20100622

Tódolos camiños conducen a Roma ... e a Santiago

Xa hai un novo camiño a Santiago. Si, xa sei o de que tódolos camiños conducen a Roma, e a calquera sitio, e que sempre se poden atopar documentos históricos de que polo sitio que se queira pasaba un camiño, que a humanidade comezou sendo nómade. Xuntar as dúas cousas, a existencia dun camiño e o final previsto, xa é algo máis dificultoso, pero cando hai motivos económicos, fáise pola labor e malo será...
Hai anos escribín unha serie de tres artigos (con motivo do penúltimo xacobeo, aínda sen pasar á web) sobre o significado do que era antigamente a peregrinación a Xantiago, pero na actualidade. e é que o camiño variou na cabeza de quenes o fan, e por eso non é estrano que poda variar e diversificarse asemade tamén no plano físico. Pode resultar chamativo, verse máis, a apertura de novos 'vellos camiños', pero coido que de maior impacto é o cambio de mentalidade na súa realización. Que se faga por un lugar ou outro, eso xa é irrelevante aínda por canto sexa o que sae nas novas. Disfrutemos pois dos novos camiños a Santiago, mesmo aínda que haxa que desviarse abondo dos camiños máis tradicionais para facer a rota.
Sobre o Camiño de Santiago no entorno de Ribadeo. E un novo camiño que pasa tamén por Ribadeo.

Ningún comentario: