20110502

Bo, xa se queixaron e manifestaron os de sempre, voltemos á normalidade

... agora o resto a traballar mentres haxa algo de traballo.
Casualmente, en España o 2 de maio ten o significado dunha revolta popular. É unha sinal de que houbo xente capaz de revolverse e reconquistar unha independencia. Mentres, na actualidade, segue o paro, e os sociólogos pregúntanse que fai que un país co paro que ten España sexa tan pasota. Coido que a pregunta está mal formulada, e que a que se debera facer é como facer que a xente participe para cambiar a situación.
Quizais a resposta veña acompañando a un pequeno dito que lin hai pouco: quen moveu a montaña foi quen quitou o primeiro grao de area. E é que por pouco que sexa, por inútil que pareza, hai que comezar con esa indignación que Stèphane Hessel ordena e actuar, cada quen na súa medida.
Xa pasou a celebración, a festa: toca facer algo máis que sinalar ós culpables.

Ningún comentario: