20111018

Sobre a separación da igrexa e as institucións políticas

Soe falarse da separación igrexa-estado. Polo ocorrido en Ribadeo hai non moito, coido que havbería que xeralizar e falar de separación relixión-política, ou se se desexa, deixando a cousa polo momento nun punto intermedio, separación igrexa-institucións políticas.
Xa hai catro día que foi emitida unha nota de prensa polo concello, que devolvía de xeito propagandístico a resposta a unha intervención en sentido contrario tamén propagandística.
Coido que na constitución española actual (isa que é imposible cambiar para algunha cousa pero que un par de amiguetes poden cambiar para outras) recóllese a aconfesionalidade do estado e polo tanto das institucións que o estruturan. O que se coñece como separación de poderes igrexa-estado comezou a darse hai varios séculos en moitos lugares. Aquí, polo que parece, á vista deste suceso en Ribadeo e doutros varios ó longo da xeografía española, aínda non demos con el, e as institucións e representantes políticos teñen que seguir rendindo pleitesía a institucións e repreentantes relixiosos.
Hai máis de vinte anos (quizáis polo 1989), nunha visita que o sr. bispo daquela fixo a Ribadeo, visitou o que na actualidade é IES Porta da Auga e plantexouse un pequeno dilema sobre o protocolo. Aceptouse a visita dun xeito cortés (ó fin, aí está a materia de ensino relixioso), pero os pinchos ofertados foron pagados a escote entre os profesores que así o quixeron. Houbo a quen non lle pareceu ben, pero a cousa resultou.
Máis de vinte anos despois, a nivel local, seguimos igual (ou peor)

Ningún comentario: