20120430

Ante o día do traballo, a resposta de Ribadeo: atar os cans con longanizas (ou equivalente)

'Un sorriso, por favor: mellor rir que chorar' podería ser un título alternativo, quizáis máis explicativo.
Mañá é o día do traballo, enfrontado á peor situación xeral en moito tempo para a xente que traballa. Mentras, en Ribadeo, suceden situacións curiosas ás que non lle atopo moita explicación. Deixo reflectidas en fotos tomadas esta fin de semana un par delas.
Un xamón apoiado no medio do parque, onte pola tarde. Despois de estar alí, non creo que sirva de moito, pero non deixa de ser unha curiosidade significativa nos tmepos que corren. En Ribadeo non se atarán os cans con longanizas, pero debe ser porque hai tanto xamón que nin paga a pena o das longanizas ...

A este material coido que xa me referín hai cousa de medio ano. Segue no mesmo lugar, deteriorándose sen máis aproveitamento que quitar espazo de patio. Será que xa non cabe o material rexeitado no punto limpo, por exemplo? Ou haberá que esperar a que esteña peor para levalo alí?

20120427

Coñeces Ribadeo? As fádegas, pisadas do encanto

Tras enterarme e invitarme copio (con pequenos comentarios engadidos ás fotos e o posicionado aéreo) nunha vez tres entradas do blog Mondigo, do IES Gamallo Fierros. Un lugar máis aconsiderar tanto polo interese cultural como para incluílo en rotas turísticas, por exemplo:

As fádegas, pisadas do encanto
O primeiro petróglifo de Ribadeo e o primeiro podomorfo da Mariña.
As  Anzas, parroquia de Cubelas (Covelas)-Ribadeo, no antigo camiño que ía de Salcedo ás Anzas, ao carón do río Grande, no lugar coñecido como As Fádegas, moi preto do castro das Pumaregas, foi noticia polo descubremento de petróglifos (gravados feitos en pedra ao aire libre): podomorfos e cazoletas. Dos que falaremos en vindeiros días.
Este ben cultural foi incluido no inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio, co nome de “As Fádegas-as pisadas do encanto”, coa clave GA27051023, trala inspección do xacemento  polos técnicos do Servício de Patrimonio (data: 15 de xuño de 2011 ).
Por su posto que As Fádegas ten a  súa lendaNunha rocha á beira do río  habita un Encanto, unha moza fermosa e loira que deixou as pegadas dos seus pés na laxe do camiño. Polo S. Xoán a moza aparéceselles aos que pasan por alí amosando a súa fermosura e mailos seus tesouros así como unha galiña coa súa rolada de pitos de ouro. A beleza da moza ou a cobiza do ouro, fai que a xente se achegue á rocha, o que provoca o seu encantamento, ficando para sempre no interior da rocha”.
Os petróglifos constitúen a expresión máis característica da arte rupestre galega. Un petróglifo é un gravado feito sobre as rochas ao aire libre; son plasmacións de diferentes motivos gravados nas rochas por mor dunha técnica que conxuga o picado e maila abrasión para delimitar sucos ou concavidades que configuran as representacións.
A súa tipoloxía é ampla e variada, pero pode resumirse en dous tipos: figurados (antropomórficas e animalistas) e non figurados, entre os que destacan os podomorfos e cazoletas das Fádegas.
As pisadas, pasadas, pegadas ou podomorfos (plantae pedum) é un dos tipos de petróglifos máis intrigantes e menos estudados de Galicia. Estas gravaduras de As Anzas (Cubelas) reciben o nome de “As pisadas do encanto”, situadas nunha zona coñecida como As Fádegas. Nesta rocha hai polo menos catro pegadas de pé (segundo Patrimonio), con distintas medidas: 50, 43, 41 cm.  A que se debe este motivo na Prehistoria?  Hai moito debate… a veneración das divindades, espíritus dos antepasados, símbolo de ofrenda e devoción, a toma de soberanía por parte dos homes, boa sorte para a caza, búsqueda da fertilidade feminina… No vindeiro artigo: as cazoletas.
Rematamos a información dos petróglifos das Fádegas (As Anzas-Cubelas), cun tipo de petróglifos coñecidos co nome de cazoletas ou cazoliñas.
Denomínase cazoleta a un oco artificial excavado na superfície dalgunha rocha, xeralmente semiesférica. Son motivos rupestres moi frecuentes, en tódalas épocas e latitudes.
Nas Anzas hai dúas cazoletas de 12 e 16 cm de diámetro. Son múltiples as hipótesis sobre a funcionalidade das cazoletas: as cazoletas poderían haber sinalado un espazo sagrado prehistórico, recipientes para ofrendas, lugares para recoller a chuvia vinculada ó mundo ritual, símbolos de carácter sexual feminino, receptáculos de sacrificios, cartografías…
Emilio Piñeiroa Lozano
O lugar, nas Anzas
Podes comprobar a túa pegada e comparar ...
Non é tan clara como a anterior, pero ...
Vista do sigpac da zona. O lugar sería na cruz; a estrada na parte superior esquerda, LU.133, a estrada Reme-Vilamar


Collamos un título: ‘Las irregularidades estaban muy institucionalizadas, son ya algo natural’

O artigo do título refírese a algo concreto, as andanzas, manexos e chapuzas da Sgae, pero podería referirse a algo tan amplo como os gobernos a diversas escala dun estado enteiro: España.
E máis, fala o título en pasado, mentras que a nivel xeral as estamos percibindo en presente, dende a subvención do 4% ós bancos ó perdón de débeda (pública, claro) ós 'amigos', pasando pola subida de impostos a quen non pode escabullirse e facilidades para que o faga a quen si pode, por non falar da rebaixa de liberdades ós cidadáns e imposición de semiescravitude ós traballadores.
Non obstante, unha vez máis compróbase no mesmo título algo que está a pasar: o que se tome todo isto como natural, e como tal se integre a suciedade na sociedade como un elemento máis 'que é así', que forma parte indivisible da sociedade.
E, posto que me estou a referir a un artigo concreto para facer a reflexión, e o artigo fala en pasado, cabe pensar, ata cándo? Ata cándo continuaremos con esa naturalidade social desnaturalizada? ... ata me estou poñendo de parte dos bispos cando falan de que a principal crise non é económica, senón de valores (pode que cambie o sentido que lle dan e dou a 'valores' ...), pois é evidente, por exemplo, que a escravitude é máis difícil de erradicar se hai máis escravistas que se hai menos ou non os hai, e a escravitude na práctica é unha cuestión económico-social, pero o escravismo como postura é algo que atinxe ós valores morales, á moralidade.
Isto, nun día no que se coñece que unha axencia de rating baixou dous escalóns a España, e dous despois de coñecer que se leva tanto déficit no primeiro trimestre como se esperaba para a metade do ano ...

20120426

Petra, cicloxénese explosiva

Petra non é un nome moi corrente por estas terras, e o de cicloxénese explosiva non se deu a coñecer ata hai poucos anos. Agora, as tormentas con algo de forza son chamadas co do 'cicloxénese' e asínaselles un nome, como na 'Petra'. Tormenta ou cicloxénese, con nome o chamada Petra, onte/antonte fixo moito vento, aínda que a choiva non foi demasiada. Escasos dez litros por metro cadrado, que, eso si, véñense a sumar ós moitos caídos durante o mes, que xa fan que o ano se iguale en cantidade de auga caída a outros anos(por agora, cos relativamente secos). En canto ó vento, a velocidade máxima que acadou o refacho foi 89 km/h, e a velocidade mantida, de a metade.
 Enrriba, o refacho, e abaixo, a velocidademedia do vento por tramos horarios. Vése que a máxima velocidade en ambos casos foi na noite entre o 24 e 25, aínda que todo o día de onte foi ventoso (pola tarde quedou límpida a atmosfera), contrastando coa plácida mañá de hoxe.
 Abaixo, dúas imaxes do arco da vella na tarde de onte no ambiente da ría.
Con datos da Pedro Murias, collidos de internet.

20120425

Un eco sobre arte relixiosa na comarca e as noticias últimas

Fáigome eco dunha entrada de hoxe mesmo sobre o tema da desaparición de arte relixioso na comarca, no blog de José Mª Rodríguez. Copio e pego:

SOSPECHOSA DILACIÓN DE UNA INVESTIGACIÓN

 Son muchas las dudas y preguntas que surgen en mucha gente de esta comarca, que se pregunta extrañada sobre la inexplicable lentitud con que se desarrollan las actuaciones de los responsables diocesanos del patrimonio artístico religioso diocesano, dirigidas a la recuperación de los objetos desaparecidos, robados quizás, de varios de los templos de esta comarca. Pasaron los días y las semanas desde que se tuvieron las primeras noticias de los hechos ocurridos en nuestros templos, primero en la parroquia de Sante, en Cedofeita después, siguiendo por A Devesa y otras, sin que nadie hasta ahora pusiera estos hechos en conocimiento de las fuerzas del orden, guardia civil y policía, o del propio juzgado, como siempre cumple hacer en estos casos. Una grave actitud de indolencia y pasividad que hace a muchos sospechar, y aun evidenciar, cierta actitud encubridora sobre estos hechos. Una tardanza en presentar la denuncia que pone en peligro el principal objetivo de los responsables del patrimonio, que tendría que estar dirigida, principalmente, a la recuperación de los objetos sustraídos mediante la acción de las fuerzas policiales.

 Como consecuencia de esta incomprensible tardanza flotan en el aire preguntas, cuando no sospechas, que la gente de esta comarca se hace sobre esta falta de diligencia. Gente profundamente angustiada y alarmada por haberse sentido traicionada por alguien en quien confiaban, como lo demuestra el hecho de haberse agotado en los quioscos una famosa revista que recogía unas declaraciones del cura responsable de los templos afectados. Gente que se pregunta si hay, acaso, otras personas implicadas en este lamentable suceso que explique tanta tardanza en presentar una denuncia. ¿Se trata, quizás, de proteger a otras personas implicadas de alguna forma en este expolio? En la entrevista arriba citada el cura responsable de la custodia de estos objetos afirma que algún objeto fue depositado en un pazo de Mondoñedo. ¿Cómo pudo mandar a restaurar estos objetos a ese pazo, sin contar previamente con la debida autorización de los órganos competentes, tanto de patrimonio como del obispado? ¿Qué pretendía restaurar en la preciosa y perfectamente conservada cruz de plata sustraída del ajuar del templo de Cedofeita, de gran valor además sentimental para los feligreses, pues fue obsequio del emérito hijo de esta parroquia y cura de Santiago de Mondoñedo, D. José Mª Agrelo? ¿Le autorizaba, acaso, el cargo de administrador de estas parroquias a disponer del patrimonio a su gusto y antojo, sin contar con el permiso de los responsables de patrimonio diocesano y del conocimiento y la anuencia de los feligreses?

Estos lamentables acontecimientos nos llevan a preguntarnos sobre la protección y seguridad en la custodia de las obras de arte de nuestros templos y museos. Sorprendentemente, aparecía estos días una curiosa y sorprendente noticia en un diario digital de Canarias sobre la decoración de la fachada de una mansión, en la villa de Telde, en Canarias, con motivo de la procesión del Viernes Santo. Una mansión que ostentaba en sus ventanas unos “reporteros” (paños, generalmente cuadrados o a veces rectangulares, similares a los tapices, que representan emblemas heráldicos u otras iconografías) procedentes, según manifestaba el diario, “de un museo sacro de Galicia”. Este curioso hecho nos lleva a plantearnos algunas preguntas, como: ¿De quien es esa mansión? ¿Qué relación tienen sus propietarios con los museos de arte sacro de Galicia de donde procedían los citados “reporteros”? ¿Se refiere la noticia, acaso, al museo de Mondoñedo? ¿Existen actualmente en los fondos del Museo Catedralicio de Mondoñedo los dos “reposteros” depositados allí por su anterior director? Y si no es así, ¿en dónde se encuentran? ¿Siguieron, acaso, la misma ruta algunos de los objetos de arte que el cura responsable de estas parroquias afirma en la citada revista que llevó a un pazo de Mondoñedo? Y por fin, ¿de quién es ese pazo de Mondoñedo al que el mencionado cura confiesa que llevó ciertos objetos de las parroquias?

Éstas todas son preguntas que la gente se hace y que alguien tendría que contestar satisfactoriamente para aplacar las inquietudes y sospechas de los feligreses de las parroquias afectadas por estas sustracciones. Y, sobre todo, poner en manos de la justicia, sin dilación, la investigación de estos hechos para intentar aclararlos y evitar a tiempo la definitiva desaparición de estos objetos y obras de arte.

 Obras de José Mª Rodríguez

 

Unha manifestación para lembrar o día (IV)

Os ecos da manifestación nos xornais vánse apagando, aínda que é de esperar que os rescoldos queden longo tempo e se aviven a calquera detalle novo ou acción que xurda. Na rúa ou mesmo nas redes sociais, a cousa pode ir máis lenta: a interacción que da o comentario permite que así sexa, mesmo ás veces discutindo, cando non mantendo opinións contrarias sobre detalles relacionados. De feito, a discusión aviva o manter a atención máis que o consenso inactivo.
Lembreime das consignas da manifestación. Quizáis podan servir para esa discusión, o mesmo que o tema do terreo está servindo para ver posibilidades e levar un pouco máis aló a perspectiva en pos de algo que non se ve aínda preto no tempo. Así pois, aí van:

Consignas manifestación pro residencia en Ribadeo
POR TI E POLOS TEUS, RESIDENCIA EN RIBADEO

Non ao desterro
dos nosos anciáns

Hoxe
a residencia
é unha esixencia

Ribadeo crece,
residencia merece

Estamos discriminados
á residencia
non estamos achegados!

Ribadeo medra,
e a residencia non chega

Queremos morrer
na nosa terra!

Non queremos
segunda residencia,
queremos
ter residencia.

Ribadeo discriminado
sen residencia é deixado

Temos deseo
temos terreo
residencia en Ribadeo!

Ribadeo envellece
a residencia non aparece

Queremos ós anciáns
preto de nós!

Anterior da serie: Unha manifestación para lembrar o día (III)

Unha nova sobre o porto de Ribadeo

O actual porto comercial sobre a ría de Ribadeo, Mirasol, está en auxe. Calquera que mirara á ría días atrás, coas mareas vivas, podería dudalo ó ver a colmatación da ría, pero así é. Así o afirma unha nova de onte, que destaca o paso da importancia de ENCE do 80% da carga ó 70%, nun período no que máis ben aumentou o tráfico de pasta que diminuiu. Aínda que son números aproximados, a diferenza implica un aumento da orde do 50% de cargas diferentes ás que manexa ENCE, que, nun futuro que xa se alonxou varias veces nas previsións, ten previsto diminuír o tráfico en Ribadeo.
Por certo, lembro que mentras tanto cumpre e non cumpre a previsión futura de descenso de tráfico, beneficiouse (estase a beneficiar) dunha diminución de custes moi importante polo uso de Mirasol, a conta da ameaza e o amago de construcción dun macrogalpón de carga hai uns anos (parte da historia pódese seguir ó fío do blog)

20120424

Unha manifestación para lembrar o día (III)

Despois da intervención do pleno para apoiar a manifestación e o ánimo previo, a manifestación do domingo logrou as expectativas. Saen despois máis noticias e novos detalles a relocer (ou aquí), que complementan ós xerados na propia manifestación (2 e 1)
Onte deu tempo para pulsar a opinión do pobo. Todo omundo recoñecía varias cousas, entre elas, que era a maior manifestación que lembraba en Ribadeo e que tiña pouca fe en que quen ten poder de decisión tomara de xeito inmediato un camiño favorable á construcción da residencia en Ribadeo. Tamén asombrou a participación masiva da xente da zona rural, máis reacia quizáis a participar en eventos deste tipo, pero tamén zona aínda máis envellecida e con máis problemas de coidado de maiores que a zona urbana.
Respecto a convencer a quen ten poder, a xente era clara: haberá que continuar. Polo mesmo motivo se pediron as pancartas despois da manifestación: para voltalas reutilizar se é necesario.
Asemade, atopei xente que se atrevía a pronosticar que unha futura manifestación, despois do éxito desta, podería ter máis xente aínda.
Claro está, tamén había algunha xente que xa lle estaba poñendo condicións á residencia, como que estivera en pleno casco urbán, por exemplo, adiantando etapas de discusión dun xeito anticipado. Pero a grande maioría parece unánime: a manifestación foi un éxito de xente, de organización, de levar a vontade popular ós mandamáis.
Aquí cabe sinalar o bloqueo de cobertura fóra do zona, extrañando a ausencia de televisións a parte da ORT. En particular, a ausencia da TVG foi clamorosa. A dicir que o mesmo día se celebraba unha manifestación contra a construcción dunha incineradora na zona do Deza. Segundo novas, logrou entre 500 a 3 500 participantes segundo fontes (fronte a unanimidade de participación mantida para a manifestación da residencia, de 1 500 persoas, ou, noutras versións, longo máis de mil) pero cun seguemento informativo a nivel Galicia. Coido que habería que repensar este tema.
E, ben, o futuro da manifestación xa está aquí. Houbo unha primeira resposta negativa dende o aparello da Xunta por boca da Delegada da Xunta dicindo algo así como que que na actualidade non había cartos, que a aposta estaba polos maiores actuais, non polos futuros, que se se tivera pedido no pasado ..., é dicir, voltando ás vellas argumentacións, botando balóns fóra (minimizando a axuda ós actuais e negándolla ós futuros coa mesma desculpa) e esquecendo que a asignación de cartos pode (e de feito, hai unanimidade en que debe) variarse.
É dicir, seguirá. Seguiremos.
Anterior da serie: Unha manifestación para lembrar o día (II)

20120423

Unha manifestación para lembrar o día (II)

O vídeo do programa da ORT sobre a Manifestación pro Residencia de Ribadeo:

Unha manifestación para lembrar o día (I)

Unha manifestación para lembrar o día (I)

Onte tivo lugar la manifestación para pedir a residencia de anciáns en Ribadeo. Como características, que a manifestación foi a maior que se lembra na vila, con cousa de 1 500 persoas asistindo na rúa. Choveu, e iso impideu que todos chegaran ó concello, pero non fixo que a manifestación se viñera abaixo, senón que lle deu carácter, resaltando a petición. Apoiada polos políticos, con representantes de todos os partidos no concello sustentando a pancarta inicial, pero sen o soporte informativo da TVG, que incomprensiblemente non deu nin aviso anterior nin nova do acto. Si asistiu a ORT, que deu cumprida información, como xa fixera do pleno de apoio.
Coido que se poderían dicir moitas cousas sobre a manifestación e a petición, comezando polo comentario de que ganar unha batalla non é ganar a guerra, pero polo momento, conformareime con asignarlle a esta entra o nº 1 sobre o tema, aglutinar información recibida da propia Plataforma e deixar algunha imaxe para dar unha idea do que foi a manifestación:

Comunicado lido ó final da manifestación:

COMUNICADO DA MANIFESTACIÓN
Veciños, hoxe estamos aquí reunidos para pedir unha residencia comarcal para mayores en Ribadeo. Ribadeo e a sua comarca medraron moito nos derradeiros tempos e a actual residencia que temos quedouse pequena para poder acoller nela a tantas personas necesitadas. Os profundos cambios orixinados nas nosas familias e o actual alongamento do ciclo vital, así como a moita xente chegada doutros concellos que abandoaron as súas parroquias natais para afincarse nesta vila e no seu entorno, aumentou moito nesta comarca o número de persoas maiores necesitadas de acubillo. Persoas vivindo soas, abandoadas a súa sorte porque, ou ben non teñen familia que as coide no seu fogar, ou precisan de traballar.
Soamente en Ribadeo hai 815 persoas maiores de 80 anos. Delas, 550 anciáns vivindo sós nos seus fogares, uns con dependencia, outros con demencia senil, e todos eles agardando unha praza nunha residencia da que non dispoñemos. E non esquezamos as preto de 50 personas, familiares ou veciños nosos, que se atopan recollidos noutras residencias, lonxe da súa terriña e dos seus familiares e amigos, chorando a súa soedade. Agotando os seus días noutras terras para eles lonxanas, como Xove, Taramundi, Ferreira do Valadouro, Burela, Foz, Viveiro, Vilalba, Mondoñedo, Castro de Rey, Bretoña, etc., non faltando ainda quen foi a acabar a Quiroga. E todo esto, co gran inconvinte que representa a distancia, o tempo e a custe da viaxe para que os seus familiares podan manter un frecuente e axeitado contacto coas suas queridas persoas maiores. E deste xeito por aí están hoxe espalladas personas que entregaron toda a súa vida ó duro traballo e o esforzo, para que nos poidamos disfrutar hoxe dun mundo mellor. Para todos eles, desde aquí, a nosa cariñosa lembranza. Nosoutros, en troques, os seus fillos e veciños, abusando da súa fraxilidade, pechamos os ollos e deixamos que sexan levados a acabar os seus días lonxe da súa terriña, da súa familia e dos seus amigos, mentras nosoutros, insensibles a súa dor e soedade, ollamos para outro lado ou agochamos a nosa cabeza entre as mantas. Veciños, ¿Son os nosos vellos merecentes deste trato e deste desprezo?
Estamos hoxe aquí para pedir, alto e claro, a quen corresponda, Deputación e Xunta de Galicia sobre todo, a solución deste grave problema. Queremos que Ribadeo figure no posto que lle corresponde no mapa de cobertura de residencias para Galicia. Demandamos que os nosos maiores necesitados poidan ser acollidos no seu entorno de orixe. Esiximos, en definitiva, unha Residencia Comarcal en Ribadeo. Dirannos que non hai cartos. E teñen razón. Non hai cartos para Ribadeo. Pero hainos para outros sitios e para outros investimentos. Porque hoxe, Ribadeo está a ser esquecido fronte a outros concellos con menos poboación necesitada ca Ribadeo e gozando doutras residencias na súa proximidade, das que nós non desfrutamos. E Ribadeo non é mais, pero tampouco menos ca ninguén. Fixeron unha residencia en Viveiro, fixérona en Burela e, parece ser, que a van a facer en Foz. ¿Qué pasa con Ribadeo? Se outros teñen dereito a unha residencia, mais ten Ribadeo.
Veciños, queremos unha solución xusta para os nosos anciáns e, tamén, para nosoutros mañá. E por eso temos que seguir a loitar. E que non se excusen decindo que en Ribadeo non hai lista de espera dabondo que xustifique unha residencia; pois tampouco hai lista de espera para traballar no Corte Inglés, pero é porque aquí non hai Corte Inglés. E hora de loitar todos xuntos por unha residencia para Ribadeo. E non só polos nosos vellos, senón porque, ademais, o séu destino actual será, sen dúbida, o noso destino futuro, pois como decían os nosos avós, “como te ves eu me vin e como me ves te verás”.
Veciños, non estamos sós nesta loita. Temos a todas as forzas políticas do noso concello, aquí presentes, loitando unidas codo con codo connosco nesta demanda. Expresión da súa vontade foi o pleno do xoves pasado, no que tomaron o acordo de solicitar da Xunta de Galicia a inclusión de Ribadeo no mapa de residencias para Galicia. Esta Plataforma agradécelles a sensibilidade que amosaron ó acoller e facer súa esta demanda do pobo. Nas súas mans poñemos hoxe a nosa esperanza. Para todos eles o gradecemento máis profundo deste movemento popular, que non pretende quitar nin poñer rei. Só pretende arrimar entre todos o hombro na procura deste obxectivo común. E antes de rematar, quero aproveitar esta ocasión, en nome de todos, para agradecer desde aquí a certos veciños o séu xeneroso xesto de poñer as súas propiedades a nosa dispor para poder levar adiante este proxecto. Son os modernos benfeitores que queren contribuír cos séus propios bens ó benestar de todolos ribadenses. Un verdadeiro ejemplo para todos nós. A eles, pois, o noso agradecemento. E o noso agradecemento, tamén, para todos aqueles que un día foron quen de poñerse en pé para poñer en marcha esta loita.
E da Xunta de Galicia, na que estamos a manter hoxe as nosos esperanzas, agardamos a solución deste grave problema.
E agora, ribadenses, gritemos todos xuntos: RESIDENCIA PARA RIBADEO, XA!

Nota informativa da plataforma de asociacións:
NOTA INFORMATIVA

    A Plataforma pro Residencia Comarcal de Maiores agradece a todos os portavoces dos partidos políticos da localidade a súa adhesión e participación na manifestación pro residencia celebrada en Ribadeo o pasado domingo. Nas súas mans, como representantes da vontade popular, poñemos agora, confiados, a continuidade desta demanda, coa constante colaboración e apoio desta Plataforma.
    Aos medios de comunicación, tanto escritos como audiovisuales, agradecemos a súa extraordinaria e constante colaboración na difusión desta convocatoria.
    E á hora de facer unha avaliación desta manifestación queremos manifestar  aos veciños deste concello, tanto do seu ámbito rural como urbano, e ás demais persoas que de forma espontánea se achegaron a Ribadeo para participar connosco nesta manifestación, a súa masiva asistencia e apoio. Se fai xa un ano o pobo do concejo de Ribadeo manifestou mayoritariamente a necesidade dun servizo imprescindible para Ribadeo mediante a achega á Consellería de Benestar de 2 225 firmas solicitando unha residencia de maiores para Ribadeo, non foi menos explícito en manifestar estas mesmas esixencias nesta manifestación ao apoiala coa súa asistencia masiva, pois estimamos que o número dos participantes non baixaba das 1 500 persoas. Pódese, pois, dicir que hoxe se puxo en marcha un pobo que recuperou a sensibilidade de preocuparse polo destino dos seus maiores necesitados.
    Somos plenamente conscientes do longo percorrido que nos espera nesta loita. Pero estamos dispostos seguir poñendo o noso grauiño de area na consecución deste obxectivo, coa convicción de que todos unidos nesta loita finalmente conseguirémolo.
    En nome da Plataforma de Veciños, a todos o noso agradecimiento.


Na foto anterior, á nosa dereita, José Antonio Ares, e á esquerda, coa cabeza cortada, José Mª Rodríguez, vocal e Presidente da comisión da Plataforma veciñal. No medio, os representantes políticos.


Fotos no facebook.

20120421

Lembrando un post anterior: mañá domingo, manifestación

Movemento

Unha entrada sinxela para un fin de semana máis ... coido que dende o pasado xoves a martes tódolos días hai algunha cousa cultural/participativa. Aí están, A Mariña para igualdade cas súas actividades, o concello, a reclamación de participación para a construcción da residencia de anciáns mañá domingo, ou cousas de máis lonxitude e variedade, como ocorre nas xornadas de violencia de xénero. Total, comentábame alguén onte que en Ribadeo non se aburría, aínda que haxa sente que diga que non hai nada que facer. A esa xente que o di, coido que habería que darlle un consello, ou dous. Un, que tente organizar algo que lle encha. Seguro que o tempo se lle queda escaso. E, como a anterior é unha alternativa radical, unha segunda máis repousada: que tente enterarse das cousas que hai en ribadeo, que semana tras semana, no auditorio Hernán Naval, na Casa das Letras, no salón da Casa do Mar, no salón da casa sindical, nos lavadoiros ... ou mesmo ó aire libre se organizan. E si, todos-todos os días non hai actividades, pero para compensar, hai moitos días que hai varias e non se pode un repartir. Outra cousa é o non querer, o pasar, ou sinxelamente preferir ver a televisión. Coido que nesta entrada podería poñer unhas cantas ligazóns ás actividasdes destes días, como fago normalmente. Esta vez non: háinas. Pero, en xeral, participar nas actividades require iso, participar; unha perogrullada que se esquece que o é.

20120420

16,4 Gb (Moita memoria)

Publicado en A Mariña/O Progreso o 15/07/1999 ... e coido que aínda non se queda tan atrasado, a pesares dos cambios en 13 anos ...: 16,4 Gb (Moita memoria) Xa fai algún tempo, creo que foi polo pasado nadal, escoitei en Lugo a conversa de dous pequenos. Estiven a punto de chamarlles "mocosos" na frase anterior, pero contívenme: estou fixo que non tiñan mocos que levarse ó pano cando os vin, xa anoitecendo, por unha rúa céntrica. O caso é que non me chamaron a atencióna ate que estiven ó seu lado e escoitei dicirle un ó outro: ¿y para que necesitas dieciseis coma cuatro gigabytes de memoria? E eso me quedei pensando daquela: ¿para que os necesitará? A cousa vai máis aló, porque esa capacidade de memoria atreveríame a dicir que non hai hoxe tres ordenadores en Ribadeo que a teñan, e iso dando unha ampla marxe se tomamos en conta o que ocorría o pasado nadal. E aí estaba dous rapaciños duns 12 anos falando dunha memoria informática capaz de absorber no seu interior algunhas bibliotecas de pobos non tan pequenos. Tiña presa e non puiden seguir a historia, o que me gustaría, pero non podo menos que lembrar agora con máis tempo aquel retazo que me chegou. ¿Para que querería aquel rapaciño tanta memoria? Era evidente que, ben a tiña, ben pensaba tela en breve nun ordenador ó que podía optar con certa facilidade. O primeiro pensamento é sobre a permeabilidade que ten a xente nova para aprender. Eso, cando lles interesa. E aí, a crudeza con que se presenta un punto clave para o ensino hoxe en día: ter que competir uns coñecementos estructurados perante milenios dun xeito radicional coa tecnoloxía que moitas veces non somos capaces de seguir na súa evolución (xa non digo de usar preparando materiais para tecnoloxía punta) por falta de tempo, cartos e coñecemento. Despois ven outro sobre o avance da técnica cando hai interese de xeito contante e sonante pola súa aplicación práctica. Hai unha lei que di que o precio dun equipo informático redúcese á metade, e a capacidade que corresponde a un equipo tipo duplícase, nun periodo tan breve como seis meses. É algo que se obtén empíricamente, e que non fallo ate o momento polo que parece. Se collemos a evolución mantida dende principios dos oitenta, con aqueles micrordenadores (aínda non pc) ate agora, sobre 1982, unha memoria típica era de 1kb, mentres agora váise a memorias de 8Gb, é dicir, 2 elevado a 23, oito millóns de veces máis que aqueles aparellos. Ben, seguind a "lei" expresada ó pe da letra, tería que ser aínda máis, 2 elevado a 34, pero tamén hai que ter en conta que agora hai cousas que antes non se soñaban ou que a venda dos aparellos actuais multiplica ó daquelas pequenas marabillas de entón, ou que coa velocidade de proceso que tiñan, os actuais ordenadores personais tardarían unhas cantas horas cada vez que os quixéramos arrancar (o certo é que aínda nos aprecen lentos, moi lentos) Véñense á cabeza máis comentarios posibles a partir dunhas sinxelas palabras entre rapaces entusiasmadados cunha tecnoloxía que para moitos de nós é unha marabilla, e para eles nada máis que algo actual. Pero máis chamativo que o xa comentado me pareceu que dous rapaces de pouca idade estiveran a falar de algo que boa parte dos maiores da nosa xeración sinxelamente non usa. Xa non é que comprendan ou non, que saiban o significado ou non, que ... por certo, un Gb, gigabyte, é aproximadamente un millardo (ou mil millóns) de bytes, o que, ó tempo, representan oito unidades de información binaria, é dicir, a información que pode conter oito pares de opcións "1" ou "0". Este artigo, sen o formato no que aparece no periódico, ocupa 4kb, é dicir, caberían uns 250.000 artigos coma este nun só Gb. Pódense facer máis contas e comparacións. Agora, cos ordenadores, é máis doado (se se sabe como)

20120419

Curiosidades políticas a voapluma

Onte, nun momento que escoito a tele:
(referencia na miña mente: España é o 3º país de Europa en desigualdade - isto xa o sabía de antes, non saiu onte)
As enmendas do PP á lei do traballo son citadas por ser presentadas fóra de prazo. Decidirá a mesa do congreso sobre se as acepta ou non.
As enmendas de CiU, resaltando unha: que pide o 10% de distribución de dispoñibilidade horaria para a empresa, en troques do 5% disposto.
O resto non aparecen. O recurso ó Consitucional presentado por un letrado por varios puntos sobre o despido non é detallado en absoluto, pero iso si, dise que non retrasará a aplicación da lei ...
Que televisión era? Pois xa non me lembro, tan revolto está o cariz das novas e os perfís de presentación das mesmas nos medios ...

Hoxe ás 9 da mañá, pleno

Un pleno avisado coa antelación que foi posible, e do que se coñece a orde do día: o apoio á construcción dunha residencia de maiores en Ribadeo.
Un día no que coincide ademáis, a prensa coa unanimidade (casi) dos partidos políticos en torno á convocatoria da manifestación pro residencia, que terá lugar este domingo partindo ás 12 de S. Roque. No que os carteis xa están pegados e as volantas animando a unirse a unha reivindicación non só xusta, senón debida, deben estar repartidas por todos os puntos do concello. No que existe xa algún anel de correos en internet animando a sumarse, ...
Como exemplos de como está a cousa, a nova de hoxe na voz, e a nota do concello.
Segundo as previsións de meteogalicia, as probabilidades de chuvia o domingo serán do 20%, o que significa que choverá algo ó longo do día, pero salvo coincidencia, non debera afectar á manifestación.
E ti, xa decidiches onde te vas colocar para saír de San Roque?
- Última hora: voto unánime no concello dos concelleiros presentes.

20120418

Ondas na entrada da ría de Ribadeo

Estaban avisadas de 7 m. Coido que non chegaron a tanto, pero aínda así, pagaba a pena achegarse á entrada da ría para velas.

A vista comprende varias idas e vidas de vistas á ría, co fondo dende a illa Pancha á Punta da Cruz e logo, máis adentro na ría, as Carrallas co faro instalado alí despois da deriva do barco hai uns anos.

Interviú chega a Ribadeo: da Comarca a Interviú

Xa é unha nova atrasada, aínda que non a vin nos xornais: Interviu esgotouse antonte nos quioscos ribadenses. O motivo, aquí: 'el cura aristócrata y el misterio de las imágenes perdidas'.
A dicir que me ensinaron a revista, cunha muller espida de portada, pasando direitamente ás catro páxinas (máis abondantes en texto e fotos que a versión internet) e comprendín que o culebrón non é que chegara a Ribadeo, senón que foi xerado en Ribadeo por alguén que tan pronto di que está enfermo como quere protagonismo de revista sensacionalista. Entre outras cousas. Na revista, imaxes de santos agochadas nas catro páxinas á beira dunha foto onde amosa a súa posición económica para dicir que non lle fan falla as imaxes, ou a mesma foto da entrega das imaxes e demáis en Mondoñedo, nunha revista na que a liña é sexo, cartos, glamour, comidillas de artistas e famosos, ... e polo que se ve, o tema entra na liña tanto da publicación como do implicado. Mentras, o pobo é tratado dun xeito moi diferente a como o fai na Comarca. Da Comarca a Interviú. Polo momento.
* coido que é convinte ler algún dos artigos publicados ó respecto por aquí, abondo máis serios que a nova. Como por exemplo, iste.

20120417

a nosa saúde: fáigome eco

Fáigome eco dunha entrada, que copio abaixo literalmente, do blog Facendo Camiño:

O pasado 22 de setembro do 2011 o Presidente da UE asinaba o Reglamento de Execución nº 942/2011 polo que se establece a non aprovación da substancia activa Flufenoxurón, de conformidade co Regulamento relativo á comercialización de produtos fitosanitarios.
A denegación desa aprovación débese a que as avaliaciones realizadas polos científicos revelaron un alto potencial de bioacumulación, un elevado risco para os organismos acuáticos, e non puideron desbotar a súa perigosidade para a saúde.
O parágrafo nº 7 do devandito regulamento di “Durante a evaluación da substancia activa detectáronse problemas. En particular, os que figuran a continuación. Non se puido finalizar a evaluación do risco para os consumidores porque a exposición dos consumidores no puido avaliarse dun xeito fiable, en particular no que respecta á magnitude e á relevancia toxicolóxica de diversos metabolitos. Ademais, o flufenoxurón ten un alto potencial de bioacumulación na cadea alimentaria. Pola outra banda, detectouse un elevado risco para os organismos acuáticos. ”
Consecuentemente, o Regulamento dispón no seu artigo 2 “Os Estados membros velarán porque as autorizacións de produtos fitosanitarios que contengan flufenoxurón sexan retiradas a máis tardar o 31 de decembro de 2011.”
Poren, é certo que no seu artigo 3 o mesmo regulamento dispón que “Todo período de graza concedido polos Estados membros de conformidade co disposto no artigo 46 do Regulamento (CE) no 1107/2009 será o máis breve posible e expirará, ó máis tardar, o 31 de decembro de 2012.” É dicir, a propia UE recomenda retiralo canto antes, pero abre a porta a prolongar por un ano o emprego do produto, para darlle saída ao que teñamos almacenado.
Curioso porque se imos velo devandito artigo 46 do regulamento nº 1107/2009 di o seguinte:
“Cando un Estado membro retire ou modifique unha autorización ou non a renove, poderá conceder un período de graza para a eliminación, almaceamiento, comercialización e utilización das existencias. Cando as razóns da retirada, modificación ou non renovación da autorización non estéan relacionadas coa proteción da saúde humana ou animal ou do medio ambiente, o período de graza estará limitado e non superará seis meses para a venda e a distribución e un ano adicional como máximo para a eliminación, almaceaxe e uso das existencias dispoñibles dos produtos fitosanitarios afectados. ”
Como pode observarse o que di este artigo é que da un ano se non hai risco para o medio ambiente on para a saúde das persoas, pero non din nada do prazo se SI hai risco para as persoas ou o medio ambiente. Dada esa omisión, a lóxica fai pensar que nese caso non debe haber prazo que valga: non se pode envelenar á xente e o medio para aproveitar os restos que temos no almacén.
Pois ben, estes días enterámonos por vías indiretas e por indiscrecións dalgúns políticos que “alguén” está a financiar en diferentes concellos de Galicia a aplicación, pola técnica da pulverización aérea, dun insecticida a base de Flufenoxuron, sobre os montes e do noso rural.
A cousa é moi grave, porque a maiores de ser un produto prohibido na UE, a aplicación de fitosanitarios mediante pulverización aérea, para a que algúns estudos estiman que máis dun 30% do aplicado se deposita fóra dos montes, ten sido relacionada con enfermidades graves dos veciños como a sensibilidade química múltiple. De feito, a Directiva 2009/128/CE establece no seu artigo 9 a prohibición da pulverización aérea dos fitosanitarios. Esta Directiva tiña que ser trasposta á nosa lexislación ao más tardar o 14 de decembro do 2011, pero aínda non se fixo.
O que sabemos polo momento é que a alcaldesa de Melide ditou un bando chamando aos veciños a apuntarse para fumigar de xeito gratuíto os seus montes, e que unha empresa de Valladolid fai o mesmo no noso concello chamando ás Comunidades de Montes ofertándolles fumigacións gratuíta.
¿Fumigación ilegal cun produto ilegal, para aproveitar os saldos da fin da tempada?¿E ese o valor da nosa saúde? ¿Quén paga isto e por qué non o dí? ¿Sabe que é perigoso e ilegal? ¿Por qué non comunican os riscos aos veciños? ¿Van poñer anuncios avisando ou poden sulfatarnos cando vaiamos pasear polo monte? ¿Sábeo oa Consellería de Medio Rural? ¿Está a investigalo?
Moitas preguntas sen resposta, esperemos que políticos e periodistas estean a face-lo seu traballo, descubran aos implicados e traballen para erradicar definitivamente estes tratamentos.

Noel ganou en Dallas

O domingo, Noel Fernández Marcos, ribadense que tamén pasou pola banda e que anda pola Coruña, ganou a Marathon de Dallas, o 'Big D'. E fíxoo 'sobrao', con case oito minutos de ventaxa sobre o segundo:
Participantes? Só quedaron detrás del uns 3 499 ...
O tempo amosa a dureza da carreira: 2h38 correndo, cunha marca mundial en marathóns de 2h06, ou a marca do ano pasado do vencedor desta mesma marathon, 2:45:56, poñen claras as cousas (ver perfil abaixo). Polo demás, din que é unha carreira bonita.
collido de http://www.findmymarathon.com/elevation/BigDTexasMarathon_e.jpg
Por certo, teño sin confirmar se é unha nova marca da carreira, que parece que si ...

20120416

A voltas co Titanic. Unha semellanza coa actualidade

Xa pasou o centenario do afundimento do Titanic (foi onte), pero a realidade é que seguimos a afundir o buque. Non só polas celebracións correspondentes (en Ribadeo, por exemplo, cun ágape querendo imitar o último celebrado no barco) senón tamén pola seguridade no mar e por detalles como o tratamento dos pasaxeiros. Así, se collemos os datos que a edición papel da Voz traía o venres, e en contra da entrevista a un especialista, que afirma que non houbo clasismo no salvamento, obtemos:
Evidentemente, as causas misturáronse, e non foi só pola diferente categoría dentro do barco (aínda que as causas que apunta o especialista entrevistado na Voz relaciónanse coa clase social), pero vese claro que tanto en mulleres como en homes como no total, os privilexiados de 1ª clase salváronse en moita maior proporción que os de 3ª ou mesmo os de 2ª.
No Titanic que estamos a vivir co afundimento económico e social, podemos establecer tamén unha relación semellante? Coido que os números serían aínda máis impactantes: ó fin, aquí non parece estar habendo un salvamento mínimamente ordeado.

20120415

MANIFESTACIÓN PRO RESIDENCIA


A manifestación segue a prepararse. Deixoaquí a nota oficial animando á manifestación:
 
MANIFESTACIÓN PRO RESIDENCIA

Tal como se ten acordado na última asamblea xeral da Plataforma de Asociaciónes de Veciños do concello de Ribadeo e en vista do silenzo prestado ás nosas demandas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para abordar o tema da dotación dunha Residencia Comarcal de Maiores en Ribadeo, esta Plataforma de Asociacións de Veciños, apoiada por todos os partidos políticos deste concello, convoca a todos os veciños do Concello de Ribadeo e de toda a comarca veciña a manifestarse públicamente con presencia e voz en demanda deste servicio.
A manifestación terá lugar o próximo domingo, día 22 de abril, ás 12 horas. Esta Plataforma invita a tódalas Asociacións e Comunidades, así como a todos os veciños do concello e villa de Ribadeo e a súa comarca a participar nela, para apoiar coa súa presenza e voz esta demanda. Para elo os manifestantes reuniranse ás 12 horas na Praciña de San Roque, na vila de Ribadeo. De alí partirase en manifestación poas rúas de San Roque, Rodríguez Murias e Villafranca del Bierzo ata o parque de Santa María, onde se dará letura a un Comunicado reivindicativo desta necesaria e demandada Residencia.

Faltan sete días

Hoxe amenceu un día gris de abril, máis ventoso que chuvioso polo momento. Esperemos que dentro dunha semana loza o día e facilite unha manifestación como reclama a petición de Ribadeo.
Mentras, e a pesares do apoio dos partidos no concello a traverso da comisión creada a tal efecto, a veciñanza no tempo da propia manifestación leva consigo que haxa intentos de politización a traverso de acusacións de politización ós demáis. Como se puido ver ben a traverso dos xornais estes días, a comisión pro residencia de maiores, plataforma creada polas asociacións para a promoción da residencia, non só pretende deixar a unha beira as loitas partidarias, senón que non aparece atacada máis que de xeito lateral (o que non quere dicir que non faga dano). E é que, conscientes do poder das asociacións neste país e da misión que lles toca, foron quenes propiciaron que o concello en conxunto, tódolos partidos, creara un organismo representante de Ribadeo para xestión institucional da residencia. Foi a ese organismo a quen se lle ninguneou por parte da Xunta ó ser convocado [poucos días despois de manifestar a Comisión de asociacións que habería unha manifestación convocada por ela] con pouco tempo de antelación pola Delegada da Xunta, quen prometeu unha entrevista a nivel Conselleiro no mes de marzo. Pasou o mes e algo máis, e só entón se plantexou unha chamada para unha entrevista a nivel secretaría e non consellería. O resto, o enfrontamento: denegación da oportunidade por parte do alcalde e presidente da comisión do concello, acusación inmediata dun Coordinador provincial da Xunta de facer política a conta da residencia e contestación do alcalde.
Mentras, a comisión pro residencia de anciáns -que repito unha vez máis, ten relación coa do concello a traverso de dous membros que participan en ambas, e que tenta aunar esforzos, pero só niso- segue adiante. Nunha semana vémonos na manifestación.
Cartel para dar nova da manifestación o domingo 22 de abril.

20120414

A República española, Ribadeo e a súa lembranza

Hoxe, 14 de abril, hai anos que a República Española veu a luz. En Ribadeo celébrase cunha festa hoxe, á que está invitado todo o mundo:

20120413

Vivir é un risco, non humor negro

Sabiamos todos, ata onte, que vivir é un risco, pois ó fin, mentres estás vivo sempre te podes morrer. O que non sabiamos é que temos risco suplementario, o risco financieiro. Unha nova ensinanza do FMI.
O que da de si a información é iso: coñecemento. Neste caso, coñecemento de que para as finanzas a vida pode ser molesta. Naturalmente, para as finanzas dos demáis. Naturalmente, a nosa vida, non a dos que ven danadas as súas finanzas.

20120412

Análise, un artigo publicado na Mariña o 11 de xuño do 1999

Os temas dos que trata, hoxe, serían diferentes. O fondo, coido que non:
 
Análise

Dados os cartos que os partidos gastan en propaganda electoral, creo que todos eses papeis que nos chegan ás casas merecen unha consideración. Claro que non é só polos cartos, porque senón, tamén merecerían esa consideración os multimillonarios de todo tipo que no mundo hai. E non é certo, por moito que os cartos inflúan nas eleccións (o que si está demostrado).

Pois ben, collan a propaganda que chega e léana. Si, léana, aínda que sexa de xeito rápido, sen fixarse moito. Ó fin, é unha propaganda dun tipo diferente que a morea dela que chega tamén dun xeito non solicitado anunciando, por exemplo, unha vaixela, e que para nós ten importancia só como posibilidade de reciclaxe do seu papel.

Ó lela, podemos atopar cousas que nos chamen a atención, ben por novedosas, ben porque xa foran prometidas en anteriores ocasións e non cumpridas, ou por outros motivos.

Tamén podemos botar de menos o tratamento dalgún que outro problema. E, velaí, pode que atopemos en falta varios problemas en tódolos folletos dos diferentes partidos que chegan ás nosas casas. Probando en Ribadeo, hai uns cantos temas dos que pode notarse a súa ausencia.

Un caso concreto. Na vila hai unha puxante actividade que ó tempo xera molestias. Refírome á movida. Non me estrañaría que fora o comercio que proporcione a principal fonte de ingresos da vila; en calquera caso, representa unha entrada importante. Por outra banda, tamén hai queixas continuas relacionadas cos ruídos de noite ou desperfectos motivados por ela. E, mentres que se comenta de cando en cando na prensa que España é o país máis ruidoso de Europa, ou léese que alguén tivo que esperar ó tribunal constitucional para cobrar fortes indemnizacións dalgún concello por non atallar os ruídos dun establecemento, en Ribadeo parece que a liña que trazan os partidos en relación a esto pasa por esperar a que se degrade non só a calidade de vida polo ruído, senón tamén as relacións humanas por ese efecto.

Non importa que sexa unha actividade importante económicamente ou que a asociación española contra a contaminación do ruído remate de celebrar un congreso con asistencia de políticos de nome estatal para tratar parte do problema. É como se non existira, a tenor das propostas partidarias. Aínda que algún partido trata o tema da droga, en parte relacionado, parece como se en Ribadeo non houbera nin esa actividade nin os inconvintes que leva consigo, ou todo fora sobre rodas para a poboación respecto ó tema (por certo, nese caso o equipo de goberno estaría dando unha boa mostra como tal).

Por buscar só outro tema máis: comeza a chegar información preliminar sobre unha obra que, de facerse, pode constituír a maior inversión en Ribadeo en moito tempo. Refírome á autovía, da que unha das opcións que se manexa afecta en termos legais a máis dun 4% da superficie do concello, e, en calquera caso, é previsible que teña un impacto enorme en moitos campos en todo o termo municipal. Pois ben, o tema nótase pola súa ausencia nas propostas que se fan cara ás eleccións. Todo elo, a pesar de que na prensa falouse recentemente do informe preliminar e houbo declaracións dos políticos locais (que por certo parece que amosaban un descoñecemento do tema semellante ó do resto dos cidadáns).

Parece que algúns temas que poden resultar complicados non se tratan nas campañas: ¿estamos ante un estilo avestruz, meter a cabeza na terra para evitar que saian as ideas en temas que poden resultar espiñosos? Din que para esixir hai que ter conciencia de que é o que hai que esixir. Un bo punto para comezar pode ser ese: ler os programas electorais.

Xa está en marcha a XVIII Feira da Ciencia de Ribadeo

A feira estará aberta o xoves 12 de 10 a 13:30 e de 16 a 18, e o venres de 10 a 13:30, no pavillón deportivo do IES Porta da Auga (xunto ó campo de fútbol), con entrada libre e gratuíta.

Abaixo os títulos dos traballos (borrador non exaustivo):

A bebida máis consumida pola poboación ribadense
Comidas favoritas
Canta xente fuma?
Quen se entretén lendo?
Xente en paro en Ribadeo
A parrilla de televisión
Estudias ou estás ó ordenador?
Flores de cores
Cánta xente ten animais?
Coche solar
Ordenador, fixo ou portátil?
Ribadeo, cidade deportista?
Música, Maestro
Óso que dobra
Os nós
Mochila de rodas ou ás costas?
Lentiñas e gafas
Mochila de rodas ou ás costas?
A química no fogar
Comba eléctrica
O electroscopio
Investigación sobre a tormenta solar
Laparadas de sodio
Magnetismo nunha vela
Cicloide
Lombarda e cores
Acender unha vela a distancia
Flota ou afúndese?
Cambio climático
Mentos con cola
Sobre o ppo. de Bernouilli
Flota ou afúndese?
Campás de Franklin
Ppo de Pascal
Cromatografía en columna
Resistencia de vasos
Macromoléculas
Estudo do ttransporte eólico
Fluídos non newtonianos
Cafeína
Mar de aire
Lámpadas con vidro roto
Motor de catro tempos
Ovo en vinagre, ovo en mel
Flotación dun ovo en auga
Acetil salicílico
Chocolate
A tensión superficial
Armonógrafo
Coches híbridos
A perla invisible
Caída de tensión en condutores
Xerador de Van de Graaf
Francés
A meteoroloxía durante o curso escolar
Zancudo vibrador
O arco da vella
Plásticos
Inquilinos nas mans
Antibiograma
Xogando coa fotosíntese
Os penachos térmicos
O campo magnético
Enzimas: amilasa da saliva e catalasa do fígado
Extracción caseira do ADN dun kiwi
Saponificación
Absorción de iodo por unha graxa
Fluxo da información xenética: replicación, transcrición, tradución

20120411

Loitando chégase a algo

Coido que teñen razón os que din que o esforzo non está abondo valorado no ensino. De sempre, as cousas que costa conseguir despois deféndense tamén mellor. Se ata hai o dito de que é preferible mercar algo ós herdeiros que a quen o obtivo polo seu propio esforzo, por algo será.
E ise esprito de loita tíñase perdido, de xeito que hoxe estánse a perder de xeito doado cousas que tardaron moito tempo en conseguirse. Por iso non ven mal lembrar algunha situación de loita e consecución, unindo ámbalasdúas verbas con sentidiño no mesmo sentido que 'querer é poder'. Iso é o que fai o visionado dunha pequena gran loita que tivo lugar hai xa 35 anos na Mariña: a loita para conseguir que a zona seguira desnuclearizada. Non se trata neste caso de revivir o plantexamente nuclear si/non, senón de lembrar que houbo reivindicacións desde sempre e que loitando pódense conseguir. Como non se poden conseguir é se non se loita.
Aquí queda pois a ligazón a unha testemuña de loita: A marcha de Xove

20120410

1982, un artigo feito para o libro das patronais de 1999

1982

As próximas eleccións serán as últimas nas que non participe xente non nacida antes de que a miña muller e mais eu nos instaláramos en Ribadeo, o 27 de setembro de 1982. Dende aquela, nós cambiamos (ti que estás a ler, tamén). E Ribadeo.

As persoas teñen xuventude, madurez, vellez... os pobos poden rexerarse. E eso lle pasou a Ribadeo estas dúas décadas transcorridas dende entón. Os cambios na paisaxe urbana (e non só nela), máis ca un lifting (mellor usar estiramento) foron un rexuvenecemento. A diferencia está en que practicar un estiramento é algo así como poñerse unha unha máscara, mentres o corpo segue a ser vello, e o rexuvenecemento debe afectar a todo o corpo, cobrando novos brios e unhas características máis xuvenís en xeral.

Ribadeo tivo un rexuvenecemento urbano. A ponte ou a rúa peatonal poden amosalo, pero a xente tamén. ¿Cómo pode rexuvenecer a xente? En realidade, non é o rexuvenecemento da mesma xente, senón da sociedade en si. Por exemplo, atraendo inmigrantes, persoas de fóra, con novas ideas, novas formas de facer as cousas, e sobre todo, con necesidade de adaptarse ó lugar onde vivir e á súa xente, a xente que o configurou con antelación e que ten que integralos, e con eso renovarse ela mesma. Galegos coma min, ou xente que previamente era asturiana, pero tamén sudamericanos, e aínda doutros países afincáronse estes anos na vila, que se fixo máis cosmopolita e aberta, cobrando o de fora, as relacións con outros lugares, a importancia que se di xa tivo noutras épocas por diferentes motivos.

Nesa armonía que debe ser un pobo non se poden illar uns aspectos doutros. E aínda que para as persoas a xente debemos se-lo máis importante, o certo e que vivimos rodeados das nosas obras, configuramos a paisaxe no noso entorno, e rematamos tamén configurados por el. Por eso hai que considerar outras perspectivas.

Sufriu un cambio na cultura, nun sentido amplo. Por suposto, por incorporación desa xente que viñemos de fora. Pero non só por esto e por outras cousas máis evidentes, como pode ser se miramos fixándonos nos aspectos musicais, onde Amadores e a Banda supuxeron unha revolución (atención: detrás da revolución ten que haber revolucionarios). Tamén pola animación producida polos Foros de Debate e as figuras que por eles desfilan, as Xornadas Mar por Medio, as de Medio Ambiente (este ano curso de verán da universidade), as Xornadas de Automoción, que facilitaron que se celebraran exames de oposicións para ensino medio este mesmo verán, ... actividades que, miradas en perspectiva, van cobrando máis importancia e relevancia para o que facer diario no noso pobo, atraendo máis xente, ideas e contribuindo a refacer Ribadeo.

Mesmo para a xente miúda, o cambio de ideas está propiciado pola cantidade de actividades das que dispoñen, da música ó remo, non esquecendo os deportes tradicionais como fútbol ou baloncesto, pero tampouco os novamente afincados como ximnasia e natación, ou aínda outros alicientes que para moitos supoñen por exemplo os concursos da Diadema ou da biblioteca. Claro que ó anterior hai que engadir outras causas de ámbito moito maior que Ribadeo como son a tele e a informática.

Tamén refai Ribadeo o cambio nas estructuras. Creceu coa Ponte que aínda non hai moito cumpriu o seu décimo aniversario e que variou a relación coa outra beira da ría, marcando un antes e un despois. Pero tamén con obras menores en relación a ela: a piscina, que variou a formación da nova xeración de xoves en aspectos lúdicos e deportivos; a rehabilitación do forte de San Damián, que creo que aínda se integrará máis no futuro dentro da paisaxe e actividades no pobo; a creación do parque do cargadeiro e ampliación do paseo ate a illa Pancha (un pouquiño menos), que está a variar a perspectiva da ría de moitos ribadenses; novas rúas e edificios, na antiga vía do ferrocarril, por exemplo, obviando unha realización pouco anterior ó 82, o eixe dende o xardín ate o Parador polas avenidas de Asturias e de Galicia, que supuxo o facer outra vila diferente; a rúa peatonal, auténtico pulmón no centro e que rematou cunhas estreiteces que hoxe xa soan inconcebibles, a nova sé da casa da cultura, cun uso que pouco a pouco se vai acrecentando... e aínda que hai que deixar moitas cousas de lado por mor do espacio, do propio esquecemento e de non cansar ó lector. Con todo, non se pode pode pasar tampouco por alto, por fin, o tratamento da Torre dos Moreno, que esperamos se vaia consumando pouco a pouco para rematar, se cabe, co seu centenario. Todo o anterior, sen buscar unha proxección de futuro que xa se albisca con outras obras comezadas, proxectadas ou faladas: o impacto dunha circunvalación, un auditorio ou a unha autovía dan por si sós para un artigo e moito máis.

Vai variando doutros xeitos. O comercio é potenciado e ten unha puxanza acorde cos novos tempos, o porto, a través de sucesivas ampliacións, permite servicios que antes non tiña, o polígono ... bo, eso será para outras festas.

Claro que non todo foi positivo nestes anos. Unha mirada sobre a beiraría afasta un pouco a imaxe de paraíso natural de fai dúas décadas, aínda que siga a selo. A perda de intimidade que pode facer suspirar a algunha xente vai da man do crecemento experimentado e de que Ribadeo sexa hoxe un enclave turístico abondo máis importante que a principios da década dos oitenta. As remodelacións do parque non poden atallar que a xente nova se aveña a un modelo de comportamento urbano e pase de verse na rúa ó "chamámonos" ou á poltrona televisiva. Pero sobre todo para os que vivimos estas dúas décadas finiseculares aquí, o peor é que xa vemos as cousas con outra perspectiva, a que da o paso dos anos máis sobre nós que sobre un todo ó que queremos.

Precisando sobre a crise: O interese persoal vístese de interese comunitario para convencer mentras non ten potencia para impoñer

A conto dun comentario recente, unha precisión: non é necesaria unha teoría da conspiración para explicar as decisións que nos levaron á crise e nos seguen metendo con forza nela. Pode que dera outra impresión nalgún post, pero a organización e decisións arredor das ideas pode ser un organizador máis forte que a dirección centralizada. Máxime cando hai interese en facer proselitismo arredor desas ideas, e cartos para impulsalo. Non é necesaria grande organización formal, senón unha sinxela coordinación informal, mesmo 'á vista' dos procesos que seguen persoas ou organizacións con ideas semellantes, mesmo sendo entidades competidoras. O interese persoal vístese de interese comunitario para convencer mentras non ten potencia para impoñer.
E, unha volta metidos na crise, que imos vivir peor? Pois si, en xeral. Que vivimos mellor cando o boom do préstamo dos bancos e o ladrillo? Pois non, aínda que algúns moito mellor si, claro. E por certo, desta non se trata 'da crise' senon de varias 'crises superpostas', alomenos en España.
Chove. Esta volta, sobre mollado.

20120409

Comeza outra Semana Santa

Pode que non leve o nome por non coincidir coa lunación correspondente segundo o cálculo eclesial para a semana santa oficial que rememora as tribulacións de Xesús, pero se se procura a santificación polo traballo, algo no que a igrexa estivo metida, as semanas normais tamén serían santas polo exercicio do traballo.
O que nos leva a outra cousa tamén relacionada: a xente en paro, perde unha oportunidade de santificación?
Despois de observar algunhas procesións, en Ribadeo e fóra, e ver a representación que significa, con matices moi variables, tanto entre os propios participantes nas procesións, cofrades ou non, como no público espectador, dánme ganas de tratar o tema en profundidade, pero outros temas atrásanse (aí está a posible desprotección de parte das Red Natura, os soños gastronómicos ribadenses ou a cuasi monotemática nova do último número da Comarca, o plan de axuste municipal) e este pode quedar como meditación relixiosa e/ou social.
Por certo, que en Ribadeo xa habería outro lugar onde exercer a santificación laboral, pois comezou a funcionar a primeira nave do polígono, con ECIMAN-XOUBA, empresas de mantemento de piscinas e frío industrial que se fusionaron recentemente. E con ista van  ... noticias sobre a posta en marcha do polígono 'xa'. É de supoñer que non sexa aínda a última nova neste sentido.

20120408

Non remataría aínda?

Refírome ás novas que se van acumulando, todas no mesmo sentido, e que non son a crise, nin afectan negativamente a quenes a provocaron, pero que se nos daban como consecuencia dela, e mesmo os últimos tempos, xa xa nin eso. Resumindo:
Facilidade de despido. Rebaixa do soldo a visto bó da empresa. Diminución da protección sanitaria, social, sindical. Reforzo da opacidade institucionalización (eso que se di que van sacar unha lei de transparencia). Perdón ós defraudadores económicos sentenciados. Amnistía ós defraudadores non cazados, e diminución de impostos ós mesmos. Préstamo público ós bancos ó 1% para reemprestar ás institucións públicas á porcentaxe que queiran. Absorción (e reabsorción) da corrupción nas institucións. Emprego de representantes públicos nas empresas. Emprego de interesados nas empresas en cargos públicos. Duplicación de funcións (e gastos) institucionais, con reiteradas promesas de diminución e incumprimentos a continuación. (engadir aquí as que se me quedaron polo camiño ... que son lexión -abondo máis que as que poño-, pois aínda que lembro outras moitas, para mostra, un botón) E, polo momento, a última (que saiu á luz pública): pago de 40M € por esixir que non se vulneren as normas da ONU sobre bombas de racimo. Bo, pensándoo ben, de seguro xa saiu á luz pública outra máis e non me enterei aínda...
Ataque ó goberno? Non, non a un, a moitos, aínda que me esteña a referir a España. [Indo ó estranxeiro, aínda que chegan menos novas dalgunhas cousas, e a 'densidade media de malas novas' parece nestes momentos menor que aquí, tería que referirme a cousas como a profunda tristura do FMI pola morte 'dun grego']
... quizáis, só quizáis, agora se esteña transparentando máis o que pasa. Total, a impunidade é a norma (é dicir, non pasa nada por ser transparente) ...

20120407

No medio do parque, un día de turismo, unha lagoa asoma ...

O conto podería continuar, pero a cousa ven a conto dalgo moi sinxelo: o estado actual do mexadoiro de King Kong.
Sobre o tema, entre outros:
King Kong non mexa
Voluntarios
Fotos de novidades en Ribadeo

20120406

A conto do novo PXOM, a pasada alegación da AVV O Tesón

    Como xa deixei dito hai varios días, o PXOM está a vista, entre outros lugares, en internet. Os cambios poden verse en comparación coa anterior versión (resulta que teño aínda unha copia), e nestestes días de reflexión pode aproveitarse tamén para reflectir. Nese senso, deixo as alegacións presentadas hai anos pola AVV O Tesón, que se ben manifestaban as circunstancias daquela, antes de consultar a actual versión poden preparar para comezar a consulta:


ALEGACIÓNS ó PXOM.

De acordo co período aberto de exposición do PXOM de Ribadeo, aprobado de xeito preliminar, o xa exposto en alegacións á anterior presentación do PXOM, algunhas non contempladas aínda, e o parecer recollido entre os veciños e o propio da directiva da AVV O Tesón, expoñemos as seguintes alegacións:

1.Que o actual PXOM ten notorias deficiencias en canto que non establece un modelo de desenvolvemento e futuro para o conxunto do Concello nin para as entidades de poboación por separado. Asemade, non contempla tampouco criterios ou obxectivos que poideran favorecer a construción futura de dito modelo, e deixa por tanto as accións planificadas no mesmo como feitos illados dentro do conxunto, tendo en común ás veces pouco máis que o estar recollidos nun mesmo documento. A terceira consideración deste conxunto é que o estudo correspondente a cousas tan elementais como o futuro subministro de auga ó pobo ou a existencia actual dunha autovía ou ben non se fan ou se fan de xeito totalmente incompleto, deixando sen apoio calquera outra decisión que debera ser construída sobre o mesmo. Por elo, consideramos necesario definir como primeiro punto do PXOM o modelo de desenvolvemento e obxectivos dentro das posibilidades que permitan os estudos pertinentes, do mesmo xeito que foi xa pedido en escrito en abril de 2005.

2.Que aínda en ausencia de definición dun modelo, o deseño que desenrola este PXOM de Ribadeo desentoa gravemente do xeito de arquitectura das vilas mariñeiras do litoral, tanto galego como asturiano, que constitúen un modelo e un exemplo vivo a imitar. Permitir edificacións de seis e sete alturas en varias zonas do chan urbano en Ribadeo, sobrepasando de longo as alturas medias no seu entorno; mesmo autorizar cinco alturas en zonas limitadas por outras construccións xa existentes de planta baixa e unha altura, parece unha verdadeira barbaridade que está reñida cos modelos establecidos no litoral: a normativa que subxace neste PXOM permitindo tales alturas non preserva as verdadeiras raices desta vila. Por elo, parece oportuno, e así se demanda, que se revisen as devanditas alturas en todo o chan urbano da vila para axeitalas ós edificios do seu entorno e á sección das ruas no sentido que se contempla no artigo 48.5 da Lei 9/2002, de tal xeito que as novas alturas permitidas non sobrepasen en ningún caso as cinco plantas.

3.Que presenta tamén deficiencias no detalle miúdo. A este respecto pódense citar exemplos tanto na memoria como nos planos, algo que xa se referiu ó longo do período de exposición de diversos xeitos. A modo de exemplo, non están recollidas de xeito adecuado modificacións xa habidas na ría, como o recheo da dársena N de Mirasol ou a fonte fronte ó Parador, por citar dúas referencias que tiveron no seu momento o seu debate dentro da nosa comunidade e que polo tanto non se poden obviar con facilidade. Non digamos xa outros detalles máis miúdos como considerar nomes incorrectos ou asignar o valor de vista panorámica destacable no plano a un camiño abandonado hai anos no seu mantemento. Detalles que deben ser corrixidos para propiciar un plan que reflexe a realidade e a actualidade e evite malas interpretacións do mesmo no futuro, e que non se correxirán en xeral se non é mediante unha actuación positiva nese sentido, pois en xeral as alegacións veciñais non as terán en conta. Neste sentido, ofrecemos asemade a nosa colaboración para facer unha depuración de erros.

4.Que o PXOM non integra diversa normativa, tanto municipal como a outros niveis, a pesares de ser citada de forma exhaustiva a normativa que lle compete. Consideramos en relación á dita normativa, que debe incluírse a delimitación de zonas acústicas no pobo, por poñer un exemplo que xa foi indicado ó concello hai tempo e logo pedido por máis dunha centea de sinaturas, e que se manifesta necesario polo problema de ruído que padece poboación, xa recollido noutros foros e mesmo a nivel xudicial.

Alegacións que consideramos constitúen o mínimo de cambios posible, sen incluír en consideración outros desexables, e que esperamos sexan tidas en conta para a súa inclusión na aprobación definitiva deste Plan Xeral de Ordenación Municipal.

En Ribadeo, a 30 de xuño de 2008

20120405

Unha vista da ría de Ribadeo baixo a choiva

Dende o miradoiro de Calvo Sotelo, no alto do porto deportivo de Ribadeo, chovendo, unha vista da ría cos seus detalles do momento: unha embarcación que entra a todo trapo cara o porto pesqueiro aproveitando a marea, outra que ten que sobrexirar para entrar na zona deportiva, os dous xeradores eólicos instalados a semana pasada, un deles funcionando outro (o peor situado) sen moverse, un vehículo pasando pola ponte, a curiosidade das ondas avanzando en diferentes direccións pola difracción, ...

20120404

A manifestación para loitar pola residencia de anciáns en Ribadeo está en marcha

Volante para anunciar a manifestación pro residencia de maiores en Ribadeo e Cartel anunciador.

MANIFESTACIÓN EN RIBADEO PRO RESIDENCIA DE MAIORES

   Os cambios producidos nas estruturas das nosas familias, a redución da natalidade e o envexecemento da poboación, xunto con outros factores, como o aluvión de persoas maiores que nos últimos anos fixaron a súa residencia na vila de Ribadeo e na súa comarca, sen esquecer as necesidades laborais daquelas persoas que noutras épocas pasadas dedicaban as súas vidas á atención das persoas maiores no ámbito familiar, están creando hoxe na nosa localidade un grave problema de atención a un amplo colectivo de persoas, cada vez maior. Persoas que se ven obrigadas a vivir soas e sen a debida atención nos seus domicilios por falta de capacidade para ser acollidas no noso actual Hospital-Asilo de Ribadeo, ou se ven obrigadas a ser desprazadas a outras residencias moi afastadas da contorna natural na que sempre viviron, co consiguiente sufrimento moral, non só para eles senón tamén para os seus familiares.

   Para solucionar este grave problema as Asociacións de Veciños e Comunidades deste concello de Ribadeo reuníronse nunha Plataforma reivindicativa para reclamar ante as administracións responsables do benestar dos cidadáns a construción dunha nova Residencia Comarcal de Maiores en Ribadeo. Un dos seus logros foi a creación dunha Comisión Municipal en Ribadeo, presidida polo alcalde e formada polos portavoces dos partidos políticos, a concelleira de Asuntos Sociais e dous membros da Plataforma de Asociacións. Esta Comisión está hoxe traballando, nunha modélica unidade de criterio e acción, para a consecución deste obxectivo.

   Ata agora a resposta dela Conselleira de Benestar dela Xunta de Galicia ás peticións presentadas en demanda dunha Residencia Comarcal para maiores en Ribadeo, formuladas unánimemente, tanto por esta Plataforma de Asociacións, como pola Comisión Municipal do Concello, foi o silencio. Unha obstinada actitude negativa rechazable para quen teñen a obrigación de escoitar as necesidades do pobo e dar resposta ás súas demandas.

   Na mariña lucense tanto o concello de Viveiro como o de Burela foron dotados cunha residencia. Outra máis está programada para o noso veciño concello de Foz. Que pasa con Ribadeo? Somos, seica, menos dignos ou estamos menos necesitados dela que os demais?

   A Plataforma de Veciños, reunida en asemblea xeral en data 15 de xaneiro pasado, acordou convocar a todos os veciños deste Concello e demais poboación das comarcas veciñas a unha manifestación pública que terá lugar o vindeiro domingo, día 22 de abril, na vila de Ribadeo. Os participantes nela congregaranse na praza de San Roque, ás 12 horas, para partir seguidamente en manifestación polas rúas San Roque, Rodríguez Murias e Vilafranca do Bierzo ata o parque de Santa María, para congregarse nas proximidades das escalinatas do Concello, onde finalizará coa lectura dun comunicado.

   A responsabilidade que todos os veciños deste Concello e Comarca da Mariña Oriental temos de intentar ofrecer aos nosos maiores, entre os que sen dúbida estaremos nós mañá, unha solución digna e xusta a este grave problema, que debe estar por encima dos condicionamientos económicos da crise, obríganos a sacudir hoxe a nosa preguiza e dispoñernos a participar todos xuntos de forma activa coa nosa voz e a nosa presenza nesta manifestación reivindicativa.

   O noso propio futuro e a solidariedade que debemos ás persoas maiores necesitadas, familiares, veciños e amigos, demandan nosa presenza ese día na manifestación.

¡ACODE Á MANIFESTACIÓN!

Debe haber un cambio radical para darlle todo o poder á xente

Os cidadáns non saben toda a información á que teñen acceso. Ata agora, as dúas frases son copiadas dun artigo no El País, 'La revolución de cristal de Obama', e ... refírense ós EEUU.
Aquí habería diferenzas substanciais. O título podería conservarse, pois é a expresión dunha vontade, e non un deber establecido por mandato formal. Pero precisamente por iso, só 'podería'. A primeir frase, sería máis lóxico cambiala por algo como 'os cidadáns saben que se lles impide o acceso á información á que teñen ou deberan ter dereito'. E falo por experiencia.
Aconsello lembrar dúas cousas [1.A información é poder. 2.A opacidade corrompe] e comezar a ler na páxina 6 do seguinte documento (só son tres páxinas curtas con letra grande): El Derecho de acceso a la información.
Logo, podemos falar de Ribadeo ou do sexo dos anxos.