20091222

Vaidades na fogueira (artigo de Rodrigo Pérez Coto)

É necesario de cando en vez, facer unha autoanálise de cómo está a nosa sociedade, que rumbo está a seguir. E hoxe creo que lle poño voz ao que pensa moita xente: ¿Porqué as figuras que teñen que impartir xustiza teñen tanto poder? pero que fan del un exercicio que os aproxima aos Minos, Eacos e Radamantes da mitoloxía grega, baseandose nunhas leis en moitos casos caducas e obsoletas, que interpretan ao seu gosto, á súa maneira.
Como todas as persoas, teñen as súas preferencias, valores, ideas, gostos, isto indudablemente plasmase, implícitamente, nas súas decisións, nos seus autos, por iso penso que é un erro dar tanto poder a uns persoeiros que despois de aprobar uns estudos poden pasar a decidir frívolamente sobre a vida da xente. A estes semi-deuses deberían facerlles probas psicológicas, facerlles examen exhaustivos para saber se adolecen de prepotencia, de algún tipo de fobia, racismo, odio cara algún grupo social, político ou relixoso… Iso sería o mínimo para alguén que aglutina tanto poder.
Ás persoas deberían xulgarnos persoas, non deuses descafeinados; digoo porque estou a prol dos xurados populares, creo eu mais xustas as súas decisións que a de unha soa persoa… porque xa se sabe que uns están máis sometidos a tentacións que outros. Todos os días vemos que se emiten ordes de deshaucio sen nengún tipo de miramentos, só pola maldita especulación dos matavellas, vemos erros escandalosos de encarcelamento de xente inocente ou sen probas suficientes ou outros que tras violar ou matar sempre utilizan algunha argallada para escapar das febles gadoupas da xustiza, axudados por outros parásitos que viven nestra trama, sambesugas que chupan o sangue ata que tes que vender a túa propia alma para satisfacer os seus emolumentos. ¿Cómo se pode permitir a estes outros voitres do sistema marcar unhas tarifas totalmente desorbitadas que nada teñen que ver coa vida e posibilidades da maioría de nós? Eu penso que como son parte do xogo do poder queren vivir nun estatus superior e que os mortais creamos que son fillos dos deuses, queren ser reconocidos como xente importante, que fan cousas importantes, os ideais xa non existen; mentres nós andamos a mirar como desfacernos deses problemas que tanto nos inquedan e preocupan, eles, nas súas pequenas ratoeiras, cheas de queixo e vaidades, contan o tempo para levarse outro botín. Xa se sabe, a xustiza non ten corazón.

Ningún comentario: