20120619

Baile de cifras

Días movidos istos nos que se produce un contínuo baile de cifras. Sube a bolsa (máis ben lento) e baixa (dunha tacada, preto de 3%). Intradía, a prima 'de risco' sube 40 puntos e volta baixar algo menos da metade, ó son dos intereses da débeda. Mesmo o límite de velocidade, despois de ser baixado a 110 km/h nas autovías e autopistas, logo foi baixado por 6 meses, volto a recuperar o máximo e agora fálase de subilo (nas autovías) e baixalo (nas estradas nacionais) de xeito simultáneo ... Claro que o goberno parece ser capaz de controlar a última cifra como lle pete (especifico 'parece') mentras as outras campan enriba ou abaixo diríase que de xeito independente total dos desexos e actividades do executivo. Especifiquei o de 'parece' para a velocidade límite porque diríase que ante o cobro nas autovías, e a diminución xeral da circulación que se ten observado, a baixa e suba simultánea de velocidades límite permitiría máis ventaxas a quen pagara, estimulando a recadación da nova taxa.
En Ribadeo as únicas cifras que dan para manexar son as das datas de concesión de permisos para a queima en San Xoán e San Pedro, ata o 21 as primeiras ou o 27 as segundas. Ir máis aló dada a situación actual do concello, pedindo manexo de cifras económicas, é algo arriscado a pesares de que hai concellos que estan abondo peor non tan lonxe.
Outra cifra que da bandazos, pero só para atenuar ou acentuar o seu aumento, é a do paro. É de esperar que agora, no verán, volte a haber contratacións, pero xa non é seguro, como en outros tempos, que o paro diminúa nestes meses, aínda que tradicionalmente o fixo así.
Onte había partido da copa de Europa no que xogaba España. As rúas de Ribadeo estaban desertas de coches e viandantes mentras o partido estaba en marcha. Mais os locales nos que se vían os partidos sen ir máis lonxe o ano pasado, estaban vacíos ou case. Só un pequeno puñado rexistraba unha entrada mediana. Claro que non era a final, senón un partido de clasificación no que os xogadores contemplaban lonxe a prima (non de risco, senón compensatoria polos seus esforzos). Aínda así ...

Ningún comentario: