo de Ribadeo.
A pasada lúa chea, antes de meterse no horizonte oeste, serviu como telón de fondo a unha clase de astronomía a primeira hora da mañá. Tres conxuntos de tres liñas paralelas que se ven corresponden ó refrexo da iluminación interior.

O amencer polo leste, cos ceos de tonos de lume. Os edificios, do fin do Xardín á esquerda, ó fin da avenida de Galicia, á dereita.

Aquí parece que o lume queda pola outra beira do edificio do fondo, ou aínda da outra beira da ría. Á esquerda, a parte vella do edificio.

O Cantábrico comezando a ter o tono de mar polo día. Cara á dereita, a Casa do Óptico co seu gurugú.

Xa amencido, o Cantábrico segue ó fondo, aínda que non haxa contraste co ceo por riba de Vilaselán.

A máis de no traballo, ceos en Ribadeo hainos ... a semana pasada collín este arco da vella por riba da torre da igrexa, dende diante do Rosa-Lar.

Non hai contedores de lixo (con comida) abondos?

Iso é o que se prantexa un comentarista ante a nova "Báñez prevé que España perderá un millón de habitantes por la emigración en la próxima década".
Ante a situación poboacional galega, teño deixado xa máis dunha entrada. Neste cso, déixoa ante a situación xeral española, cun agravante: se ben xa non estaba boiante antes da crise, pois non se achegaba á taxa de reposición dende facía un par de décadas por cuestión social (incluída a mentalidade de desfrute do momento, pero tamén as condicións laborais e a falta de axuda á familia), a crise veu empeorar a situación, incluíndo ademáis unha taxa de emigración que a ministra prevé, despois da sangría destes últimos anos, que acade 1,5 M no que resta de década, en xeral de xente formada, prevendo asemade que entrará 0,5 M de emigrantes, en xeral xente con menor formación. Iso da unha taxa próxima ós 200 000 emigrados anuais os anos vindeiros. Capital humano que se desperdicia, xunto con familias que se ven forzadas a disgregarse.
Parece que non hai problema: a concentración de cartos e poder seguirá, e con iso, chega. Todo indica que aínda que con formulación lixeiramente diferente para tranquilizar conciencias, os directores do estado así o pensan.

20121008

E se no 2009 tiveramos 61 escanos?

Que tería pasado?
Ben, queda primeiro o reparto de escanos, en función da poboación. Como o estatuto establece que cada provincia ten un mínimo de 10, e o resto repartese por poboación, a distribución, unha vez axustada ó novo censo e feito o redondeo, coido que quedaría (a falta dun axuste máis finosegundo os criterios de poboación considerados en relación ó ano anterior ou ó mesmo, etc):
A Coruña 18
Lugo 13
Ourense 13
Pontevedra 17
Evidentemente, o criterio favorece ás provincias con menos poboación e máis rurais, con votos en principio máis tendentes a ser recollidos polo PP.
Con eses números e os votos de 2009, poderiamos obter as seguintes gráficas, adaptación de dúas das correspondentes na entrada anterior:
Na da esquerda estaría a distribución de escanos correspondentes a cada partido polo acutal sistema, pero con circunscrición única. Notamos que o PP segue a manter a maioría absoluta, pero UPyD desaparecería dese hipotético Parlamento. A relación de forzas é relativamente proporcional ós votos de cada partido, se ben saería beneficiado o PP, dándolle a absoluta.
Na gráfica da dereita sería a representación gráfica de ter considerado catro circunscricións, pero a abstención (repito, só a abstención, non brancos ou nulos) como partido. Neste caso, por cousa das estatísticas, aínda que hai provincia a provincia diferencias, en conxunto non se nota moito a diferenza con ter 75 escanos, pero sae lixeiramente máis perxudicado o 'partido abstencionista' que os partidos tradicionais. Cousas ...

20121007

Estudando os resultados das galegas 2009

Só son 5 gráficos, collendo os datos das pasadas eleccións autonómicas (2009). Poden parecer semellantes, pero veremos a continuación que expresan diferenzas notables. En particular, porque as cores non teñen a mesma asignación nuns e nos outros ...
Por partes:
Gráfica 1.
Normalmente, en Galicia, falando de partidos, sóese falar do '3 grandes' e o resto. Collín os 4 con máis votos para facer a representación da porcentaxe da tarta obtida entre eles; é dicir, só cos seus votos, sen cotnar brancos, nulos, abstención ou votos a outros partidos. O máis destacable é que o PP non ten maioría absoluta nin aínda contando só as partes anteditas dos electores, aínda que se achega.
Gráfica 2:
Parella á anterior, pero aquí cóntanse os votos a outros partidos (non abstención, brancos ou nulos). A suma PSOE+BNG alónxase do 50% que estaba ó alcande da man na gráfica 1.
Gráfica 3:
Os escanos obtidos. A maioría absoluta do PP déixase ver.
Gráfica 4:
Os resultados anteriores son considerando os votos obtidos en toda Galicia, como se fora unha circunscripción única, e sen límite inferior de votos para obter escano. A diferencia fundamental é que coa entrada de UPyD, o PP perde a maioría absoluta.
Gráfica 5:
A última gráfica representa os escanos considerando a abstención como un partido máis, circunscrición a circunscrición. Unha alinaza PP+PSOE podía facerse coa maioría absoluta da cámara...
Unha gráfica máis non incluída nas anteriores:
Gráfica 6:
 É parella a anterior, cunha soa circunscrición, e na que se ve que o BNG gana peso, mentras o PP pérdeo ...
Por esta, non van os cálculos coa reducción de escanos que foi proposta. Queda tempo antes das eleccións de facer novos cálculos. Pero o importante non son os cálculos, senón as consecuencias. E vese claramente a importancia fundamental da abstención (que se di aumentará esta volta), como para pretender que é un apoio ó goberno, ou que quen se abstén lle está a facer o xogo ó PP (dous xeitos de mirar cunha idea única, dende dous puntos de vista ...)
Ademáis, vese a importancia doutras cousas, como a distribución de circunscricións, por poñer un caso.
Só dicir: continuará.

'Paralizaron miles de vivendas en Barreiros para nada'

O título corresponde a un titular de xornal de onte. As verbas son postas en boca do alcalde de Barreiros. E estou de acordo con elas, pero coido que por motivo diferente que o alcalde.
A postura do alcalde ven sendo a de 'vedes, non hai nada, deixade de molestar', amparándose en resolución xudicial. Polo contrario, penso eu que o enfoque debera ser algo así como 'está visto que tal e como están as cousas non se pode facer nada; hai que cambialas'.
A diferencia entre ambas posturas é fundamental, e quizáis máis en época electoral como a presente. Non o crees así?

20121006

Unha lembranza externa (entre outras moitas posibles) para o comezo de campaña

Chego a traver de Ángel Alda a un artigo do Huffington Post. Trata de traballo e corrupción, emigración e desolación, futuro sin presente e presente sen futuro ... É un máis, pero non un menos: un máis entre os escritos, pero non un menos por escribir, porque a materia da que trata non nota que xa foi escrito e pode voltar a repetirse e repetirse aínda ... Aquí queda: http://www.huffingtonpost.es/carlos-m-duarte/ayer-emigro-mi-hija_b_1934872.html

20121005

Estou en campaña

Con anterioridade a hoxe, o Partido Pirata apareceu no blog en dúas ocasións (1, 2) Hoxe aparece unha terceira con motivo da publicación das listas electorais. Si, xa sei que foi hai algúns días. E eu mesmo, no xornal (Voz, 21 de setembro, non hai versión na rede), non lle din importancia algunha, cualificando a miña inclusión no posto 13 da lista de Pirata.gal por Ourense de 'anecdótica'. Aínda así, e xa que hoxe me atopo internet inundado de cousas sobre pegadas de carteis, ataques e defensas, deixo aquí o comentario do articulista cando deu a nova (colgo o artigo escaneado abaixo): 'un partido de ámbito gallego, que promueve la democracia directa y que, entre otros, tiene como objetivo defender la cultura como un bien común a cuyo acceso todos los ciudadanos tienen derecho'.
Presentándome por Ourense, non creo que esta entrada sexa moita propaganda, pois non hai moitos lectores ourensáns, que eu saiba. Tamén, dicir que sendo funcionario, tería dereito a pedir libres os dáis da campaña electoral, cousa que non se me pasou pola cabeza.
Así pois, non creo que faga moita máis propaganda no blog sobre o tema, aínda que supoño que si o usarei para ilustrar algunhas cousas da/na campaña ...

20121004

Comeza ou comezou?

Din que esta noite comeza. Non é certo: a campaña electoral leva xa en marcha dende as pasadas eleccións, se ben pola dispersión destes últimos tempos, algúns grupos só puideron sumarse a ela cando se constituíron, hai pouco.
Din que comeza, pero a Xunta Electoral xa leva uns cantos apercibimentos, en particular ó PP. Sancións? Vamos, que estamos a falar de políticos, e teñen escasas responsabilidades!
Por outra banda, comezarán esta noite coa colada de carteis. Un acto na actualidade máis para saír nos medios que para cautivar direitamente a vontade dos electores. Coa mesma intención continuarán cos mítines: non para convencer a quenes acudan, senón para ocupar un posto visible nas novas.
Hai partidos que centran a petición, a visibilidade, sobre o propio partido como tal: aínda non lograron (e lamentan non ter) unha cabeza ben visible. Outros, máis asentados e tradicionais, poñen énfase sobre o candidato mellor posicionado. Quen non deu logrado un programa concreto, salienta o propio programa. E así sucesivamente.
Mentras, as mesmas novas seguen ocupadas por visitas de políticos, declaracións de partidos, xuntanzas de diversos tipos ... Onte o candidato de CxG xuntouse con representantes de ACISA Ribadeo. Non está previsto que ningún representante se xunte cos veciños ou con representantes deles, en liña con que o concello (controlado por outra formación política, como é sabido, entre outras cousas porque CxG non existía cando as últimas eleccións municipais), é deicir, outra rama do entramado político, discrimine na súa proposta de participación cidadá as asociacións de veciños fronte ó 'Consello Económico Social' controlado polas asociacións empresariais, como sucede en outros moitos concellos.
Quen vai saír? Pódese facer un prognóstico, pero é maís doado facelo sobre outra pregunta: que vai cambiar? Ou aínda sobre outra, máis retórica: quitará de seguir loitando polos nosos dereitos e polo noso futuro?

20121002

corrección da entrada de datos meteorolóxicos última

Teño a necesidade de poñer a nova dunha corrección sobre datos meteorolóxicos, debido a unha lamentable equivocación de rutina de tratamento de datos na última entrada de meteoroloxía. A nova está ademais, ampliada con máis gráficas: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html

20121001

Denuncia da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo

--/Recomendable ver o vídeo/--
DE: Evaristo Lombardero Rico, presidente de la Plataforma por la Defensa de la Ría de Ribadeo
A: Fiscalía de Medio Ambiente. Asturias
Sr. Fiscal de Medio Ambiente de Oviedo: En nombre y representación de la Asociación Vecinal, Cultural y Ecologista PLATAFORMA POR LA DEFENSA DE LA RIA DE RIBADEO debo poner en su conocimiento lo siguiente:
En el extremo sur del tesón (banco de arena) de Figueras (Castropol), conocido popularmente como La Berlinga se encuentra un vertido de aguas residuales, procedente del emisario submarino que recorre la costa oriental de la ría desde Vegadeo hasta su salida al mar, al norte de Figueras.
Este emisario, que en un principio recogía las aguas residuales de los concejos de Castropol y Vegadeo fue construido hace más de 20 años y se encuentra en un estado calamitoso desde hace mucho tiempo.
Pero lo que ahora denunciamos no son las deficiencias o grietas con abundantes emisiones en el trayecto de dicha conducción, sinó una especie de ramal o tubería, procedente del anterior y que sale en el punto referido (tesón de Figueras) presuntamente construido con el fin de disimular las deficiencias de la conducción principal.
Conocemos este nuevo vertido desde hace varios meses, pero no lo hemos denunciado hasta el día de hoy por falta de pruebas iconógráficas. Desde hace varios días se encuentra colgado en la red el video titulado “Geiser de aguas fecales frente a la punta de Castropol” que demuestra la veracidad de nuestra denuncia.
Ahora sabemos que esta conducción fue construida hace unos tres años y está conectada al emisario principal que va de Vegadeo a Figueras. Desconocemos la empresa constructora ni la administración promotora, aunque damos por supuesto que tuvo que ser algún organismo adscrito al gobierno autónomo de Asturias.
Hace unos meses hicimos una visita al ayuntamiento de Castropol para interesarnos por este asunto, donde nos informaron que la gestión de estos temas la llevaba la empresa Asturagua. Puestos en contacto con dicha empresa nos informaron que ellos no sabían nada del asunto. Todo ello de palabra, como se suele decir.
No nos extendemos en la descripción del vertido, porque una buena imagen vale más que mil palabras. Solamente añadiremos algunos comentarios:
a) La zona donde se produce la emisión es un lugar frecuentado por los bañistas, próximo a los campos de cultivos ostrícolas de La Lieira, por tanto existe un alto riesgo de transmisión de infecciones a las personas.
b) Asimismo es un punto muy próximo a las localidades de Castropol y Figueras con todas las implicaciones que ello supone.
c) Da la impresión de que obra ha sido realizada de forma consciente y voluntaria y no se trata de un deterioro o rotura más o menos imprevisible del emisario principal, sino un añadido reciente, probablemente para disimular las deficiencias del mismo.
d) Es posible que la actividad funcione clandestinamente, aunque éste es un extremo que no podemos acreditar.
e) Es también muy probable que se haya falseado u ocultado información medioambiental en este caso.
f) La Ría de Ribadeo fue declarada Zona Especial de Protección de Aves en 1.989, incluida en el convenio internacional de RAMSAR en 2004 y posteriormente en la Red Europea NATURA 2000, por citar sólo las normas de protección internacionales más relevantes. Por estos motivos y en aplicación de la ley 4/89 y las directivas europeas concordantes debería contar con un Plan de Ordenación de los Recursos Naturales, cuya carencia viene denunciando la Plataforma desde hace más de 10 años sin ningún resultado. Asimismo desde 2007 forma parte de la Reserva de la Biosfera Oscos, Eo y Tierras de Burón.
CONCLUSION: Por todo lo anteriormente expuesto entendemos que el vertido de aguas residuales que se encuentra en el extremo sur del Tesón de Figueras y que se puede visualizar con toda nitidez en el video “Geiser de aguas fecales frente a la punta de Castropol” podría ser constitutivo de un delito mediambiental según lo previsto en el artículo 325 y siguientes del Código Penal español LO 5/2010, actualmente vigente.
Lo que se pone en conocimiento de la Fiscalía de Medio Ambiente de Asturias a los efectos oportunos.
Fdo.: Evaristo Lombardero Rico, presidente de la Plataforma por la Defensa de la Ría de Ribadeo
Ribadeo (Lugo), 1 de octubre de 2012

De viaxe

Unha crónica tranquila:
Este fin de semana O Tesón foise de viaxe. Curta, só a Mondoñedo. Intensa ó tempo que tranquila, aínda que con algún susto.
19 persoas collemos o autobús e en xeral tivemos unha primeira impresión do trazado da autovía ó ser contemplada a costa dende o alto dun autobús e non dende turismos.
Mondoñedo sempre reserva algunha sorpresa. Nas súas rúas, a catedral, os Remedios, os Muíños, o Museo catedralicio, o Seminario, ... algúns exemplos:
O Bispo Veres non tiña cara para nós. Agora, a rúa de Ribadeo xa a ten mercede a este retrato que se conserva no Seminario, e un pouquiño da súa historia tamén, como emigrante a México ...

O Bispo Sarmiento soa máis; é un apelido máis coñecido en Galicia. Saber que os seus ósos descansan nos Remedios, dos que foi benefactor e reconstrutor, xa é algo que non é moi extendido en Ribadeo. E quizáis, menos o feito de que mandara que o seu enterramento fóra na entrada para que todo o mundo o pisara ó pasar. Algo que ós poucos anos foi desobedecido para construírlle este lateral que se ve na foto.

O Cemiterio de Mondoñedo coido que pode cualificarse como bonito. Unha vista parcial testemúñao, aínda que neste caso o enfoque ten naves ó fondo, cousa que non é moi representativa nin de Mondoñedo nin do cemiterio. O poñer un conxunto de tumbas e non a de Pascual Veiga, a de Cunqueiro, ... por separado ten unha razón sinxela: o número de xente de certo renome que está soterrado alí.

Non sei outra xente, pero a min sorprendeume ver nunha talla de cousa de tres séculos atrás un gaiteiro tocando nun nacemento a modo de substito do coro e trompetas celestiais ... o gaiteiro, na parte inferior dereita do cadro, axeonllado, está tamén nos Remedios, na parte sur da cruz da planta da igrexa.
A parte, houbo outras cousas que a viaxe e a comida propiciaron. E a falta de tempo fixo tamén que quedaran outras cousas por ver.