20090621

Ribadeo Okupa


Día a día vai aumentando: comezou e deuse o aviso polo Tesón, primeiro das terrazas invasivas e logo dos invasivos ocupantes das catro calles. O segundo fenómeno, despois da resposta de pasaxe no pleno do concello onde foi prantexada, continúa a aumentar, de xeito que o cuberto lateral da igrexa de san Francisco está ocupada de xeito continuado como casa despois do traballo en lugar máis céntrico, pero tamén moitas veces o parque ou as galerías son lugar para botar un sono por parte dos peticionarios das catro calles. E volve o verán, e polo tanto, xunto cos participantes no tren 'Porta Norte' (esta semana, 80, polo que di a prensa), ou os mteros (o martes próximo, 500 segundo al corte), invaden Ribadeo de novo as terrazas, outro tema polo que tamén preguntó O Tesón no seu momento. No mercado, pódese ver algunha que non é só que as mesas ocupen a beirarúa, senón que se puxeron protectores para 'delimitar o territorio' ó tempo que se minimizan as molestias do vento. Cítoa a ela porque é unha novidade máis neste aumento continuado de ocupación do territorio urbán.
Tamén outras cousas ocupan a rúa ribadense. Obras, pre obras, restos de obra, públicas ou privadas, e demáis restos pódense ver últimamente por Ribadeo adiante nunha marea crecente. Ou o que traen as obras... coido que disto trata tamén o último post de O Cargadoiro.

O que tamén ocupa son os ocos. Nos ocos dos baches reparados como os que sinalaba a cruz (cruce centro-esquerda...) da imaxe aérea do Sigpac, senón das prantas roubadas nun novo episodio anti natureza na zona do parque de San Francisco.
Lembrando algunha foto recente con cousas útis, fixémonos tamén no arco da vella do outro día en Ribadeo, non tanto polo ouro que di a lenda enterrado no seu extremo como para poñer algo bonito e natural, algo que visita e váise despois de deixar beleza en troques de restar ocupando espazo.

Ningún comentario: