20091130

A nazón galega

Hai tempo que tiña a idea sen definir. Por iso sorprendeume gratamente atopar a entrada de im-puso "Natio y nación, ignorancias y cegueras', que define exactamente o que tiña en mente.

Plan E, de novo

Segundo parece xa temos decidida a inversión sobre o novo plan E. Chamaba a atención do tema nun post anterior, e esta fin de semana, a raíz dunha xuntanza relacionada co partido Pirata en Galicia (por certo, unha nova relacionada cun dos temas que trata ese partido, a comprobación de que as descargas non perxudican ós músicos), entereime dunha entrada na web do concello da Guarda, na que anuncia algo que xa teñen a día de hoxe, wifi municipal. Puxéronna a cargo do plan E anterior (2009) e dinme que polo menos no pobo vai ok., se ben a experiencia ten na actualidade unha duración de puoco máis de tres meses. A raíz diso, buceei un pouco na web e atopeime con outra iniciativa 'valorizadora' (ese termo que agora está de moda), a posibilidade de uso desa mesma rede para os turista de paso na Guarda.
Mentras, en Ribadeo hai veces que a baixada de páxinas se queda fría no ordenador. E mentras, o novo plan E 2010 Ribadeo segue a tirar do mesmo de sempre, e procurando a mesma colaboración veciñal que a vez anterior: ningunha.

20091128

Curiosidade

O ruído da noite e o atopar a mediodía (a eso das dúas da tarde de sábado) a policías locais facendo unha sonometría no cruce entre Pasarón y Lastra e Viejo Pancho lémbrame unha nova desta semana dos tribunais, respecto ó peche de dous locais por ruído en Lugo.
Queda a sospeita, segundo os comentarios, do por que foron eses os locais elixidos e non outros que, din, o merecerían máis. Dase a circunstancia de que un dos locais é unha gardería e outro un pub de clientela gay.
Tamén a medición me fai barruntar unha pequena guerra entre locais nouturnos en Ribadeo, que parece que tenden a seguir aumentando o seu número ou alomenos a cubrir as baixas, e a agruparse en poucas mans. Guerra na que se comezaría a presionar xa con máis cousas que con ofertas ós clientes, tentando que saian á luz irregularidades nos demáis para sobrelevar as propias, unha vella estratexia.

Sobre as primeiras xornadas da muller

As primeiras xornadas da muller transcorreron esta mañá con numerosa afluenza de público na Casa do Mar. Non moito novidoso que dicir delas, mais destacar quizáis a segunda charla, de Raquel Arias sobre a muller traballadora, realizada non en clave partidista senón realista.
A asistencia, en contraste con outras manifestacións en pro da igualdade.

Novas do concello

Cada vez máis, parece que si, que a web do concello pouco a pouco vai subministrando unha ligazón entre adeministración e administrados. Aínda o comentaba hai pouco no blog. Hoxe atópome que case todas as novas de Ribadeo na prensa están recollidas en versión de notas de prensa na web do concello. Así, a revisión por parte de Intemac (quen non escoitou falar nunca de José Calavera?) das zapatas da torre dos Moreno, o destino do novo fondo estatal, o 'Plan E 2010', ou as obras en Porcillán, que parece que achegarán algo máis á historia o que agora é Porcillán (esperemos que de paso tamén eliminen o escalón da rampa que meteron as últimas obras alí) son todas novas que se poden consultar nas notas de prensa do concello. A outra que sae é a folga dos empregados da piscina, que, ó igual que os das outras piscinas mariñanas, reclaman en particular máis soldos (e seguen coa iniciativa de ofrecer papeles para que os asociados reclamen por non poder a usar a piscina nun tempo de abono).
Ben, si, está ben a comunicación concello-xente, que está aumentando, o mesmo que tamén (mellor aínda) o estaría que aumentara a xente-concello, e que na realidade vai moito máis lenta. A cousa é que neste aumento de novas rexido polo concello, a prensa pode meterse na boca do lobo pasando a ser unha sinxela correa de transmisión. Hai quen cree que esa correa de transmisión xa existe (ver unhas cantas entradas do blog Im-pulso, por exemplo) e está rexida por forzas maiores que as dos concellos do tamaño do de Ribadeo. Eu opino algo polo estilo, pero tamén que, aínda que me agrada esa conexión 'direta' de novas do concello, temo que, a existencia de sobrecargo de traballo nas redaccións e a chegada de información (ó fin é o cabo, 'pre-tratada') como a do concello poda chegar a unha manipulación (local) da información local. Cousas polo estilo e con máis profundidade e mellor ditas pódense atopar en diversos medios, dende blogs ata a mesma prensa, en artigos de opinión. Comentaba hai xa polo menos un par de anos no blog que case tódalas novas en Ribadeo eran relacionadas co concello, en xeral, coa política. Non variou o tema dende entón, pero si variou a influenza do propio concello nas novas.

20091126

A salto de ría, o mercado son mercados

Contúa a pugna polo mercado. Segue incrementando postos Castropol. Pero os clientes seguen en Ribadeo, e polo momento só hai promesas dos vendedores de que cando veña o bo tempo si quitarán clientes a Ribadeo. Non o vexo.
Mentres, o mercado de Ribadeo segue aparentemente coma sempre. Xente para os dous? Desprazamento para non vender, aínda que non haxa que pagar polo lugar que se ocupa?

20091125

Aleluia?

Remato de ver na web do concello unha nova, "REÚNESE NUNHA SESIÓN EXTRAORDINARIA O VENRES da Xunta de portavoces", o que indicaría un contido común máis na web. Contido común e desexado, que indicaría un novo recorrido da web municipal cara á inclusión das convocatorias dos plenos, por exemplo, permitindo unha reacción anterior e participación dos veciños a un novo nivel (aínda que se poda opinar que seguiría sendo unha participación de moi baixo nivel).
Tamén se pode ver hoxe na web municipal algunha nova máis de hoxe, aínda que non coincidan cos titulares periodísticos "Ribadeo consolida las plazas laborales de profesores de música para evitar contenciosos" e "Los políticos de Ribadeo no se reúnen desde hace cinco meses para avanzar en el nuevo PXOM", dúas novas de moi diferente signo e interpretación, a pouco que se esteña ó tanto do que ocorre en Ribadeo e se lle bote unha ollada ó texto das novas.

El sistema se defiende por todos los medios, Justicia incluida.

Copio a frase final dunha entrada de im-pulso. Coido que é autoexplicativo.

20091124

A contraluz

En Ribadeo non se pode esquecer a ría. Alomenos, non se debe, se se quere ter conciencia do pobo ou mesmo vivir coas posibilidades que ofrece. Ou se se quere saber boa parte do que pasa en Ribadeo.
As fotos están tomadas esta fin de semana. A porta principal baixa do ascensor da Atalaia, que polo momento está sen nome a pesares do acertado alcume de Gaiás de Ribadeo, xa con cancela, o mesmo que a lateral, e unha imaxe de ascensor-rañaceos son actuais.
O sal, un montón perto da lonxa, tamén é actual, e para ver o seu tamaño chega con comprobar que, dende o paseo Alfonso Rodríguez Castelao, das Figueiras só se ve a punta da grúa de Gondán, e de Castropol, como non ten grúa desas dimensións, non se ve nada. Como contraste, e de recheo en recheo, o resto que queda en Mirasol dos dous montóns que pasaron o ano alí: un cacho dun, por certo cunha beira nunha pendente inverosímil para un montón de sal, e unha franxa nela que fai outra curiosidade máis.
A última foto, Castropol a contraluz, pola mañá, non é miña. Nela pódese ver a axitación da auga coa marea baixando e as ondas reflectidas no espigón do porto pesqueiro.





20091123

Retos da muller no S. XXI

Sábado 28 de novembro, no Salón de Actos da Casa do Mar, de Ribadeo, organizado por NNXX:
PRIMEIRAS XORNADAS DA MULLER

Retos da muller no século XXI:
11:30h – I conferencia: A muller fundamento da familia
Conferenciante: Emma Álvarez Chao
12:00h – II conferencia: A muller traballadora
Conferenciante: Raquel Arias
12:30h – III conferencia: A muller na sociedade
Conferenciante: Maria Seoane
CAFÉ
Conclusións: explicación da asociación de mulleres para a igualdade
--
Como comentario, coido que se poderia falar de contraataque de Novas Xeracións nun campo de traballo, o da muller e igualdade, 'controlado' por 'forzas de esquerda', pero falar só polos títulos das charlas e organizadores pode dar lugar a múltiples erros.

Tres novas vellas económicas a nivel Galicia

1.O PPdeG bloquea por terceira vez a proposta lexislativa para suprimir o plus dos altos cargos: seguirán cobrando máis despois de ser designados e acabárselles o período de designación. O bloqueo, a unha iniciativa popular con máis de 19 000 sinaturas. Por certo, que o plus afecta só os funcionarios. E que, se ben é certo que agora é a oposición (en particular, BNG) quen quere quitalo, tamén é certo que foi a actual oposición, cando era goberno, quen o promoveu (coido que pasou por unanimidade).
2.É posible que non se unan as caixas galegas e que se unan por separado con outras externas. a cousa é, despois da experiencia de empresas como Fenosa, que o centro de decisión se manteña en Galicia. Tanto porque as decisións sempre beneficiarán algo máis á zona onde está a 'cabeza' como porque a empresa paga impostos no sitio onde está isa 'cabeza'. ...E tamén, porque ó ser a entidade das caixas semipública, se permanece en Galicia os políticos galegos terán máis man nelas. Ben, pois nova do mércores pasado: 1-Caixanova recortará emprego pero manterá a continuidade dos órganos de goberno. 2-Creará unha sociedade con sé fora de Galicia. Iso é bo goberno, responsabilidade social, protección dos postos de traballo por igual, ... si señor.
3.Proposta da Xunta para a taxa de gravamen sobre a auga. coido que a proporcionalidade de gasto debe ir co incremento de consumo. E isa é, máis ou menos a proposta. Pero hai un mínimo, e iso é algo que non entendo. Trátase de animar a consumir menos, logo o mínimo debera desaparecer, coido. De calquera xeito, o pago mínimo tamén aparece como variable: 0,5 € por debaixo do consumo mínimo e 1,50 € por cima del. E logo, os litros, máis caros se consumes máis. Ímonos achegando a unha política mantible medioambientalmente no país da auga?

20091122

Concerto da banda no día de Santa Cilla


Por ista, só o díptico. Iso si, faltaron moitos músicos pola gripe.
Do 'ecotrack', tamén da fin de samana, nada...

A representación pola igualdade



"Emerxendo das cloacas, (...) saíron como ratas os heroes de última hora, os tiranos de mañá" (Curzio Malaparte, "A pel")
A frase é aplicada ós virachaquetas dun espazo liberado na II guerra mundial. Pero é polivalente, serve para calquera conflito: xente que agacha a cabeza ata que pasa a loita e logo se apunta ó carro ganador, reivindicando o seu posto como liberador.
Hoxe, na actuación anunciada no blog, había moi pouca xente. Pero non porque non sexa necesario. Hai que procurar as razóns noutro sitio.
Mentras, as pombas seguen voando.

Referido ó Alakrana, a feito pasado

Coido que, despois de ver un blog en 'Público', o referido na nova do 'El País' é do mellor para reflexionar (ver o parágrafo que comeza "Sobre la zona de seguridad a la que alude el Ministerio de Defensa"), mesmo quitadas do medio as causas profundas, os cartos e outras disquisicións. (tamén quitadas outras cousas anteriores e posteriores)

20091121

Actos para o domingo 22-N do observatorio da mariña pola igualdade

O Observatorio da Mariña pola Igualdade escenificará este domingo
en Ribadeo a obra teatral “Tirando do fío da vergoña”, coa que
participa nun concurso do Ministerio de Igualdad
Na representación da obra, que busca concienciar á poboación sobre a lacra da violencia
machista, participarán persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mariña
Este domingo a partir das 13 horas, nos Cantóns de Ribadeo, o Observatorio da Mariña pola
Igualdade representará "en vivo" a obra teatral TIRANDO DO FÍO DA VERGOÑA, coa que
participa no concurso "Sae a Escena" convocado polo Ministerio de Igualdade. (Lembramos
que aínda se vote poder en Internet pola obra desde a páxina www.salaescena.es, indo a
VOTACIÓN e logo a TEATRO).
A peza teatral, dirixida por Patri Otero, busca concienciar á poboación sobre as causas da
violencia de xénero ao tempo que lembra a todas as mulleres asasinadas durante o ano 2009
polo feito de seren mulleres. A principal novidade na representación deste domingo é que
nela participarán tamén integrantes de diferentes colectivos sociais e culturais da Mariña
que queren apoiar a iniciativa de forma explícita e sumarse á condena contra a violencia de
xénero. Desde o Observatorio animamos a que a xente acuda ao acto e apoie coa súa
presenza esta iniciativa.
Ao final da representación lerase un MANIFESTO para reivindicar a reflexión e comprensión
das causas que xeran este tipo de violencia, así como para avaliar os avances e aspectos
pendentes. O Manifesto, impulsado polo Observatorio, está subscrito por numerosos
colectivos culturais e sociais da Mariña, como o Colectivo 8 de Marzo (Ribadeo), a ongd
Amarante (Ribadeo), a Asociación cultural A Pomba do Arco (Foz), o Colectivo Cultural
Buril (Burela), a SCDR Palestina (Burela), a Asociación Cultural Paco Lanza (Ribadeo), a
Asociación Cultural O Tesón (Ribadeo) ou o Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros). Desde o
Observatorio facemos un chamamento a que calquera outro colectivo que queira apoiar o
manifesto se poña en contacto connosco a través do noso correo electrónico:
observatorioigualdade(en)gmail.com
Saúdos cordiais,
Observatorio da Mariña pola Igualdade
-
Manifesto, versión provisional:

MANIFESTO DO OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE
CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO

Estamos ante un novo 25 de novembro, unha data de especial significado para a nosa sociedade, e sobre todo para as mulleres. Un ano máis atopámonos na mesma encrucillada, unhas cifras que reflicten a pervivencia da violencia, as demandas da cidadanía e dos movementos de mulleres que pretenden buscar solucións e mellorar alternativas para atallar a violencia que día a día sofren as mulleres, violencia que sofren en silencio, violencia que sofren ante a impunidade dos que a provocan, violencia sen denuncia, violencia intempestiva, violencia que non cesa,...

Durante séculos o mundo organizouse de acordo ás necesidades e conveniencias dos homes, actuando e pensando como se a metade da humanidade formada polas mulleres carecera de importancia e significado. Esta historia iníciase cando na educación se marcan os roles masculinos e feminino de forma inapelable, cando as expectativas das mozas son posuír un bo corpo, unha boa dispoñibilidade e unha boa parella, cando no traballo é normal que as mulleres gañen menos que os homes, cando a relación de parella é de submisión e negación da personalidade da muller, cando nos medios de comunicación se suceden imaxes por millóns, de mulleres inferiores, invisibles, submisas e agredidas.

Queremos poñer en evidencia os mitos que están a crearse arredor desta problemática :

1-A desigualdade xa está superada. As políticas institucionais e a aprobación de lexislación destinada a garantir unha posición igualitaria entre mulleres e homes leva a pensar erroneamente que xa non hai ningún problema
2-As mulleres denuncian falsamente aos homes de violencia... Este mito da tendencia das mulleres a poñeren denuncias falsas é absolutamente falaz e incorrecto, como demostran os datos dun estudo realizado en outubro desde o Consello Xeral do Poder xudicial, nos que se reflicten que só se interpuxo 1 denuncia falsa de 530 sentenzas. (Esta media é moito inferior ás denuncias falsas que se poñen por presuntos roubos ou en fraudes ás compañías aseguradoras)

Os estereotipos e ideas erróneas sobre a violencia de xénero xustifican en grande medida aos homes agresores ao tempo que responsabilizan ás mulleres da violencia que sofren.

É moi importante tomar conciencia da súa existencia e da nosa propia interiorización destes mitos. A desigualdade é a causa da violencia.
Para nós queda un longo camiño de denuncia pública, de manifestacións, de debate intenso, de análise das situacións, que nos axuden a torpedear na liña de flotación este sistema que sitúa as mulleres como categoría inferior.

Tócanos facer unhas denuncia constante das agresións e das causas polas que se producen. E tócanos loitar contra este inxusto mundo de dominación patriarcal, para subvertelo.

Porque queremos vivir nunha Galiza sen violencia de xénero, nunha Mariña sen violencia de xénero, nun Ribadeo sen violencia de xénero..

E para iso facémonos eco desta verbas da poeta galega Marica Campo :

Apenas hai palabras e unha é morte.
Calella sen saída é outra: medo.
Chamámoslle muller, mais tiñan nome,
como falar de espiña e dicir rosa.
Todo foi un camiño cara ao sangue,
O voitre e mais a pomba nunha casa.

Música no fin de semana de Santa Cilla


Só un pequeno aviso: Despois do mércores ter actuado os alumnos na EMMD, hoxe sábado actúa a banda ás 20:30 no auditorio Hernán Naval, e mañá a Coral Polifónica de Ribadeo celebra actos do 25 cabodano de Carme Rodríguez Cancelo como a súa directora, cunha misa cantada á 1 do mediodía, e unha comida con homenaxe.imaxe, collida do blog da coral.

Divide e vencerás. Asamblea sobre a área Sanitaria

Catro persoas na mesa (Pancho Campos, Tesón; Pilar, CIG, Andrade, CSIF; Rosa, CCOO). 21, no máximo, nas butacas. Isa foi a asistencia en Ribadeo, no auditorio Hernán Naval (estaba convocada na 'casa da cultura') a unha xuntanza sobre o futuro dun servizo sanitario que abrangue a 72 000 cartillas (desprazados veraniegos aparte), correspondendo a zona de Ribadeo a abondo máis de 400 cartillas por asistente.
Coido que houbo dous puntos esenciais, a propia temática e a discusión necesaria sobre o por que de tan pouca xente.
A discusión sobre a temática basouse no que poderiamos chamar 'crer ou non crer?, isa é a cuestión', despois da letura das cartas enviadas (ver http://o-teson.blogspot.com/2009/11/resposta-da-xunta-sobre-area-sanitaria.html e http://o-teson.blogspot.com/2009/11/carta-da-conselleira-plataforma-da-area.html. Todo o mundo estivo de acordo en que as cartas supoñen lexitimar a postura da plataforma, pero había discrepancia en canto ó significado, se cubrían ou non espectativas e polo tanto, xurdiu unha discusión sobre o futuro da plataforma (a pesares de que entendo que sobre o futuro concreto estaba a xente máis ou menos de acordo dende o comezo en continuar).
Coido que a recollida dalgunas frases é ilustrativa sobre a orientación que tomou o tema:
"Se falta a algo, plantifícolle a carta, pero agora, teño que crer o que di a carta" (Pancho Campos, Presidente de O Tesón)
"A carta da Conselleira comeza mentindo sobre a creación: non foi o PP, que daquela non existía, nin AP, senón o Insalud, pois daquela non había transferencias en Sanidade" [e o goberno era do PSOE] / "Aínda segue o organigrama, pero o xerente de Burela xa vai a tratar as cousas a Lugo, non direitamente a Santiago" / "De Monforte xa desviaron dous quirófanos e levaron ata respiradoras para Lugo" / "O que aparece na carta (pola financiación) xa estaba previsto hai máis dun ano; a obra comezou en xaneiro e plantou por problemas". (Andrade, sindicalista do CSIF, participante na mesa)
O ano pasado estaban presupostados 9,3 M€ para iste, e cosa obras xa comezadas, aparece para o próximo 1 M€. Onde vai o resto? / "Non creerei persoalmente, pero teño que crer oficialmente"(Pancho Campos)
Quezáis a frase máis repetida foi: "Non se comprometen a nada", seguido de "A resposta non se axusta á carta inicial" (ver as cartas enviadas o 14 de outubro)
"Se minte... é que non minte, porque non di nada" (dende o público, referido á resposta obtida)
"Área non é xestión, e quen manda impón" (dita así, o certo é que non a dixo ninguén, pero repetiuse de xeitos diversos varias veces)
"Pode que aclare as cousas no debate o separar o que é deterioro pola idea de xestión xeral da Sanidade Pública en Galicia do que é atribuíble ó cambio no mando da xestin da área sanitaria" (eu)
"Fan falta compromisos verificables" (non tomei nota de que o dixo)
Ben, a discusion estaba pois centrada na efectividade/validez da resposta 'oficial'. Houbo un longo momento de mala interpretación sobre os signatarios das respostas, que se pode comprobar no blog do O Tesón que son escritos asinados por Balseiro (o recibido polas asociacións) e pola Conselleira (o recibido pola plataforma como tal), que acompañan a un documento asinado pola Presidenta do Parlamento e que transcrebe a resposta da Conselleira de Sanidade a unha pregunta de Balseiro. Ó final, todo o mundo estaba de acordo en que alomenos polo momento, a Plataforma debe continuar: hai charlas previstas ata o 17 de decembro, e logo xa se verá, pois é un esforzo poñer en marcha unha plataforma coma ista para deixar que caia e logo ter a posibilidade de voltala levantar máis adiante se as cousas non van ben.
O outro punto tocouse só o final: a presidenta da AVV de Vilaselán remarcou que había que deixar claro que non era unha plataforma política, que había sindicatos e avv, e que os políticos nin se deberan de nomear para evitar que xente dun determinado partido xa non acudise por medo a que os do propio partido o viran con malos ollos. Iso explicaría parte da baixa asistencia. A outra parte viría explicada por crer que xa non hai problema debido á confusión na prensa (e, engadiría eu, na mesma xuntanza, pois ata o final non quedou claro o esquema de quen dicía que que poño no parágrafo anterior)

20091120

Ribadeo en Google Street View

Vin no blog de Marsop a nova de que Ribadeo está visible no 'google Street view'; alí aparece xa unha primeira vista para activar dende a Ponte dos Santos. Coido que a máis dun lle gustará darse un paseo virtual.

Estudo da contribución do multilingüismo á creatividade. Informe científico publicado pola Comisión Europea en outubro de 2009

Coido que pode ser interesante, aínda que a redacción, o inglés, etc, boten a un para atrás. de Calquera xeito, un impuso máis ás linguas en xeral, tamén ó galego.
http://eacea.ec.europa.eu/llp/studies/documents/study_on_the_contribution_of_multilingualism_to_creativity/compendium_part_1_en.pdf
Un pequeno resume en traslación rápida da páxina web introdutoria:
The Contribution of Multilingualism to Creativity – Science Report published by
the European Commission, October 2009
Este macro estudo examina as evidencias científicas que relacionan o multilingüismo e a habilidade de sociedades e grupos para avanzar, así como revela os beneficios do multilingüismo para o cerebro e as posibilidades da persoa, en comparación co uso dunha única linguaxe no día a día.
O estudio informa de seis grandes grupos de beneficios:
Mellora da capacidade de aprendizaxe
Mellora da flexibilidade mental
Mellora da capacidade de resolución de problemas
Mellora das habilidades de relación interpersoal
Expansión da capacidade metalingüística
Reducción da idade relativa de diminución mental

Rocambole

Rocambole é a base que deu nacemento a rocambolesco. E é unha ficción. Do mesmo xeito poderiamos tirar da imaxinación e comezar a poñer palabras a cousas que están a suceder en Ribadeo e na zona (algunha, aínda que tratada para Ribadeo, en realidade abrangue moito máis aló). Hai moitas, e como mostra, algunhas:
O corredor norte. Estrada moderna que vai unir o entronque da autovía con Ferrol pola mariña enteira, argumentada dende o momento no que a autovía quedou fixada por Vilalba, ía entrar en servizo, segundo as previsións iniciais, en 2007. Agora prevese que sexa en 2017. E é craro que aínda pode variar... sempre para máis aló. É dicir, coido que podería ter suprimido o de moderna ó comezo.
Case tantos electores como elixibles. Ía ser aberta a presentación e aberta a elección. Tiven para o sistema un pequeno eloxio no blog, pero dende antes xa se fora complicando e despois aparecen novidades. Total, seis precandidatos. Está craro que ou o PP ten exceso de xente adecuada ou sobra xente. Pero, pola outra banda, a elección redúcese da base de afiliados (por unha entrevista de M. Valín parece que xa foron consultados e non gustou o candidato que saíra) á executiva local, ó sistema que decidira, e agora, parece que decidiu que o sistema sería mediante a votación de 8 superelectores. Segundo a Voz, serán Juan Antonio Edrosa Loureiro (Presidente), José Carlos Rodríguez Andina (secretario), Daniel Vega, Inés Ares, Baldomero Castro Prieto, Ana Docobo, Mari Paz Ramos, Pedro Fernández Dorrego e un máis (ou unha) por NNXX. Algo interno que leva dado xa voltas.
Xa falei algunha vez do novo Plan E e das posibilidades de uso que implica. Moitas, si, incluído o mexadoiro que pide tamén o PP para o parque do campo. Iso si, con wifi no mesmo parque. O resto de propostas vai no sentido de obras diversas, como pronostiquei (algunhas, abondo necesarias). Entendámonos, non é que non quera que uns mexadoiros lle fagan competencia ó mexadoiro de King Kong, nin que non observara nunca mexar polo parque, ou que non se teñan instalados mexadoiros (mesmo hai un par de meses, como se pode ver nunha das imaxes) ...
Pulgas, 30 €, e agora asamblea en contra. Cousas de igrexa. Máis en concreto, da de Covelas, que leva dando que falar aínda que non aparecera no blog, pero unha nova na prensa sobre un ataque de pulgas ó sacerdote na misa e as posteriores declaracións e peche da igrexa, o paso de 60 a 30 € por tocar as campás e agora o inicio de rebelión dos veciños fan da nova un novo tema que encaixa cos anteriores.
"Eles terán todo o dereito, pero nós temos toda a razón" é unha frase do alcalde para un tema non tan rocambolesco pola definición legal, pero plenamente encadrado no concepto por moitas actuacións. E que xa foi tratado máis dunha vez aquí: o pago á SGAE.

20091119

Área sanitaria, si, está asegurada

Aparece hoxe na prensa a convocatoria para mañá, día 20, ás oito e media da tarde, dunha xuntanza de explicación sobre a área sanitaria, promovida pola Plataforma constituída ó efecto. De calquera xeito, a plataforma tivo xa unha victoria, a aclaración por escrito (val dicir, cun documento co que despois se poden pedir responsabilidades en caso de incumprimento), se ben a costa de que nun documento datado o día 11 de saída da Xunta, pero que chegou onte a O Tesón , se califique a quenes manteñen que existe a posibilidade de diminución de servizos en Burela de mentirosos.
Por certo, que o documento non di nada -non podía ser doutro xeito despois das informacións reiteradas- sobre o traslado da dirección a Lugo.
Así están as cousas para a xuntanza de mañá.

20091118

Un xulgado para Ribadeo

Máis de 40 anos. Iso é o que leva Ribadeo dende que unha xeración enteira estudaban na escola, cantando 'de carrerilla', os partidos xudiciais da provincia: "Lugo, Becerreá, Chantada, Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Villalba y Vivero", así, en castelán, pero incluíndo a Ribadeo. Hoxe xa non se canta, pero tampouco se cantaría 'Ribadeo'. Fotos a conto da recuperación aínda se fixeron unhas cantas, e promesas a conto das fotos, pero non cumprimentos. Por iso é ó tempo humor negro e precaución considerable, ó tempo que rendición (sería aplicable dicir 'ante a evidencia'?) que o alcalde non esixa direitamente a xurisdición, ó estilo dos anteriores, senón o "coñecer cales son as previsións da Xunta" para a súa creación.

A Sociedade Xeral de Autores e Editores

Hai uns días a alcaldía protestou polo cobro da SGAE, 'máis de 2 500 €'. A sgae contestou dicindo que é pouco.
Lémbrome dun caso dunha sociedade equivalente no extranxeiro que saiu non hai moito nos medios: Concerto benéfico de músico famoso. Doazón dos dereitos pola súa parte. Si, pero... houbo que pagar os dereitos á sociedade, que descontou a súa porcentaxe, déulle o correspondente ó músico e logo iste devolveu os cartos, sen a porcentaxe, ós organizadores: o músico cumpriu, pero a sociedade importáballe un bledo ise cumprimento, e si o seu propio funcionamento. Ben, é un exemplo de fóra, lonxano, de Rusia (o músico non estou fixo) e pode parecer desdibuxado.
Di o representante da sgae que só cobran cando se interpretan obras ou amaños dos seus asociados. Ó longo do territorio de España estánse a dar casos nos que non demostra nada diso, senón ó contrario. Demostrouno en Ribadeo?
Niste, ó igual que noutros moitos casos nos que as partes litigantes teñen diferente poder, a proba da carga / a carga da proba cae, tanto sexa por acción como por omisión, pola parte máis débil con diferenza. E niste caso, o concello, cos 9 M€ escasos de orzamento distribuído en causas diversas, é unhas cantas deceas de veces menos poderoso que a sgae, cun orzamento concentrado nunha temática.
Coido que de SGAE pasou hai tempo a sgae, non querendo aplicarlle o que teño visto en moitos lugares, $GAE. Por certo, quizáis ó concello lle viría ben poñerse en contacto coa eXgae.

20091117

Informe sobre a sentenza en contra da piscifactoría de Rinlo

    25 persoas acudiron o sábado a unha pequena explicación de Adega sobre a sentenza xudicial en relación coa posibilidade dunha piscifactoría de Acuinor en Meirengos (comunmente dito Rinlo, pero non). Mentres segue a lagoa Cascos presente como furado conmemorativo, tamén a prensa se fai eco da reclamación de Acuinor á Xunta: 8,2M€. Algo que, de prosperar, deberemos pagar todos por unha decisión ó tempo favorecedora, rápida e in extremis da época de Fraga e Balbino.
Un resume que me enviaron sobre a charla do sábado:
'    Foi moi reveladora da situación actual que se vive na Administración pública galega. O da piscifactoría de Rinlo foi un pactada no seu tempo, entre un membro da Administración Fraga e Álvarez Cascos, despois de ser rexeitado o proxecto en varios puntos do litoral asturiano. A permisivide do goberno favorece certos tipos de actuación mafiosa. É preciso que a xente normal teña que pararlles os pés (poñéndose diante das máquinas, é arriscando a pel, como foi o caso da xente de Adega). Ademais, co INRI de que os que veñen destruír o medio ambiente, propoñen o caso en "aras de crear postos de traballo" pero non como empresarios, senón como si foran ONGs en aras de santidade.
    ADEGA tivo que defender o pleito de xeito terceiromundista, pois a Administración parece estar en connivencia cos infractores, o que leva a romper o estado de dereito. agora tocará lidiar coa anulación da lei do litoral dos 500 metros.
Para ben ser, deberan os propios concellos implicarse na Rede Natura e en Patrimonio, claro, pero isto trae "problemas cos plans de urbanismo" que pretenden os plenos dos concellos, habendo sempre alguén implicado no asunto.
O caso foi dificultoso, pois había "presunción de legalidade", ó ter licenza de obra, dada a nivel municipal cando aínda non saíra no DOGA a aprobación da Xunta.'
    Un par de citas lidas hai pouco poden aclarar a situación:
    1. 'Se os dirixentes vólvense máis lerdos que os dirixidos, nos diriximos á catástrofe'. Coido que é de Gramsci, pero citado por outro (en "Sobre los trazos difuminados de la República Democrática Alemana", Le Monde Diplomatique, nov. 2009). E poderíase engadir que vale, e aínda ten máis valor, se substituímos lerdos por corruptos ou outras opcións.
    2. 'Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas' (Ingo Schulze, citado en "Sobre los trazos difuminados de la República Democrática Alemana", Le Monde Diplomatique, nov. 2009)

20091116

Música por Santa Cilla en Ribadeo

Mércores
Na casa do mar, ás 20.30 horas, concerto de
Santa Cilla a cargo da EMMDR.
Sábado
Para celebrar tamén o día de santa Cilla concerto da BMMR ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval

Plan E ando Ribadeo

Medio mes despois do anumcio do novo Plan E e o que lle afectaba a Ribadeo, as obras, poi a iso se enfoca e diso se fala, descoñécense. Non obstante, os obxectivos do plan non parecían ser ises. E, mentras, as rúas que se 'transformaron, modificaron, humanizaron, ...' seguen en calquera caso sen carril bici, perdendo unha oportunidade de actuación, aínda que sexa a pequenos anacos (ou deixando preparados ises anacos sen uso polo momento mentras non se unan entre eles...), para acoller a un medio de transporte que está a medrar cara ó futuro, aínda que non en Ribadeo.
De calquera xeito, as novas obras/actuacións descoñécense e tampouco ista volta se pideu ó pobo colaboración ou ideas: coido que non fai falta facer unha macroasamblea para pedila, pois hoxe hai xeitos (aquí está internet, sen ir máis lonxe) de participación que permiten un bo 'rendemento participativo' reducindo o maremágnum de xuntanzas diversas que era necesario noutro tempo. Por certo, que no novo plan E caben cousas como a dotación de wifi a toda a poboación, algo que coido que paga a pena ser lembrado, e que, pese a restriccións legais e loitas diversas, está saíndo adiante en diversos lugares da xeografía española, por non dicir noutros países. Sería algo así como seguir o impulso dise primeiro paso de protesta contra a SGAE que se pode ver istes días na web do concello.
En relación ó tema da SGAE, lembro que teño colagado algúns vídeos precisamente coas condicións que se reúnen para que non sexa reclamada contribución (aquí, un exemplo do que digo, dunha obra que xa ten os dereitos de autor caducados, Pepita Greus), e de obras polas que estaría pagando o concello pola súa execución.

20091115

De novo, BeGaSA/E-on

Coido que aínda non están esquecidas as consecuencicias do Klaus, nin amañadas as deficiencias anteriores (lembradas aquí e referidas aquí, ou aquí, ou aquí, ...) por non referirma ós conflitos sobre a liña de alta prevista e ameazada, por exemplo. Pero xa están entre nós os cortes deste inverno, e non só os referidos xa no blog, senón tamén outros posteriores, como microcortes do venres 13.
E, con isto, presente, pódese ler con un amplo sorriso o cachondeo que se trae Begasa (agora coido que se debe dicir E-on, que é quen factura e polo tanto o responsable inmediato do facturado) co pobo, aínda que só sexa repasando dúas novas: http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/11/13/0003_8103303.htm
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/11/15/0003_8108017.htm
Por certo, no temporal desta fin de semana, Ribadeo foi das zonas que menos sufriu.

20091112

Consello sectorial da muller

Xoves 12, 20:00 horas, salón de plenos.
Foi aprobado o plan de igualdade proposto no consello sectorial da Muller. Previamente realizáranse enquisas, xuntanzas de xente diversa con gravadora, análise de temas, ... Non houbo demasiado tempo para realizar os dous tomos que se presentaron. Do total de asistentes, fíxose con só dous votos en contra e unha abstención (número de colectivos pertencentes: 32). Venres pola tarde, está prevista a súa aprobación no pleno extraordinario convocado, para que sexa aprobado antes do límite do 15 de novembro.
A súa validez, dous anos, permitirá asemade modificacións polo camiño.
As páxinas de Igualdade no concello: http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web104&lg=gal, e http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web103&lg=gal
** engadido posterior: o que di, días despois, a nota de prensa do concello.

Xuntanza da plataforma sanitaria da área norte

Quedouse en falar cos alcaldes que apoiaron inicialmente a plataforma (Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Burela, Viveiro, ...) para que presten un sitio en cada concello para poder informar directamente o público en xeral, e invitar ós que non o fixeron no seu momento a que a apoien agora, despois de tomar a decisión de convocar a unha manifestación en burela, polo momento sen ter determinado o día.
En Ribadeo, está previta a charla venres día 20 de novembro ás 20:30 h, en lugar a determinar.
Asemade, divídese o traballo da plataforma tres partes diferenciadas para facilitar o estudo e actuacións:
1) A Área Sanitaria. Unha entidade que xa existe, constando dun territorio de 14 Concellos con 72 000 cartillas.
2) A Xerencia Integrada. Esta proposta da Xunta significa que a atención primaria + atención especializada, serán conxuntas (como na actualidade)
3) A Xerencia Única. Mentras que as dúas primeiras non teñen problema, esta terceira será o cabalo de batalla, pretendendo ser exercida dende Lugo. Isto fai pensar que si en Burela no momento actual hai seis quirófanos (4 grandes + 2 pequenos) traballando todos a reo, se fan falta en Lugo (xa hai dificultades para algún persoal do hospital 'Xeral') e son os de Lugo os que manexan os cartos, é previsible que a falta remate sendo en Burela.
Ninguén pode dicir como estará o tema dentro dun ano e cales son as especialidades que faltarán, pero o alonxamento do centro de decisións, xunto coa falta de orzamentos para ampliacións ou reformas, fan temer que a administración, que tampouco responde polo momento ás preguntas máis que co silencio, remate unha reforma que non beneficia á Mariña.

Saneamento nas beiras da ría de Ribadeo

Aínda non remataron na prensa as novas relacionadas co pleno do luns. Por iso quizáis UPRi segue a recoller sinaturas para o cambio de uso previsto para o antigo colexio das monxas na rúa Trinidad, e di que xa levan mil sinaturas.
Pero vánse impoñendo outros temas, como o pulso do mercado de Castropol, que como era probable e xa comentei a semana pasada, polo momento aumenta o número de postos, nun pulso semellante á 'folga' do pasado ano en Ribadeo.
E tamén algún tema que considero enganoso no plantexamento. Vexo o titular de hoxe sobre o saneamento da ría e coido evidente que non corresponde ó interior. A non correspondencia de titular e interior pode ser debida a unha técnica periodística ou a un sinxelo despiste, pero titular e interior en conxunto poñen de manifesto algo claro: que a parte asturiana da ría de Ribadeo vai retrasada na actualidade en temas de saneamento fronte á galega. Pode que porque aquí a poboación esteña máis concentrada na vila, o que da unha ventaxa. De calquera xeito débese seguir mellorando.

20091111

Un artigo de Saramago

Vexo en im-pulso a referencia a un artigo no blog de Saramago. Non dí nada novo, pero recomendo lelo. O título, "No al paro".

Algo que nos afecta

    Hai uns días vin a nova na prensa, pero só despois de que un amigo me enviara o que xa coñecía foi cando me decatei da importancia que pode ter para Ribadeo, non só para os recheos no conxunto de Galicia. Vese alí unha imaxe, ampliable, da zona afectada da ilegalidade, que entendo está na parte dereita da foto da nova e deixo centrada na captura de pantalla da beira. E coido que é doado distinguir no porto asemade (tanto na foto do 'El País', abondo centrada, como no visor sigpac) unha estrutura que é a do 'macropantalán' de Galigrain, semellante á que se falou de instalar en Ribadeo, que resalta mesmo nun porto como o de Marín. Relacionado no mesmo periódico: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Puerto/Marin/alega/imposible/demoler/relleno/ilegal/elpepiautgal/20091110elpgal_5/Tes

Anuncio de dous cursos



Recibín información sobre dous cursos que se farán próximamente. Deixo os datos nesta entrada, remembrando que as imaxes pódense ampliar (e gustan) ...
Curso de aproximación ao mundo do viño
PROGRAMA
Lunes 16 de novembro de 2009
16:30 h Acto Inaugural
17:00 h Ponencia:
“ Pasado, presente e futuro do mundo do viño. D.O. en Galicia e España”
D. Oscar Cárdenas
Master Sumiller 2007
17:30 h Ponencia:
“A cata e as súas fases”
D. David Barco
Presidente Sumilleres de Galicia
18:00 h Cata de Viños: D.O Ribeiro, D.O. Rías Baixas, D.O. Monterrei, D.O Ribeira Sacra, D.O. Valdeorras e D.O. Rioja
D. Óscar Cárdenas
Master Sumiller 2007
Martes 17 de novembro de 2009
17:00 h Ponencia:
“Pasado, presente e futuro da D.O. Ribeiro”
D. Antonio Cajide Gulín
Colleiteiro D.O. Ribeiro
18:00 h Cata de Viños: Sameirás e outros viños D.O. Ribeiro
D. Óscar Cárdenas
Master Sumiller 2007
Mércores 18 de novembro de 2009
17:00 h Ponencia:
“Pasado, presente e futuro da D.O. Ribeira Sacra”
D. José Ramón Losada Fernández
Xerente
Adega Losada Fernández S.L.
17:30 h Ponencia:
“Introducción ó mundo dos oruxos”
Dna. Mª Concepción Losada Fernández
Adega Losada Fernández S.L.
18:00 h Cata de Viños: Don Ventura e outros viños D.O. Ribeira Sacra
D. José Ramón Losada Fernández e Dna. Mª Concepción Losada Fernández
Adega Losada Fernández S.L.
Xoves, 19 de novembro de 2009
17:00 h Ponencia:
“Pasado, presente e futuro da D.O. Rioja e D.O. Ribera del Duero. Visión global das D.O. do Resto de España”
D. Juan Luis Cañas
Xerente Adega Luis Cañas
18:00 h Cata de Viños: D.O. España
D. Óscar Cárdenas
Máster Sumiller 2007
Venres, 20 de novembro de 2009
17:00 h: Ponencia:
“Introducción ós viños do mundo”
D. Óscar Cárdenas
Máster Sumiller 2007
17:30 h: Ponencia:
“Servizo e conservación do viño”
D.Óscar Cárdenas
Máster Sumiller 2007
18:00 h: Cata de Viños: Viños do Mundo
D. Óscar Cárdenas
Máster Sumiller 2007
19:00 h: Acto de Clausura

Un pleno no seu día (II)

Despois da primeira parte do pleno, o punto 11º aglomerou as tres mocións.
O PP presentou unha moción tipo contra os orzamentos do estado para o 2010. UPRi razoou a súa abstención no seu carácter local. O PSOE anunción o seu voto en cotra e denunciou o carácter demagóxico, segundo eles, da moción, cunha pequena discusión sobre se se tirano os cartos do plan E ou se os cartos 'os trae Zapatero' (curiosa forma de falar). O BNG razoou o seu acordo en puntos da moción e desacordo noutros, pero ó fin a moción saiu adiante co seu voto.
a segunda moción, o cambio de ubicación da residencia de maiore e centro de Alzheimer, proposta por UPRi, suscitou unha dura discusión e acusacións. O PSOE anunciou o seu voto a favor, e o PP, en contra, xustificando a súa postura polos protocolos asinados entre Xunta e Bispado, estando o concello implicado pero só dende fóra. O BNG manifestouse contrario razoando en principio nos mesmos termos que o PP, engadindo que en Ove polo momento só había previsto un centro de día de Alzhéimer, e estase a esperar a redacción definitiva do PXOM para plantexar na finca anexa á rectoral de Ove (ver entrada sobre o tema da ubicación do futuro asilo) unha residencia de ancianos moderna. Fíxose tamén fincapé na estrutura do edificio (baixo e un andar por diante, e tres por tras, con patio 'que parece unha cárcere'), e o feito de estar xa en fase de execución o albergue, engadindo que máis ben debera de darse unha moción conxunta para axilizar os trámites e licitar as obras. A moción foi rexeitada pois cos votos de PP e BNG.
A moción do BNG sobre o mantemento da área sanitaria da Mariña suscitou un 'de ustedes non me fío' por parte de F. Rivas dirixido ó alcalde ó anunciar o voto negativo, e contestado por iste con 'desconfianza recíproca'. O PSOE anunciou o seu voto a favor, e o PP en contra dicindo que era un xeito sesgado de dar información. Aprobouse pois coa rara agrupación neste mandato de votos de BNG e PSOE, o que suscitou un pequeno comentario do alcalde e réplica por parte de Balbino Pérez.
Despois plantexous por parte de Ramón López, do PSOE, un ha moción por trámite de urxencia para que se lle de ó PSOE o expediente completo dos gastos do núcleo de sostibilidade do 2008, cuestión que xa xerara controversia na primeira parte do pleno. A resposta foi polo camiño de que o tema xa fora tratado nun pleno anterior, e repetiu o alcalde que tiveran dous días para xustificar facturas e non perder a subvención. O tema ademáis suscitou un levantamento de voz e discusión en resposta de Horacio Cupeiro á dúbida do PSOE de que se recibiran contedores mercados que constan nos papeis correspondentes. A moción foi rexeitada cos votos de BNG e PP, un de cuxos membros, Nenó, ó ser presionado para a votación, veu a dicir algo así como 'se se conculcan os dereitos, ó xulgado' (a lembrar que no seu momento o PSOE, no poder municipal, meteu no xulgado a membros do PP por filtracións, tema do que saíron absoltos).
Ó comezar rogos e Preguntas auséntome ó non ter ista volta preguntas O Tesón e prever unha longa retahíla obviable en gran parte falando ou presentando escritos no concello.

20091110

Un pleno no seu día

Non é o normal que os plenos ordinarios se celebren sen ser retrasados de día previsto. O de onte foi dos poucos. Tamén, se en xeral se pode dicir que nos plenos se pode separar o que do como, no de onte isa separación resulta esencial. E non só pola variedade e diversidade de temas, algo máis ou menos común, senón pola variedade e diversidade de ambientes que se viviron dende o primeiro punto da orde do día (coma sempre, a aprobación da acta) ó derradeiro (neste caso, o décimosegundo, rogos e preguntas), ou a variedade de xeometrías de votación que houbo. Incluíndo asemade momentos de distensión entre os que o principal considero que foi unha das anécdotas da cámara, ó soar casualmente o móbil do secretario e entoar os primeiros acordes da marsellesa, suscitando entre sorrisos e risos contidos e provocando polo mesmo o comentario 'cada un ten as súas preferencias'. Casualmente non só que soara, senón que o fixera no tratamento do punto 5º, a variación de taxas en relación con servizos de interese local (en particular, de empresas de telefonía móbil), un dos puntos que non tiveron discusión.
Debido á disciplina de voto dentro dos partidos, non se notou á hora da votación a ausencia de José Carlos R. Andina, turnándose os representantes do PP en facer o traballo correspondente. En canto á sala, 14 persoas no momento de máxima audiencia.
Quitados os rogos e preguntas, dos que non podo falar porque me marchei ante o que prometía ser outra sesión máis das longas, houbo dous puntos que consumiron a maior parte do tempo e de discusións, o 4º, relativo á aprobación das contas xerais do 2008, e o 11º, constituído por tres mocións independentes e que tivo unha continuación nun intento de meter unha nova moción polo trámite de urxencia.
O segundo punto foi de dación de contas, con varias preguntas, das que hai que destacar unha de Ramón López (PSOE) sobre unha curiosa factura e albarán correlativo pero non correspondente, ó facturarse diferente número de horas un día por dous camións para desescombrar unha finca na rua da muralla: nun deles chegaba na factura a 18 horas, polo que foi reclamado algo de control.
Pasouse ó terceiro, sobre licenzas de primeira ocupación de vivendas, todas unifamiliares neste caso, algo que non tivo discusión no pleno.
A aprobación das conta xeral do 2008 fíxose despois dunha exposición pública en agosto, da que non constan reclamacións. Comezou UPRi anunciando a súa abstención por ser un informe técnico, a pesares de ter reparos. O PSOE anunciou o seu voto en contra alegando un informe xurídico sobre determinadas facturas, pedido e non facilitado, algo sobre o que versaría toda a discusión posterior. O PP anunciou o seu voto a favor asemade por ser un informe técnico.
Voltando ó discurso do PSOE, citou 12 reparos de intervención que non se poideron comentar pola interventora por estar de baixa por maternidade, e o alcalde respondeu dicindo que todos os temas foran tratados e aprobados xa con antelación e que ningún grupo, dende os dez anos que leva na corporación, votara nunca en contra. Por ista vía, saíron diversas 'primeiras veces' de votacións nos últimos tempos.
Ó ser solicitada a súa intervención, comentou a técnica que substituía onte á interventora sobre o procedemento, se un informe que foi incorporado con posterioridade ó tratamento do punto pola comisión tiña que ter sido presentado nela ou non: parece que cada interventor fai ó seu xeito, variando segundo o concello.
A longa discusión sobre o tema fixo que Paco Rivas quixera explicar tamén a abstención do seu grupo, e aí xurdiu outra discusión das que se leva aireado longamente na prensa estes derradeiros tempos: o remanente positivo, o primeiro en dez anos segundo o goberno municipal, ou o aumento de máis de 2M€ de déficit no ano, segundo UPRi, tema xa tratado longamente nun pleno anterior e referido no blog. O asunto deu de si un dos momentos máis tensos do día: 'é un mentiroso' foi unha acusación repetida varias veces do alcalde a Rivas.
O punto sexto, a modificación financieira da ordenanza de taxas reguladoras de postos no mercado, consistía na aprobación de que a cousa fora por domiciliación bancaria e cobro ó comezo de cada bimestre. Foi aprobado cos únicos votos do BNG, tendo a proposta de que o cobro se fixera a mediados de bimestre (PP), e botando en cara en xeral os grupos da oposición que non é o momento máis propio para facer que os mercaderes adianten pagos. Como resposta a isto último, foron citados diversos pagos de taxas que se fan todos adiantados, dende a matrícula na EMM ata a petición de licenza de obras, pasando polo abono de piscina.
7º. Foi aprobado por unanimidade a adhesión á negociación conxunta do subministro eléctrico mantida pola deputación Provincial.
O punto 8º, a modificación da taxa do cemiterio, foi retirado da orde do día.
O 9º, sobre o xuíz de paz substituto, xa tratado en pleno anterior, tampouco tivo dificultade algunha.
O punto seguinte, sobre o regulamento dos voluntarios de protección civil, contemplou o rexeitamento das dúas alegacións presentadas,, coa abastención de PSOE e UPRi.
O Punto 11 contemplou tres mocións que tratarei aparte:
- do PP, presendanto dun escrito tipo contra os orzamentos xerais do estado para 2010
- de UPRi, para cambio de ubicación da residencia de maiores e centro de Alzheimer
- do BNG, sobre o mantemento da área sanitaria da mariña.

20091109

e-Wise en Ribadeo

Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), viñéronme á cabeza dúas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. Ó comezo terá moitos erros debido á inexistencia de información sobre servizos existentes que non están cargados na plataforma. Que información ten na actualidade Ribadeo sobre os mesmos?
Ben, que é e-Wise? Un sistema de recollida e mantemento de datos sobre a distribución e o estado das infrastruturas dos servizos que están furando as nosas vilas. ises que fan que cada dous por tres haxca que estar levantando as rúas a pouco que se descuiden os munícipes e o favorezan non amntendo a información adecuada.
Naturalmente, cando a cidade sexa maior, hai maior perigo de que as informacións relativas se perdan, e de estar a levantar unha e outra vez as rúas para facer o mantemento correspondente ou a ampliación de servizos. Co paso do tempo, tamén é máis probable que suceda. Por iso, chámese e-Wise como en Lugo, chámese doutro xeito e o sistema varíe como sexa, pero o caso é que cada vez é máis necesario en calquera sitio. De feito, en Ribadeo, o actual alcalde advertiu, segundo a prensa no seu momento, que as empresas que tiveran que meter infrastruturas no subsolo que foran aproveitando as rúas que se ían renovando, que logo non se lles ía deixar. E, aparentemente alomenos, as novas obras fan que tódalas rúas remozadas leven un tubo de cables e outras cousas semellantes. Pero dubido que, tal como está a facerse, abonde.
Por iso, por que non e-Wise en Ribadeo? Quizáis, segundo o parágrafo anterior, se considera que xa se está a facer algo parello. Se é asi, que información ten o concello sobre as infrastruturas subteránes ribadenses? Porque si, ó mellor a ten (debera tela), pero procurar algo pode ser como a procura dunha agulla nun palleiro. E, que previsións de medre ten o sistema que se esteña a usar para o paso das infrastruturas por baixo da rúa?

A foto? Da petición de sinaturas realizada onte por UPRi na porta da caixa de Aforros de Galicia (xa non hai perda, a oficina nova da Caixa que se abriu na Avda. de Galicia cerrou as súas portas hai cousa dun mes) para pedir a realización da residencia de anciáns no antigo colexio da r/Trinidad. Nº de sinaturas recollidas? Non sei. Antes de instalarse onte alí dicían ter 500.

20091108

Máis sobre ruído e Ribadeo

Despois de publicar unha ruidosa semana, por casualidade con cámara atópome un anuncio con altofalantes motorizados do concello incumprindo as normas que sobre istas cousas ditou o mesmo concello. Xa advertira que a cousa do ruído, por conta da normativa e o seu cumprimento, aínda non é para hoxe, aínda que se vaia achegando. E por conta da educación, solución que sinalaba un comentario, aínda falta abondo camiño por andar.

Sobor dunha discusión. A situación do futuro asilo


Esta tempada anda nos medios a discusión da situación do futuro hospital. Recapitulando, ocorre que o goberno municipal ten apalabrado a casona rectoral de Ove para asilo/centro de Alzheimer e o antigo colexio da r/Trinidade para albergue de peregrinos, a traverso de convenios coa igrexa e a Xunta. Nisto, hai pouco, UPRi propón unha variación, o uso do colexio para asilo, ó que se unen dúas asociacións (logo unha da marcha atrás alegando que quen falou o fixo a título persoal e non da asociación) e comeza unha recollida de sinaturas.
Mentras nos medios saen as noticvias, hai diversas opinións sobre o tema. Así, podemos consultar o blog do cargadoiro (Vida socio-política de Ribadeo) ou o da Atalaia, mentras o correspondente a UPRi esta misma mañá está sen actualizar dende abril, e polo tanto non ofrece datos.
No medio, unha pregunta: que vai pasar, construirase a residencia ou non? Coido que é o importante. Pero parece que o tema céntrase non no anterior, senón no sitio: que se Ove está lonxe para visitalo e que se o caserón do colexio é sombrío. Deixo as dúas fotos do sigpac para a comprobación (están a diferente escala), ambas orientadas ó norte na parte superior da foto e onde se ve a extensión de terreo que teñen, para facerse unha idea. Para min, ningunha das dúas é ideal, e ambas críticas teñen razón (o sombrío que pode verse pola orientación na foto de arriba, só soleado na traseira do colexio polas mañás e a distancia evidente a Ove dende o centro do pobo) pero máis importante é que se fagan. Coido que por isto último, que se fagan as cousas, dinamizar o que xa está comezado, debera de incidir a moción. Pero non a coñezo de xeito exacto, polo tanto, ...
Tamén deixo abaixo unha relación de distancias orientativas de ambas en liña reta a diversas partes de Ribadeo, segundo o sigpac, por aquelo da distancia, dende o punto considerado á porta do de Ove e do Colexio, respectivamente (sen incluír, claro, distancia ás parroquias, fóra do que se considera Ribadeo pobo)
Concello 1,4km - 80m
Igrexa de S. Roque 1,2km - 400m
Vilavella 750m - 900m
Vía Transversal 1,05km - 800m
entronque R.San Lázaro/R.Deputación 960m - 530m
Grupo S.Miguel 1,6km - 400m
Outras consideracións?
Pois si, como se se quere facer andar máis ou menos a uns peregrinos que van a camiñar centos de quilómetros, ou se se quere achegalos ó pobo para beneficiar ó comercio que non soen usar en demasía, que se os anciáns necesitan espazo á beira e non no parque, ou as ventaxas dunha relación máis preto que poden ter nun sitio e que non podería no outro por iso da distancia. E máis, como a seguridade nun sitio e noutro.
O dito: que se fagan.

Unha ruidosa semana

Os domingos de por si teño a tentación de escribir sobre o ruído, a causa do que sufro a noite anterior. Non obstante, o pé a facelo hoxe son as novas da semana. Para facer unha recopilación, comezou coa nova de que en Burela lle está chegando unha circular ós locais que abren de noite para que se axusten á normativa. Non sei os efectos que terá, pero é un paso máis, e en Burela xa levan tamén tempo co tema. Claro que non tanto como os máis de 16 anos que hai que abriron un local fronte á miña casa, comezando a primeira noite sen xente, pero con portas abertas e música alta.
Despois foi o anuncio por un xornal dunha lista que apareceu no DOG de propostas de multas por contravir o horario de peche ou estar relacionados con xaleos no exterior, incluíndo a establecementos ribadenses.
O mesmo xornal referiuse ó día seguinte a outra lista, ista con outras sancións, ista volta, definitivas.
Tamén foi avisada a Xunta Local de seguridade de Ribadeo para venres, con visos de que un dos temas a tratar sería o do ruído, e con posterioridade, a nova de que se reunira. E si, na xuntanza parece que se tratou de vixiar máis o tema, pero a nota de prensa (á que non puiden acceder aínda de xeito direito porque parecer que a web do concello segue inaccesible) non parece ter especificado en que se centrará esa maior e espero que mellor vixiancia (onde máis falta vexo é no tratamento administrativo). Así, quedan sen especificar os temas, como se por exemplo a Guardia Civil pasará tamén a vixiar o tema do ruído a parte do do horario, complementando á Policía Local, brazo dos concellos que sobre todo teñen competencias en ruído, pero tamén en horario. A falta de concrección fai abrigar esperanzas, pero sen pasar por incauto: ver máis de 16 anos de infraccións contínuas e poucas veces consideradas fan que observar que a dirección pode ser boa non implique que non haxa que esperar o resultado.
E hoxe, relacionado, aparece na prensa un bar multado por non advertir de que non pode vender alcohol a menores...
Un pouco máis lonxe de Ribadeo, pero comprendéndoo, tamén istos días apareceu nos medios a discusión sobre unha lei en redacción que tendería a meter en vereda ós adolescentes nouturnos en Galicia. Pero isa queda polo momento lonxana, e hai que lembrar que leis hai, pero a aplicación, isa xa é fariña doutro costal.

20091107

A conto das fronteiras

A conto das fronteiras, de ter visto nos derradeiros días varias citas e artigos sobre muros e divisións (como en Le Monde Diplomatique deste mes ou no El País de hoxe, pode que a conto dos vinte anos da caída do muro de Berlín), remata de virme á memoria un artigo, vello xa, de Suso Acevedo, que se pode remirar (ou ver de primeiras) no seu blog: Fronteiras. Preséntase en varias entradas diferentes, ligadas entre elas, e coido que o lelo é un exercicio non só de cabeza, senón asemade literario.

A voltas co mercado

Hoxe non dou entrado na web do concello, que parece 'caída', polo que non podo ver as declaracións 'fetén' do alcalde respecto do mercado semanal.
O caso é que Castropol está impulsando un mercado semanal, tamén os mércores, e polo momento, gratuíto para os feirantes, o que xerou a volta do tema do mantemento do mercado. Houbo 4 postos en Castropol e os que veñens sendo normais en Ribadeo.
Din que baixou algún máis. Pode ser, non os contei, e en calquera caso, polo momento van sendo remprazados por xente á que antes non lle quedaba sitio. Pero o certo é que despois da ordenación feita iste ano, non vexo diferenzas notables últimamente. E, en canto a mercado, 4 postos coido que non deben ensombrecer a realización do mercado ribadense.
O de sempre: o mercado admite melloras (seguramente non estariamos de acordo en cales, mentres o concello apunta á ampliación de sitio e ó pago dos recibos polo banco), pero polo momento non está para desaparecer nin moito menos. E iso sen ter en conta que foi precisamente nesta época do pasado ano cando se recrudeceu a batalla das taxas e superficies no mercado ribadense, ó ser a tempada de menos vendas. Cando voltou o bo tempo (e o aumento de posibilidades de venda), rematou a batalla.
Así as cousas, un novo enfrontamento sen moito sentido provocado polo alcalde castropoleño ó elixir o mesmo día para o mercado que Ribadeo (aínda que fora decisión dos catro comerciantes que se puxeron, como alega), despois das lamentables críticas ó polígono industrial ribadense, ó estilo daquelas de 'ponte non, xa o hai na Veiga', suscitadas pola ponte dos Santos.

A taxa Tobin sae á luz pública

Remato de escoitar pola radio que hoxe mesmo, nunha xuntanza internacional (do G-20), Gordon Brown, Primeiro Ministro inglés, propuxo oficialmente unha taxa sobre transaccións dinancieiras internacionais, o que se coñece como 'taxa Tobin', proposta hai máis de 30 anos por ATTAC. Coido que é a primeira vez que se produce un tal chamamento nun foro de 'representantes' políticos ancionais. Aínda non será dista, pero é unha boa nova para normalizar este mundo (dentro do capitalismo, claro)

20091106

Novas dende a Escola de música

Vexo no blog da escola de música e da banda unha nota de afirmación da súa labor. Coido que despois da confirmación de dimisión do Presidente de Amadores que deixei o outro día debía poñer tanto a ligazón como unha aclaración: Amadores non é a escola, e a escola non é a banda. A banda depende de Amadores, pero por convenio o seu diretor éo asemade da Escola, e por iso a marcha das dúas entidades non é completamente independente, aínda que en principio non teñan máis relación que compartir o diretor. O certo é que na práctica a cousa complícase máis: o local de ensaio é o patio da escola, os músicos son alumnos da escola, os isntrumentos, atriles, etc, quedan alí en moitas circunstancias, e mesmo o local de Amadores está adxunto ós locais da escola.
Pode que a min non me chegaran os rumores dos que fala o artigo do seu blog porque a miña posición respecto a escola e banda é clara: apoio con crítica construtiva. E tamén teño claro que dende hai algúns meses, o feito de ter aberto un expediente ó diretor pasado (en principio o actual entendo que está en funcións) e de alongar a súa tramitación está levando a que haxa xente que queira aproveitar ó estilo de 'a río revolto, ganancia de pescadores', pero non vexo as críticas por isa beira cun mínimo de base. Asemade, cuestións de contratación poden contribuír moito ás críticas. Pero que se queira falar dun expediente e dar voltas sobre o mesmo non ten que ver coa escola, o mesmo que o tratar dunha contratación: isas cousas, ó concello. E en canto ó funcionamento da mesma, por suposto que non é perfecto, que lle queda moito por tirar para arriba se por exemplo o comparamos cun dos típicos e burocráticos 'plans de calidade' coas súas normas. Pero tamén é certo que no día a día ten mellorado e ségueo a facer, e que polo tanto, se ben se poden facer críticas, no contexto actual non as comprendo moi ben.
Se se trata de criticar a xestión política ducha crise que se relaciona coa escola, que se faga, pero separando as cousas, segundo aquelo de 'ó César o que é do César, e a Deus o que é de Deus'.

20091105

Táctica política no PP de Ribadeo

É instrutivo ver o devir político cunha pouca de análise. Non tanto os casos de corrupción como a propia vida normal dos partidos, que é a que manifesta mellor o ser social que son (a corrupción é máis unha enfirmidade das persoas, aínda que se poda rematar transmitindo ó corpo social, á estrutura na que están inmersas, se non se actúa a tempo). Neste caso, o PP ribadense, que leva xerando no pobo dimes e diretes sobre a sucesión ó ata agora xefe partidario en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, abriu a caza do candidato, proclamando onte a súa apertura ó facer público o anuncio de precandidaturas (5 polo momento, Azucena - Xerente da Funcación comarcal da Mariña Oriental, José Luis López Braña identificable pola xestoráiq eu leva os seus apelidos, Jesús López Penabad e Begoña Sanjurjo, ambos concellais, máis M. Valín - Xerente da Funcación comarcal da Mariña Central), tornando así un ruxeruxe que coido que estaba facéndolle mal ás espectativas futuras do partido, nunha espectativa que o promociona e que promociona os nomes dos precandidatos, facilitando un primeiro paso para a candidatura de quen sexa á alcaldía: o coñecemento polo público.
Ben é certo que a proclamada apertura non o é tanto (parece que onte por algunha cadea radiofónica invitouse a que se presentara calquera, o que me fixo pensar que pasaría se se presentara alguén sen ser do partido e non levando na súa existencia moitos votos da súa parte), pois non vai ser elixido polos asociados, senón pola executiva, o comité diretivo local, dezaoito persoas ó que parece.
Ben, en resume, un sinxelo anuncio ben calculado pode virar as tornas dunha división partidaria nun proceso de unión baixo un único paraugas no que alomenos pareza que todos contribúen.

20091104

Confirmada a dimisión

Do Presidente de Amadores da Música, nova que se deu no ensaio xeral da semana pasada e que hoxe confirmei por outras fontes. Coido que non é por razóns máis que de traballo, que era o que en realidade estiven tentando confirmar. Mágoa por Amadores, que se sempre unha dimisión é un momento fastidiado, en momentos coma iste nos que a escola está nun intre de provisionalidade e o novo equipo diretivo da asociación aínda non cumpriu o ano, éo máis.