20111220

Un 'experimento mental'

Onte, debate de investidura. Collo do blog Im-puso que Rajoi aportou intencións, non decisións, poñendo da miña colleita que en boa parte iso é o que se soe facer nestes casos, e máis tendo unha maioría absoluta de deputados. Poucas novidades sobre o esperado; se cabe, a maior, a intención de voltar a poñer patas enrriba o sistema educativo en troques de limitarse a axustes (e dicindo que só houbo unha lei educativa en toda a democracia).
En fin, a min véuseme á cabeza unha especie de experimento mental a conto das intencións proclamadas e a situación xeral:
Supoñamos dúas persoas que queren o mesmo, sobresaír nas carreiras. Unha, Pepiño entrea diariamente e o adestrador teno exhausto de traballo. Non o fai nas mellores condicións, en principio, por exemplo, non ten boas zapatillas, pero é impulsado a correr, correr e correr, aínda que teña tasada a comida. O Outro, Pepón, ten bo material, proporcionado barato pero a conta de futuros triunfos. Mais a mesma xente que lle fixo o empréstito, os donos do estadio, primeiro vanlle pouco  a pouco restrinxindo a súa entrada ás pistas porque din que non rende (non baixou de marca, pero dinlle que iso non importa, que corre contra si mesmo). Ademáis, a comida que lle dan faino engordar, pero non é alimenticia. Co que pouco a pouco si vai perdendo a forma. E cada vez, ó ver que se vai deteriorando, lle negan máis a entrada a pistas. Ven a carreira. Pepiño gana de longo, e cae exhausto na chegada, aínda que contento. Pepón non é máis que capaz de ver a carreira dende a televisión do veciño (a el embargáronlla a conta dun material que non lle deixaron usar). Ó fin, o propietario do estadio xa é dono das cousas de Pepón, sacoulle lucro a Pepiño (Pepiño nunca tivo nada propio e pouco premio lle deron), segue tendo negocio e está a preparar o próximo movemento estratéxico.
Non sei se se entende ben, pero estou seguro que o empresario do estadio si o entende.

Ningún comentario: