20120131

Móvese Ribadeo

Ás veces, toca dicir sinxelamente iso: móvese. Ribadeo móvese. Comezaba a fin de semana coa petición do alcalde á Xunta dunha xuntanza con motivo do algo máis dun ano pasado de que que O Tesón enviou a Madrid a petición do retorno xulgado perdido hai xa máis de 50 anos. Quizáis tamén contriuiu á lembranza que aparecera na prensa o titular galego de Xustiza dicindo que a cousa non era considerada e que tiña que modificarse a lei de planta, mentras parece que Mondoñedo poidera ter unha terceira sala.
Continuaba o curto pero rendible cursiño sobre os humedais, levado por Pablo Ramil na exposición teórica e Enrique Sampedro no avistamento de aves do que me quedei coas ganas.
E rematou luns, coa entrevista da comisión municipal da residencia co encargado de servicios sociais da Deputación para prantexar o tema. Como na actuación coa representante da Xunta en Sargadelos hai uns días, de novo se quedou nunha xuntanza posterior a maior nivel, pero polo menos a cousa non está parada e participou a nivel supramunicipal outro dos partidos represeentados no concello, co que so queda por saír na foto o PSOE, que é de esperar que o faga próximamente.
Aínda que sexa a paso lento, que se mova ... se non ten resultados por agora, nalgún momento os terá.

20120130

O aumento dos estados fallidos

Somalia. Intentouno, pero o descenso ós infernos é patente. Volta a unha sociedade feudal brutal. O estado non está nin xa se lle trata de procurar. Con máis 'sorte', Iraq poidera saír do furado despois dunha década de ocupación e estar abondo peor que hai non xa dez, senón 20, 30 anos. Afganistán, a guerra dos cincoenta anos, outro goberno títere nun lugar con guerras civís continuadas dende hai máis de medio século en independencia ...
Países do terceiro mundo.
Pero, non son os únicos que poden pasar a un estado fallido. Sen ir máis lonxe, onte un xornal chamaba a atención en diferentes lugares da posibilidade de estados fallidos en México ou Grecia, con características abondo diferentes dos anteriores. En Grecia, pola enorme débeda que ten, incrementada polos draconianos intereses que se lle impuxeron. Está moi lonxe aínda dos países anteriores, pero o descenso das condicións de vida fan presupoñer ós analistas o descontento social, as protestas, os intentos violentos de cambiar as cousas, e de novo, o aumento sucesivo do descenso das condicións de vida e intereses, ... é dicir, a espiral descendente, sempre que non se lle bote unha man. Non sei se será certo o análise ou só un intento dos prestamistas de asegurar os seus cartos a altos intereses, e así, as súas ganancias, unha vez que non ten seguido o camiño islandés cara a saír do absurdo (claro que os casos son diferentes; non imos entrar neso agora). Pero o certo é que xa ten menos estado que tiña, máis débil, e está previsto que siga, mentras que as forzas que tentan desfacelo son polo cantrario, máis fortes. As causas anteriores? A discutir noutro momento.
En México a posibilidade era pola guerra civil entre clans da droga, que se cobrou abondos mortos o mesmo día que o seu presidente era nomeado grande estadista no Foro Económico de Davos despois de lograr aumentar a desigualdade nun país xa abondo desigual, e pola fame tras un movemento de propiedades no campo que ten levado a que grandes compañías posúan 1/3 dos campos do país. Pero claro, o título de grande estadista non era por iso, senón por asegurar que a economía mexicana medrara a máis dun 3%, pero sobre todo, por asegurar a posesión de cousas e voluntades dos poderosos. De novo, a análise das causas volta a quedar máis lonxe,mentras se ve máis patente a contradicción entre o pao para o pobo e a cenoria para o dirixente.
Ben, a cousa, o aumento da lista de estados fallidos, está relacionada pois con imposicións económicas e desigualdades sociais. Pois ... noutro grao quizáis, pero aquí tamén sabemos diso.

20120128

Competencia ante as peticións de Ribadeo

Un exemplo do que me decato no xornal de onte: Un 'especial' (=anuncio de dúas páxinas metido como nova) da apertura dunha residencia (privada) no concello de El Franco, en Asturias. Volvo ás páxinas de internet e atopo unha das novas (de alí pode saltarse ós outros artigos relacionados). En Ribadeo, iremos camiño adiante?

20120127

Nota da asociacion galega defensa sanidade publica

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar á cidadanía Galega das consecuencias para os pacientes das política de recortes e privatizacións do sistema sanitario galego postas en marcha polo goberno da Xunta

A estratexia de aforrar á conta de reducir a oferta de atención está deteriorando de xeito gradual e progresiva a todo o sistema sanitario galego: Iniciar coa paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria que suprimiu 60 novos centros de saúde, 193 medicos ou 385 enfermeiras; os plans para reducir nun 15% os persoais de medicos; o deixar sen dereito á atención a persoas emigrantes ou que perdan o paro; a supresión de radiólogos nas urxencia dos centros comarcais; a paralización da actividade de tarde dos centros hospitalarios; o atraso e privatización na construción de hospitais como o de Vigo cuxas camas reducir nun 40% á vez que se suprimían os módulos de investigación, docencia ou tratamento avanzado do cancro; a paralización das obras de ampliación do Hospital de Pontevedra e dos plans directorios mellora dos Hospitais da Coruña, Santiago e Ourense; etc, etc.

A pesar dos esforzos de maquillar e ocultar esta situación amparándose na crise, cada vez son máis evidentes as súas graves consecuencias: Dispáranse as listas de espera que ata chegan a pechase vulnerando a legalidade e os dereitos dos enfermos; cóbranse servizos ata agora gratitos como as próteses cirúrxicas; péchanse expós enteiras de hospitais e consultas de atención primaria durante o verán ; etc.

A última vulneración ao dereito á asistencia sanitaria é a supresión pola Xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense de 70 camas e manter outras 30 baleiras mentres que os pacientes amontóanse no Servizo de Urxencias durante días en camillas i cadeiras de rodas, para aforrar os gasto de ingresalos e tratalos nas plantas do hospital..

Non contento con isto o Sr Núñez Feijoo , ameazou nunha recente entrevista nun medio de comunicación con novas sancións aos galegos  enfermos que non acudan as citas. O PP vén avisando que logo das eleccións de Andalucía o PP quere aplicar recortes aínda máis drásticos o sistema público.

Por todo iso a nosa Asociación quere advertir sobre a necesidade de mobilizar a toda a sociedade galega en defensa do sistema sanitario público universal, accesible e gratuíto que corre o perigo de desaparecer en Galicia.

Soamente unha alianza de cidadáns e profesionais afectados por estes recortes pode aínda evitar o desastre

Falta de democracia

Hoxe non vai de Ribadeo, senón con Ribadeo como participante nunha sociedade moito máis ampla. Onte pola tarde saltou a nova en diversos blogs de que os representantes da grande maioría dos países da UE tiñan asinado o ACTA nunha xuntanza en Toquio. Coido que é un novo acordo que recorta os dereitos da xente en beneficio das grandes compañía e os seus propietarios, pero neste caso, de novo, o máis importante non é iso. É que se produxo específicamente evitando a participación popular, ocultando á xente de que se trataba e evitando que soubera nin a data da sinatura. En países e sistema teóricamente democráticos, máis que o noso (que tamén asinou), onde onte mesmo a nova alcaldesa de Madrid pedía voluntarios para facer traballos públicos porque a cidadanía tiña obriga de devolver todo o ben que lle ten feito á sociedade (ante la crisis los ciudadanos deben "hacer algo por la sociedad"), onde se atacan ós xuíces cando convén e se instrumentalizan cando queren, e que descargan a autores de chanchullos da súa carga legal.
Ou sexa, de novo somos sociedade para pagar os pratos rotos, pero non para exercer como cidadanos.
Por certo, alguén sabe algo do regulamento de participación cidadá de Ribadeo?

20120126

Un paso máis cara a unha residencia de anciáns en Ribadeo

Antonte á tardiña tivo lugar o primeiro encontro sobre a residencia de anciáns con implicacións máis aló de Ribadeo. Tratouse dunha xuntanza entre a Comisión pro residencia (por así dicilo, o 'grupo legal', do que forman parte dúas persoas do 'grupo impulsor' que segue a funcionar, a Plataforma pro residencia, e representantes dos catro grupos políticos do pleno) e a Delegada Territorial (sabido que a Delegación Provincial actual inclúe a tódalas delegacións das consellerías, levadas cada unha por un 'coordinador provincial').
A Xuntanza tivo lugar na oficina da Xunta na Casa Museo da Antiga Fábrica de Sargadelos, e se ben non produxo ningún avance concreto, algo que está aínda lonxe, as impresións non foron malas. O alcalde, como portavoz da comisión, difundiu un comunicado, que aparece na web do concello en dúas partes: Comunicado sobre a xuntanza, na realidade un anuncio previo, e Comunicado posterior en relación ó desenvolvemento da xuntanza. Este segundo comunicado apareceu acompañado nalgún medio de datos sen formatear do estudo preparado polo concello en outono. Deixo a lexible deste estudo nunha sección de 'Publicado en Ribadeo'.
Básicamente, o resumo da xuntanza sería que a Comisión expuxo o obxectivo de contar cunha residencia de maiores cun carácter non só local, senón comarcal, e as razóns que ten Ribadeo para ter a residencia. O estudo foi entregado á Delegada ó dicir ista que había que facer un estudo da necesidade. A Delegada prometeu unha próxima entrevista coa Conselleira (para a 1ª semana de marzo). E a Comisión xa lle comunicou que tratarían outros apoios, como o da Deputación Provincial.
A lembrar que é a Plataforma veciñal, e non a Comisión, quen ten convocada unha manifestación, pero tamén a lembrar que existe entre ambas unha forte conexión como o indicaría xa o obxectivo común, e que dependendo do desenvolvemento destas xuntanzas, no seu momento podería variarse a convocatoria de manifestación, se ben queda moito camiño aínda para o 22 de abril, día da convocatoria anunciada para manifestarse.

20120125

Unha implicación do peche de megaupload en Ribadeo

Emprego peche e non cierre polas características do asunto. Pero, imos o gran.
A banda renovou a súa páxina. Unha das consecuencias, a publicación na web dos estatutos de Amadores, a súa sociedade matriz. Están publicados? Non. Intenta descargalos dende a páxina de 'documentación' coa ligazón que poñen: http://www.megaupload.com/?d=Z2IAU0R3
Non copio aquí o que aparece. Sorpresa!

de plantas medicinais, arándanos e moras, artigo de Evaristo Lombardero

DE PLANTAS MEDICINAIS, ARANDANOS E MORAS

A asociación Puente de los Santos (Concellos de Ribadeo e Castropol. Leader Plus) promoveu, hai poucos anos, un proxecto de Prantas arómaticas e medicinais do cal non é doado atopar información no momento actual. Entre outras cousas porque da devandita plantación non quedan nin os restos. Non se vendeu nin un so mañuzo que, en realidade, nin se recolleu, porque non había nada que recoller. Está por saber cantos cartos se gastaron, ou se tiraron, ou se evaporaron. A información non está disponible, pese a tratarse de cartos públicos. Polo medio dimitiu a responsable das finanzas acusando á Xunta Directiva de “presentar datos falsos o careciendo de los informes pertinentes” e deixando constancia escrita da “… la imposibilidad para ejercer mi cargo en cuanto al control de la legalidad y económico de los proyectos presentados” Sin embargo ahí siguen os responsables tomando decisións e alumeando novos proxectos de incerto futuro.
Agora promoven unha plantación de arándanos nas chairas de Arnao, o punto mais avesío que pudieron atopar e outra de moras, grosellas e frambuesas en Ribadeo. Agardaremos os resultados mentras desexamos o maior éxito productivo e comercial.
Pero en tanto non chegan podería pedirse información. Trátase de cartos públicos, veñan de Europa ou da Cochinchina e proceden dos impostos dos europeos, sexan de Vilaframil ou do sur da Catania siciliana, unha das bisbarras mais deprimidas de Italia. Proceden do traballo e do esforzo de miles de homes e mulleres e non nacen nas árbores de xeito espontáneo. Polo tanto pedir información non é ningún delito. Ao revés, é a maneira de afortalar as democracias e procurar que os fondos europeos sirvan para algo útil á sociedade.
Polo tanto quedamos na agarda de que alguén explique os pormenores dos gastos e o proxecto concreto de resultados. ¿Cantas toneladas de moras e arándanos se pensan producir? ¿Onde se van vender? ¿A qué precio? ¿Onde hai experiencias similares e qué resultados están tendo? ¿Canto se está pagando, actualmente, por estes productos?. ¿Onde están as empresas que os comercializan?.
Estaremos ao loro.

Evaristo Lombardero Rico

Falando sobre a periferia ... desfavorecidos nun factor 40

Hai un par de días falei no blog sobre estar na periferia. Era a reposición dun vello artigo xornalístico no que falaba de comunicacións, en particular, telecomunicacións (non de economía ou de poder, que tamén son aplicables no caso de Ribadeo). Sobre o tema chegoume unha captura de pantalla que quero poñer aquí porque serve de complemento actual e natural ó artigo.
Test de velocidade antonte en Suecia

A anterior imaxe corresponde á captura de pantalla dunha conexión ADSL feita en Suecia antonte. Podo aclarar que é unha conexión normal, non especial nin de tarificación alta.
Abaixo, a correspondente á miña conexión esta mañá (tamén unha conexión normal nestes lares, neste caso nunhas condicións moi boas, feita a unha hora cediño sen moita competencia na rede en Ribadeo...)
Test de velocidade, esta mañá, en Ribadeo

Coido que as diferencias poden ter algo de aleatoreidade, naturalmente. Pero as comparacións desbotan que as posibles aleatoreidades teñan algo que dicir en relación coas diferencias:
*Ping (é dicir, tempo necesario para a devolución dunha sinal), 20 veces superior aquí.
*Velocidade de baixada, a de carga de páxinas web, por exemplo, máis de 40 veces máis rápido en Suecia.
*Velocidade de subida, para enviar datos, como cargar ficheiros nos correos electrónicos, máis de 40 veces máis rápido ...
É dicir, seguimos estando na periferia.
Máis aínda. Lembro que cando contactei a nova liña dixéronme claramente que me ían cobrar tanto como lle cobrarían a outra persoa pola conexión nunha cidade, pero que me ían dar unha velocidade metade. Cousas das liñas... Por certo, nesto a compañía non ven a conto, pois son semellantes.

20120124

Teatro do absurdo

O teatro do absurdo foi ... bo, mellor, na Galipedia. Ó fin, non deixa de ser teatro, e polo tanto, interpretable.
Paso tódalas semanas unhas cantas veces por diante dos edificios que fotografío abaixo. Os dous son públicos, aínda que correspondentes a diferentes administracións. O primeiro ofrece un paso máis nunha seire de atrancos decisións e tonterías que tentarei resumir:
No 1995, o actual Porta da Auga pediu unirse ó actual Gamallo por falta de espazo. A Delegación provincial sacouse o problema de enrriba cunha votación dos claustros. Non me lembro do número total de votos en cada caso pero si das circunstancias. No actual Porta da Auga, todo o claustro votou a favor menos dúas persoas. Xusto o contrario que no actual Gamallo.
Co século, o Porta da Auga adquiriu a condición de Centro Integrado de Formación Profesional. Daquela significaba ser un referente educativo, que entre outras cousas podía facer contratacións externas, coa obriga de ter formación profesional e xeral (ESO e Bac). Xusto o primeiro curso con esa denominación, cambia a normativa e os CIFP foron obrigados a ter só FP. Como resultado, e para non perder a posibilidade que ofrecía o ser CI, o centro dividiuse en IES (para a ESO e Bac) e CI (para FP). Ben, na realidade unha rama de FP quedou no IES porque o considerou así. Para facer a división, instituíronse dous claustros, dúas directivas ... quedando de xeito provisional no mesmo edificio, despois de ver a imposibilidade de facer unha división 'harmónica'. Pero comezou a construírse un edificio de servicios xerais para a emigración das oficinas do CIFP. Quebra a empresa construtora e párase a construcción do novo edificio por anos. A situación, compartindo instalacións, se non insostible, si alomenos non aconsellable. Solución da Delegación? Unir os dous IES de Ribadeo, e facer migrar cara ó edificio do Gamallo persoal e aparataxe do Porta da Auga. Para iso, e dada a vetustez do Gamallo e a necesidade de espazos divididos, obra no edificio do Gamallo coa construcción dunha ala enteira nova sobre os vellos talleres de cando era instituto técnico Rodríguez de Valcárcel. A obra primeiro leva retraso por cuestións burocráticas, logo por tema de cartos e por último, este mesmo curso, no que xa tería que estar funcionando o novo centro resultado da desintegración de Gamallo e Porta da Auga, a empresa construtora quebra. Dende antes de quebrar, o material do antigo laboratorio, mesas robustas, pode verse ocupando unha parte do patio e restando espazo de desfrute ós alumnos do Gamallo... Na foto tamén pode verse un campo de baloncesto inutilizado, á beira esquerda. E un pouco máis á esquerda, non visibles na fotos, os antigos edificios destinados a profesores, agora totalmente abandoados. Por certo, o edificio novo do Porta da Auga está xa case rematado, despois de rebaixárselle alturas (non tiña sentido ningún quedando o CIFP con todas as instalacións dos dous Porta da Auga, dos actuais CIFP e IES). É de supoñer que o próximo curso entre en funcionamento. Continuará.
Novo edificio no IES e material abandoado.
 Falta de tempo ... esta obra álzase cara ó ceo e foi louvada hai pouco polo alcalde en facebook. Aquí habia un pavillón que funcionaba, aínda que se quedara pequeno. Tamén unha beirarúa que levaba construída menos de seis meses e que desapareceu oa obra.
Como nas catedrais, as agullas ó ceo.
 Sempre interpretei mal o teatro do absurdo...

20120123

Nova vella entrada: Achégase o Fin de Curso

O tema é xa vello, pero renóvase tódolos anos, na mesma época (que non é ista). O texto foi publicado o 19960630.
-
Achégase o Fin de Curso

Na nosa tradición occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este tipo de festexos nunca o entendín moi ben.

Celebramos os finais de ano como algo especial, cando o seu significado é o de que a Terra deu unha volta máis a unha estrela que distinguimos porque está moito máis perto que as outras. Conmemorámolo ademais nunha data que non ten nada de especial astronómicamente e, para máis inri, dun xeito inexacto porque esas voltas da Terra non coinciden cun número enteiro de días.

A partir de ahí, celébranse outras moitas festas, con máis ou menos sentido. Así, non creo que moita xente se pregunte porque se celebra o cumpleanos do nacemento/parto e non da concepción (o motivo non oficial pode estar en que se coñece con máis precisión e en caso contrario daría lugar a descubrir máis dun segredo ben gardado). Nembargantes, outras festas, a pesar de seguir o mesmo ritmo, teñen un sentido diferente, como as derivadas da recolección, onde realmente hai algo importante que celebrar.

Estamos na época pola que nesta parte do mundo se achega o fin do curso. Estoume referindo ó curso "normal", o dos estudos, non ó político ou outros ós que se lles chama así agora, aínda que moitas veces coincidan. Pois ben, o caso é que este final de curso ten dúas celebracións, unha posterior e a outra anterior á data fixada. Explícome. Tras rematar o curso, celébrase que xa non hai clases, que (din) xa non hai que estudar, que hai máis tempo libre, ... . Antes de rematar as clases, nun período variable (segundo a persona, o nivel de estudios acadado, etc.) exténdese unha ceremonia de outro cariz: é o síndrome do fin de curso. A éste, témeselle. Hai que esforzarse xa sen tempo, sen ganas, sen gusto, sen ...

A min, polo contrario, gústame imaxinar o curso escolar como un curso dun río. O principio, proceloso, saltarín, como o alumno, cheo de enerxía e activo, descansado do verán. Logo, pouco a pouco, máis calmado, pero con máis caudal, con máis coñecementos cada vez, para rematar desembocando dun xeito totalmente suave, verquendo as súas augas ó mar, os seus coñecementos na vida.

Se tomamos outra comparación, se estamos a ver unha carreira longa, todos nos asombramos e apoiamos a aquel atleta que cerca xa da meta deixa ós outros atrás nun sprint final. Nembargantes, para facer iso, antes tivo que correr a carón dos máis, pois senon ese derradeiro xesto non lle serve de moito. O que se busca pois nesos finais é acadar unha mellor posición, rematar superándose a si mesmo, non suplir a falta dun bó traballo previo. Igual ocorre no ensino/aprendizaxe.

O difícil é practicar estas ideas. En particular, hai unha percepción de contracción/dilatación do tempo coa idade que fai medrar na xente nova un sentimento de imposibilidade de manter o ritmo todo o curso.

Pode que sexa un pensamento romántico nunha época na que non se leva moito. Nembargantes, non só a LOGSE, senon tamén polo menos a anterior lei, a LGE (Ley General de Educación, Villar Palasí/1970) poñen o énfase no discurrir do traballo ó longo de todo o curso, a avaliación contínua e a formación continuada. É dicir, dase o mesmo valor o rendemento de cada minuto do curso, sexa o principio ou ó final do mesmo. ...Aínda que todos, profesores incluídos, e coa excepción quizáis dos anciáns, tendemos a lembrar máis as cousas máis próximas temporalmente, como ben saben os alumnos, dun xeito intuitivo.

En sentido estrito, estos prolegómenos que son o síndrome do fin de curso, van contra a lei. Van contra a lei no seu espíritu, pero non creo que poda haber un resquicio de castigo legal contra a multitude de estudantes que o practica. Podemos pensar que ou cambiamos o uso popular ou cambiamos a lei. Nembargantes, todos sabemos do valor da constancia e da dificultade de levala a cabo. E dubido moito que haxa unha lei en algún país que prime os atracóns da derradeira hora. Ó final, que Deus os colla confesados ...

Estamos na periferia

Deixo outro artigo publicado na Mariña de El Progreso a 19960522. O cambio tecnolóxico e a súa continuación nos custes económicos é patente, pero nun día como hoxe, que a conexión a internet chegou a estar parada, ou ouho algún corte de luz, coido que ven a conto. No último parágrafo, paráfrase dunha cita que me chegou do alcalde anterior a esa data, referíndose a desfrutar da tranquilidade estando no centro da vila.
-

Estamos na periferia.

Moitas veces digo que Ribadeo é o cú do mundo. É un dito cariñoso, no que trato de deixar constancia de que estamos lonxe de Lugo, da Coruña e Oviedo, o que dificulta a relación con ese sitio onde hoxe se atopa cáseque de todo que é a cidade. O certo é que a mellora da rede vial fai que estas cidades esteñan moito máis achegadas á nosa vila (en tempo) que fai uns anos.
Nembargantes, seguimos sendo periferia e, polo momento, a nosa situación relativa está a empeorar nese sentido. Xa deixo craro que en termos absolutos a técnica permite unha mellor e maior conexión coas cidades, o noso entorno e, en xeral, co resto do mundo. Nembargantes, atopámonos agora con que para unha conexión mediante as novas tecnoloxías informáticas (a "rede" informática que pouco a pouco vai sendo tendida sobre o planeta enteiro) pode ser máis rentable conectar poñamos por caso, A Coruña con Toquio que Ribadeo con A Coruña. ¿Sorprendidos?. Pois sí. Explícome: como o enganche entre dous ordenadores fáise pola liña telefónica e a través de conexións especiais (os chamados "nodos" da rede), un ordenador da Coruña, para poñerse en contacto con outro de Toquio ten que realizar unha chamada urbana para conectar co nodo correspondente e iste traslada a chamada a Toquio.
Nembargantes, Ribadeo non ten nodo. Logo, para chamar de Ribadeo á Coruña establécese a conexión mediante a liña telefónica, sin mediación de nodos. O caso é que hai que pagar, no primeiro caso, só unha chamada urbana máis o abono de conexión ó servidor da rede, mentras que no segundo hai que pagar a conferencia interprovincial, o que non evita ter que contratar o servicio da rede para outros casos, o que resulta en xeral abondo máis gravoso. É o mesmo caso que as chamadas ó viciño ou as chamadas ó parende de América, só que por ista vez, para os que viven cerca dun nodo, calquera de outra cidade "con nodo" está tan preto en custe de chamada como o "viciño", mentras que para nós, os "viciños" seguen a ser só os de toda a vida.
Polo que parece aínda ha pasar tempo ate que alguén nos poña achegado un nodo de conexión á rede e evitemos as chamadas interurbanas, co aforro que iso supón. A Telefónica xa está suavizando dende algún tempo esta desigualdade, encarecendo relativamente máis as chamadas urbanas. Pode que cando vía ordenador se solucione o tema, entón o coste da chamada urbana sexa xa o mesmo que se se fixera ás antípodas. Claro que esto non nos servirá entón de moito.
Mentres, seguiremos na periferia aguantando cos cortes de luz no inverno que nos proporciona ¡gratis! Barras (que se chinchen os das cidades, que non os disfrutan), facendo compañía ós axustes telefónicos da dita Cía. Telefónica.
¿Que non somos o cú do mundo? Certo, hai sitios moito peores, pero bo, a idea ... ¿Ou que é iso de estar vivindo "no campo" e querer disfrutar das ventaxas da cidade?

20120122

Ribadeo en HDR

Deixo aquí un par de fotos de Ribadeo (decembro 2011) que recibín de José Manuel Martínez en HDR... (baixei a resolución para que se poidera cargar máis rápido)
Porcillán
A Torre dos Moreno, parte traseira

O estiramento dunha masa

Procurando outras cousas, remata de caer a miña atención na versión dixitalizada de artigos que teño publicado en tempos (década dos 90) na Mariña de El Progreso. Deixo unha das publicacións que coido resistiu abondo ben o tempo, a pesares da temática:

O estiramento dunha masa (4/12/97)

A semana pasada volvín escoitar mencionar un efecto económico que continúa a producirse nos EUA dende comezos da década pasada: a separación cada vez maior entre a renta das capas sociais económicamente poidentes e os desfavorecidos.

Este fenómeno prodúcese a nivel mundial e a nivel de cada país. Resulta que, no mundo e en termos xerais, os que teñen cartos, cada vez teñen máis. E os que teñen poucos, cada vez teñen relativamente menos. Dentro de cada país maniféstase o feito do enfraquecemento da chamada clase media, que en principio parecía característico da economía estadounidense.

No conxunto das nacións, está a aumentar a separación entre os países desenvoltos e os chamados non desenvolvidos, tras varios decenios nos que se daba efecto contrario. E aínda agora están os chamados dragóns asiáticos, países con forte crecemento, a sufrir os efectos dunha tormenta monetaria contra economías que se saben débiles e con defectos estructurais debidos en parte ó seu rápido crecemento.

As causas destas manifestacións son diversas. O abandono da progresividade nos impostos pola presión da xente que pode influír, a maior facilidade para establecer contactos comerciais e de emprego por parte da xente que xa pode facelo, os contactos, ... . No caso de comparacións internacionais maniféstanse máis claramente outros efectos, como que a pobreza impide manter a sociedade organizada e aumenta a corrupción, prodúcense os levantamentos armados e os motíns, etc. No caso de particulares, o verse atado para facer calquera cousa por falta de cartos inicia a espiral da marxinación e aumenta o problema.

Vénseme á cabeza o estiramento dunha masa. Se temos masa para facer empanada, por exemplo, podemos estirala de varios xeitos. Cun rodillo, a mistura queda aplastada por igual e diluída, con pouca consistencia mentras non se coce. Pero hai veces que estírase suxeitando unha porción cunha man arriba e outra coa outra man, abaixo. Nese caso, se se comeza a estirar, cada cachiño de masa dos que queda no medio toma un camiño, en parte aleatorio, para unha ou outra beira. Cando se segue a estirar e a afina-la ponte entre enrriba e abaixo, entón vese claro que o mesmo peso leva a maioría de material cara abaixo. Así ata que remata por rachar, e entón podemos contemplar dous bloques separados nos que a maior parte (case toda) da masa que facía ponte está na parte de abaixo.

A idea paréceme abondo concordante co que está pasando na economía: non é só que esa ponte esté a facerse máis estreita, senon que cada vez é máis longa.

Pensando no fenómeno que está a suceder coa ´ponte´, podemos chegar a algunhas conclusións. Coa masa, o facer pontes podemos considera que non é máis que un xogo. Na economía é a realidade na que se ve afectada moita (toda) a xente.

Parece que a creación de riqueza de que tanto se fala por parte dos economistas e políticos debera servir para atenua-lo proceso. Ata hai un par de décadas, así foi en todo o mundo. Dende entón, comezando polos EUA, non o é. A creación de riqueza vai cada vez máis para os que xa son ricos. Ademáis, de pouco serve o ter algo de cartos cando eses cartos non chegan. E telos vólvese cada vez máis necesario para poder facer calquera cousa. Refírome a facer algo coa propia vida, sen máis: ¿que se pode facer hoxe sen cartos?. Está visto que os tempos cambiaron; na xeración anterior un neno que tiña algo na casa non era pobre. Hoxe necesita ter cartos para poder saír dela. O mesmo sirve para os maiores, con outros matices.

... Despois de todo, e ben pensado, a analoxía económica coa ponte de masa non debe ser moi válida: a masa soa a cartos, a eso de ´masa monetaria´, por exemplo. Pero sobre todo non debe selo porque na realidade, esa masa monetaria vai parar ós menos, ós máis ricos, os ´de enrriba´. Non ós máis numerosos, os pobres, os de ´abaixo´.

20120121

Á beira da ría de Ribadeo

Desgoberno

Chegoume por varias canles o artigo de Juan José Millás cando xa o tiña lido. Fíxome pensar, porque certamente é bo, pero procurar unha e outra vez o seu eco, só o eco, sen aportar nada máis, coido que o fai unha especie de icono a seguir, sen acción interna, sen interiorización e mesmo chegando a rallar e desmotivar. Evidentemente, o espallamento da idea de que existe desgoberno é algo xa, pero moito menos do que debera se consideramos a 'capacidade de recorrido da resposta humana'.
Aí, o que intenta dende o 15M á plataforma pro residencia de Ribadeo. Da súa falta, que existan noticias do tipo desta e que sirvan para mofa en troques de para integrar que é algo que permitimos todos. De aí o impacto que pode causar o último parágrafo desta nova no New York Times falando do impacto da folga do outro día en contra da PIPA e SOPA nos EEUU, as inspiradoras da aquí si, victoriosa lei Sinde:
"“The problem for the content industry is they just don’t know how to mobilize people,” said John P. Feehery, a former House Republican leadership aide who previously worked at the motion picture association. “They have a small group of content makers, a few unions, whereas the Internet world, the social media world especially, can reach people in ways we never dreamed of before.” "
É dicir:
"O problema para a industria de contidos é que simplemente non sabe como mobilizar persoas", dixo John P. Feehery, un ex-asesor do lider republicano que anteriormente traballou na Motion Picture Association. "Teñen un pequeno grupo de fabricantes de contidos, a poucos sindicatos, mentres o mundo de Internet, o mundo dos medios de comunicación social, especialmente, pode alcanzar as persoas de formas que nunca soñamos antes."
Ese problema, a mobilización de persoas, tamén é algo co que se enfronta toda persoa ou institución que loita polo ben común. E moitas veces non atopa a solución. Se a atopa, ten o logro ó alcance d aman.

20120120

Algún dato

Xa hai algún tempo, a traverso de im-pulso, cheguei a estes datos que agora ligo:
Débeda agregada das CCAA
A débeda, en 5 gráficas
Coido que se pode pasar un ratiño facendo comparación entre políticas, lembrando citas interesadas a conta da débeda ou con detalles menores, como a débeda relativa dos concellos.
Canto máis vermello, máis perigo. Ribadeo, cara ó centro de cores.
O mapa captúroo dunha das ligazóns, que á súa vez colleuno dun interactivo de AIS, basado en OpenStreetMap e licenza CC-BY-SA. Aí pode verse que Ribadeo non é nin con moito o concello máis endebedado per cápita da provincia, na que a mesma capital estaría dous escalóns máis abaixo. Iso non quere dicir, evidentemente, que a cousa esteña para tirar foguetes nin para empregar os cartos de calquera xeito.

20120119

Nota de prensa sobre a residencia

Nota de prensa sobre a asamblea de asociacións que constituíron no seu día ou se uniron posteriormente á plataforma pro residencia de maiores de Ribadeo:
NOTA INFORMATIVA DE LA ASAMBLEA GENERAL
El pasado domingo, día 15 de enero, y bajo la presidencia de la Comisión Delegada, tuvo lugar en Ribadeo la celebración de la asamblea general de la Plataforma pro Residencia Comarcal de Mayores, a la que asistieron la mayor parte de las Asociaciones de Vecinos del Concejo.
Ante el clamoroso e ingrato silencio de la Consellería de Benestar de la Xunta de Galicia a la demanda presentada el día 30 de mayo del pasado año por esta Plataforma y avalada por la remisión de 2.225 firmas, así como a la petición de audiencia de la Comisión Municipal de Ribadeo a la misma Concellería, esta Plataforma de Vecinos y Comunidades ha tomado, entre otros importantes acuerdos y sugerencias, el siguiente: Convocar a todos los ciudadanos de este concejo y comarca a participar en una manifestación popular el domingo, día 22 de abril del presente año, a las 12 de la mañana, en demanda de la intervención de la Consellería de Benestar de la Xunta de Galicia para dar solución al grave problema de abandono y destierro que sufren las muchas personas mayores, actuales y futuras, de este concejo y comarca, que permanecen solas y olvidadas en sus domicilios o se ven obligadas a ser trasladadas a otros centros muy alejados de sus lugares habituales de residencia, con el consiguiente sufrimiento moral de quienes entregaron sus vidas para conseguir el bienestar de que hoy disfrutamos y el sacrificio que esos traslados suponen para sus familiares y amigos. De la mencionada manifestación, que recorrerá las calles de la villa de Ribadeo, se dará oportuna información al pueblo en los días siguientes y previos a la fecha de la manifestación.
Se acordó, asimismo, trasladar a la Comisión Municipal pro Residencia, creada al efecto en el concejo, y de la que forman parte, entre otros, los portavoces de los grupos políticos municipales, la petición de una reunión urgente con el fin de estudiar y acordar futuras actuaciones encaminadas a vencer este impás de silencio y olvido a nuestras demandas por parte de las correspondientes administraciones frente a este grave problema que los ciudadanos de este concejo y su comarca padecen.
La reunión de la mencionada Comisión Municipal tendrá lugar el día 19 de este mes.
Finalmente la asamblea acordó la permanencia de la actual Comisión Delegada hasta la superación del escollo actual y la esperada respuesta de la Consellería a nuestra demanda.
-
Así pois, hoxe hai xuntanza no concello sobre o tema ... e podes difundir dende xa a manifestación.

20120118

Este blog súmase á defensa de internet contra a lei Sinde, SOPA, PIPA, Lei Hadopi ...

-

Pleno con dous puntos (II)

O dito da parte 1ª
Apunto que xa está colgada a referencia ó pleno na páxina web do concello.
Continuando: O apartado de control dos órganos e rogos e preguntas suscitou coma sempre aun montón de pequenas preguntas focalizadas e moitas veces de difćil comprensión por quen non tivera a documentación diante ou coñecera o problema. Aínda así, tamén coma sempre, moitas outras (ou mesmo algunha das anteriores) chaman a atención na súa pregunta, na súa resposta ou sinxelamente na súa existencia.
Houbo preguntas sobre obras, como a da barandilla oxidada en Rinlo, na recentemente rematada praza de Calvo Sotelo, ou sobre a unificación dos tipos de sinais nas parroquias, con factura a cargo da Deputación. A televixiancia do punto limpo, 2 000 € subvencionados, chamou a miña atención non polo feito de poñer televixiancia, senón pola noticia de que houbera roubos no lugar.
4 000 €para o baleirado da fosa séptica da praia das catedrais, algo a facer periódicamente, aínda que sexa máis frecuente no verán.
Algún cargo curioso, como 330 € para a pegada fóra do noso concello de carteis anunciadores do mercado do Nadal, ou 3 776 € para un concurso de guións cinematográficos no pasado 2011 (algo que me choca porque se non lembro mal, o concurso foi adicado ós centros educativos e teño visto un folleto onde dicía que o custe total era abondo superior; será só unha parte)
Naturalmente, aquí, xunto coas epquenas preguntas e respostas, tamén hai pequenos aproveitos como para dicir a mans do PP que a Xunta subvenciona abondo, a conto da intervención no punto limpo nunha obra de tres millóns das antigas pesetas.
No futuro será desglosado o gasto en móbiles. Coido que no pasado, hai tempo, xa estaba; de feito, ténse comentado nos plenos o gasdo dos móbiles máis dunha volta.
Unha cousa que me chamou a atención foi á raíz dunha pregunta de M. Valín, o aporte do concello dos cartos para o gasto das dilixencias previas correspondentes á defensa do xa ex-secretario, ó ser imputado durante un tempo pola xuíza nun caso de prevaricación. Naturalmente, ó estar imputado (e continuar neste intre) o antigo alcalde, e o secretario ter despois deixado de estar imputado, non se citou a palabriña, pero si que o caso era polo tema de ruído. Como contraste, Barreiros, onde -segundo a prensa de onte mesmo- estando imputados no caso urbanístico alcalde e secretaria, o alcalde segue no posto pero apartou das súas tarefas á secretaria.
Tres pagos a Aquagest de 5 000 €, adxudicación directa, motivaron unha pregunta, pero o substancial quedoume sen comprender...
A licenza definitiva da xa vella tenda de Almacenes Bahía na r/ Vilalba chamou a atención polo seu retraso, e a pregunta de se era unha cousa habitual ou houbera algo extraordinario quedou sen responder ata próximo pleno.
Tamén curiosa foi a declaración (PP) de que había dúas empresas que si cobraban puntualmente, a responsable do gabinete de prensa e a de atención ó domicilio.
A expresión de 'costa un huevo' foi usada para referirse ó custe do congreso de pediatría, inquirindo se ese custe ía ser repetido periódicamente ou ou congreso fóra só unha vez.
Xa na parte de Rogos e Preguntas, comezou o representante do PSOE sobre o pago de 60 € mensuais nunha sentenza por ruído contra o concello, cun argumento que ten repetido hai tempo, preguntando se se estaba a facer algo para deixar de pagar. Pregunta contestada polo alcalde no sentido de que estaban á espera. Algo que polo que sei, podo dicir que como mínimo é incompleto.
O mesmo representante sacou a relocer o importante monto das multas por aparcamento en determiandas circunstancias, parece ser que a conto de que a el mesmo lle puxeran unha. 200 € por mal aparcamento en lugar non ORA. Ben, parece que a normativa e importes ven feita de xeito estatal polo seu partido (alomenos eso contestou o alcalde, non quedando convencido Eduardo Gutiérrez)
O subministro eléctrico ó polígono industrial foi a base da primeira pregunta de UPRi, sacando a relocer o alcalde o retraso da construcción da subestación e a lentitude en principio da compañía e a Xunta para os trámites.
Curiosa pregunta a seguinte. Resulta que para alugar bicis, pedíaselles o DNI, que quedaba na oficina de turismo, co que os ciclistas ían indocumentados. Algo que parece xa se subsanou, pasando a quedarse cunha copia do DNI.
A carpa do parque tivo a súa intervención diferenciada: 5 000 e do último custe son moitos cartos, pero negouse a viabilidade da compra porque hai que montala, desmontala, asegurala e conservala, e o concello non se ve capaz de facelo de xeito máis barato que o aluguer, a parte dos problems que representaría que ó ter o concello a posibilidade, todas as asociacións quixeran usala. A Mancomunidade está en mercar unha carpa, pero ise é outro tema.
A páxina web do concello centrou a primeira intervención de Campo Braña, pois está sen actualizar mesmo na composición dos plenos, por non falar de que o orzamento que aparece é do 2008, mentras que as novas que pon o alcalde aparecen periódicamente. E os novos medios, a segunda, pois pediu que a documentación previa ós plenos fora escaneada e enviada por correo electrónico ... pensei que ía dicir colgada na rede, pero iso sería demasiado.
Sobre o destino da Torre dos Moreno, e a conta das últimas declaracións do alcalde, Campo Braña pediu que se convoque ós grupos municipais para que decidan. Tamén neste caso pensei que ía pedir que se abrira un debate público en Ribadeo, pero tamén me equivoquei. A resposta do alcalde foi que a pesares do que saíra na prensa, non hai nada pensado sobre a Torre, incluíndo xunto a esta declaración de culpabilidade da prensa na comunicación un que 'nos collen en medio dunha historia complexa para explicar aquí'.
A obra do paseo das Aceas foi recepcionada. Unha volta establecido, unha pregunta sobre a 'Casa das algas', nome que parece será oficial: Pode usala calquera asociación?. A resposta é que en principio, si.
Outra pregunta do PP foi sobre o avance no tema das vidrieiras. O alcalde expuxo que a Asoc. Ponte dos Santos comunicoulle un próximo procedemento xudicial contra a empresa aseguradora. Contestou Campo que non valen excusas. E engado eu que parece que o tema desvíase polos cartos, sen responsabilidades ou proxecto de futuro.
Custe de apresar e mante cada res salvaxe (cabalos recollidos no monte, que xa tiveron unha primeira subasta para un grupo o mes pasado)? uns 225 € (a lembrar que a pasada adxudicación fíxose por 300 en conxunto)
Recadación por nultas na zona ORA? non hai datos aínda, pero falouse duns 800-900 € dende o 10N que se puxo en marcha, o que cubriría o aluguer o equipo, que 'entendín' que era o que se procuraba (o certo é que nesta resposta en concreto escoitábase abondo mal)[Nota de 20/1/2011: El Progreso apunta nun artigo que se recadan 1200€/mes].
M. Valín felicitou a E. Gutiérrez polo seu artigo 'Donde están las llaves?' a conto do albergue de peregrinos nunha pregunta difusa, que foi contestada no sentido de que que pasaba polo albergue xeraba gasto e poucos cartos deixaba en Ribadeo.
Valín pediu asemade a constitución dunha comisión para recoñecemento de José Calavera e a súa labor ó longo do tempo en relación á Torre dos Moreno, recoñecemento e comisión que podería extenderse a John Rutherford e que sen dúbida atoparía máis caso.

20120117

MATAS, ALEMANY Y… OTROS

Evaristo Lombardero Rico
En las últimas semanas ha saltado a la prensa la noticia de que el ex presidente del gobierno balear, Jaume Matas, tenía contratado a un periodista, para que le redactase sus discursos y al mismo tiempo le escribiese artículos y difundiese noticias laudatorias del político. Nada extraño en un país donde la corrupción y el enchufismo campan por sus respetos y los fachas con pedigrí pasan por progresistas.
A Jaume Matas le ha caído el pelo porque se le ha descubierto el pastel y ahora le acusan de prevaricación, fraude, falsedad documental y tráfico de influencias. Como suele suceder los antiguos amigos son los primeros en hacer leña del árbol caído y lo mismo le dan la espalda en el juicio que le vapulean en los medios como si nunca se hubiesen cruzado en el camino. El caso Matas es un ejemplo típico de manipulación de la opinión pública con métodos goebelsianos, uso del cargo público para interés propio y obtención de un curriculum político a costa del partido y de la administración.
Aquí, en la Mariña de Lugo, sin ir más lejos, tenemos un alcalde que emplea la misma táctica. Paga, a cargo del concello, una empresa de publicidad que le hace fotos en posados – algunas de pura astracanada – le escribe artículos y difunde noticias, tratando de colar como simple información lo que no es más que propaganda política pura y dura. Hasta la fecha la jugada ha ido colando sin grandes complicaciones, pero ya se vislumbran indicios de que el castillo de naipes empieza a tambalearse.
(Nota: Publicado despois na Comarca de 20/1/2011)

Pleno con dous puntos

Onte houbo pleno. dous puntos máis lectura e aprobación da acta anterior e o punto xenérico de supervisión, rogos e preguntas. Debera tido ser cortiño. Durou máis de dúas horas.
Non cheguei ó comezo, pero non houbo palabra algunha pola morte de M. Fraga. E si, de novo as preguntas de O Tesón quedaron por contestar. Nunha breve explicación, o alcalde dixo que oas preguntas foran entregadas sobre a data e quedan para outro momento porque non tivo tempo de preparalas. Sobre a data quere dicir o xoves, no prazo estipulado. Por casualidade quizáis, no escrito lembrábase que quedaron adiadas explicacións anteriores. E foi de novo curioso o feito que rematou o pleno, dixo as verbas de desculpa sobre as preguntas de O Tesón e di logo que quería falar algo co resto dos concelleiros 'en canto se vaia o público'. Natural que queiran falar a soas, non?
As preguntas de O Tesón ían nun escrito do que reproduzo a parte que nos toca:
"(...) formula ó sr. Alcalde do Concello de Ribadeo as seguintes cuestións, que se acumulan ás explicacións pospostas ou prometidas en intervencións anteriores (como a recadación obtida polas terrazas ou o estado do canón lanzacabos últimamente situado en Lugo):
1.Dada a perda cultural e identitaria en curso das Terras de Ribadeo, co uso do nome da Reserva da Biosfera - Rio Eo-Oscos "y Tierras" de Burón (carteis na rotonda dos Irmandiños, Autovía, e moitos outros lugares mercede ós fondos do Ministerio de Fomento ou o de Medio Ambiente, variacións patronímicas diversas debidas á Xunta de Galicia, continuación da designación de Río de Ribambo ou Obeso en Google Maps, a noticia de que se está 'cerca de Castropol' ou que se vive en Ribadeo-Asturias se se usa Facebook, etc, solicitamos coñecer se existe unha política da alcaldía en relación a dito tema.
2.Tendo en conta a finalización das obras da Fábrica de Alxinatos e a súa promoción xunto co paseo, que teñamos noticia aínda ambos sen entregar, pero usados puntualmente, solicitamos coñecer o destino que se pretende ó edificio remodelado.
3.Dada a ausencia de novas sobre o estado e recuperación das vidrieiras da capela do cemiterio, solicitamos coñecer en que estado se atopa a delimitación de responsabilidades, os pasos para a súa reposición e a posibilidade de usar a Fábrica de Alxinatos ou outro lugar para facer unha exposición dos restos.
4.Despois de ter nova recente da finalización de obras para ter un campo de céspede artificial nos terreos do C.P. Gregorio Sanz por un importe abondo superior a cen mil euros, solicitamos coñecer as partidas de cartos propios ou doutras entidades, dispostas para as más necesarias obras na casa do xulgado, o comezo da residencia de maiores ou a participación do concello nas tamén necesarias obras da Torre dos Moreno."
En fin.
Respecto ó resto do pleno, unha volta aprobada a acta, os dous puntos de enjundia (non 'principais' como anunciara o alcalde, senón en realidade únicos aparte dos preceptivos) foron a anulación da subida do imposto de bens inmobles acordada nun pleno pasado, a conta de que xa o sube o goberno do estado, nunha contía superior (e sen gasto político para os representantes municipais). Quedou aprobado, pero non sei a votación en detalle.
O outro, a rebaixa da cobertura de subvención de obras no ARI do 80% ó 75%. A votación foi unánime, pois non quedaba outra (como Eduardo Gutiérrez deixou patente). Non obstante, as aclaracións dos grupos foron diferentes, deixando o PSOE constancia de que houbo un erro nalgún funcionario do concello que foi corrixido por outro en Santiago, e o alcalde que trátase de adaptalo, e que as veces pasadas pasara sen contratempos. Nalgún momento quedaron as palabras do alcalde difundidas en nota de prensa tildadas de propaganda, querendo botar a culpa á Xunta.
Ben, a duración do último punto da orde do día, control dos órganos, decretos e rogos e preguntas, durou hora e media e queda para outro momento.

20120116

Convertíndonos en non-xente

Non, non se trata da morte, que hoxe e sempre está no candeleiro coa morte dalgún famoso máis que coa do 99% dos mortais. Trátase de como pasamos a ser irrelevantes, de como os africanos en xeral xa son irrelevantes, -non xente- dende hai tempo, e de como sentimos que a relevancia dun español respecto a cousas como o tratamento diante dun secuestro no extranxeiro ou ós seus dereitos noutro país respecto ós dos cidadáns dese país en España, por exemplo. Xa o vimos entindo hai moito, que hai 'a xente do imperio' no alto dun escalafón a nivel mundial, no que se vai descendendo o saír desa centralidade. Escalafón que se confunde con outro de poder, cartos e interese compartido co poder central, que varía e gradúa o anterior para cada caso particular. E a maioría dos comúns por estas terras, imos baixando (máis ben véñennos baixando, como fan as 'axencias de rating') escalóns nese escalafón hai tempo.
De novo é a reacción, o pelexar polos nosos dereitos, o tomar consciencia de que somos unha grande maioría, o que pode facer que ese escalafón sexa menos inclinado. E non deixa de ser unha esperanza, unha sinal de que os temps se moven cara a unha maior participación, unha iniciativa da Casa Branca para os seus 'súbditos/cidadáns' norteamericanos, 'We, the people', que permite unha especie de demanda en tempo real que non é ningunha panacea, pero que contrasta, por exemplo, co máximo logro de participación obtido en Ribadeo (no 2004), para as asociacións, que non para cidadáns sen organización previa, de preguntas ao pleno, respondibles despois de finalizado os plenos, e con xeitos que teñen manifestado en feitos puntuais unha absoluta falta de respeto polo procedemento, usado con abonda asiduidade pola AVV O Tesón.
Hoxe hai pleno ... e preguntas.

20120115

Por se alguén quere

Votar ó blog nos premios de 20 minutos ...

Remata de morrer

Manuel Fraga. D.E.P.

Aplícao onde queiras... pero sé consciente

Collo emprestada unha cita:
"Este espectro non choveu do ceo: é unha manifestación natural e unha consecuencia inevitable da fase histórica que atravesa actualmente o sistema ó que ese espectro atemoriza. É dicir, creouno o feito de que unha parte deste sistema non pode xa, dende hai tempo e por mil motivos, seguir baseándose na brutal arbitrariedade dun poder que exclúe calquera manifestación non conformista e que, por outra parte, ten chegado a un punto de tal inmobilismo político que non permite que a longo prazo estas manifestacións se afirmen no ámbeto das súas estruturas oficiais"
Está clara a letura entre liñas, pero tamén a letura plana. Pode aplicárselle ó 15M en relación a un inmobilismo que propicia unha caste política, e tamén a algo totalmente relacionado na actualidade, a caste económica e o pobo.
Mais ... a cita ten máis de 20 anos, e aínda que traducida para o caso dende o castelán, o checo Václav Havel certamente empregou outra lingua para facela realidade (aquí, unha versión en castelán da obra 'o poder dos sen poder' -de cuxo comezo está tomado o fragmento-, pero incompleta. Aquí, en inglés, completa). A referencia mira ó sistema comunista daquela imperante no leste de Europa, pero o escritor expresouno dun xeito máis xeral, e así, serve para pedir a participación e a xustiza na actualidade sen perda dun ápice de sentido nin de sentemento.

20120114

Quitando altura

Coido que a nova de hoxe en Ribadeo está clara: o alcalde apura a rebaixa de alturas ilegais.
Con maioría absoluta está visto que se poden facer moitas cousas, ó tempo que outras posibles quedan no caixón das antigüidades ou das cousas caídas no limbo. E á actual alcalde hai que recoñecerlle que pasiño a pasiño vai facendo moitas cousas que parecía que non ía dar feito. Claro que, polo camiño, quedan outras que serían máis inmediatas ou sinxelamente, de máis atención continuada e ás que non se lle ve unha solución. Aí están a residencia de maiores, as vidrieiras do cemiterio, a Torre dos Moreno, a volta do xulgado, ... ou mesmo cousas administrativas como o regulamento de participación cidadá, ou outras como que Ribadeo non dispoña aínda dunha casa da xuventude que actúe como tal (en Villalba leva máis de 20 anos actuando, e notándose). Claro que no dito anteriormente, unha relación incompleta, habería que establecer categorías, urxencias e posibilidades.
Por outra banda, a nova das alturas manifesta tamén diferenzas da nosa alcaldía con outras veciñas. E neste caso, alomenos, diferenzas positivas.
Claro que hai outras novas que quizáis afectan a Ribadeo máis, aínda que xeradas a moita distancia, como a rebaixa de dous escalóns da 'nota' que unha das axencias de cualificación da débeda lle asigna á española ...

20120113

Novas de Ribadeo

Bo ano! Eso tentan dicir os dípticos que estes días, xa, estánse a repartir nas tendas anunciando o entroido. Lembreime deles a conto de que o pasado ano houbo quen me pediu consello para o entroido e quizáis non llo din adecuado e a tempo. Por iso, e para todos, aquí queda o díptico.

Acompaño cun par de novas de entroido a destempo:
Acusación falsa, alegremente, e que, unha vez aclarada, non ten desculpa, co que ocorreron máis veces acusacións sen fundamento e voltarán a ocorrer ... Neste caso, acusan ó cura de roubo e logo aparecen as imaxes. Antes, noutro parroquia, enchéronlle o lugar de pulgas. Váise. Levará boa lembranza. A historia repítese nos pobos moitas veces. Con menor gravidade (non foi diante das cámaras de televisión, aínda que si algunha vez en varios medios de difusión) pasoume a min con varios infundios. Aínda estou por esperar non xa a contribución ó desmentido, senón sinxelamente, desculpas.
Un xornal puxo a disposición en liña unha sección de ideas de aforro nos concellos da Mariña. As básicas: unificar concellos, persoal de máis e soldo de alcaldes e concelleiros. Pero tamén en festas, papeleiras ou farolas...
Por certo, o vindeiro luns hai pleno ordinario. E está anunciado. Farían efecto as veces que teño/temos pedido que se anunciara? O anuncio é incompleto, non aparecen todos os puntos, pero de calquera xeito ...
[Nota, algún tempo despois: parece que o do cura da máis voltas: fálase de expolio]

20120112

Un sorriso

Para evitar a depresión dos lectores, ligo tres viñetas dun mesmo dibuxante:
Viñeta 1
Viñeta 2
Viñeta 3
Quizáis negro, pero humor ... :-)

A auga ...

Onte pola tarde/noite, a auga en Ribadeo non se podía beber. O sabor a lixivia era tal que facía botar fóra a que se bebera. Chegaba con cheirar o fondo dun vaso para ver que algo non ía. Ó lavar as mans, quedaban suaves sen neceisade de xabón. Coido que houbo quen tentou ducharse e tivo que abandoar o empeño. Cito unha mensaxe recibida: "intentei ducharme e picanme os ollos e toda a pel". Que pasou? Non o sei. A alguén se lle foi a man ou lle caeu un recipiente abondo grande no depósito. Non lle medín o pH, pero seguro que non era o normal. Nos xornais en internet non vexo ningunha referencia, non sei se a haberá no papel...

20120111

De ladrillo vai

Pasaron as festas e parece que entrou a seca informativa, e non só porque máis xornais se decidiran a atrasar as novas que colgan libremente en internet respecto ás que aparecen no papel. Trata máis ben de que a transparencia con que se fan as cousas está a sufrir un novo retroceso, do que é exponente o mesmo Presidente do Goberno do estado, tanto por cousas como non falar de proxectos como por facelo a medias mesmo cando o que di son xa feitos consumados. Que non se pode facer esto último? Pois parece que si, dicindo que queda o ive super reducido para a compra de vivenda habitual cando é para calquer transacción inmobiliaria. Claro que, no medio dun aumento de impostos onde quen sae perxudicado somos os de sempre, non o consumo, non é a única pílula que dorou, e iso xa non é falta de transparencia, é mentira.
Pero de ladrillo vai tamén máis próximo, cunha nova do concello coa que o alcalde 'abre outra fronte' esixindo o cierre das fincas urbanas. Algo que pode estar ben, pero que fai botar en falta algunhas outras cousas, como o futuro da Torre dos Moreno, tamén 'ladrillo', ó fin, o que parece que xa non é nova ou xa non é cousa do concello.
E mentras, a crise segue, e como indicador da circunstancia, o aumento da xenofobia contra o inmigrante, precedida da consideración de que non aporta nada, e polo tanto, non serve e está de máis.

20120110

Onde esteña o artificial, que se saque o natural

Só 160 000 €, unha ganga de céspede artificial foi instalado no patio do C.P. Gregorio Sanz. Xa é usado por 180! alumnos da escola de fútbol (fútbol 7, que o campo é pequeno), a pouco menos que 1 000 €/alumno, que diminuirán ó ser usado por sucesivas xeracións de balompedistas. E ata os políticos de turno e compañía poden facerse unha foto chutando ou pasando o balón. Claro que ten desgaste, aínda que sexa pequeno, virtude que o de herba natural non tiña. Que asunto máis prioritario que a substitución do natural polo artificial? Que máis se pode esperar, que cheguen os cartos para todo? De ilusión tamén se vive! E ó fin, a Torre se se deixa, ha caer, e os anciáns xa residen onde sexa.
As obras do campo de céspede artificial, sen rematar.
Para completar a entrada dooutro xeito, coido que un par de fotos 'progresistas' poden axudar. A primeira, o comezo da última (polo momento) obra no entorno da ría, a enésima ampliación de Mirasol.
Comezaron xa as obras de ampliación de Mirasol 2012.
A segunda, un irisado campiño de mistura de combustibles no chan da gasolineira do Eroski: tamén a contaminación é fermosa.

20120109

Unha ligazón pensando en Ribadeo e máis aló

Coido que debo poñer unha ligazón sobre algo no que estou totalmente de acordo.

Saída ó mundo

Esta noite, ás 4 da mañá, largaba amarras o último buque feito en Gondán para Fratelli Neri. Na páxina da empresa italiana armadora aparece como tarxeta de visita a imaxe dun barco anterior co fondo da illa Pancha, o Costante Neri. Facendo país polo mundo, o Guardian Neri siau feito con mans dos nosos veciños, quizáis con mans dalgún dos que esteña a ler. Primeiro destino, A Coruña, dique seco, para limpeza e pintado, o remate. Alí chegará sobre as 4 da tarde. Despois dunha semana, seis días de navegación e a Livorno a traballar de asistente dunha plataforma de recepción de gasistas.
Xunto con el irase un italiano que estivo por aquí preto dun ano. Outro mensaxeiro destas terras máis aló.

20120108

Que pasa coa herdanza dos Moreno? (III)

Despois das dúas primeiras entradas sobre os Moreno e o seu legado (I e II), e unha pequena reflexión sobre o que trouxeron os reis, atopámonos cunha sorpresa máis tras os reis e en relación ó legado: Ribadeo, disposta a vender a súa parte da torre dos Moreno. Enténdase, non é Ribadeo, senón o alcalde e enténdese que a forza política maioritaria enteira. Os motivos, claro, económicos. Son a desculpa típica destes tempos, os cartos. A desculpa que fai que a Policía Local non faga as súas funcións senón as de ama de chaves do concello, ou que permite explicacións como "Se fose poñer uns miles de euros poderíase facer, pero estamos falando de unha inversión cuantiosa e agora o importante é aproveitar ao máximo os recursos, e por moi importante que sexa a Torre dos Moreno, máis o son os servizos sociais ou a educación", esquecéndose de que as competencias do concello non van pola educación ou os servizos sociais, a non ser que sexa duplicando competencias doutras entidades. Ou que a restauración da Torre, ata agora participada polo concello, esquece cousas tan elementais como os adornos das columnas exteriores, sinal de que a xestión anterior na parte que que lle toca ó concello non era tan boa. Ou que o custe de compra das columnas metálicas de reforzo supere xa o seu aluguer, abondando na responsabilidade do concello, ou ...
Engadindo tan só que da a impresión de que este é o destino do patrimonio de Ribadeo, destrución (sen explicación) e venda (por 'necesidades económicas'), polo momento paro.

20120107

O que trouxeron os reis

Onte foi a sorpresa para os nenos. Xoguetes, a pesares da crise. Para algúns, significativamente menos que outros anos. Outros, nin o notaron. Moitos, continuaron alimentando unhas reclamacións esixentes como reis da casa e da sociedade que efectivamente son. O discurso real da noite anterior xa o deixaba claro en Ribadeo, que había que loitar contra algunhas cousas, aconsellando máis obediencia e traballo.
No mundo dos maiores,non estaría de máis facer algunhas matizacións ós consellos, cunha obediencia mutua, da xente mandada cara á que manda, pero tamén lembrando que os 'mandados' son persoas con poder, que tamén deben mandar e ser obedecidos. E traballo, si, con rendemento, pero para todos, non para deixar na cuneta a boa aprte da poboación e exprimir a case todo o resto en beneficio dunha exigua minoría.
Claro que esto ós cativiños quizáis lles quede un pouco profundo para entendelo. A quen non lles debera quedar tan profundo é ós seus maiores.

20120106

Cabalgata de reis 2012 en Ribadeo

Unha ligazón a fotos do evento cargadas por Ribadeo en facebook e un vídeo do paso de Gaspar (naturalmente, sen o glamour da tvg que veu facer unha visita o día de hoxe), máis un agasallo sorpresa dos amigos dos beléns:


Exposto pola asociación belenista na antiga Casa Maseda, hoxe

20120105

Isaac Díaz Pardo

Morreu. Era un icono. E érao por algo. Descanse en paz.
Deixo unha escolma de cousas sobre el:
Artigo na Galipedia (con máis referencias).
A nota no El País.
No Público.
Vídeo de homenaxe de Mariano Grueiro.
Biopic.
Biopic máis curto.
Entrevista hai un lustro.
Vídeo da Un. de Vigo ...

Que pasa coa herdanza dos Moreno? (II)

Acceso á 1ª parte
O FUTURO DA TORRE DOS MORENO
Evaristo Lombardero Rico
Moito se leva escrito e debatido sobre o futuro da Torre do Moreno e mesmo puidera parecer que non queda nada por decir. Sin embargo nas últimas semanas veñen aparecendo novas moi preocupantes nos medios de comunicación.
En resumen penso que deben destacarse os datos seguintes:
1.- INTEMAC denuncia nun comunicado recente que as obras que se están executando non se axustan ás suas recomendacions (folga suliñar quen é INTEMAC, quen é Pepe Calavera e mesmo que leva 25 anos estudando o estado da torre). En consecuencia esta empresa deixa o seu papel como asesora do proxecto.
2.- Un dos últimos informes de INTEMAC, do ano 2009, prantexa a urxencia dunha rehabilitación integral do edificio, so pena de entrar en fase de declaración de estado de ruina, o que obligaría á sua demolición.
3.- En novembro de 2011 dimite Ernesto Cruzado como director das obras que se paralízan durante un tempo.
4.- O Sr. Alcalde de Ribadeo declara que o problema é un conflicto entre particulares de diverxencias económicas entre INTEMAC e PAISAJES DE ASTURIAS e que el non pode entrar no tema. Pero engade que as obras “están ben encauzadas, teñen todo legal e faranse correctamente”.
Dende o meu punto de vista aquí hai un problema moi grave que se resume nos puntos seguintes:
a) Unha empresa de prestixio mundial e gran coñecedora do problema que denuncia e execución dunhas obras e saese do proxecto.
b) Un alcalde que en primeiro lugar oculta información, en segundo lugar minimiza a gravedade do problema en terceiro lugar distorsiona os feitos insultando a INTEMAC (acusaa de moverse por intereses económicos) e en coarto lugar afirma que todo se vai facer correctamente, ou sexa está apoiando a execución actual sen control técnico de ningunha clase por parte do concello.
Acceso á 3ª parte

Que pasa coa herdanza dos Moreno?

    Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribuír a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo.
    O último episodio, ata o momento, saltou coa paralización da obra en curso na torre, nova na prensa e comunicado de da empresa Intemac sobre o tema. O obra segue parada, a dirección de obra dimitida e a empresa consultora que levaba máis de dúas décadas facéndolle o seguimento, lavándose as mans de agora en diante. O edificio, apuntalado (o custe diario dos puntais coido que faría bo o telos mercado de comezo, seguro que saía a conta), o desconcerto, asegurado e o seu futuro dubidoso despois de insistirse nos informes unha e outra vez na urxencia da actuación. A nivel municipal parece que se deixa o mínimo movemento de anos anteriores en mans da parte privada, que antes non se movía e que co cambio de propiedade parece que está máis interesada en rendibilizar o capital invertido na compra, faltando por saber se eses intereses coinciden cos ribadenses.
    De calquera xeito, a historia da Torre é para outro momento, máis extensa, quizais por capítulos, pois é longa é ó tempo, está comezando nunha fase que podería ser terminal. Fariña doutro costal son as vidreiras da capela do cemiterio. Van xa 14 meses dende que se produciu o seu expolio, e aquí non se sabe nada. Por non saber, a xente ignora mesmo onde están os anacos que quedaron (por certo, deben estar no almacén do concello en Vilaselán). Lévanse escrito xa unha cantidade considerable de artigos sobre o tema, pero un ano despois continúa unha especie de pacto de silencio no Pazo de Ibáñez, e botando unhas contas para poñer todas as vidreiras por un montante que pode que chegue para repoñer unha soa ó estado orixinal (eu mesmo teño botado contas sobre o tema nun artigo anterior).
    Por parte da AVV O Tesón, despois da publicación en internet de 'As vidreiras da capela do cemiterio', puxémonos como obriga que non se esqueceran os feitos, que se aclararan e se buscaran responsabilidades, na procura de dous obxectivos. O primeiro, que se evitaran no futuro e no posible, novos expolios gratuítos, o que só se logrará se quen é responsable se fai sentir responsable de xeito público e dalgún xeito purga esa irresponsabilidade sendo consciente a cidadanía desa purga. O segundo, porque a aclaración de responsabilidade nos feitos axuda á aclaración de responsabilidade na restitución das vidreiras ó estado anterior, coa reposición dos anacos no encaixe, a feitura de novo dos xa irrecuperables ou a montaxe en marcos que non queden en ferruxe como lle pasou ós anteriores.
    A última actuación polo momento da asociación veciñal foi o plasmar tanto nas participacións de lotería como na felicitación do Nadal imaxes coas vidreiras, e na labor de lembranza continuamos.
    Agora mesmo parece haber unha oportunidade para 'valorizar' as vidreiras en tanto non se recuperan como é debido. Aí está un novo espazo que no futuro se pode adicar a exposicións, aínda que non polo momento non estea inaugurado oficialmente, o da fábrica de Alxinatos. Lugar que podería artellarse para a de exposición dos restos, cun marco de historia e fotografías de como estaban (ver o colgado en internet), algo que implica actuacións e estudos de calquera xeito moi convenientes, senón necesarias, pensando en facer unha reposición das vidreiras.     E que non é labor tampouco de hoxe para mañá, pero si unha acción para comezar.
    Unhas vidreiras de hai preto de noventa anos, cada unha con seiscentas pezas de vidro posiblemente realizadas por Luis Lertxundi na bilbaína Vidrieras de Arte, S.A., inxertadas nunha capela nun cemiterio construído a partires de 1922 para ser cedido por Juan Moreno y Ulloa ó concello, son un elemento artístico moito menos visible que a Torre dos Moreno pero tamén distintivo de Ribadeo. E non pode ser abandonado así como así na súa destrución. A mostra dos restos pode ser un primeiro paso para devolver ó pobo o que do pobo é.
    Hai algún tempo pedimos dende O tesón a exposición de ideas. Neste caso, a idea é unha exposición.
    Acceso á 2ª parte
    Acceso á 3ª parte

20120104

Valorando 2011. Máis

Despois de falar do tempo, do intrascendente, quedaría a charla máis 'trascendente'. E resulta que, a pesares do cedo que é no ano, deume tempo a ver que a nivel España hai moitas valoracións punteiras (á beira doutras que non o son, claro) como a de Miren Etxezarreta, que acompañada nunha páxina en papel por unha ilustración independiente de Pepe Medina coido que chega para ter unha idea boa da situación e as causas. Por certo, algo que saíu no mesmo xornal, só uns días antes que o anuncio da solicitude do concurso voluntario de acreedores...
Pode arroparse o anterior (ó fin, publicado dous días antes de que rematara o ano) con dúas novas collidas onte na tele e outra hoxe no mesmo xornal. Sen comentario, que non hai necesidade: 1.O paro aumentou ata en decembro, mes no que os contratos temporeiros de Nadal facían baixar a lista de paro tradicionalemtne. 2.Por primeira vez en década e media a Seguridade Social tivo un balance en vermello. 3.Os sindicatos amosan que aceptarán 'o que lles boten'
Valoración a nivel España? Sen comentarios (aínda que poderían facersemoitos máis)

20120103

Valorando 2011. Chuvia e Sol

Despois da valoración da temperatura,o que máis soe chamar a atención do tempo é a chuvia e o Sol. Na choiva obsérvanse diferencias fundamentais entre estacións, chovendo en Ribadeo por termo medio entre 3 e catro veces máis en outubro ou novembro que en xullo, agosto ou setembro, como indican o gráfico e a táboa seguintes:
Os 904 litros caídos por metro cadrado ó ano de media no que levamos de século indican unha pluviosidade elevada, pero non tanto dentro de Galicia.
En canto ó balance hídrico de 2011, a táboa e gráfica enriba indican que o ano que rematou foi o máis seco do século, seguido de preto por 2004, habendo moita variación duns anos a outros.
En canto ás horas de Sol, salvo o baixón arredor de 2004, mantéñense nunha media de 5 h/día, podendo observar abaixo que xullo, agosto e setembro, por este orde, pero con escasas varaicións, son os meses máis soleados, correspondendo exactamente coa táboa que indicaba que por ese mesmo orde, eran os máis secos.

20120102

Valorando 2011. Temperaturas

A valoración dun ano ten moitas lecturas, moitos perfís diferentes. E aínda que sempre ahi quen se adianta á súa finalización, unha valoración completa só se pode facer despois de finalizar. É dicir, iste é o momento.
E hai que coller practica, polo que é preferible, para quen non está afeito, facelo a partires de cousas sinxelas. Por exemplo, o tempo.
A gráfica anterior manifesta que o ano que rematou foi o máis cálido do século que levamos, se ben non por iso se poden sacar conclusións definitivas sobre o cambio climático en Ribadeo. Non só porque o anterior fora o máis frío do século, senón porque as medias veñen dadas a partires dos datos da estación meteorolóxica que hai en Pedro Murias, e faltan algúns días dalgúns anos; unha veces en épocas frías, outras en épocas máis cálidas, ... En 2011, só un día de decembro.
 A media diaria manifesta abonda máis irregularidade  no inverno que no verán, cando as temperaturas son moito máis homoxéneas. Por mor dos anos bisiestos, o 'día 1' da gráfica é o 1 de marzo, comezando a contar a partires de aí e polo tanto, con anos que chegan ata o -60 (os bisiestos) e outros ata o -59. O por que o fixen así é algo que ten que ver cos equinoccios ... e que non vou detallar agora.
A gráfica anterior presenta as medias mensuais. Cos datos collidos, na década, a temperatura media de Ribadeo foi 14,04 ºC segundo a Pedro Murias (por efecto da concentración de casas e movemento, no centro de Ribadeo foi algo superior). O mes máis frío, febreiro, e o máis cálido, agosto. Chama a atención que decembro teña unha media lixeiramente superior a xaneiro, pero a estatística é así, e con  datos dos próximos anos moi probablemente a curva cambiará a inclinación neses meses.
Deixo polo momento para outra os días de choiva e horas de sol ...

20120101

Aquí como en Viena

Portada do díptico

Interior do díptico. Non aparece a Marcha Radetzky, interpretada ó final.
O concerto 'aquí como en Viena' foi o pasado venres 30 de decembro. Máis, como en Viena, aparece no blog na primeira mañá do novo ano. Abaixo, ordeados, os mp3:














Se se quere comparar coa do ano pasado.