20100126

Haití, de novo

Unha iniciativa do alcalde pretende acoller nenos haitianos en Ribadeo de xeito transitorio. Os poucos detalles que da a nova de prensa do concello sitúan a iniciativa en algo factible, se ben non de xeito inmediato. Un grao de area máis no tema da catástrofe haitiana, que non pode facer esquecer a cuestión de fondo: se Haití non fora maltratado a nivel internacional durante tanto tempo, a súa poboación non tería sufrido tanto tamén no terremoto. Xapón, abondo máis superpoboado que Haití, ten terremotos de índice semellante que pasan prácticamente desapercibidos, sen danos entre a poboación, no medio dunha estrutura capaz de sortear crises maiores. Si, a diferencia agora está no grao de desenvolvemento, pero as causas desa diferencia levan arrastrándose moito moito tempo.

Ningún comentario: