20091121

Divide e vencerás. Asamblea sobre a área Sanitaria

Catro persoas na mesa (Pancho Campos, Tesón; Pilar, CIG, Andrade, CSIF; Rosa, CCOO). 21, no máximo, nas butacas. Isa foi a asistencia en Ribadeo, no auditorio Hernán Naval (estaba convocada na 'casa da cultura') a unha xuntanza sobre o futuro dun servizo sanitario que abrangue a 72 000 cartillas (desprazados veraniegos aparte), correspondendo a zona de Ribadeo a abondo máis de 400 cartillas por asistente.
Coido que houbo dous puntos esenciais, a propia temática e a discusión necesaria sobre o por que de tan pouca xente.
A discusión sobre a temática basouse no que poderiamos chamar 'crer ou non crer?, isa é a cuestión', despois da letura das cartas enviadas (ver http://o-teson.blogspot.com/2009/11/resposta-da-xunta-sobre-area-sanitaria.html e http://o-teson.blogspot.com/2009/11/carta-da-conselleira-plataforma-da-area.html. Todo o mundo estivo de acordo en que as cartas supoñen lexitimar a postura da plataforma, pero había discrepancia en canto ó significado, se cubrían ou non espectativas e polo tanto, xurdiu unha discusión sobre o futuro da plataforma (a pesares de que entendo que sobre o futuro concreto estaba a xente máis ou menos de acordo dende o comezo en continuar).
Coido que a recollida dalgunas frases é ilustrativa sobre a orientación que tomou o tema:
"Se falta a algo, plantifícolle a carta, pero agora, teño que crer o que di a carta" (Pancho Campos, Presidente de O Tesón)
"A carta da Conselleira comeza mentindo sobre a creación: non foi o PP, que daquela non existía, nin AP, senón o Insalud, pois daquela non había transferencias en Sanidade" [e o goberno era do PSOE] / "Aínda segue o organigrama, pero o xerente de Burela xa vai a tratar as cousas a Lugo, non direitamente a Santiago" / "De Monforte xa desviaron dous quirófanos e levaron ata respiradoras para Lugo" / "O que aparece na carta (pola financiación) xa estaba previsto hai máis dun ano; a obra comezou en xaneiro e plantou por problemas". (Andrade, sindicalista do CSIF, participante na mesa)
O ano pasado estaban presupostados 9,3 M€ para iste, e cosa obras xa comezadas, aparece para o próximo 1 M€. Onde vai o resto? / "Non creerei persoalmente, pero teño que crer oficialmente"(Pancho Campos)
Quezáis a frase máis repetida foi: "Non se comprometen a nada", seguido de "A resposta non se axusta á carta inicial" (ver as cartas enviadas o 14 de outubro)
"Se minte... é que non minte, porque non di nada" (dende o público, referido á resposta obtida)
"Área non é xestión, e quen manda impón" (dita así, o certo é que non a dixo ninguén, pero repetiuse de xeitos diversos varias veces)
"Pode que aclare as cousas no debate o separar o que é deterioro pola idea de xestión xeral da Sanidade Pública en Galicia do que é atribuíble ó cambio no mando da xestin da área sanitaria" (eu)
"Fan falta compromisos verificables" (non tomei nota de que o dixo)
Ben, a discusion estaba pois centrada na efectividade/validez da resposta 'oficial'. Houbo un longo momento de mala interpretación sobre os signatarios das respostas, que se pode comprobar no blog do O Tesón que son escritos asinados por Balseiro (o recibido polas asociacións) e pola Conselleira (o recibido pola plataforma como tal), que acompañan a un documento asinado pola Presidenta do Parlamento e que transcrebe a resposta da Conselleira de Sanidade a unha pregunta de Balseiro. Ó final, todo o mundo estaba de acordo en que alomenos polo momento, a Plataforma debe continuar: hai charlas previstas ata o 17 de decembro, e logo xa se verá, pois é un esforzo poñer en marcha unha plataforma coma ista para deixar que caia e logo ter a posibilidade de voltala levantar máis adiante se as cousas non van ben.
O outro punto tocouse só o final: a presidenta da AVV de Vilaselán remarcou que había que deixar claro que non era unha plataforma política, que había sindicatos e avv, e que os políticos nin se deberan de nomear para evitar que xente dun determinado partido xa non acudise por medo a que os do propio partido o viran con malos ollos. Iso explicaría parte da baixa asistencia. A outra parte viría explicada por crer que xa non hai problema debido á confusión na prensa (e, engadiría eu, na mesma xuntanza, pois ata o final non quedou claro o esquema de quen dicía que que poño no parágrafo anterior)

Ningún comentario: