20101118

Un momento ... pero non había vidreiras aí?


Nestes momentos xa se está a traballar para evitar a perda dun patrimonio ribadense. Unha denuncia, unha posta en contacto con O Tesón, chamadas diversas dende a asociación para entrar en contacto con representantes municipais, desconcerto inicial e actuación actuación decidida, e agora parece que as cousas van tomando un rumbo de recuperación do que ía perderse, evitando unha desfeita total, pero sen saber a ciencia certa ata agora a ónde chegou o que se desfixo.
Sitúense vostedes na capela do cemiterio. Lembran as vidrieiras? Dos anos 30 e ben guapas para o estilo da época, pagadas con cartos de indianos, ... e tiradas ó lixo nos amaños que se están a facer. Actuaron rápido as autoridades municipais unha vez advertidas, co que posiblemente non se perdan todas. Voltar as cousas á súa canle, as vidreiras ó seu sitio, non vai ser doado, e esperemos que sirva como lección. Será un tema do que se falará próximamente cando se teñan máis datos. Mentres, queda unha foto do segmento superior dunha vidreira, recollida do lixo.
A pregunta podería ser algo así como está valorado e coidado o patrimonio? Non é o único caso que se podería sacar a colación, aí está a Torre dos Moreno, e a resposta parece evidente.
Retraso a hora de publicación para meter máis fotos, que non caben aquí e deixo en facebook, Vidrieiras da capela do Cemiterio, (ou en flickr, públicas)e engado algún dato: eran oito vidreiras, 4 por banda da capela, e o seu estado actual, como se ve nas fotos, é calamitoso.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

A concelleira de cultura ten outras preocupacións e non ten tempo para estas cousiñas. ¡Que mágoa!

Ángel de Olavide dixo...

No salgo de mi asombro. Tampoco quiero sacar conclusiones apresuradas hasta que por tu blog ofrezcas algún complemento informativo. Pero desde luego este "incidente" por no llamarlo "atentado" puede tener un significado muy aclaratorio de dos cosas: el bajísimo nivel, ya no digo cultural que también, profesional de aquellos responsables directos de las obras, ya sean encargados, simples trabajadores o lo que sean. Si la palabra chapuza tiene una acepción vergonzante este sería un caso de directa asignación. Y la otra es el grado de irresponsabilidad de las autoridades municipales.Esto pasa en Inglaterra pongamos por caso y alguno termina por ir a la carcel.
Verdaderamente desolado. Nunca había conocido tal grado de brutalidad en Ribadeo.
Lo siento mucho.

Unknown dixo...

O fío desa similitude coa Torre dos Moreno;

vin fai uns días unha portada da desaparecida "Beiramar", de 1987, na que se facían eco do inminente do seu desplome... o que me fai pensar que se cadra estamos no seu "tempo de desconto". Sería o caso oposto, ben sei que as vidreiras non estarían a piques de caer nin sería tan popular o seu valor, mais con todo o que o sexa o da Torre, "ahí está viendo pasar el tiempo...".

agremon dixo...

Polo momento, non teño máis información nova de primeira man que poñer, se ben coido que a cousa está a moverse e espero que pronto haberá algún resultado público do concello, así como algunha outra comunicación doutra fonte.

agremon dixo...

a nota de prensa de O Tesón dando a información do tema:
http://o-teson.blogspot.com/2010/11/nota-de-prensa-sobre-as-vidrieiras-do.html