20100129

De novo, o ISM

Cando comeza unha polémica, o normal é que non pare de xeito inmediato, senón que coletee, e que saia á luz novos datos. Así parece estar a pasar co ISM, que saiu no blog hai un par de días e suscitou aclaracións en forma de comentarios sobre a súa situación. Agora volta a saír na prensa, quizáis do xeito que tería que ter saído en principio: cunha aclaración do propio ISM.
Como aparece nun comentario da entrada anterior, o ISM está en realidade 'morto' dende os pactos de Toledo, hai agora uns vinte anos, nos que se acordou o seu desmantelamento (ó igual que outros institutos semellantes para outras áreas laborais) e o traslado dos súas funcións ó INS, que aglutina as mesmas funcións para a xeralidade dos traballadores. É dicir, trátase dunha racionalización de servizos xa acordada hai moito tempo, e máis ben o inexplicable é que siga existindo vinte anos despois. Dende os pactos de Toledo téñense ido reducindo postos de traballo no ISM, pero sen rematar de integralo totalmente. Agora, en Ribadeo, preténdese dar ese paso de integración, o que non significa que leven o servizo para outro lugar, senón para outra institución, quedando en Ribadeo pero noutra oficina, a do INS.
Despois, rodeando os feitos, está a política. Pero eso xa é outra cousa.
Sería moito pedir, outra vez, que a transparencia nas institucións fora a norma e non a excepción? As ventaxas son evidentes, comezando porque as administracións, políticos e cargos diversos, verianse na obriga de facer as cousas cunha visión máis xeral e tendo máis en conta a todos os administrados.

1 comentario:

agremon dixo...

Días despois apunto un artigo no blog de José Mª Rodríguez que trata ampliamente o tema: http://cargadoiro.blogcindario.com/2010/02/00283-la-continuidad-del-ism-en-ribadeo.html