20101212

Ría de Ribadeo, non estuario

Coido que de novo este fin de semana pasou polas miñas mans unha nova periodística que identificaba a ría de Ribadeo como estuario do río Eo. Aproveito para aclarar algún punto que hai tempo tiña ganas de clarificar. Collo primeiro dúas definicións do DRAE (en castelán, claro):
"estuario. (Del lat. aestuarĭum). 1. m. Desembocadura de un río caudaloso en el mar, caracterizada por tener una forma semejante al corte longitudinal de un embudo, cuyos lados van apartándose en el sentido de la corriente, y por la influencia de las mareas en la unión de las aguas fluviales con las marítimas."
"ría. (De río). 1. f. Penetración que forma el mar en la costa, debida a la sumersión de la parte litoral de una cuenca fluvial de laderas más o menos abruptas. 2. f. Ensenada amplia en la que vierten al mar aguas profundas. 3. f. Dep. En ciertas competiciones deportivas, balsa de agua que, tras una valla, se pone como obstáculo."
De ambas definicións, coido que queda claro que o estuario sería a parte chamada 'ría de Abres', que se vai abrindo claramente e ten influenza mareal. O resto sería ría, a ría de Ribadeo: unha penetración do mar na costa onde houbo unha baixada do nivel da terra e entrou o mar, onde hai un claro predominio da auga salgada, polo que é un entrante do mar na costa. Hai estudos que indican que a renovación da auga da ría faríase cada tres mareas (de media, pois non todas as mareas son iguais), mentras que por termo medio, necesitaría abondo máis tempo para que os ríos (Eo e os pequenos, deso falo logo) fixeran esa renovación.
Sobre os ríos, collendo datos sobre a cunca (uns 820 km2 para o Eo, 70 km2 para a cunca do Río Grande e os regatos da zona entre Porto e Illa Pancha, e 120 km2 para os da zona Asturiana, dende o Suarón e Monjardín recollendo os regatos ata a Punta da Cruz, nos dous casos a partir de medicións feitas con planos e ferramentas do sigpac), en relación ó caudal dan un total de 25 m3 de caudal medio verquendo á ría , dos que 20 corresponderían ó Eo. É dicir, o aporte fundamental da rede fluvial sería o do Eo (pero cunha compoñente importante doutros cauces), e aínda así, os 2 160 000 m3 de media diaria quedan en ridículo fronte ó volume que representa a ría dende a Veiga a onde perde o seu nome: máis de 10 000 m de longo por unha anchura de máis de 500 m e máis de 3 m de profundidade, que fan que o tempo necesario para renovar a auga da ría con aporte fluvial (máis de 7 días de media) sexa varias veces superior ó necesario para facer o mesmo coa marea (día e medio).
... outra cousa sería se só consideramos a zona da 'ría de Abres'. Pero non se trata de eso. Así pois, ría, non estuario. Ría de Ribadeo, non estuario, nin do Eo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Este caso de estuario en vez de Ría de Ribadeo é igual que o flagrante delito toponímico das Terras de Miranda ou de Ribadeo se convertiron en Terras de Burón (que estas sempre foron as terras da Fonsagrada, pero bueno!!) e que agora pola arte de birlibirloque do "Plan Lider -Oscos-Eo-Terras de Burón estan convertindo a historia en noxento negocio de catro chupózteros de ambas marxes da Ría. ¿como é posible que lles concedan subencións de ata dous millóns de euros a xente tan sumamente inútil? 320 millóns de pts.... manda truco..¿non vos parece??