20090828

Volcando en Ribadeo

Na noite de xoves a venres un coche volcou no Voar e foi abandoado. Quen? Hase saber, pero carece en principio de importancia. A cousa é que deixou a máquina alí tumbada e desapareceu, e cabe preguntarse polos motivos. Isa noite houbo pouca movida, despois da unha, hora á que se deu o accidente, pero antes, a música amplificada en local sen illamento era só parte do ruído ...
E isa noticia de efecto puntual ocupa nos xornais un espazo equivalente ou superior a outra, a compartición para o próximo curso de seis profesores entre os dous IES de Ribadeo, que a falta da matrícula de setembro, é prácticamente un feito. Iso significa que se comparten este curso máis profesores dos que se levan compartido dende a súa fundación ata o momento. Significa tamén un adiantamento da unión prevista entre ambos, que está a espera dunhas obras que durararán, estaban previstas pera finalizar por estas datas e aínda non deron comezado. Non creo que sexa o mellor para Ribadeo a situación actual do ensino medio, que non chega a estar xunto nin separado, pero parece ser que 'iso do ensino' non está en moitas axendas, e se a situación se deteriora, sempre se pode cargar o morto a outro. Isto é algo así como o do volco: a situación non é boa, pero aí queda o paquete e vai na procura do culpable fuxido, que o máis que se pode faccer é retirar o obstáculo da calzada para que as cousas podan seguir como antes (non mellor).

Deixemos para animar o cartel da feira de stocks de Ribadeo...

Ningún comentario: