20090918

Polémica servida

Aínda na distancia, a desinformación parece ser a clave da polémica pola grúa-torre das Figueiras. Pode ter 80m de alto, pero só ten 60. Pode desarmarse, pero aínda non está aclarado se é provisional, mentras se fai outra estrutura ou un traballo concreto, ou definitiva. Así, mentras é dificultoso falar sobre ela, é moito máis doado quedar como parvo se non se fai... ou ser tildado de calquera cousa se, polo contrario, se opina.
Din que información é poder, e iso, a información, estase a negar á xente continuamente, mentras hai polo contrario sobreinformación de detalles, inflacción de información diversa que non ven a conto e desinformación con verdades a medias ou mentiras declaradas e fabricadas por outra beira. é o mundo no que vivimos.

1 comentario:

Yo escribo dixo...

Eu traballo en Mieres, nunha multinacional alemana.

Esta semana estiven o xoves en Vitoria-Gasteiz. A verdade é que moito nos falta ós asturianos e galegos para parecernos en algo os vascos.

Destaco as autovías/autopistas mil veces mellores que as cántabras, asturianas e galegas xuntas. Destaco a industrialización de Bilbao e San Sebastián, sin descoidar a Vitoria, donde Michelín ten unha fábrica.
¿Sabes donde ten a refinería Petronor? Nas próximidades de Bilbao.
¿Sabes donde ten a psicifactoria Pescanova? En Portugal. ¿Sabes donde se crean os postos de traballo? En Portugal.
E non é que eu defenda a psicifactoria, o outro día lín no El Mundo (creo que foi o mércores de esta semana, mentras comía), un artigo donde decía que unha pscifactoria consume 5 veces máis peces dos que é capaz de producir, co que viñan a decir, que acabarían co mar.

Pero a forma de crecer dun país, dunha zona non é gracias a mirar ás árbores sentadas nun banco, ó mello era mellor que esas persas poidesen ver unha chimeneas ou unhas torres de refrigeración dun proceso industrial.